You are on page 1of 4

Presupostos básicos da concepción Amoderna@ da historia e da Historia (concepción ilustrada, decimonónica e aínda

pervivindo en certos pensadores actuais) fronte á que se sitúa Foucault:


* Historia unitaria e continuista. A historia como unha sucesión de cámbeos que van tendo lugar dentro dun proceso de unidade e de continuidade do que é
sempre unha e a mesma historia.

*Visión globalizante da historia. A contemplación e interpretación da historia en termos de universalidade (todo fica englobado nunha única e mesma historia).

* Perspectiva trans-histórica. Contemplación da historia dende unha pretendida posición de verdade definitiva. O pensador cree poder contemplar globalmente a
historia dende unha perspectiva ab-soluta.

* Construcción de grandes relatos metahistóricos, ofrecendo da historia unha visión platónica, idealista, infundada por suprahistórica. Visión metafísica da
historia, acudindo para explicala a unha suposta Aorixe@ e a un suposto Adestiño final@).

* Causalidade orixinaria. Hai algo inherente á propia historia: unha causa úneca ou orixe fundadora de onde provén todo. A historia como despliegue dunha
verdade ou esencia da historia.

* Teleoloxía. Esa causalidade histórica orixinaria, dende o principio dos tempos, dirixe e leva a historia a encamiñarse, como unha necesidade inevitable, cara unha
meta final. A historia ten, pois, un telos ou sentido interno; unha orientación que lle da pulo nunha dirección úneca ata acadar, por fin, o seu destiño final.

* Progreso na evolución continuista. Como unha necesidade ineludible, a historia implica un proceso de avance e de progreso en relación aos tempos anteriores. O
presente sempre é unha superación do pasado.

* Continuidade do presente co pasado. Enxuiciamento e valoración do pasado dende a nosa actualidade.

* A unidade do ser humano ao traveso da historia. O ser humano leva consigo unha mesma esencia que é idéntica e permanente en todo individuo,
independentemente da súa época e contexto histórico-culturais.

* Carácter trascendental do Asuxeito@.Protagonismo do Asuxeito@ na constitución da h0. A consciencia racional como a principal instancia constitutiva da hist0.

* Xustificación, dende unha suposta posesión da verdade sobre a historia global, das arelas colonizadoras e imperialistas de Occidente a a racionalidade
occidental; e xustificación, dende unha pretendida identidade esencial, orixinaria e universal (AAntropoloxía filosófica@ moderna), homoxeneidade de todos os
pobos e de impedimento de toda diferencia ou heteroxeneidade.
Presupostos principais da concepción da historia, e da Historia, por parte de Foucault:

* A historia como discontinuidade. A historia como discontinuidade de epistemes ou saberes que se foron sucedendo. Escachamento do que antes
se veía como unha unidade. Recoñecimento do discontinuo, da pluralidade. Desenvolvimento dunha forma distinta do Tempo da Historia
tradicional.

* Búsqueda dunha Historia xeral, en canto espacio de dispersión, de rupturas ou discontinuidades. Eliminación da Historia de todas aquelas nocións
que poden favorecer a creencia nunha historia unitaria e continuista (Atradición@, Aevolución@, Aprogreso@, etc....) e coas que se aseguraba un relato
continua do historia..

* Recoñecimento da perspectiva dende onde se contempla a historia, en vez de querer borrala dende unha suposta visión verdadeira e absoluta.

* Analise do máis perto, do máis insignificante (por exemplo, o corpo, como instancia onde teñen lugar as distintas prácticas de sometimento), e
non de elementos lonxanos metafísicos (unha suposta orixe fundadora ou un predecible final). En vez de facer unha historia suprahistórica, trátase de
facerse donos da historia efectiva para levar a cabo unha análise xenealóxica. Microfísica do poder.

