You are on page 1of 38

SCOUTS COA RECICLAXE

ÍNDICE
1. Ecoloxía urbana e reciclaxe.
2. Coa reciclaxe lograremos un mundo mellor!
2.1. Que quere dicir consumo responsable.
2.2. Medindo a nosa pegada ecolóxica.
3. Por que deberíamos reciclar?
3.1. A filosofía das 3 erres.
3.2. Refugallos domésticos.
3.3. Como se recicla?
3.3.1. RESIDUOS ORGÁNICOS.
3.3.2. ENVASES LIXEIROS.
3.3.3. PAPEL E CARTÓN.
3.3.4. VIDRO.
3.3.5. RESIDUOS ESPECIAIS.
3.4. Cales son os beneficios de reciclar?
4. A reciclaxe fronte o cambio climático.
4.1. Podemos vivir sen plásticos?
4.2. Incendios forestais.
5. Ideas tolas para facer ti mesmo!
1. Ecoloxía urbana e reciclaxe.
A nosa sociedade está a vivir hoxe en día unha crise social-
ecolóxica motivada principalmente polo crecemento ilimitado da
poboación e a expansión das cidades e núcleos industriais de
forma incontrolada. A actual crise enerxética provocada pola
gran dependencia nos combustibles fósiles fai pensar que algo
no modelo económico ten que cambiar. Sabemos que empregar
este tipo de combustibles (petróleo, gas natural, carbón)
contribúen a aumentar os gases de efecto invernadoiro na nosa
atmosfera, facendo cada vez máis real o chamado quecemento
global e o máis coñecido cambio climático.

Fonte web: http://enjambre.cl/

Ademais das consecuencias motivadas polo noso sistema de


produción, temos que engadir o crecemento incontrolado das
nosas cidades, e dentro destes sistemas, dos nosos residuos.
As áreas urbanas son sistemas complexos e difíciles de
xestionar, en especial as grandes aglomeracións. Pero se
consideramos as cidades dende un punto de vista ecolóxico,
poderíanse estudar e analizar as relacións entre os restos dos
ecosistemas próximos e separados.

Segundo o informe de 2010 da EEA, The European Environment


State, as cidades son ecosistemas abertos e dinámicos que
consumen, transforman e liberan materiais e enerxía; se
desenrolan, se adaptan e interactúan con outros ecosistemas. É
por isto, que deben ser analizados e xestionados como
ecosistemas altamente artificiais, que dependen da explotación
doutros ecosistemas (materias primas, alimentos, enerxía, auga,
etc.) e devolven o medio os refugallos propios das súas
actividades (contaminantes, lixos, augas fecais, gases de efecto
invernadoiro, etc).

Os principais ciclos do ecosistema urbano son catro:


1.- O ciclo atmosférico.
2.- O ciclo hidrolóxico.
3.- O ciclo do lixo.
4.- O ciclo enerxético.

Neste manual falaremos do ciclo do lixo, co seguinte obxectivo: a


reciclaxe e separación dos residuos para o seu posterior
tratamento e xestión. A continuación vemos o ciclo positivo
dos refugallos.
CICLO DO LIXO

Fonte web:http:// pensareco.blogspot.com

2. Coa reciclaxe lograremos un mundo mellor!


No ciclo do lixo, o primeiro dos paso na xeración dos
refugallos está na explotación dos recursos naturais para a
produción nas industrias. Despois elabóranse os produtos que
finalmente serán comercializados. Neste momento a
responsabilidade ambiental das industrias pasa ó
consumidor.

O noso papel neste ciclo é moi importante; pasa por


empregar de forma crítica e responsable a nosa conciencia á
hora de mercar os produtos. Non podemos esquecer que tras
cada cousa que mercamos está o lixo xerado durante a súa
cadea de produción. Tendo en conta que os niveis de
reciclaxe actual non chegan para compensar a degradación
na natureza, e que a nosa sociedade está baseada na idea de
consumir por consumir, podemos pensar na necesidade dun
consumo responsable, é dicir, mercar os produtos que
precisemos sen malgastar os recursos.

O seguinte paso transcorre cando o produto que mercamos


xa non nos serve e o seu destino é a bolsa do lixo. Para facer
un bo uso destes residuos e transformar o lixo nun recurso
debemos separalo de forma selectiva, é dicir, agrupar os
refugallos segundo as súas características físicas e químicas
e facilitar a súa reciclaxe.

