You are on page 1of 1

Polo Día Internacional das Linguas Maternas proxéctase en varios puntos da nosa xeografía o documental:

A palabra xusta.
Unha historia de amor polo coñecemento e pola pedagoxía.
Ou simplemente unha historia de amor.

https://www.youtube.com/watch?v=K_9Ab3b3Vrk

*
As ubicacións que están marcadas cun sinal ( ) é porque teñen “posibilidade de pase escolar”, é dicir, trátase dunha
actividade escolar de interese. Atención aos colexios, equipas de profesorado, familias...pódense concertar pases
para GRUPOS DE ESCOLARES.

Contacto (dúbidas e máis información):


ATLANTIS MULTIMEDIA

carme@atlantis-multimedia.com
699 96 30 95

- Se te atopas en Madrid, poderás desfrutalo coma un espectador máis de cine na Cineteca Matadero os días
21 de febreiro ás 18h. Tamén o día 22 de febreiro ás 20h e mesmo o 28 de febreiro ás 18h.

- *
Se te colle en Vigo, poderás velo coma un espectador máis, recollendo a túa entrada como un día calquera
de proxección dun filme, nos Cines Norte, en sesións que abrangue un tramo do 19 ao 25 de febreiro ás 20.10h.

- Se che coincidise en A Coruña, poderías desfrutar do seu visionado o día 21 de febreiro en horario de mañá
(11h) e en horario de tarde (20h) no Teatro Colón.

- *
En Santiago de Compostela a cita tamén abrangue dende o 19 ata o 25 de febreiro en horario de 20h da
tarde nos Cines Compostela.

- Por Lugo caerá no 21 de febreiro ás 20h no Auditorio do Cárcere vello.

- *
No núcleo de Ferrol vaise visionar os días 23 de febreiro e 1 de marzo nos Cines Dúplex.

- *
En Viveiro poderase desfrutar os días 24 e 25 de febreiro nos Cines Viveiro.

- Na ubicación de Oleiros vaise proxectar o día 21 de febreiro ás 20h no Auditorio da Fábrica.

- Culleredo acolle este documental tamén o día 21 de febreiro ás 20h no Multiusos.

- Tamén o 21 de febreiro recae en A Estrada ás 20h nos Multicines Central.

- Na linda Fisterra vaise proxectar na data do 24 de febreiro ás 20h na Casa da Cultura.

- Guitiriz fará a súa acollida o 23 de febreiro ás 19h na Casa Habanera (moi acertada ubicación).

- *
No lugar de Ponteceso vai ter lugar o 21 de febreiro e hai posibilidade de pase escolar.

- En *Melide tamén vai ter lugar o 21 de febreiro e hai posibilidade de pase escolar o mesmo que en
*Pontedeume.

You might also like