You are on page 1of 2

María Josefa Wonenburger

Planells

Marìa naceu en Montrove, Oleiros (A Coruña) o


19 de xullo de 1927, e morreu o 14 de xuño de 2014 na Coruña.

Esta prestixiosa matemática desenvolveu a súa investigación na


rama da Álxebra e, en particular, na Teoría de Grupos e das
Álxebras de Clifford. Os seus traballos foron publicados en revistas
internacionais. Dirixiu oito teses de doutoramento, entre elas o
traballo que daría orixe a Teoría de Kac-Moody con aplicacións en
Matemáticas, Física e Informática. Polo alto nivel e a repercusión
científica dos seus traballos, é considerada unha figura
excepcional das Matemáticas.

Aínda que finalizou o bacharelato en 1944, María Wonenburger


non se trasladou a Madrid para cursar estudos universitarios ata
un ano máis tarde.
Dende pequena percibiu a inclinación dos seus pais a que
estudase nunha enxeñería para poder así perpetuar o negocio
paterno. Cando María Wonenburger estaba na Universidade
realizando os seus estudos de Matemáticas presentáronselle
algúnhas dificultades para concluílos, pero que finalmente
superou. Posteriormente conseguiría en 1953, unha bolsa de
studos Fulbright, feito que lle permitiu seguir avanzando na
prestixiosa universidade de Yale.
Finalmente despois de moitos avances, teses, teorías e
investigacións recoñéceselle seu mérito poñéndolle o seu nome a
un premio, o Premio María Josefa Wonenburger Planells.

Traballo feito por: Manuel Trincado, Andrea Vázquez e Iago Costas

You might also like