Na foto podemos ver a Scouts de México que xuntaron 571


latas para facer unha flor de lis. A finalidade é vender as latas
como extrajobs e fomentar así a reciclaxe destes refugallos.
Parece unha boa idea, non si?
Se non facemos esta separación nos seus contedores os
refugallos poden rematar no sitio errado, sendo moi difícil o
seu reciclado.

Por último, para que o ciclo do lixo peche é preciso unha boa
recollida e xestión destes residuos. En Galicia existen tres
modelos: Sogama, Nostián e Lousame. Nestes modelos o
plástico, o vidro, o cartón e os puntos limpos seguen o
camiño da reciclaxe. A diferenza está na fracción orgánica.
Lousame produce compost, Nostián obtén metano do proceso
de compostaxe e Sogama elabora combustible para xerar
enerxía eléctrica.

REDE DE PLANTAS DE XESTIÓN DE RESIDUOS POR MUNICIPIOS


2.1. Que quere dicir consumo responsable.
Na coñecida Cume da Terra, celebrada en Río no 2002,
recollíase: “as principais causas de que continúe
deteriorándose o medio ambiente a nivel mundial son as
modalidades insostibles de consumo e
produción, en particular nos países
industrializados". Fíxose unha
chamada os países para revisar estas
modelos insostibles, apostando por
modelos de consumo responsable.

O Consumo responsable é a acción


de elixir produtos e servizos tendo
en conta o seu impacto ambiental e
social, pero tamén, pola conduta
das empresas. Implica consumir
menos e estar sempre atentos a
como nos inflúe a publicidade na
creación de necesidades inútiles.
Fonte web: imaxenes de google

Un consumidor responsable é aquel que está sensibilizado,


informado, é crítico e consciente, é dicir, está preocupado por
las repercusións económicas, sociais e medioambientais que
acompañan ás sociedades de consumo. Non vos pareces
unhas ideas moi scout?
2.2. Medindo a nosa pegada ecolóxica.
Podemos medir como afectan as nosas cidades
e os nosos hábitos cotiás na degradación do
medio? A resposta é si; coa medida do noso
impacto ou da pegada ecolóxica.
Fonte web: google

A pegada ecolóxica mide a superficie necesaria para producir


os recursos que consume cada cidadán medio nunha
determinada comunidade, pero tamén a necesaria para
absorber os residuos que xera, independentemente de onde se
atopen localizadas estas áreas. A pegada ecolóxica mundial
está nas 2,2 hectáreas por persoa nun ano. Isto significa que
consumimos un 20% máis do que a Terra pode producir e
soportar.
PASTOS E TERREOS DE CULTIVOS
VIVENDA E SERVIZOS
ENERXÍA
TRANSPORTES
ALIMENTACIÓN
BENS DE CONSUMO

MARES PRODUTIVOS

Fonte web: climántica


Por outro lado, a pegada de carbono é unha medida do impacto
ambiental que estuda as emisións de gases de efecto
invernadoiro na atmosfera (medidas como quilogramos de CO 2
equivalentes). Estes valores pódense converter a unidades de
pegada ecolóxica (hectáreas de terreo equivalentes) estudando
cal é a superficie de terreo necesario para absorber ditas
emisións de gases de efecto invernadoiro.

Fonte web: imaxenes de google

Cambiar a nosa sociedade e os nosos hábitos é unha tarefa


complicada pero podemos comezar por mudar a nosa conduta
como consumidores, mercando só o que nos fai realmente falta.
Tratemos de pensar por nós mesmos, sen deixarnos levar por
modas ou por mensaxes publicitarias enganosas que tentan
vendernos unha felicidade que non é real.
REFLEXIONEMOS:

Durante a nosa vida os desprazamentos ó centro de estudios, o


uso da calefacción e do aire acondicionado, o consumo de
electricidade,... , teñen un impacto no clima debido as emisións
de CO2 que xeran todas estas actividades. Medir a nosa pegada
do Carbono permítenos ser conscientes do impacto xerado e así,
poder reducilo realizando as acciones necesarias que reduzan as
emisións de CO2.

EMISIÓNS DE CO2 POR TIPO DE CONSUMO

Fonte web: www.consumoresponsable.org

Como podemos actuar?

