You are on page 1of 12

PINTURA DO CUATROCCENTO

Características do cuatroccento e Massacio:

• escenas dentro de marcos arquitectónicos


• figuras con volume
• representa a luz utilizando a cor, diferentes gamas, tons,sombreado
• consegue a ilusión de profundidade mediante a perspectiva
• cadros con vida mediante a relación entre os personaxes

Título: A Trinidade
Autor: Masaccio
Cronoloxía: XV
Técnica: fresco
Soporte: Mural

Na parte superior o Deus pai, a pomba como espíritu santo e o fillo crucificado, no segundo nivel
María que mira ao espectador e Xoán, e no terceiro nivel dous doantes

A composición é pechada e simétrica. Podemos sinalar:


• localización da escena nun marco arquitectónico
• importancia do debuxo que perfila e enmarca as cores
• distribución harmónica da cor con dominio do vermello
• o efecto perspectiva punto de fuga é o pé da cruz
• na composición pódese observar esquemas triangulares
• búscase un sentido narrativo mediante a relación entre as personaxes.

Título: Tributo da Moeda


Autor: Masaccio
Cronoloxía: XV
Técnica: fresco

ante a pregunta de se hai que pagar tributos ao César responde Cristo: dad ao César o que é do
César e a Deus o que é de Deus. A escena presenta varios momentos:
1 no centro Xesús cos seus apóstolos e de espaldas ao recadador que esixe que pague o tributo
2 O milagre: a esquerda Pedro saca a moeda dun peixe
3 a dereita Pedro entrega a moeda ao recadador.

Análisis formal:
- a composición é pechada e simétrica
- o punto de tensión sitúase no centro e non no milagre
- Cristo non é de maior tamaño pero esixe xerarquía pois se atopa ocupando o lugar central
gran importancia do debuxo
- as figuras teñen gran volume
- a acción sitúase dentro dun marco paisaxe e arquitectura con predominio de cores frías
- lógrase a profundidade mediante perspectiva lineal co punto de fuga en Xesús
Título: A Anunciación
Autor: Fra Angélico
Cronoloxía: XV
Técnica: amorne (temple)
Soporte: táboa
Estilo: renacentista quatrocento

Describe o momento no que o arcanxo San Gabriel é enviado a visitar a María para darlle a noticia
de que será nai do Mesías, pero ao mesmo tempo no lado esquerdo atópaxe a expulsión do
Paraíso e sobre o anxo que expulsa aparecen as mans de Deus, das que emana un raio de luz
dourada e ao final deste raio aparece unha pomba.
A escena sitúase baixo un marco arquitectónico da época abovedada, situándose María e o
arcanxo baixo un deles, con arcos de medio punto sobre columnas de orde composto. Este espazo
ábrese ao fondo cara a outra habitación, na que se ve un banco cuxo posición consegue transmitir
a sensación de profundidade.

A táboa ten unha predela (parte inferior dun retablo de pintura ou escultura) na parte inferior, que
presenta episodios dos Evanxelios. Desde o punto de vista formal obsérvase:

• o autor concede gran importancia ao debuxo


• as figuras teñen pouco volume
• as cores con poucas tonalidades son de gran viveza
• a luz invade a escena, é artificial, non natural
• tratamento das figuras con gran delicadez e idealizadas
PINTURA DO CINQUECENTO

Características:
• xeralizase o uso do óleo
• predominio das composicións pechadas e que forman figuras xeométricas
• idealización das representacións
• representación dos sentimentos
• importancia da cor e do tratamento lumínico dos rostros
• desenvolvemento da paisaxe

Título: A Virxe das Rochas


Autor: Leonardo da Vinci
Cronoloxía: XV
Técnica: óleo sobre táboa
Estilo: renacentista cinquecento

Aparecen neste cuadro Xuan, a virxe María e Xesus e tamén o


arcanxo Uriel. A composición é pechada enmarcada nunha
pirámide, cuxo vértice superior sería a cabeza da Virxe, que con
a súa man esquerda parece protexer a seu fillo. Á dereita o
arcanxo coas ás desplegadas mirando para fora que ao mirar.
Este arcanxo sinala ao neno Xuan, ao que a Virxe acolle coa
outra man.

