You are on page 1of 8

www.issga.

es N.º 4 xaneiro 2009

RISCOS DE ORIXE ERGONÓMICA


EN POSTOS DE TELEMÁRKETING
Autora: Rocío Seoane Farré “contactar ou ser contactado con terceiros ben
Técnica Superior de Prevención de Riscos por vía telefónica, por medios telemáticos, por
Laborais e Diplomada en Enfermaría de
Empresa aplicación de tecnoloxía dixital ou por calquera
INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE outro medio electrónico, para a prestación, entre
LABORAL outros dos seguintes servizos que se enumeran
a título enunciativo: contacto con terceiros nos
O sector do telemárketing ou contact center, co- entornos multimedia, servizos de soporte técnico
mo agora mesmo se denomina, reúne empresas a terceiros, xestión de cobros e pagos, promoción,
cuxo traballo consiste en: difusión e venda de todo tipo de servizos, reali-

1
zación de entrevistas personalizadas etc.” como habitual, con moito, é o contacto telefónico fala-
se define no Convenio Colectivo de Contactcenter remos principalmente deste tipo de empresas,
2007 – 2009. denominadas call centers.
Estas empresas son subcontratas das empresas Nestes momentos podemos calcular que este
clientes, atopándose dous tipos delas, unhas son sector reúne en Galicia a uns cinco mil traballado-
empresas que traballan só para un cliente facéndo- res. O cálculo fíxose contabilizando as medianas
se cargo de distintas tarefas, como poden ser pu- e grandes empresas, xa que as pequenas, incluso
blicidade de promocións, xestión de reclamacións, microempresas, escapan a calquera tipo de conta.
información etc. e outras traballan para distintos
clientes, encargándose tamén de distintas tarefas. A inmensa maioría son mulleres, estamos por
tanto a falar dun traballo claramente feminizado,
Hai que ter en conta que estas empresas clientes
como todos aqueles en que hai que establecer un-
son, normalmente, grandes empresas e que son
ha relación “emocional” co cliente, sen embargo
as que controlan como se leva a cabo o traballo
e ditan as directrices, tendo acceso directo ao cada vez vemos máis homes nestes postos. De
control da emisión de chamadas e a moitos outros todas as maneiras, debido á feminización exis-
parámetros do traballo. tente, este texto escribirase en feminino.

As empresas de contact center son moi diferentes Inicialmente pode parecer que as traballadoras
unhas doutras, e, nelas, as condicións de traballo destas empresas teñen un baixo nivel de risco. É
son totalmente distintas. Falamos dende grandes certo que non existe risco de grandes accidentes,
empresas con centros de traballo de máis de mil porque o desenvolvemento da propia función non
traballadores, e que, sumando todos os seus cen- o contén, pero si existe risco, e risco que pode ser
tros de traballo, poden estar por riba dos dez mil elevado, de danos para a saúde que poden chega-
traballadores e poden ser ou non multinacionais, ren a ser graves se non se atallan. Nestes postos
ata empresas con cinco ou seis traballadores. de traballo atopamos tanto risco de danos físicos
Evidentemente tipificar estas empresas dunha como de danos psicolóxicos por problemas de
forma común é moi difícil. organización do traballo, pero son estes últimos
Outra diferenza que atopamos é a maneira de os que podemos asegurar que están presentes
poñerse en contacto co terceiro. Como a máis na inmensa maioría de empresas deste sector.