Tentar facer esforzos para reducir as emisións sen ter toda a


información adecuada é como quen vai facer a compra sen
saber o prezo de cada produto. Así que propoñémoste un
sinxelo cuestionario para medir a túa pegada ecolóxica:
Cuestionario da pegada ecolóxica

Fogar Puntos
Cantas persoas viven na túa casa?
1-2 30
3-4 20
5 ou máis 10
Como se quenta a túa casa?
Gas natural 30
Electricidade 40
Aceite 50
Enerxías renovables 0
En que tipo de fogar vives?
Piso 20
Casa 40
Cantas billas e aseos individuais tes na túa casa?
Menos de 3 5
3-5 10
6-8 15
8-10 20
Máis de 10 25
Comida Puntos
Cantas veces á semana consumes carne ou pescado?
0 0
1-3 10
4-6 20
7-10 35
Máis de 10 50
Cantas veces á semana comes comida preparada con ingredientes frescos?
Menos de 10 25
10-14 20
14-18 15
Máis de 18 10
Ó mercar alimentos, na tua casa prefírese a produción local?
Si 25
Non 125
As veces 50
Moi pouco 100
Transporte Puntos
Na túa familia tedes vehículo?
Moto 15
Coche pequeno 35
Coche mediano 60
Coche grande 75
Deportivo, 4x4 100
Camión ou furgoneta 135
Como chegas o instituto ou traballo?
Vehículo 50
Transporte pública 25
Bus escolar 20
Camiñando 0
Bici, patíns ou skate 0
Onde fuches de vacacións o ano pasado?
Non fun de vacacións 0
En España, sen saír de Galicia 10
En España, saíndo de Galicia 30
Por Europa 40
Fora de Europa 70
Cantas viaxes de fin de semana fas nas vacacións?
0 0
1-4 15
5-9 25
Máis de 10 40
Compras Puntos
Cantas compras grandes (TV, ordenadores, lavadoras,...) fixéronse na tua casa este ano?
0 0
1-3 15
4-6 30
Máis de 6 45
Mercouse na tua casa algún produto de baixo consumo o ano pasado?
Si 0
Non 25
Refugallos Puntos
Na tua casa tratase de reducir a cantidade de residuos xerados? (mercar a granel, empregar recipiente
para o almacenamento, elixindo produtos con pouca embalaxe, etc)
Sempre 0
Ás veces 10
Case nunca 20
Nunca 30
Producides abono caseiro?
Sempre 0
Ás veces 10
Case nunca 20
Nunca 30
Na túa casa recíclanse botella, papel, etc?
Sempre 0
Ás veces 10
Case nunca 20
Nunca 30
Cantas bolsas de lixo xerades na vosa casa á semana?
1 10
2 20
Máis de 2 30
Calculaches o resultado da túa puntuación? Suma os valores
das preguntas anteriores e comproba a túa pegada ecolóxica:
➔ Menor a 150 = pegada ecolóxica é menor de 4 ha.

➔ 150 - 350 = pegada ecolóxica é de 4 ha a 6 ha.

➔ 350 - 550 = pegada ecolóxica é de 6 ha a 7.8 ha


(arredor da media dos países do Norte).
➔ 550 – 750 = pegada ecolóxica é de 7.8 a 10 ha.

➔ Maior a 750 = pegada ecolóxica é superior a 10 ha.

COMPARA:
COMPARA

Na terra hai dispoñible unhas 2 ha por persoa. A media no


Reino Unido y Canadá é de 6 ha, en Austria de 5, en
Nicaragua de 3 e en Sri Lanka de 1, entre outros. Presta
atención á seguinte gráfica na que aparecen as pegadas
ecolóxicas por países:
3. Por que deberíamos reciclar?
Nos último século a xestión dos
residuos converteuse nun dos maiores
problemas da nosa sociedade, ben polo
risco sanitario como polo ambiental. As
sociedades e, polo tanto, as persoas
tenden a resistirse ós cambios. Estes
problemas coa reciclaxe non quedan
solucionados só coa educación e a
sensibilización dos cidadáns. Por isto, o ciclo tradicional de
mercar – consumir – refugar é moi difícil de romper. Reciclar na
escola ou no fogar require dun esforzo para separar os
materiais, pero sempre será más positivo que o hábito de tirar
todo ó lixo.

