You are on page 1of 22

Resistencia de Materiais Tecnoloxía

Índice de contidos
1.- Qué é a resistencia dos materiais? ............................................................ 3

2.- Tracción .................................................................................................... 3


2.1.- Ensaio de tracción ............................................................................... 3

2.- Dureza....................................................................................................... 5
2.1.- Dureza Brinell ..................................................................................... 5
2.2.- Dureza Vickers .................................................................................... 6
2.3.- Dureza Rockwell.................................................................................. 6

3.- Resiliencia ................................................................................................. 7


3.1.- Método Charpy ................................................................................... 7

4.- Fatiga ........................................................................................................ 8


4.1.- Ensaios de fatiga ................................................................................. 8

 Exercicios Resistencia de Materiais

 Exercicios Selectividade

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

1.- Qué é a resistencia dos materiais?


Defínese a resistencia física, tamén chamada resistencia mecánica como a capacidade que
teñen os distintos materiais que existen para resistir esforzos que actúan sobre eles sen
romperse, deformarse ou deteriorarse dalgún xeito.

Ademais desta característica, existen outras como poden ser a tracción, flexión, compresión,
etc. Nas seguintes paxinas, amosaranse os ensaios característicos da tracción, dureza,
resiliencia e fatiga.

2.- Tracción
Denomínase tracción como o esforzo ao que está sometido un corpo cando sobre el actúan
dúas forzas iguais na mesma dirección e con sentidos opostos que tenden a alongalo.

2.1.- Ensaio de tracción


Para realizar un ensaio de tracción, colócase no eixe de abcisas a deformación producida no
obxecto, e no eixe de ordenadas a tensión que soporta.

 A deformación calcúlase restándolle á lonxitude do obxecto deformado a


deformación inicial e dividíndoa entre esta última.

𝑙 − 𝑙0
𝜀=
𝑙0

 A tensión que experimenta un corpo defínese como a forza que actúa na unidade de
superficie.

𝐹
𝜎=
𝑆

Na seguinte páxina amósase un exemplo de representación gráfica dun ensaio de tracción:

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

Tensión (N/m2)

Deformación (m/m)
 Distinguimos catro zonas na gráfica:

Deformacións elásticas: Zona con deformacións de pequena magnitude, coa recuperación


da forma orixinal do material se a tensión aplicada desaparece.

Fluencia ou cedencia: Deformación brusca (non presente en todos os materiais). Neste


punto, a tensión permanece constante mentres se producen as deformacións. Coincide
tamén co momento no que o material adquirirá un comportamento plástico, é dicir, co
límite elástico do material.

Deformacións plásticas: Zona na que o material só recupera a súa forma parcialmente ao


desaparecer a tensión, quedando deformado permanentemente.

Estrición: Momento ao partir do cal, tras acumularse as deformacións ata o punto


soportable do material, producirase tras acontecer os fenómenos de ductilidade ou
maleabilidade, a ruptura ou fractura do dito material.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

2.- Dureza
Defínese a dureza como a capacidade que presentan os materiais de ser raiados ou
penetrados, é dicir, a capacidade de cohesión que teñen os seus átomos.

En xeoloxía úsase a escala de Mohs, que consiste en raiar un material cunhas rochas de
referencia, que van dende o talco (1) ao diamante (10). Nos metais hai un ensaio técnico
chamado método Martens, no cal se raia un material cun diamante e se mide o suco
producido.

Nembargante, os ensaios de dureza máis usados son aqueles nos que se mide a marca
deixada nun material cando se intenta introducir nel unha peza de forma definida
denominada penetrador.

2.1.- Dureza Brinell


Método que consiste en aplicarlle unha forza a unha
bola de aceiro e calcular o cociente entre a forza e a
superficie do furado producido no material sobre o que
se realiza o ensaio.

Nesta imaxe observamos as medicións realizadas no


ensaio Brinell, sendo:

D: Diámetro da bola de aceiro

d: Diámetro do suco producido, o cal debe estar entre a


metade e a cuarta parte do diámetro do penetrador.

D/4 < d < D/2

f: Profundidade do suco

𝐷 − √𝐷2 − 𝑑 2
𝑓=
2

 A forza ven dada pola expresión: 𝑭 = 𝑲 · 𝑫𝟐 , sendo K a relación entre a forza e o


tamaño da bola, denominada constante de ensaio.

 A superficie exprésase: 𝑺 = 𝝅 · 𝑫 · 𝒇

Para rematar, faise o cociente entre a forza e a superficie e obtense un valor que se adxunta
a outros datos do ensaio conformando unha expresión normalizada. A continuación
amósase un exemplo do resultado dun ensaio de dureza Brinell:

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

100 HB 5 250 30

100: Cociente forza – superficie ou valor da dureza (kp/mm2)

HB: Siglas en inglés (Hardness Brinell)

5: Diámetro da bola de aceiro (mm)

250: Forza (kp)

30: Tempo de aplicación da forza (s)

2.2.- Dureza Vickers


Este ensaio utilízase cando a dureza do material é moi alta para que a bola de aceiro deixe
pegada ou cando o grosor do material é moi pequeno. Neste caso, o penetrador é un
diamante con forma de pirámide cuadrangular e cun ángulo no vértice de 136o.