*En vez de grandes relatos metahistóricos e da búsqueda dunha causalidade primeira e dun sentido teleolóxico na historia,
a) Recuperación da historia efectiva: adueñarse das condicións efectivas en que xurden as distintas Aformacións discursivas@coa Afinitude@como
noción central, e reinstalando a importancia do acontecimento no que éste ten de úneco.
. b) Arqueoloxía xenealóxica do saber cultural:
Arqueoloxía: como recuperación, desenmascaramento e descripción dos estratos da Axeoloxía profunda@ ou sedimentos que constitúen as
Acondicións de existencia@ (reglas de aparición e de operatividade) das distintas prácticas discursivas e estratéxicas entendidas éstas como
relacións de poder.
Xenealoxía: A Historia como Hª crítica, é decir, como xenealoxía explicativa da nosa racionalidade. O método xenealóxico complementa a
arqueoloxía para chegar a unha explicación do saber cultural.

* A Historia como xenealoxía permite ver como a historia non consiste nunha evolución progresiva cara algún estado ideal, senón en distintos
sistemas de reglas de dominación que se van sucedendo. Pásase dun sistema a outro, mais sempre o derradeiro será igualmente de dominación, de
control. Polo tanto, non cabe falar de progreso, senón de pluralidade de sistemas de reglas de dominación. O poder como productor de saberes de
verdade e das prácticas que desto se derivan.
* Non hai continuidade do pasado no presente. Ao non haber esta continuidade, non temos dereito a enxuiciar, dende o noso hoxe (por moito que
presuma narcisistamente de estar nunha situación máis avanzada) as ideas e prácticas dos sistemas pasados. Un sistema pasado no que botamos de
menos certos plantexamentos aos que supostamente deberan haber chegado os individuos dese sistema e non chegaron, danos pé, hoxe, para valorar
como insuficentes ou erróneos esos plantexamentos. E, nembargantes, eso que non se plantexan non o fan porque o propio sistema impoñía unhas
evidencias e impedía certas preguntas.

* A radical relatividade da verdade: A verdade non existe xa aí, como unha realidade dada. Tampouco é construída polo suxeito, nin se trata
tampouco dunha finalidade á que imos ir achegando. Non; a verdade é o que resulta das modalidades de subxectivación e das modalidades de
obxectivación ás que dan lugar as prácticas vixentes dunha época ou dun sistema cultural: as tecnoloxías do eu (por ex., tomemos unha práctica
discursiva de reciente aparición como é a Psicopatoloxía. Para esta Psicopatoloxía, a tolemia é unha enfermedade mental; e nesto consiste a súa
verdade. O tolo científicamente falando hoxe é un Aenfermo mental@. Mais esta identificación de hoxe non invalida outras identificacións que se
fixeron noutras épocas: por ex., a identificación do tolo co poseído que se facía antes, no cristianismo. Polo tanto, o que eiquí temos son modalidades
distintas de subxectivización e de obxetivización. E, xa que logo, tan verdadeiras a unha como a outra. Non se pode achar eiquí ningún proceso
evolutivo, nin de continuidade. O que hai son, sinxelamente, distintas modalidades de ser entendidos o suxeito e os obxectos do saber.

* Non hai nada así como un fundamento orixinario a partires de que se desenvolve toda a historia, nin hai unha causa final cara á que toda a nosa
historia humano se encamiña teleolóxicamente, e de acordo cun sentido pre-determinado.

* Non hai ningunha causa noble como orixe da historia. Todo o que valoramos positivamente (a verdade, a liberdade...) ten detrás de si unha orixe
baixa, ruin, mezquina ou, simplemente, azarosa.