Na actualidade, segundo datos de Sogama, cada galego xera


algo máis de 1 Kg de lixo ó día, o que resultan 365 Kg ó ano e
que en total na comunidade galega tradúcense en 1 millón
de toneladas de lixo. Tendo en conta que se recicla algo máis
do 35 %, a maior parte deste lixo acabará nos vertedoiros e
incineradoras.
3.1. A filosofía das 3 erres.
Entendes xa a importancia de aproveitar os nosos refugallos?
Serías capaz de consumir menos recursos?
Imaxinas un mundo sen lixo?
Recentemente, os responsables dos gobernos e a maioría da
cidadanía foron tomando conciencia en torno a necesidade de
xestionar correctamente os nosos refugallos. Para isto entrou
con forza un novo modelo produtivo, impulsado pola Unión
Europea, chamado “Economía Circular”, onde a regra das tres
erres (reducir, reempregar e reciclar) resulta algo
imprescindible para poder aproveitar ó máximo os recursos do
noso planeta.

Fonte web: blog.signus.es

A “Economía Circular” é o punto de unión entre a economía e


o medio ambiente e busca o desenvolvemento sostible. Todos
os actores (deseñadores, fabricantes, distribuidores,
consumidores, reparadores) deben ser capaces de aproveitar
los recursos de forma eficiente, sen estragalos.
3.2. Refugallos domésticos.
Para poder formar parte do cambio o noso papel en nos
mesmos, tomando conciencia dos nosos actos. Os refugallos
que xeramos cada día a día nos nosos fogar, si os podemos
separar. Coñécense como refugallos domésticos e os máis
habituais son:
• RESIDUOS ORGÁNICOS
• ENVASES LIXEIROS
• PAPEL E CARTÓN
• VIDRO
• APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS
• PILAS E BATERÍAS
• TÉXTIL E CALZADO
• MENCIÑAS
• ACEITES DE COCIÑA

Fonte web: imáxenes de google


3.3. Como reciclamos?
O fundamental á hora de reciclar é facer unha separación
adecuada dos diferentes residuos. Todos coñecemos os
colectores de cores diferentes segundo o modelo de xestión
do cada concello. Pero a separación destes residuos
realízanse basicamente nas seguintes clases:

3.3.1. RESIDUOS ORGÁNICOS COLECTOR ORGÁNICOS


Son os restos orgánicos de orixe
vexetal ou animal que poden
degradarse bioloxicamente. Serven
para facer compost e pode usarse
como un abono de calidade para a
horta ou o xardín. Podemos chegar
a reducir ata a metade a bolsa lixo
que xeramos nas nosas casas.

O compost é o resultado da descomposición natural da


materia orgánica levada a cabo por microorganismos, fungos
e bacterias, e por pequenos organismos como miñocas e
escaravellos.
A mellor forma de realizalo é mediante un composteiro, no
que en seis meses poderemos ter compost listo para usar. Os
pasos para conseguilo son:

1. Colocación do composteiro. Buscar un Fonte


lugarweb: preto dagoogle
imaxenes de casa
e, a poder ser, baixo unha árbore caduca que dea sombra no
verán e deixe pasar o sol no inverno.

2. Boa aireación. Facer na parte inferior unha capas de pólas


que permitan a entrada do aire e unha boa drenaxe.

3. Facer capas. Depositar unha capa de materia húmida


(céspede u restos de comida) e outra capa de materia seca
(pólas, follas, herbas secas, etc), mantendo a capa seca para
na parte superior para evitar a aparición de moscas.

4. Mantemento. Remover a mestura para mantela ben


aireada, asegurando unha boa humidade. É moi importante
ter unha boa proporción C/N, é dicir, para lograr un compost
equilibrado os materiais ricos en Carbono (restos das podas,
follas, arbustos triturados, herba seca) deben mesturarse
axeitadamente con restos orgánicos ricos en Nitróxeno
(restos de comida, carne e peixe, estercos).

Fonte web: imaxenes de google


A proporción na mestura dos materiais é como mínimo un
caldeiro dos restos da cociña cun caldeiro de materiais
estruturantes (follas, palla ou poda triturada).