• Os persoaxes están idealizados, rodeados de misterio


• observase a técnica do sfumato, que consiste en antepor entre o espectador e as formas a
atmósfera como con certa neblina, non del todo nítidos.
• Volume: lógrase con efectos do claroscuro e gradación de tons de cor
• cor: predominio de cores fríos (azul, verde, grises plateados) que armonizan con zonas de
cores cálidos (laranxa, marróns)
• tratamento da luz: é característico de Leonardo o uso dun dobre foco de luz, un principal
que ven de fóra e ilumina as figuras do primeiro plano, e outro secundario, no interior, que
ilumina as formas que se adiviñan a través das rochas.
• O ritmo establécese mediante o xogo de miradas e as mans, que dan sensación de
serenidade e misterio.
Título: A Gioconda
Autor: Leonardo da Vinci
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre táboa
Estilo: renacentista cinquecento
Xénero: retrato

A Gioconda ou Mona Lisa é un


dos cuadros que maiores
controversias desencadeou ao
longo da historia da arte por
saber a identidade da persoa
retratada.

A composición é clásica piramidal


co vértice na cabeza. Pinta a
modelo sentada en escorzo
(figura que ten unha parte xirada
con repecto ao corpo) lateral e
cabeza lixeiramente xirada e
obrazo esquerdo en senso
contrario que a cabeza.

Volume: os ragos e o contorno


das figuras están difuminados
polo sfumato, agás as mangas que
teñen contornos definidos.
Luz: concéntrase no rostro e crea
un soave sombreado a seu lado
esquerdo, leva un fino velo.

A paisaxe é moi importante pois


aparte de acadar profundidade
resalta o sonriso enigmático da figura. Nesta paisaxe que combina, lagos, montañas e néboas
aparce difuminado coa técnica do sfumato e uso de cores frías. Ademáis neste paisaxe a liña do
horizonte non coincide, é máis alto no lado dereito, de xeito que ao estar a liña do horizonte máis
baixa a nosa esquerda arrastra a mirada ata abaixo e o da dereita ata arriba.

Expresión: mostra un estudo psicolóxico a través dos ollos e do enigmático sorriso, entre sonrinte e
nostálxiaca.
Título: A Madonna do Prado/Madonna do Xílgaro
Autor: Rafael
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre táboa
Estilo: renacentista cinquecento

As dúas obras pertencen a unha primeira etapa de Rafael na que predominan as pinturas sobre a
táboa co tema da Virxe, asimila a composición piramidal e o sfumato, e que se coñece esta tipoloxía
co nome de Madonna.

Nas dúas obras predomina o esquema triangular ou piramidal. O carácter ascensional deta figura
xeomátrica permite relacionar o motivo central co fondo da paisaxe.

As obras limítanse a imaxe da Virxe co neno Xesús e San Xoán neno. As figuras sitúanse ante un
fondo de paisaxe onde destaca un lago.

Luz e cor: destaca o emprego do sfumato e dun modelado mois suave. As cores son claras, suaves,
transparentes, con dominio do cálido
Paisaxe: natureza viva, real.
Expresión: imaxes concentradas en se mesmas non establecen ningún tipo de relación co
espectador.
Movemento: apenas se percibe o sentido do movemento, soamente expresado por un leve xiro co
corpo da Virxe xunto co outro do neno en senso contrario.
Título: A Escola de Atenas
Autor: Rafael
Cronoloxía: XVI
Técnica: fresco sobre parede
Estilo: renacentista cinquecento

A escena está ubican nun templo de


inspiración romana con dous Deuses
representados polas esculturas de Apolo
e Minerva.
A arquitectura contribúe a encadrar no
centro da perspectiva nas dúas figuras centrais que son Platón e Aristóteles.

A composición é pechada, a pecha o gran arco en semicírculo e simétrica pois ocupan o centro
Platón e Aristótels distribuíndose en torno a eles a dereita e esquerda os persoaxes. Platón mostra
o Timeo e sinala ao ceo (mundo das ideas) Aristóteles ten a súa Ética e sinala a terra. Ambos
persoaxes dialogan e avanzan entre un grupo de figuras que forman un pasillo.

A luz é ao pleno día contribuíndo á claridade da composición, crea un suave claroscuro que
contribúe ao modelado dos persoaxes.

Cores: se distribuen de forma harmónica, así ao cálido bermello de Platón se contrapón o frío azul
en Aristóteles, aínda que se observa certo predominio de cálidos.

A perspectiva xeométrica ten como punto de fuga, as cabezas dos dous filósofos. Ase mesmo a
arquitectura vai disminuindo e estreitandose dando a sensación de alonxado.

Título: Carlos V na batalla de Mühlberg


Autor: Tiziano
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre lenzo
Estilo: renacentista cinquecento

Tiziano une a antigüidade co medieval e co moderno:


1. por unha banda este retrato lémbranos aos retratos equestres romanos
2. por outra, Carlos V aparece estoico, calmado, leva unha armadura de cabaleiro medieval e a
lanza como soldado de Cristo que loita pola unidade cristiá.
3. leva armas modernas: un pequeño arcabuz coa súa bolsa para a munición.

