You are on page 1of 4

POESÍA DE POSGUERRA (1950-1960)

(APUNTES)
A partir de 1950 comeza a rexurdir a poesía na Galiza publicando un nutrido grupo de
poetas que se reparten en tres promocións:
1.- A Promoción de Preguerra, nacidos entre 1910-1920
2.- A Promoción de Enlace, nacidos entre 1920-1930
3.- Os poetas das Festas Minervais, nacidos entre 1930-1940.
E dentro desta diferenciamos ao Grupo Brais Pinto.
A partir de 1950 debemos destacar algúns acontecementos culturais que marcan a
vida da literatura galega:
– A Colección Benito Soto de poesía foi un proxecto editorial levado a cabo en
Pontevedra entre 1948 e 1952 polos poetas Emilio Álvarez Negreira, Sabino Torres
Ferrer, Manuel Cuña Novás e o pintor Rafael Alonso.
– A Editorial Galaxia
A editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela por un
grupo de galeguistas entre os que atopaban Otero Pedrayo, Francisco Fernández del
Riego, Ramón Piñeiro ou Xaime Illa Couto.
En 1957, crea a colección de poesía Illa Nova, que se estrea coa publicación do libro de
Xohana Torres “Do sulco”.
– O Grupo Brais Pinto (1958)
A finais dos anos 50 do século pasado, un grupo de estudantes e intelectuais galegos
coinciden en Madrid, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño,
Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, Uxío Novoneyra, César
Arias, Herminio Barreiro, Aleixandre Cribeiro, Manoel María e ‘Ben-Cho-Shey’. Entre
todos deciden fundar o Grupo Brais Pinto. Organizan faladoiros, actividades culturais,
crean unha editora e unha colección de poesía.
– As Festas Minervais, foi un concurso literario de poesía que organizou a
Universidade de Santiago para promocionar a creación literaria.
1.- Na Promoción de Preguerra (1910-1920), destacan Miguel González Garcés, María
Mariño e Pura Vázquez.
– Miguel González Garcés (A Coruña, 12 de xaneiro de 1916 – 12 de decembro de
1989). Foi xornalista, docente e poeta bilingüe en castelán e galego.
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, realizou
o doutorado en Madrid, foi director da Biblioteca Pública d’A Coruña.
Obra:
A partir de 1968 comeza a editar os seus poemarios en galego, “Poema no meu
lar”(1968), “Poemas de Albertiño”(1970), “Nas faíscas do soño”(1972), “Paso soa de
luz” (1975), “Claridade que a tentas me persigo” (1977), etc.
– María Mariño Carou (Noia – A Coruña, 8 de xuño de 1907 -Parada do Courel, 19 de
maio de 1967). En 1939 casa con Roberto Posse Carballido, maestro nacional, e teñen
un fillo que morre ante de cumprir os dous anos, marcando a súa estabilidade
emocional.
En 1946, regresan a Galiza, concretamente á Serra do Courel. Instalados finalmente en
Parada de Moureda, coñece ao poeta Uxío Novoneyra. Cara a 1957, María Mariño
empeza a escribir poesía. A esta autora adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2007.
Obra:
O seu único libro é “Palabra no Tempo” (1963). A súa poesía é de estrañamento
interior e exterior, con inquedanza existencial e relixiosa.
– Carmen Pura Vázquez Iglesias (Ourense, 31 de marzo de 1918, 25 de xullo de 2006).
Foi mestra de carreira. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos
xornais e revistas de Galiza e na emigración tras a guerra incivil de 1936. Foi pioneira
no eido da literatura infantil e xuvenil.
Obra:
Comeza con “A saudade e outros poemas” (1963), “O desacougo” (1971), “Verbas na
edra do vento” (1992), etc.
2.- Na “Escola da Tebra” ou Promoción de Enlace (1930-1930), destacan Antón Tovar,
Luz Pozo Garza e Manuel Cuña Novás. Non son nun grupo que compartan estilo, senón
de marcada individualidade.
– Antón Tovar Bovillo, nace en 1921 en Pereira (Rairiz de Veiga), morre en Ourense o
16 de xuño de 2004. Cando comeza a traballar na libraría Tanco, establece relación con
Vicente Risco, Ferro Couselo e López Cid.
Obra:
En 1962 edita “Arredores”, séguenlle “Non” (1967), “Calados esconxuros” (1980),
“Berros en voz baixa” (1990), etc.
– Luz Pozo Garza, (Ribadeo o 21 de xullo de 1922). Estudou de Maxisterio e Filoloxía
Románica.
Desenvolve en Vigo a súa traxectoria docente, xubilándose en 1987 no Instituto de
Nigrán.
Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu a
creación da revista Clave Orión. É membro da Real Academia Galega dende o 29 de
novembro de 1996.
A súa poesía é sensual e profunda, na cal o amor, a morte ou a liberdade teñen un
grande peso específico.
Obra:
Comeza a súa andaina con “O paxaro na boca” (1952), “Verbas derradeiras” (1976),
“Concerto de outono” 81981), etc.
– Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1 de xuño de 1924 – 18 de maio de 1992). Foi
xornalista do Diario de Pontevedra.
En 1951 pasa un tempada en Francia asimilando as ideas dos filósfos daquel momento,
Jean-Paul Sartre e Albert Camus.
Obra:
O seu primeiro libro foi “Frauta na noite” (1947), “Fabulario novo”(1952), e un poema
longo titulado “Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte” (1977).
3.- Na Promoción das Festas Minervais (1930-1940), destacan Manuel María, Uxío
Novoneyra, Xohana Torres, Salvador García Bodaño, Xosé Luís Franco Grande e
Arcadio López Casanova.
– Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 6 de outubro de 1929 – A Coruña,
8 de setembro de 2004) destacou como poeta e militante nacionalista.
A súa temática contempla o amor, o humor crítico, a contestación social.
Obra:
Manuel María comeza a escribir en galego con “Muiñeiro de brétemas”(1950),
“Morrendo a cada intre”(1952), “Terra Cha”(1954), “Advento”(1954), que seguen a
liña da “Escola da Tebra”. Con “Documentos persoais”(1958), “Mar maior”(1963), a
denuncia social comeza a ser habitual na súa extensa poesía, moi definida en “Cantos
rodados para alleados e asoballados”(1976).
Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, Courel, 19 de xaneiro de 1930 – Santiago de
Compostela, 30 de outubro de 1999). A Serra do Courel en Lugo, foi o principal
referente físico e espiritual para o poeta, onde a paisaxe é a principal protagonista,
xunto coa sonoridade dos versos. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua
Galega.
Obra:
Novoneyra destaca polo seu poemario “Os eidos” (1955). Publicou ademais “Poemas
caligráficos” (1979), “Muller pra lonxe” (1987) e “Do Courel a Compostela” (1988).
Xohana Torres Fernández (Santiago de Compostela, 1931). Estudou Filosofía e Letras
na Universidade de Santiago de Compostela. En 1972 recibiu o Pedrón de Ouro por su
labor cultural en beneficio de Galicia. É membro da Real Academia Galega desde o 27
de outubro de 2001.
Obra:
Os comezos son con “Do sulco”(1957), “Estacións ao mar”(1980), Tempo de
Ría”(1992), …
– Salvador García Bodaño Zunzunegui (Teis, Vigo, 17 de xullo de 1935). Foi cofundador
da Asociación cutural O Galo (1961), participou na creación do Museo do Pobo Galego
de Santiago de Compostela, foi presidente do Pedrón de Ouro. É membro numerario
da Real Academia Galega.
Obra::
A obra de Bodaño comeza con “Ó pé de cada hora”(1967), despois ven “Tempo de
Compostela” (1978). A temática da súa obra é lírica e de compromiso coa súa terra.
– Xosé Luís Franco Grande (Tebra – Tomiño – Pontevedra-, 17 de febreiro de 1936).
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Autor dun dicionario
galego-castelán. Ingresou na Real Academia Galega o 3 de xullo de 1998.

