You are on page 1of 1

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.

Lingüística. Introdución á Lingüística Aplicada

Práctica 1
“Nunha época en que a discriminación en termos de raza, cor, relixión
ou sexo non é publicamente aceptable, o último baluarte da
discriminación social explícita continuará a ser o uso que unha persoa
fai da lingua”
—James Milroy, 1998

Dos seguintes enunciados sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística...

a) Sinala aqueles cos que estás de acordo


b) Cos que non concordes, achega argumentos para desactivalos

1. Hai linguas máis avanzadas e evolucionadas que outras.


2. Hai linguas de cultura e outras que non o son.
3. As linguas dos pobos indíxenas non son axeitadas para expresar os valores das sociedades
occidentais industrializadas.
4. Os falantes de estratos sociais máis altos falan mellor cós de estratos sociais baixos.
5. Hai linguas útiles e linguas inútiles (o inglés é unha lingua útil e o galego inútil).
6. Hai falantes que non teñen acento.
7. Unha lingua con moitos falantes goza de boa saúde.
8. A variedade estándar é a mellor e a máis perfecta.
9. Os dialectos son máis inestables, incultos e pobres que as linguas.
10. O plurilingüismo introduce confusión e desgraza entre as persoas.
11. As variedades subestándares carecen de gramática.
12. Cando alguén que coñece a nosa lingua nos fala na súa lingua nativa está sendo descortés.
13. As palabras que non están no dicionario son incorrectas ou non existen.
14. As Linguas sen escritura son menos linguas.
15. As linguas non escritas non teñen literatura.
16. A tradución entre as linguas é imposible.
17. As persoas que carecen de instrución formal falan mal.
18. O castelán que se fala en Galicia non é un castelán correcto.
19. O galego das cidades non é verdadeiro galego.
20. Os grupos socialmente excluídos falan xergas que son corrupcións soeces e incultas das linguas.
21. O galego non serve para os videoxogos.

You might also like