You are on page 1of 2

“Para Galiza ten unha grande importancia que a Unión Europea adopte medidas xurídicas

para mellorar a protección das persoas ás minorías culturais e lingüísticas”, expón


Miranda nun comunicado, “que inclúan iniciativas relacionadas coa administración
pública, a educación, a sanidade, a xustiza e a cultura”.


X
A
XXXX XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
iniciativa, indican na páxina web que recolle as sinaturas, nace da conciencia de que as
“minorías nacionais” ou as “comunidades lingüísticas minorizadas” realizan “unha forte
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
contribución á diversidade cultural e lingüística de Europa”. “Canda outras europeas e europeos
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
queremos definir o futuro de Europa, un futuro en que non conten unicamente as culturas dominantes
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
e as linguas grandes, senón tamén as minorías”, afirman.
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX

A europarlamentaria nacionalista considera que, de se conseguiren o millón de apoios, as


institucións europeas deberían construír ferramentas para evitar “casos como que as
persoas maiores non sexan atendidas en galego polo persoal sanitario, ou as funcionarias
en Lugo que se negaban a falar galego”.

Mallar é, primitivamente, bater cun instrumento agrícola chamado mallo para


separar o gran da palla nos cereais despois da colleita. Ese labor, en tempos
efectuado manualmente na eira e hoxe por aparatos mecánicos, é a malla.

Posteriormente, o verbo mallar pasou a significar en xeral ‘bater’ para referirse a todo tipo
de golpes e todo tipo de momentos e finalidades nos que tivesen lugar. Converteuse nun
sinónimo máis de bourar, zoupar ou zoscar

Na fraseoloxía galega aparecen tanto o primeiro contexto como a súa


ampliación. Así, unha frase tradicional é Mallar [en alguén ou en algo]coma en
centeo verde, é dicir bater con moita forza, dar sen dó, sen contemplacións.
Enténdese que separar o gran require petar con máis forza canto máis verde
estea a espiga. Igualmente sabemos ben que para traballar o ferro é preciso
roxalo, poñelo ao roxo, a unha temperatura que permita moldealo, darlle
forma, e de aí que cando dicimos dunha acción que é como mallar en ferro frío
signifique caracterizala como inútil, infrutuosa, totalmente afastada do
resultado pretendido. Pola contra, o refraneiro aconsella aproveitar a situación
cando as condicións son favorabeis: A ferro quente non parar de bater.

Ir mallar e vir mallado expresa moi ben a situación dunha persoa que recibe o resultado
totalmente contrario ao que esperaba. É equivalente ao español ir por lana y volver
trasquilado.

Unha malleiro é, logo, unha tunda, unha zurra, unha tolena, unha trepia, unha de tantas
palabras galegas sinónimas. Nalgunhas das que se formaron a partir do verbo mallar
produciuse a substitución do son m polo son p (moi próximos entre eles) debido ao cruce
entre as palabras malla e palla, e apareceron as variantes palleira, pallusca/pallosca (e
chosca), pallougada, empregadas a miúdo nun contexto de competición deportiva ou de
xogo e a un nivel coloquial (Por exemplo:Pensaron que ían gañar e levaron unha pallosca).

X
L
XXXX
➢ XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
embramos, de pasada, a frase tradicional. XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
Non se fai palleiro sen palla, XXXXXXXXXXXXXXXX
coa que animamos a
outros a comer ou nos xustificamos nós de facelo dun xeito que outros coidan excesivo.
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX

Naturalmente, debemos distinguir a acepción de mallar ‘bater co mallo separando o gran


da palla’, labor agrícola, do outro mallar coller con malla no mar’, labor mariñeiro que se fai
coa rede, coa malla de pescar.

E como remate diremos que tamén a un nivel coloquial e dentro dun contexto
mais ou menos familiar se emprega ás veces o verbo mallar co significado de
‘facer perfectamente unha acción’, (sentido equivalente ao que pode tomar o
español bordar). Por exemplo: Tiña medo en non aprobar o exame e ao final
saíulle mallado.

Seguro que estamos empregando o verbo mallar, orabén: de mallo ou de malla?

You might also like