* Carácter histórico da subxectividade; do suxeito. O suxeito a nivel da conciencia que ten de sí mesmo e da realidade, e a nivel do seu corpo
está sempre construido históricamente. O suxeito é un constructo. As prácticas discursivas nas que está inserto cada individuo controlan de tal xeito
o seu corpo e a súa mente que logran conformar a súa subxectividade; é decir, coma orixe da mentalidade e comportamento do individuo (e da súa
identidade ou experiencia de sí ), hai elementos empíricos e exteriores a él que son os que construen a súa subxectividade dun modo pre-reflexivo e
inconscente. Como consecuencia, non cabe falar dunha subxectividade Aprevia@ ao dispositivo que a enxendra. Segundo esto, non hai suxeito
sustancial, que manteña unha esencia sempre idéntica ao longo da historia, senón Asuxeitos@ diferentes, moldeados baixo a forma que lles dou o seu
contexto cultural coa súa práctica discursiva determinada. O que sí hai son distintas experiencias ou formulacións ou identidades do suxeito.

* Carácter finito da subxetividade como o máis orixinario dela. A súa finitude consiste en que o suxeito está vencellado ao seu apriori histórico
(condicións de posibilidade e de emerxencia dos acontecimentos: por exemplo, as prácticas discursivas que existen nun sistema determinado). En cada
sistema cultural hai unha serie de prácticas ou tecnoloxías de poder (modos de dominación que actúan sobre o corpo e a mente) que conforman o
campo de experiencia no que o suxeito é constituído; son como o chan dende o que un individuo se convirte en suxeito coa súa identidade e imaxe de
sí. O suxeito non é soberano de si.

* Desaparición do carácter transcendental do suxeito. O suxeito non é a principal instancia constitutiva ou fundante da realidade histórica; máis
ben esto é unha invención recente, de non fai máis de dous séculos, e que xa está desaparecendo. É falsa a idea de que o individuo ten un plano
empírico e ademais, por detrás deste e como instancia constitutiva de todo sentido, un plano trascendental. Falso este desdoblamento. Só existe no
home un plano: o empírico.

* A Amorte do home@ significa a desaparición da idea de que o home é unha realidade dual (empírico-trascendental) para deixar paso a un
inconscente anónimo como a principal instancia constituínte (o elemento constitutivo non é a subxetividade ou conciencia trascendental do individuo,
senón un campo de saber e unha estructura de poder). E significa, tamén, a desaparición da idea dunha suposta esencia Ahumano@ idéntica e universal
en todos os individuos, independementemente da época e contexto nos que lle tocara vivir. Igual que non hai obxectos Anaturais@ non hai tampouco
unha esencia Anatural@; ou sexa, xa dada de por si en cada novo individuo. A Amorte do home@, pois, como eliminación da creencia nun suxeito
universal, portador en sí mesmo de elementos apriorísticos.

* O poder é productor de saberes de verdade e de toda unha sorte de consecuencias prácticas. Como consecuencia, Foucault leva a cabo unha
Ahistoria política da verdade@. Analizase nela cómo, a partires de certas prácticas sociais, se xeneran dominios do saber que dan lugar á aparición de
novos obxectos, conceptos, técnicas e suxeitos. Polo tanto, a verdade ten unha historia, unha xénese (que é a que compre descubrir).
É éste o propósito da súa investigación: unha ontoloxía do presente orientada a ver a súa dimensión histórica (é decir, xenética): interrogándose sobre
o sentido e o valor do que hoxe somos (pensamos, facemos). Foucault é, pois, un Ahistoriador do noso presente@, que tenta saber a xénese histórica
deste presente: o da civilización occidental co proxecto de eurocentrismo que arrastra consigo.

* Desenmascaramento da historia dos europeos, do seu mito da ser algo grande e excepcional, e do seu mito da racionalidade trunfante (progreso
científico e socio-económico), en canto que todo esto agocha un afán de poder e de dominación do outro. O occidental eríxese a sí mesmo como
poseedor da verdade inxustificadamente. Por eso, a nosa época actual caracterízase por haberse decatado de todos estos mitos como tales. Fin dos
mitos do pensamento moderno: fin da concepción lineal, continuista e progresiva da historia (a historia como un progreso seguro), e fin do outro
grande mito no que esta concepción se apoiaba: a creencia nunha esencia humano Anatural@ e universal do suxeito.

MORTE DO HOME. FIN DA HISTORIA (= Historiografía “global”)

You might also like