You are on page 1of 1

Nesta gráfica podemos observar duas gráficas de poboación unha de Burkina Faso e

outra de Galicia, dous lugares moi distintos en distinta situación xeográfica e


económica, o cal tamén afecta a sua situación demográfica, xa que en Burkina Faso
podemos observar que a poboación infantil é moi alta pero que descende a medida
que se aumenta os anos o cal nos demostra unha importante mortalidade, unha
natalidade moi alta e unha esperanza de vida considerablemente baixa, este grafico
forma unha pirámide progresiva o cal nos indica que estamos ante un país en vías de
desenvolvemento.
A pirámide de Galicia móstranos que ten unha natalidade moi escasa e importantes
fluxos migratorios a partir dos trinta anos polo cal podemos deducir que a inmigración
é debido a búsqueda de traballo dos inmigrantes en Galicia, temen podemos notar que
a esperanza de vida de Galicia é bastante alta e conta con gran cantidade de persoas
anciás, esta pirámide é unha pirámide decrecente o cal nos pode indicar que estamos
ante un país desenvolto.

A situación de estes dous lugares é moi distinta xa que un é un país nunha zona de
conflicto bélico o cal desencadea multitude de mortes e de pobreza, que esta tamen
axuda a que morra xente, e outro é unha comunidade auntónoma dentro dun país
como España que conta cunha economía moi alta e pertence a Unión Europea, ten
unha sanidade pública e altos protocolos de seguridade ante epidemias de
enfermedades que poidan aumentar a mortalidade, tamén é certo que as taxas de
fecundidade non sube de 1 fillo por muller o cal é preocupante canto menos para que
a poboación de Galicia aumente, pero aínda así, indudablemente Galicia está en millor
situación que Burkina Faso.

You might also like