Ao igual que na dureza Brinell, mídese o cociente entre a


forza exercida polo penetrador e a superficie deixada no
material, neste caso formada por catro triángulos, a cal se
pode expresar de dúas formas:

𝟏 𝒅𝟐
𝑺 = 𝟒 · ( · 𝒍 · 𝒉) ; 𝑺=
𝟐 𝟐 · 𝒔𝒆𝒏 𝟔𝟖𝟎

O resultado é tamén unha expresión normalizada, da cal se amosa un exemplo a


continuación:

700 HV 30

700: Cociente forza – superficie ou valor da dureza (kp/mm2)

HV: Siglas en inglés (Hardness Vickers)

30: Forza (kp)

2.3.- Dureza Rockwell


Este método diferénciase dos anteriores porque ten en conta a recuperación elástica que
presenta o material penetrado cando desaparece a carga exercida. Ademais, a profundidade
do suco mídese mediante instrumentos de precisión denominados durómetros.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

Este ensaio conta cun amplo conxunto de forzas e de penetradores normalizados para poder
cubrir un extenso campo de materiais, tendo diferentes escalas, representadas por letras. As
máis usadas son a Rockwell B, que usa unha bola de aceiro coma no método Brinell e a
Rockwell C, que utiliza un cono de diamante, similar á pirámide do método Vickers.

O ensaio realízase seguindo estes pasos:

1.- Provócase unha deformación elástica aplicando


unha forza de 10 Kp, obtendo unha profundidade h0.

2.- Provócase unha deformación plástica ao aplicar


unha forza de 100 Kp (HRB) ou de 150 Kp (HRC),
obtendo unha nova profundidade h1.

3.- Vólvese aos 10 Kp iniciais, e obtense a última


profundidade, h2.

Ao achar a diferenza entre a profundidade final e a inicial ( d = h2 – h0 ) elimínase a


compoñente elástica. A continuación, áchase a penetración Rockwell ou valor de
penetración (e), dividindo esta diferenza entre a unidade Rockwell, que vale 0,002 mm.

𝐝
𝐞=
𝟎, 𝟎𝟎𝟐

Este valor é menor canto máis duro sexa o material. Para que este valor aumente coa
dureza, réstaselle o valor de penetración a 130 (HRB) ou a 100 (HRC).

HRB = 130 – e HRC = 100 - e

3.- Resiliencia
Defínese a resiliencia como a capacidade que presentan os materiais de absorber enerxía na
zona elástica sen chegar a romperse, ou como a enerxía absorbida por unha probeta por
unidade de sección antes de romperse.

3.1.- Método Charpy

Este é o ensaio de resiliencia máis estendido, o cal consiste en


medir a enerxía que perde un péndulo cando choca cunha probeta
do material desexado, a cal debe ser unha barra de sección

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

cadrada de 1 cm de lado e cunha entalla ou rañura de 2 mm de profundidade no seu centro.


A expresión resultante é:

𝐸𝑎𝑏𝑠𝑜𝑟𝑏𝑖𝑑𝑎 𝐸𝑃1 − 𝐸𝑃2


𝜌= =
𝑠𝑒𝑐𝑐𝑖ó𝑛 𝑠
Mídese normalmente en X/mm2, chamándose KVC e medíndose en X/m2 no S.I.

4.- Fatiga
A rotura por fatiga é un fenómeno polo cal un
material rompe cando é sometido a pequenos
esforzos realizados en ciclos repetitivos, aínda
que os esforzos sexan menores co límite de
rotura.

Este feito acontece a través dun proceso polo


cal, a partires dun punto de iniciación,
prodúcese unha propagación dunha pequena
fisura que provocará a posterior rotura do
material, como se amosa na imaxe da marxe
esquerda.

4.1.- Ensaios de fatiga


No conxunto dos ensaios da fatiga dos materiais, sométese a unha probeta a unha serie de
esforzos de forma repetitiva ata que se produce a súa fractura. Os valores represéntanse
nunhas gráficas chamadas curvas de Woehler, nas cales se compara o número de ciclos
realizados co valor do esforzo. A continuación, preséntase un exemplo desta gráfica:
Esforzo (MPa)

Límite de fatiga

Nº de ciclos (s)

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

Resistencia de materiais

Actividades
1.- O esforzo normal ou perpendicular a sección dun corpo que tende a alargar as súas
fibras, chámase:

a.- tracción

b.- compresión

c.-torsión

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: Tracción, xa que son dúas forzas iguais de sentido oposto que estiran dito
corpo.