SI SE PODE COMPOSTAR NON SE PODE COMPOSTAR


✔ Restos de comida
-- Materiais orgánicos que teñan
✔ Pousos do café e restos de
varrer substancias contaminantes
-- Excrementos de cans, gatos e persoas
✔ Excrementos de animais:
galiñas, coellos, cabalo,... -- Residuos de plásticos, vidro,
papel, aluminio, etc.
✔ Restos de podas de árbores e
arbustos (mellor triturados) -- Xornais e revistas con tintas

✔ Restos de horta ou froita,


flores, herba e follas.

✔ Algas e cunchas trituradas


✔ Pelo (non tinxido)
✔ Cinza de madeiras naturais

PROBLEMA CAUSA SOLUCIÓN

Remexer e engadir materiais


Cheiros Exceso de humidade
secos

Cheiros Compactación Remexer e engadir estruturante

Mosquitos Falta de aire Remexer a materia e mesturala

Lixiviados Exceso de auga Engadir materiais secos

Pouca cantidade de Engadir máis material ou facer a


Tª moi baixa
materiais morea máis grande

Tª moi baixa Humidade insuficiente Engadir auga

Diminuír o seu tamaño ou darlle


Tª moi alta Morea moi grande
a volta para airear
Pero se vivo na cidade ..., como
podo reciclar os meus residuos
orgánicos nun piso? Pois neste
caso existe unha solución que se
Fonte web: imaxenes de google
chama vermicompostaxe que
aproveitase das vantaxes que proporciona a actividade das
miñocas. Estes vermes aliméntanse dos residuos vexetais da
cociña e de outros restos orixinados nos fogares, producindo
nas súas excrecións un vermicompost. Este pódese empregar
en hortas, xardíns e testos con plantas. Para conseguilo
podemos probar unha pequena caixa ou recipiente que pode
ser de madeira, plástico ou metal, onde pódense producir
varios quilos de vermicompost tras tres ou catro meses.

3.3.2. ENVASES LIXEIROS COLECTOR AMARELO

• Envases metálicos
Latas de conservas e bebidas, bandexas de
aluminio, aerosois, tapóns metálicos de
botellas e tapas dos frascos.

• Envases de plástico Botellas de auga, refrescos e leite.


Produtos de limpeza Xel de baño, colonias e
champú. Bolsas de conxelados. Envases de
manteiga e iogures. Bandexas de porexpán
ou cortiza branco, envoltorios de plástico,
bolsas de aperitivos e as bolsas de plástico.
• Briks

Briks de zumes, leche, vino, batidos, caldos,


etc.

NUNCA botaremos no colector amarelo roupa, vidro, cartón,


residuos orgánicos ou outros obxectos de plástico que non
sexan envases como xoguetes, CD, cueiros, perchas...
3.3.3. PAPEL E CARTÓN COLECTOR AZUL

• Envases de cartón
Papel de envolver. Caixas de cartón.
Cartóns de ovos. Acolchado de embalaxes
(cando sexa de papel ou cartón)

• Todo tipo de papel

Xornais e revistas. Libros. Cadernos (sen


argolas, grampas nin arames)

NUNCA botaremos no colector azul os papeis de calco, os


cartóns de leite, de zume e viño, así como o papel e cartón
con restos de graxa. Podes reempregar as bolsas de papel
que che dan nas tendas para gardar os envases de cartón,
ben pregados.

3.3.4. VIDRO COLECTOR IGLÚ VERDE

• Envases de vidro
Calquera botella de vidro, os frascos de
cosmética e colonias. Os tarros de
marmelada e de conservas.

