You are on page 1of 3

«Aquí equivocarse está considerado

un valor, e en España é un fracaso»

Esta é unha frase desta enxeñeira de Bueu, que grazas á oportunidade que
lle deu unha profesora de programación de Pascal de aprender esta tec-
noloxía, vén de ser nomeada entre as 12 enxeñeiras con máis proxección do
Silicon Valley, a meca da tecnoloxía mundial. Trátase da galega Miriam
Pena.

De Bueu saíu cara a Coruña, á universidade, onde cre que recibiu


unha boa formación. Ela ten manifestado que Galicia ten o
potencial para ser outro lugar de referencia a nivel mundial, con
grandes empresas xa establecidas: Inditex, Purificación García,
Bimba y Lola,…só falta desenvolver o sector da tecnoloxía.
Galicia, ademais e terra de emigrantes, xentes afeitas a abrirse ao
mundo. Pero tamén hai carencias como os xogos para nenas ou
nenos, creando roles diferentes segundo o xénero que frean a
futura proxección profesional da muller. Na sociedade que ela se
atopou en San Francisco, a xente falaba nas cafeterías de
Facebook, que acababa de comprar Whatsapp, e o que a xente ía
facer para que esta última fora máis útil e popular, pero
implicándose como colaboradores dese proceso técnico, como
emprendedores. Tamén cre Miriam Pena que fracasar en Silicon
Valley está considerado un éxito, porque detrás dese fracaso hai
unha experiencia e un desexo de conseguir algo, que vai valer para
o seguinte proxecto que emprendas. Outra necesidade é
flexibilizar horarios e facelos máis compatibles coa vida familiar.
Tamén ve unha carencia no coñecemento da lingua inglesa, na que
se publican a maior parte dos avances tecnolóxicos, e a propia
linguaxe informática.
No seu caso a linguaxe de programación Erlang, na que está
baseado o chat de Facebook e WhatsApp. Por suposto, tivo que
facer sacrificios, incluso algún máis por ser muller. Deixar aos
seus, para ir traballar á Coruña primeiro e despois, cal galega, polo
mundo adiante, onde había un proxecto que pagase a pena, entre
outros Exipto, Suecia e EEUU.
Agora o que ela fai é ofrecer ao usuario de internet, millóns de
persoas por segundo, aqueles produtos que esa persoa andou a
buscar nalgunhas páxinas, e que lle aparecen en cada páxina que
abre de calquera tipo, como anuncio, pero preservando a iden-
tidade da persoa. AdRoll, a compañía para a que traballa, fai iso,
desenvolver un software publicitario. Por iso moita xente se
sorprende cando busca un produto en Google ou Amazon e logo
lle aparecen anuncios dese produto en todas as páxinas que visita.
O futuro da pequena e mediana empresa, tamén pasa por internet,
dende pedir un taxi a facer a compra, e a muller, que está moi
pouco presente no eido da tecnoloxía debe aproveitar este campo,
que ademáis pode realizarse nunha porcentaxe moi alta desde a
propia casa, e cada vez máis. Pero para iso hai que deixar atrás os
vellos roles, pero aínda non superados, de cousas de nenas ou de
nenos, nin a idade, a que clase social pertences ou a cor da túa pel,
e traballar moi duro.

You might also like