2
RISCOS EXISTENTES NO POSTO DE
TELEOPERADORA EN CONTACT CENTERS
Riscos debidos: minación excesiva podería potenciar a aparición
de molestias. Podemos falar perfectamente de
A iluminación
niveis ao redor de 300 – 400 lux.
A ventilación
No caso de que exista a necesidade de lectura
As condicións termohigrométricas de documentos os niveis de iluminación deben
O ruído ser maiores, a guía técnica para a avaliación e
prevención dos riscos relativos á utilización de
O deseño do posto
equipos con pantallas de visualización do INSHT
A utilización excesiva da voz fálanos dun mínimo de 500 lux , ese mesmo nivel
é o marcado polo Real Decreto 486/1997 de 14 de
A organización do traballo
abril “….lugares de traballo” cando fala de que
Sobrecarga cuantitativa o nivel mínimo para esixencias visuais altas é
Falta de autonomía de 500 lux, e a lectura de documentos presenta
exixencias visuais altas. Como en moitos casos
Falta de control sobre a situación persoal
o acadar este nivel de iluminación pode provocar
Falta de soporte social problemas de reflexos e de luz cegadora sería
importante valorar a posibilidade de que, eses
A ILUMINACIÓN documentos, correctamente colocados nun atril,
tivesen iluminación localizada.
A fatiga visual provocada por unha iluminación
deficiente poder vir dada por varias causas:
O exceso de iluminación
O defecto de iluminación
A existencia de reflexos
A existencia de cegamentos
A primeira disxuntiva que se nos presenta nes-
te tipo de postos, en canto ás necesidades de
iluminación, é a existencia ou non de lectura de
documentos.
Non debemos esquecer que, no caso do traballo
con PVD estamos a traballar cunha fonte de ilu-
minación per se, é dicir, o equipo de traballo que
é a pantalla está iluminada por si mesma, non
precisa de iluminación a maiores. A utilidade da
iluminación da sala será a correcta visualización
do resto dos compoñentes do equipo (teclado, A existencia de cegamentos e/ou reflexos é un
etc); a iluminación da sala en xeral; e conseguir gran problema nos call centers, estamos a falar,
unha distribución de luminancias axeitada, de normalmente de grandes salas de traballo cun
tal maneira que non se produzan problemas de alto número de postos, non é raro que haxa máis
acomodación visual, polo tanto non se precisa de cen na mesma sala, con moitas luminarias e
unha iluminación moi potente, incluso unha ilu- con ventás.

3
Este problema vai influír tanto no correcto des-
envolvemento da tarefa, como na aparición de
fatiga visual e fatiga mental no traballador, por
iso é moi importante eliminalo. As accións que se
poden levar a cabo para eliminalo son varias:
Matización de todas as fontes de luz, tanto das
ventás mediante estores adecuados e efecti-
vos, como das luminarias mediante cubertas
translúcidas.
Correcto deseño dos postos de traballo para
que non exista a necesidade de virar cara a
arriba as pantallas para poder velas.
Utilización de monitores TFT, xa que o seu poder
reflectinte é moito menor que o dos monito-
res de tubo catódico. Nestes intres deberíase
considerar que a utilización de monitores TFT
por parte dos traballadores usuarios de PVD,
entraría en “os adiantos técnicos” aos que,
frecuentemente, se refire a Lei de Prevención
de Riscos Laborais.
O frío tamén diminúe a concentración e provoca
A VENTILACIÓN incomodidade, á vez que causa a aparición de
Unha ventilación incorrecta é causa de aumento contracturas musculares.
da fatiga nas persoas, dificulta a súa concentra- Hai que ter especial coidado, nos locais de tra-
ción na tarefa e potencia a aparición de enfermi- ballo con alto número de PVD, coa humidade
dades transmisibles por vía aérea, como pode ser relativa, xa que, se baixa por debaixo do 50% é
a gripe, catarros, e incluso outras máis graves moi posible que aparezan problemas debidos á
como a tuberculose, etc. electricidade estática.
En moitos dos contact centers a ventilación lévase
a cabo por medio de sistemas de climatización. O O RUÍDO
adecuado dimensionamiento e deseño dos siste- Este é un posto de traballo onde ten gran impor-
mas, facilitará o rendemento dos traballadores tancia a percepción da conversa, tanto do signi-
e contribuirá a diminuír as baixas por enfermi- ficado xusto das palabras como do ton de voz da
dade. persoa que está ao outro lado da liña, polo que é
fundamental que as conversas se leven a cabo nun
AS CONDICIÓNS ambiente o máis silencioso posible, por suposto
TERMOHIGROMÉTRICAS sen exceder os 55 dBA recomendados.
Os efectos das condicións termohigrométricas so- Historicamente entendíamos o problema do ruído
bre o rendemento dos traballadores son similares nos postos de traballo de teleoperadores, como a
ós da ventilación, aínda que estas últimas teñen interferencia molesta que se producía coa aten-
maior influencia directa sobre a fatiga mental. ción nun posto que presenta de por si unha carga
O calor excesivo aumenta a fatiga e diminúe a mental importante.
concentración, provocando incomodidade, sen- Sen embargo, dende hai un tempo, empezan a
sación de desacougo e nerviosismo. escoitarse comentarios sobre a aparición de ver-