Composición: verticais (emperador, árbores), horizontais e diagonais, cabalo, lanza que marcan o
ritmo.

Cor: a gama de cores é cálida, bermellos (destacando as distintas gamas: da banda, do penacho do
cabalo, do casco do emperdor) e ocres principalmente.
Luz: de atardecer de posta de sol que crea tonalidades alaranxadas creando unha atmósfera de
serenidade.

Coidado nos detalles, especialmente na armadura co seus brillos, e a paisaxe cunha gran variedade
de cores e matices.
Título: Venus de Urbino
Autor: Tiziano
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre lenzo
Estilo: renacentista cinquecento

A obra representa a unha figura feminina moi


sensual que aparece espida nun luxoso leito,
ambientada no interior dun luxoso palacio
veneciano. Ao fondo dúas serventas rebuscan nun arcón roupeiro de tipo nupcial.

A moza de longos cabelos está espida tapando cunha man o seu sexo. Como único adorno leva
unha pulseira e uns pendentes de bágoa. Aparece recostada sensualmente, coa mirada fixa no
espectador e no seu brazo dereito sostén un ramillete de flores. Aos seus pés unha figura dun can
que descansa placidamente.

O realismo da composición vén acentuado polo detallismo que o artista pon en cada detalle (o
palacio moi decorado, as baldosas coidadosamente colocadas)

A composición aparece dominada pola figura horizontal da moza e contrasta coa verticalidade da
cortina e a columna da ventá que actua como punto de fuga.

Título: A tempestade
Autor: Giorgione
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre lenzo
Estilo: renacentista cinquecento

Nunha paisaxe tormentosa, vemos preto


dun río e cun pobo de fondo, a dous
persoaxes: a esquerda, un rapaz e, a
dereita, unha muller semiespida
aleitando a un neno.

O máis novedoso é a verdadeira


protagonista é a paisaxe que por
primeira vez é tan importante como os
persoaxes, capaz de captar a atmósfera
na que as oscuras nubes ilumínanse
polo lóstrego. É unha paisaxe máis
inventada que real, que inclue
referencias clásicas (columnas mutiladas sobre unha basa, arquitectura renacentista ao lado
esquerdo e cúpula do edificio do fondo).

Título: O Lavatorio
Autor: Tintoretto
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre lenzo
Estilo: manierismo

Describe como na última Cea anter de partires o pan Xesús lavas os pés dos seus discípulos como
signo de humildade e tamén de purificación.

A composición é aberta (non están os corpos completos aos lados) e asimétrica. O cadro débese
ver a partir da diagonal que empeza en Cristo, prosegue pola mesa e acaba no arco do triundo do
fondo. No centro atopamos un can en primer plano, a mesa da cea con escorzo e un apóstolo que
tira para quitar as calzas dun compañeiro tombado en escorzo no chan.

Crea o espazo, a profundidade, mediante perspectiva xeométrica co lousado e a arquitectura, pero


tamén a perspectiva aérea utilizando gamas frías no fondo parece difuminarse pola brétema da
canle.

A gama de cores é variada e a luz parece irreal.

Título: As bodas de Caná


Autor: Veronés
Cronoloxía: XVI
Técnica: óleo sobre lenzo
Estilo: renacentista

A pintura representa as Vodas de Caná: a historia, a Virxe María, Xesús e algúns dos seus discípulos
están convidados a unha celebración nupcial en Caná, Galilea. Cara ao final da festa, cando quedan
sen viño, Xesús ordenou aos servos que enchesen tinajas con augas, que el converteu en viño,
sendo este o seu primeiro milagre.

O autor representa o episodio evanxélico ao estilo das grandes festas venecianas da época, nun
marco arquitectónico renacentista, con columnas dóricas e corintias ao redor dun patio aberto.

Fronte a perspectiva clásica que fai converxer nun único punto todas as perpendiculares no pano
do cadro, Veronés, pola contra, diríxeas a varios puntos repartidos pola zona central do lienzo:
puntos de fuga dos edificios da esquerda
puntos de fuga dos edificios da dereita
terceiro punto de fuga para os edificios da parte superior
punto de fuga único para o chan e os personaxes da parte inferior do cadro

Cor: xunto ás gamas frías como o gris, azuis, tamén amarelo, vermello, e brillante lapislazuli

You might also like