You are on page 1of 4

PRONOMES PERSOAIS

1. TÓNICOS
Suxeito Formas oblicuas
Número

Libres Ligadas

Persoa Non reflex. Reflex. Non reflex. Reflex.

1ª eu min comigo
Singular

2ª ti contigo

3ª el, ela si ………… consigo

1ª nós, nosoutros/as connosco


Plural

2ª vós, vosoutros/as convosco

3ª eles, elas si ………….. consigo

Formas de cortesía na 2ª persoa: VOSTEDE/ES ( con verbo en 3ª persoa).

Contraccións das preposicións EN e DE co pronome persoal de 3ª persoa:

Pronome
EL ELA ELES ELAS

Preposición
EN nel nela neles nelas

DE del dela deles delas

2. ÁTONOS
Función
Nº/persoa CD CI

1ª me me

2ª te che

3ª o/a lo/la no/na se lle

1ª nos nos
PLURAL

2ª vos vos

3ª os/as los/las nos/nas se lles


As formas de C.D. de 3ª persoa presentan tres variantes ou alomorfos:
 lo/la/los/las aparecen despois de forma verbal rematada en –R ou en –S:
Vou collelos da túa leira (os grelos).
Teño que chamalos hoxe sen falta (a eles)
 no/na/nos/nas úsanse despois de forma verbal rematada en ditongo decrecente:
El limpouno. Ela colleuno. El foino buscar alá
 o/a/os/as no resto dos casos:
Tráeo para aquí (o libro).
Comérono todo (o biscoito).

CONTRACCIÓNS DOS PRONOMES DE C.I. COS DE C.D. DE 3ª PERSOA:

ACUS O A OS AS
DAT.

ME mo ma mos mas
SINGULAR

CHE cho cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas


PLURAL

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas

Os rapaces deron caramelos aos amigos  Os rapaces déronllelos


CD = os CI = lles (lles + os = llelos)
Os rapaces deron camarelos ao amigo  Os rapaces déronllos
CD = os CI = lle (lle + os = llos)
NORMAS DE COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO

1. ENCLÍTICO (posposto ao verbo e unido a el sempre)


 O pronome átono nunca inicia unha oración.
 Nas oracións simples, nas coordinadas e nas principais das compostas, o pronome átono vai
enclítico.
Cóntalle o que queiras.
Coñéceo ben.

2. PROCLÍTICO (anteposto)
Pero en contra deste principio xeral o pronome átono vai proclítico nos seguintes casos:
 Se a oración é negativa ou vai introducida por unha conxunción ou un adverbio negativos:
Ninguén o desexaba
Xamais lle mandou facer iso
 Se a oración vai introducida por un adverbio que non sexa de lugar nin de tempo (agás os
adverbios XA, SEMPRE, VELAÍ E VELAQUÍ).
Hoxe vinte
Quizais o atope na rúa
Sempre me falas igual
Xa llo dixeron onte
Os adverbios LOGO E AGORA admiten as dúas colocacións aínda que con significados
diferentes:
Logo as traio (axiña) / Logo tráioas (despois)
Agora o fago (axiña) / Agora fágoo (neste momento)

 Se a oración vai introducida por un pronome ou adverbio interrogativo ou exclamativo:


Onde o colliches?
Como o ama súa nai!
Quen cho dixo?
 Se vai despois dalgúns indefinidos como:
Algo, alguén, bastante, calquera, ambos, entrambos, mesmo, nada, ninguén, ningún/ha(s),
todo(s).
Todos o aman. Calquera llo di agora.

 Se a oración é desiderativa ou enfática:


Mala chispa te coma! Así de fermosa che é! Aí o tes!

 Nas oracións subordinadas o pronome átono vai sempre proclítico :


Díxenlle que o collese
Que entre cando o deixen
Non me importa se o colle
Como o faga non me interesa

 Nas perífrases verbais (agás as de participio) ou cando aparece un verbo conxugado seguido
dun infinitivo ou dun xerundio, o pronome átono pode ir detrás co 1º verbo ou c 2º verbo:
Quéroo mercar. Quero mercalo.
Ándao arranxando. Anda arranxándoo.
PERO: Ninguén desexa mercalo. Ninguén o desexa mercar.
Se a perífrase verbal é de infinitivo e ten tres elementos (é dicir, un relacionante
entre os dous verbos), a posición do pronome átono é tripla:
Tes que collelo. Tes que o coller. Telo que coller.
Haino que facer. Hai que facelo. Hai que o facer.
PERO: Tamén, coma no caso anterior das perífrase sen relacionante, se algún
elemento altera a colocación, esta só afecta ao elemento máis próximo a el:
Aínda o temos que coller.
Aínda temos que collelo.
Aínda temos que o coller.

You might also like