4
dadeiras perdas de audición. ser, temos que comprobar
600 ± 150 mm
É importante ter en conta que, efectivamente, esa
que os traballadores cadeira ten o rango de
Liña visual
deste sector son tra- 60°
regulación suficiente
balladores novos, para que a persoa
nos que a idade máis pequena
non xustifica esa poda chegar
<40°
perda de audi- comodamente
ción. Non é un ao plano de
problema que traballo, e ta-
>60 mm
estea demos- B
C
mén a máis al-
trado, mais ta. Polo tanto a
non debemos regulación da
A+C+60mm A+B
esquecer os si- cadeira debería
A
nais de alarma e poder efectuar-
debemos inves- se, como mínimo,
tigar nesta direc- entre 45 cm e 54
ción, comprobando a cm, para un plano
intensidade do son que de 72 cm de altura.
o operador recibe durante
Precisamos tamén unha
a conversa.
altura da PVD que permita
que o seu borde superior quede a
O DESEÑO DO POSTO altura dos nosos ollos, de tal maneira que non
Conseguir unha adecuada relación dimensional nos vexamos obrigados a adoptar unha postura
entre o traballador e o mobiliario e o equipo é un forzada do colo, coa conseguinte cervicalxia. Pa-
dos problemas habituais que atopamos nestes ra conseguir isto é indispensable que podamos
postos de traballo. regular en altura a pantalla, non en inclinación
senón en altura, co que ben temos unha pantalla
O posto de teleoperadora ten dous puntos moi TFT regulable en altura ou ben temos un soporte
importantes: para a pantalla fácil de regular e seguro.
O plano de traballo onde a traballadora vai Evidentemente hai que contar sempre con re-
operar coas súas mans no teclado, co rato e pousapés para aqueles traballadores que, co-
cos documentos que vai consultar. rrectamente sentados, non poden pousar os pés
A pantalla en si, onde a traballadora vai ter no chan.
que mirar case constantemente para levar a
cabo a súa tarefa. A UTILIZACIÓN EXCESIVA DA VOZ
É, polo tanto, moi importante harmonizar estes A propia tarefa destas traballadoras fai que es-
dous puntos e mais unha correcta posición do te problema estea presente, e non hai moitas
lombo co propósito de evitar a aparición de dores maneiras de previr o dano. No ano 2006 incluíu-
se aos nódulos de cordas vocais no catálogo de
e lesións.
enfermidades profesionais. Dende entón foron
Na maioría dos casos temos que partir dun plano moi numerosas as EP declaradas nas empresas
de traballo fixo onde se sitúa o teclado. do sector.
Precisamos, pois, unha cadeira regulable en al- Nestes intres a única maneira de previr o dano
tura, mais, se desexamos que este posto sexa que se considera efectiva é a reeducación da
útil ás persoas cuxas dimensións se distribúen utilización da voz mediante formación impartida
entre os percentís P5 e P95 como debería de por logopedas.