NUNCA botaremos no colector iglú VERDE tubos fluorescentes,


bombillas, porcelana, cerámica, cristal de fiestras ou espellos,
vasos, copas de cristal, tapones, cortizas, tapas metálicas de los
envases de vidro, etc.
3.3.5. RESIDUOS ESPECIAIS
Todos aqueles residuos que non sexan envases, ou que non
teñan un colector específico de recollida no teu concello,
podes depositalos nos colectores xenéricos ou de restos de
residuos, como pode ser o caso de cueiros de bebés e
compresas.
Cando nos estes seguro de onde depositar algún refugallo,
consulta no teu concello ou no punto limpo máis achegado.
Os puntos limpos son lugares especiais onde recóllese de
forma gratuíta os residuos que, polo seu tamaño ou
rigorosidade, non poden depositarse nos colectores das rúas.
Podemos depositar residuos domésticos especiais: tóxicos
(fluorescentes, vernices, envases de insecticidas,...);
voluminosos (mobles, colchóns, ....); residuos de liña branca
(lavadoras, frigoríficos, ....) e de liña marrón (televisores,
ordenadores), así como residuos de pequenas obras en
domicilios.
A continuación comentaremos algún dos residuos especiais
que se poden producir e que nunca debemos depositalos na
bolsa do lixo polos perigos que pode ocasionar no medio
ambiente. Tamén podes ver onde podemos deixalos:
– Pilas (tendas e centros cívicos, escolas, etc).
– Baterías, aparatos eléctricos, aceites de
coche, líquidos de refrixeración, pneumáticos
(Talleres e puntos de venta).
– Tinta, toners, rotuladores, cartuchos de
impresora,... (Puntos de venta).
– Aceites comestibles.(Puntos de recollida)
– Menciñas e radiografías (farmacias e centros de
saúde, o punto limpo chámase sigre.es).
– Gafas (en ópticas, para doar a outros países).
– Bombillas fluorescentes, en especial os “de baixo consumo”
compactas e tubos, que conteñen gases tóxicos (nos
puntos de venta).
– Téxtiles: roupa usada e calzado (contedores en centros
cívicos, rúa, parroquias).
– Mercurio: en termómetros (clínicas dentais).

3.4. Cales son os beneficios de reciclar?


➔ Menos contaminación del solo, auga e aire.

➔ Xeración de empregos.

➔ Recuperación dos recursos,


péchase o ciclo de produción coa
diminución dos residuos sólidos
que rematarán nos vertedoiros
ou incinerados.

➔ Por cada tonelada de plástico

afórranse 11 barrís de petróleo.

➔ Por cada tonelada de papel Fonte web: imaxenes de google

reciclado sálvanse 17 árbores.


➔ Se reciclamos o vidro, afórrase un 90% da enerxía por

non xerar vidro novo.


➔ Se aforramos a enerxía na creación de novos produtos

redúcense as emisións de CO2.



DATOS INTERESANTES SOBRE A RECICLAXE:
RECICLAXE

• Nos últimos 47 años produciuse máis lixo que en toda a


historia do ser humano.
• Un mesmo papel, pode reciclarse ata 10 veces.
• O vidro non perde ningunha das súas cualidades ó ser
reciclado.
• O 17 de Maio é o día mundial da reciclaxe.
• Reciclar o aluminio das latas é un dos procesos de
reciclaxe que na que máis enerxía aforramos.
• Reciclar unha lata de aluminio proporciona a enerxía
suficiente para ter unha televisión acendida 3 horas.
• O 75 % do aluminio que foi fabricado durante 125 anos
está dispoñible gracias ó reciclado. O aluminio é un
metal sostible e pode reciclarse unha e outra vez.
• Sabías que 50 millóns de toneladas de lixo electrónico
xerado ó ano por Europa remata nos vertedoiros de
África e Asia? Se queres coñecer máis podes ver o
documental da TVE2 “Ciberbasura sin fronteras”.
• Un bebé pode chegar a usar 8.000 cueiros e cada un
destes tarda uns 500 anos en descompoñerse.
• En Kenia calquera persoa que produza, venda ou
empregue bolsas de plástico podería ir ó cárcere 4 anos
ou pagar multas de 32.000€.
• Moitos dos smatphones, TV, lavadoras, impresoras, ...
non duran máis de 2 anos. A resposta chámase
obsolescencia programada. Podes aprender máis no
documental da RTVE : “Comprar, tirar, comprar”.
4. A reciclaxe fronte o cambio climático.
A maioría de nós estamos tomando conciencia da realidade do
chamado cambio climático, xa que as consecuencias sobre o
medio ambiente son cada vez máis evidentes: aumento das
temperaturas medias, secas máis intensas, tormentas e
choivas torrenciais con maior frecuencia, desxeo dos polos e
aumento do nivel do mar, Ano 2050 ...
extinción de especies animais e
vexetais, etc. De non poñer freo a
as nosas acción negativas para ó
planeta, o futuro preséntase
pouco acolledor (enfermidades
respiratorias, calor en exceso
inundación de cidades, escaseza
de alimentos). Fonte web: Pinterest

Entre as acción que podedes levar a cabo para loitar contra o


cambio climático, propoñemos neste manual as seguintes:
1. Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
2. Actuar fronte a deforestación.
3. Aforrar enerxía e impulsar o uso das renovables.
4. Poñer en práctica a regra das 3 R’s:
reducindo os produtos que consumimos,
reempregando os nosos refugallos antes de
tiralos ó lixo e, por suposto, reciclalos
sobrantes para que volvan a formar parte
do ciclo da produción.
Fonte web: https://www.concienciaeco.com/
4.1. Podemos vivir sen plásticos?
Dende a fabricación de plásticos pola industria fai 70 anos, os
seres humanos producimos 8.300 millóns de toneladas, das
que cerca do 90% non se reciclou e que acumúlanse nos
vertedoiros, en cunetas e flotando no mar.

