You are on page 1of 1

DOG Núm.

117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29827

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se amplía o prazo de realización do


quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes
de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo
de Gardacostas de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27 de


decembro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes
de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Ga-
licia, dispón, na base II.1.1.5, que o prazo máximo para a realización do quinto exercicio
será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O cuarto exercicio da fase de oposición, correspondente ao proceso selectivo que se


cita, foi realizado o día 21 de maio de 2018.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se


fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal
cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do quinto exercicio do proceso selectivo para o


CVE-DOG: hmuwlxq7-ir69-b5k5-sii0-udj2hk2phki7

ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Admi-


nistración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do
Servizo de Gardacostas de Galicia, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co
disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García


Conselleiro de Facenda

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like