5
A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO se o servizo de que estamos a falar sofre unha
avaría importante, o número de chamadas au-
No caso das teleoperadoras hai bastantes pa-
mentará de forma clara. Inda que a cantidade de
rámetros que inflúen no resultado da organi-
traballadoras de cada quenda é variable, moitas
zación do traballo, mais hai un que actúa sobre
veces non chega para acadar un ritmo de traballo
distintos aspectos: é o feito de que unha parte
adecuado
importante do soldo se deba a primas, é dicir,
unha porcentaxe importante do salario (varía No segundo caso as chamadas saíntes, nas em-
segundo a empresa) cobrarase ou non se cobrará presas grandes, fanse mediante unha aplicación
dependendo da produtividade. Variacións moi informática que, normalmente, non permite pau-
pequenas con respecto aos límites marcados sas entre chamada e chamada. Estas aplicacións
pola empresa farán que o soldo se reduza dunha traballan cunhas bases de datos de números de
maneira significativa. teléfono, cando se contacta cun determinado
número e se leva a cabo a xestión, o número
Sobrecarga cuantitativa elimínase da base. Isto leva a que, os últimos
días en que se utiliza unha listaxe determinada de
Hai que diferenciar dúas tarefas tipo no traballo
números de teléfono, xa son poucos os contactos
do call center:
que se poden establecer e o nivel de chamadas
Atender chamadas entrantes saíntes efectivas diminúe.
Atender chamadas saíntes. Evidentemente a presión de tempo é moi impor-
No primeiro caso, as chamadas faranas os clientes tante cando as chamadas entran continuamente,
ben por reclamacións, solicitando información,etc. sen dar tempo á traballadora nin a moverse na
Neste caso a cantidade de traballo depende- cadeira. Inda que esteamos a falar dun día no
rá bastante da data ou de circunstancias non que a cantidade de traballo non sexa tan grande,
controlables, é dicir: na época de facturación ou a presión de tempo vai seguir sendo importante

6
para poder cumprir co marcado pola empresa de cliente, mais pode ser que o novo contrato
para poder acadar as primas. precise menor número de traballadores, ou que,
Non hai moito que se empezou nestas empresas por outras circunstancias, a un certo número
a aplicar as pausas para traballo en PVD. Actual- deles non se lles renove.
mente pódese dicir que se levan a cabo, con maior A deslocalización é un problema que rolda como
o menor regularidade dependendo da empresa, as unha pantasma por este tipo de empresas, é algo
pausas máis pequenas (dez minutos cada noventa do que sempre se fala, que sempre se teme, e
de traballo efectivo) independentemente do nivel que, a deus grazas, se materializa poucas veces.
de traballo que haxa. O certo e que as empresas grandes teñen cen-
Unha boa forma de diminuír a sobrecarga cuan- tros de traballo noutros países, con custos de
titativa que existe, dado que estamos a falar dun persoal menores e que existe a velada ameaza
traballo cunha carga mental importante, sería au- do peche do centro para levalo fora. Isto crea
mentar as pausas de PVD como se indica no Real unha importante inquedanza nos traballadores,
Decreto 488/1997 de pantallas de visualización e e causa que dificilmente haxa un ambiente de
na guía técnica para a avaliación e prevención traballo relaxado e tranquilo.
dos riscos relativos á utilización de equipos con
pantallas de visualización. O recomendable, entón, Falta de soporte social
sería facer pausas de dez minutos cada sesenta
Neste caso en concreto temos que falar de falta
de traballo efectivo.
de recoñecemento social.