Obra:
Comeza con “Vieiro Choído” (1957), “ Vieiro Choído” (1957), “Entre o si e o non”
(1967),…
Arcadio López Casanova (Lugo, 1942). Desde 1986 é profesor titular do Departamento
de Filoloxía Española na Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia.
Os primeiros libros de López-Casanova reflicten unha preocupación obsesiva por
recuperar a infancia, a inocencia perdida, mesturada con dramatismo que expón unha
visión desesperada do mundo e das cousas. Cultivou o teatro e a literatura infantil.
Obra:
En 1965 publica “Sonetos da esperanza presentida”, continúan os poemarios
”Mesteres” (1976), “Noite do degaro” (1994).
Avilés de Taramancos, (Noia – A Coruña, 6 de abril de 1935, 23 de marzo de 1992).
Fixo o bacharelato en Noia, depois mudouse Á Coruña, onde fixo estudos de náutica.
En 1961 decide marchar a Colombia, onde permanece ata 1980, primeiro na selva
amazónica e máis tarde en Bogotá.En 1994 regresa coa familia que formou en
Colombia a Galiza e instálase en Noia. Foi presidente da Asociación de Escritores en
Lingua Galega, etapa na que se realiza o Congreso Galeuzaca en Baiona (Pontevedra).
Adicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2003.
Obra:
Os seus libros de poemas son: “A frauta i o garamelo” (1959), “O tempo no
espello”(1982), “Cantos caucanos” (1985), “As torres no ar” (1989), “Obra viva”(1992),
“Nova Crónica das Indias”(1992) e o libro póstumo “Última fuxida a Harar” (1992).
4.- No Grupo Brais Pinto, destacan Bernardino Graña, Luís Méndez Ferrín, e Alexandre
Cribeiro.
Bernardino Graña Villar (Cangas de Morrazo, 1932). Estudiou Filoloxía en Madrid e
adicouse ao ensino ata a súa xubilación no Instituto Mª Soliño de Cangas do Morrazo.
Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Na súa obra é importante a temática mariñeira, pola amistade fonda co seu tío Emilio,
mariñeiro de Balea (Cangas).
Obra:
O seu primeiro poemario foi “Poema do home que quixo vivir” (1958), “Profecía do
mar” (1966), “Non vexo Vigo nin Cangas” (1975), “Se o noso amor e os peixes” (1980),
etc.
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 de setembro de 1938). Foi catedrático do
instituto Santa Irene en Vigo. A súa actividade política foi intensa tanto na vida literaria
como política.
Foi proposto ao Premio Nobel pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Actualmente é Presidente da Real Academia Galega desde o 2010, e Doctor Honoris
Causa pola Universidade de Vigo.
Escribiu narrativa e ensaio. A súa obra ten un carácter social, hermético en moitos
casos, innovadora sobre todo.
A obra:
O primeiro poemario é “Voce na néboa”(1957), pero “Antoloxía Popular”(1972), edítao
co seudónimo de Herberto Bens, “Sirventés pola destrucción de Occitania” (1975),
“Con pólvora e magnolias”(1976), supón un antes e un despois na lírica galega,
influenciando en moitos poetas novos da xeración dos 80-90.
Alexandre Cribeiro, (Pontevedra 1936). Estudou Dirección no Instituto de
Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid e foi unha tempada director
da TVE en Galiza.
Obra:
Comeza co poemario “Acoitelado na noite(1960), “Doente de esperanza”(1962) e
“Indo pra máis perto”(1979).

You might also like