You are on page 1of 6

A FAMILIA

 Rosalía é a avoa de Antía.


 Eduardo é o avó de Antía.

 Natalia é a nai de Antía.


 Roberto é o pai de Antía.
 Pedro é o irmán de Antía.
 Marta é a irmá de Antía.
 David é o tío de Antía.
 Uxía é a tía de Antía.
 Carme é a curmá de Antía.
 Fran é o curmán de Antía.
.
 Antía é a neta de Rosalía.
 Pedro é o neto de Rosalía.
 Antía é a sobriña de David.
 Pedro é o sobriño de David.
 Roberto é o xenro de Rosalía.
 Uxía é a nora de Rosalía.
 Rosalía é a sogra de Roberto.
 Eduardo é o sogro de Roberto.
 Roberto é o cuñado de David.
 Uxía é a cuñada de Natalia.
 A miña familia:
O meu pai chámase Antón, ten corenta e nove anos e traballa de
economista nunha empresa de informática. A miña nai chámase Anxos,
ten corenta e sete anos e é xornalista e fotógrafa. Teño dous irmáns. A
miña irmá chámase Rosa, ten catro anos máis ca min e traballa de
cociñeira nun restaurante xaponés. O meu irmán é máis pequeno, ten
trece anos e aínda é estudante. De maior quere ser médico. Eu chámome
Sara, teño vinte e cinco anos e son actriz. Non estou casada, pero teño
parella. O meu mozo chámase John, é inglés e é cantante nun grupo de
rock. Gústame viaxar, ir ao cine e aprender novas linguas. Non me gusta
o frío, o fútbol nin a política. Ah, e tamén teño unha gata, chámase
Canela e gústalle xogar con nobelos de la.

You might also like