Falta de autonomía É evidente que, a todos nós, nos importa a imaxe


que, na sociedade, exista do noso traballo, ta-
A falta de autonomía é total, o ritmo ven marcado
mén a imaxe que exista na nosa familia e no no-
polo número de chamadas que, evidentemente,
so círculo de amizades. Dependendo disto, nós
non pode modificar. A teleoperadora non pode
imos estar máis ou menos satisfeitos. É certo
abandonar o seu posto de traballo sen que llo
que tamén inflúen outros parámetros, pero este
indiquen, ben a coordinadora ou ben un mandato
é importante.
recibido na pantalla (no caso das pausas pauta-
das por traballo con PVD). Se pasa algo polo que A realidade é que a imaxe social deste traballo
precise abandonar o seu posto deberá chamar non é moi boa. Por un lado, historicamente, os
a coordinadora (coa man levantada) que acudirá traballos feminizados non teñen aprecio social.
cando poida. Esta é unha situación que permanece, aínda que
vai cambiando pouco a pouco.
Falta de control sobre a situación persoal Por outro lado é un traballo pouco coñecido, tanto
O feito de que o soldo mensual dependa dunha con respecto “ao que se fai” como con respecto
produtividade determinada (produtividade que a “como se fai”
se vai intentando aumentar cada pouco tempo),
e o tipo de contrato con que estes traballadores CONCLUSIÓN
está ligados á empresa, fai que sexa moi pouco
En definitiva podemos concluír dicindo que o
o control que poden ter sobre a súa situación
posto de traballo de teleoperador/a é un posto
persoal.
complexo, abocado a presentar un alto nivel de
Os contratos son, case que sempre, temporais, risco, que se debería deseñar dende o primeiro
por obra, e van cambiando dependendo da re- con sumo coidado. Debería ser obxecto dunha
lación da empresa co seu cliente, ou cando a coidadosa avaliación por parte dos servizos de
empresa cambia de cliente. prevención de riscos laborais das empresas, sen
É certo que, normalmente, permanecen os mes- que se esquecese nunca a avaliación de riscos
mos traballadores inda que a empresa cambie psicosociais.

7
LEMBRA QUE:
As condicións de traballo que mais habitualmente xeran risco no posto de traballo
de “teleoperadora” son:
Do ambiente físico Da organización do tra- Da propia tarefa
A iluminación ballo Utilización excesiva da
A ventilación Sobrecarga cuantita- voz
tiva
As condicións termo-
higrométricas Falta de autonomía

O ruído Falta de control sobre


a situación persoal
O deseño do posto
Falta de soporte social

NORMATIVA
Lei 31/1995, de 8 de novembro, Real Decreto 486/1997, sobre pos que inclúen pantallas de
de Prevención de Riscos Labo- disposicións mínimas de se- visualización. BOE do 23-04-
rais. BOE do 10-11-95. guridade e saúde laboral nos 1997.
lugares de traballo. BOE do
Lei 54/2003, de 12 de dec- 23-04-1997. Real Decreto 1027/2007, de 20
embro, de reforma do marco de xullo, polo que se aproba o
Real Decreto 488/1997, de 14
normativo da prevención de de abril sobre disposicións mí- Regulamento de Instalacións
riscos laborais. BOE nº 298, nimas de seguridade e saúde Térmicas nos Edificios (RITE).
do 13/12/03. relativas ao traballo con equi- BOE do 29-08-2007

BIBLIOGRAFIA
Guía técnica para a avaliación NORMA UNE EN 29241 Requi- nisterio de Trabajo y asuntos
e prevención dos riscos rela- sitos ergonómicos para traba- sociales.
tivos á utilización de equipos llos de oficina con pantallas de Convenio Colectivo de Contact
con Pantallas de visualización. visualización de datos (PVD) Center 2007– 2009
Instituto Nacional de Seguri- Aspectos antropométricos de Guía para Prevención de ries-
dad e Higiene en el Trabajo. la población laboral española gos psicosociales en el sector
Ministerio de Trabajo y Asuntos aplicados al diseño industrial. teleoperadores. Observatorio
Sociales Antonio Carmona Benjumea permanente riesgos psicoso-
INSHT 2003 ciales. UGT
Guía técnica para a avaliación
e prevención dos riscos rela- Protocolo de vixilancia sanita- Salud laboral. Istas
tivos á utilización de lugares ria específica: PANTALLAS DE
Ergonomía y psicosociología
de traballo. Instituto Nacional VISUALIZACIÓN DE DATOS. Mi-
aplicada. Manual para la for-
de Seguridad e Higiene en el nisterio de Sanidad y Consumo
mación del especialista. F. Ja-
Trabajo. Ministerio de Trabajo Enciclopedia de Salud y Se- vier LLanez Alvarez Edit Lex
y Asuntos Sociales guridad en el trabajo OIT. Mi- Nova 6ª edición marzo 2006.

You might also like