Fonte web: imaxenes de google

Fai 50 anos cada español consumía 50 g de plástico, hoxe son


115 Kg. Vivimos na chamada Idade do Plástico. O seu uso
excesivo e o abuso de certos aditivos están a converter a este
material nun perigo mentres que estas cualidades tamén o
converten nun produto cómodo e duradeiro. Os plásticos so
capaces de manterse nos solos e na auga por máis de 500
anos e os seus aditivos tóxicos son capaces de modificar o
noso sistema hormonal.
REFLEXIONEMOS:

Se observas ó teu redor poderás comprobar que moitos dos


obxectos que hoxe consideramos imprescindibles para vivir
están fabricados con plásticos: consolas, móbiles,
ordenadores, tablets, tarxetas de crédito, medios de
transporte, bolígrafos, botellas de auga, refrescos, envases de
alimentos, ...
Para comprobar que o plástico xa e parte da nosas vidas,
propoñémoste que contes todos os obxectos de plásticos que
tocas nun día. Cres que serías capaz de vivir sen plástico?
Se pensas que si, intenta pasar un día da túa vida sen
empregar ningún obxecto que teña plástico e valora se foi fácil
ou difícil levar unha vida normal.

COMPARA

No océano Pacífico norte apareceu o sétimo


continente que os científicos chamaron “Isla
Basura”, localizada entre as costas de
California e a Illa de Hawai. Está formada
por 100 millóns de toneladas de plásticos e
cunha profundidade de máis de 35 m.
Ocupa unha superficie aproximada de 5
penínsulas ibéricas.

Fonte web: imaxenes de google


4.2. Incendios forestais.
Todos os anos, coa chegada do verán, temos que escoitar as
mesmas noticias sobre os lumes en Galicia e España. As
consecuencias que as secas que nos están afectando estes
últimos anos non axudan e o monte queimase sen remedio.

Fonte web: imaxenes de google

Os datos recentes son alarmantes, para datos de 2001-2016:


• A comunidade con maior número de sinistros e terreo
afectado de España é Galicia.
• A man do home está detrás do 90% dos lumes.
• Máis do 50% dos incendios son intencionados e o 25%
son accidentes e neglixencias.

Un dos graves problemas que axudan á aparición dos lumes


forestais é o abandono de lixo nos montes. Cada vez é máis
habitual pasear pola natureza e atopar pequenos vertedoiros
clandestinos onde se depositan todo tipo de refugallos
domésticos ou de obras. Os aerosois, as cabichas mal
apagadas ou os restos de vidro poden orixinar un lume.
Coa chegada do bo tempo, comezan as saídas á natureza e
as excursións á montaña, tamén os campamentos e demais
actividades: escalada, ciclismo, sendeirismo, etc.
Pero, saberías como actuar no caso de atoparte cun lume no
monte?
Recorda sempre que as saídas ás montañas teñen que estar
ben organizadas: planificar á ruta levando sempre un mapa e
compás, informarse correctamente sobre as condicións
meteorolóxicas e levar o equipo adecuado. É importante
levar o móbil ben cargado ou algún tipo de sistema de
comunicación.

No caso de atoparnos cun incendio no monte, a forma de


actuar sería:

1º) Manter a calma é fundamental.


2º) Avisar os servizos de emerxencia ó teléfono
gratuíto 112.
3º) Buscaremos a forma de poñernos a salvo, no caso de ter
fronte a nós un fogo grande:
• Deberemos observar a dirección do lume e prever unha
vía de escape. Moi importante é non perder os nervios e
inverter uns minutos en analizar o mapa e se temos
xunto cun dispositivo GPS.
• Na fuxida deberemos ser vixilantes o vento, xa que nun
cambio na dirección podemos quedar rodeados. Sempre
debemos avanzar na dirección contraria ó fume.
• Escaparemos ata zonas abertas de vexetación, zonas de
rocas ou cerca de ríos ou estanques. Sempre ladeira
abaixo, sen correr e afastándonos ó avance do lume .
• Para axudar a protexernos do lume e do calor
desprendido usaremos a roupa. Se podemos mollaremos
as prendas e colocaremos na capa exterior as prendas
de la ou algodón (evita as prendas sintéticas).
• Se estamos próximos ó lume e hai moito fume,
camiñaremos o máis agachados que poidamos para
reducir o risco de asfixia.
• Se non temos máis opción e o lume nos rodea
buscaremos un oco no chan, límpalo de posible cousas
que podan arder, poñer terra sobre o corpo, por encima
de la roupa e cubrir cunha manta ou roupa de algodón o
la.

Fonte web: imaxenes de google


Recorda o que non debes facer:
✗ Nunca fuxir ladeira arriba. O lume avanza
moi rápido nesta dirección. Mellor rodear
o incendio ou transitar por zonas xa
queimadas.
✗ Nunca respirar pola nariz. Mellor cubrirnos cun trapo
húmido.
✗ Nunca refuxiarnos en covas, caseta, vagadas profundas,
zonas altas ou en sentido ó vento.
✗ Nunca cruces as lapas sen saber o que hai detrás. No
caso de ter que facelo buscar zonas onde o lume estea
debilitado.
✗ Nunca correr se prende a roupa. Hai que rodar no chan
ou cubrirnos cunha manta.

Que pasa despois dun incendio forestal?


Entre as principais consecuencias no medio ambiente despois
do paso dun incendio forestal están: a destrución da
biodiversidade, o aumento da desertificación dos solos, a
contaminación das aguas e da atmosfera.

Fonte web: imaxenes de google


A recuperación das zonas queimadas é moi complicada. As
especies animais e vexetais que sobreviven perden os seus
ecosistemas. Desaparece o manto protector do solo, polo que
coa chegada das chuvias prodúcese o aumento da erosión
destruíndo os fértiles terreos forestais e acelerando a
desertización en moitas zonas de España.
Para evitar todo isto é fundamental reducir o número de
incendios cunha adecuada xestión forestal e do territorio, o
emprego da biomasa excedente para fins enerxéticos, volver
a empregar a gandería extensiva, mellores plans de
protección das poboacións próximas a zonas forestais. Pero
todo isto non ten sentido sen a colaboración de todos os
cidadáns e o investimento na investigación e persecución dos
delitos dos incendios provocados.

Fonte web: imaxenes de google

Se ademais de loitar contra os incendios forestais, coidar os


bosques, plantar árbores, denunciar os vertedoiros ilegais,
facer un bo uso dos nosos refugallos, reciclar os envases,...
xuntamos os nosos esforzos, estaremos a conseguir un novo
mundo no que a loita fronte o cambio climático sexa real. Así
que cultiva a túa responsabilidade e comparte o noso
mensaxe dun planeta mellor. Boa caza longas lúas!
5. Ideas tolas para facer ti mesmo!
BIBLIOGRAFÍA:

 LIBRO VERDE DE SENSIBILIDADE URBANA Y LOCAL EN LA ERA DE


LA INFORMACIÓN. Madrid, 2012
 CONSUMIR MENOS, VIVIR MEJOR. Toni Lodeiro, editorial Txalaparta,
2008.
 Ficha sobre sostenibilidad del medio ambiente: “LA HUELLA
ECOLÓGICA”, Pares sin Fronteras -Juventud para los Objetivos de
Desarrollo del Milenio (ODM).
 MANUAL DE COMPOSTAXE CASEIRA, edita ADEGA, 2010.
 GUIA DIDÁCTICA SOBRE OS TRES ERRES PARA A CIDADANÍA,
SOGAMA.
 LOS BOSQUES DESPUÉS DEL FUEGO, WWF, Madrid 2004.

BIBLIOGRAFÍA WEB:

• http://www.auladareciclaxe.es/o-ciclo-do-lixo/
• http://unidades.climantica.org/gl/unidades/02/uso-actual-da-
enerxia/cales-son-as-necesidades/5
• https://porelclima.es/actua/ciudadanos/acciones/residuos-y-
reciclaje
• https://www.ecoembes.com
• www.mapama.gob.es/

You might also like