2.- O esforzo de pandeo é unha combinación de:

a.- esforzo de flexión e de torsión

b.- esforzo de compresión e de cortadura

c.- esforzo de compresión e de flexión

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: O pandeo caracterízase pola aparición extra dunha dobradura nun corpo
esvelto cando é sometido a un esforzo de compresión.

3.- A tensión mide:

a.- as forzas interiores dos materiais

b.- as forzas que actúan perpendicularmente

c.- as forzas exteriores dos materiais

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: A tensión é a relación entre a forza que actúa en cada unidade de superficie, e
polo tanto mide as forzas que actúan na parte exterior dos materiais.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

4.- A capacidade que teñen os materiais de recuperar a súa forma, unha vez que a forza co
deforma deixa de actuar, chámase:

a.- plasticidade

b.- elasticidade

c.- pandeo

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: Os sólidos presentan elasticidade na chamada zona elástica, na cal as


deformacións de pequena magnitude desaparecen se tamén desaparece a forza que actúa
no corpo.

5.- A lei de Hooke relaciona:

a.- forzas con deformación

b.- tensión e compresión

c.- forzas interiores e exteriores

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: A lei de Hooke relaciona as forzas coa deformacións producidas só na fase de


deformación elástica do material. Sendo:

𝐹 (𝐹𝑜𝑟𝑧𝑎)
𝜎 (𝑇𝑒𝑛𝑠𝑖ó𝑛) =
𝑆 (𝑆𝑢𝑝𝑒𝑟𝑓𝑖𝑐𝑖𝑒)

6.- O valor entre a relación constante da tensión aplicada e o seu alargamento unitario,
chámase:

a.- alargamento

b.- deformación elástica

c.- módulo elástico

d.- están erradas as tres propostas anteriores.

Xustificación: O módulo elástico ou módulo de Young relaciona:


𝜎 (𝑇𝑒𝑛𝑠𝑖ó𝑛)
𝐸 (𝑀ó𝑑𝑢𝑙𝑜 𝑒𝑙á𝑠𝑡𝑖𝑐𝑜) =
𝜀 (𝐴𝑙𝑜𝑛𝑔𝑎𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 𝑈𝑛𝑖𝑡𝑎𝑟𝑖𝑜)

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

7.- A contrición transversal unitaria dunha barra e o seo alongamento unitario, chámase

a.- lei de Hooke

b.- deformación permanente

c.- elasticidade

d.- módulo de Poisson

Xustificación: O módulo de Poisson mantén unha relación entre as deformacións laterais e as


deformacións axiais que sofre dito corpo.

8.- Os ensaios de tracción son importantes sobre todo:

a.- plásticos

b.- ferros e aceiros

c.- metais non férricos

d.- as respostas anteriores son todas correctas

Xustificación: Os ensaios de tracción son importantes sobre todo en ferros e aceiros xa que
son os materiais máis usados nas construcións, e polo tanto, debemos coñecer ben as súas
características para garantir a seguridade do edificio en cuestión.

9.- A resistencia máxima que pode soportar un corpo sen alterar as súas dimensións,
chámase

a.- punto de ruptura

b.- límite elástico

c.- tensión límite elástico

d.- tensión de ruptura

Xustificación: O límite elástico indica o punto ata o cal, se as forzas que tratan de deformar
un corpo desaparecen, dito corpo recuperará a súa forma orixinal.

10.- Que estuda a resistencia de materiais

A resistencia de materiais é a parte da mecánica que estuda o comportamento presentado


polos sólidos cando son sometidos a cargas (forzas) ou accións de calquera tipo.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

11.- Define os conceptos de resistencia e rixidez

Resistencia: Capacidade que presentan os sólidos para resistir esforzos e cargas sen
romperse, adquirir deformacións permanentes ou deteriorarse dalgún xeito.

Rixidez: Capacidade que ten un sólido elástico de opoñerse a unha deformación.

12.- Debuxa o diagrama de tensión-deformación e enumera os puntos máis


característicos.

 Ensaio de tracción

13.- Que relaciona o coeficiente de seguridade dun material?

O coeficiente de seguridade presenta a relación establecida entre a tensión do límite elástico


dun material e a tensión de traballo.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

Problemas da selectividade. Tecnoloxía


1.- Unha peza cilíndrica de 1,5 cm de diámetro está sometida a unha carga de tracción de
2500 kp. Determina a tensión da peza expresada en MPa.

2.- Fai un esquema dunha central termoeléctrica de vapor. Define os seus elementos
principais.

Caldeira Turbina Alternador Transformador

1. Caldeira: Encárgase de aumentar a temperatura da auga ata que convertela en estado vapor
a temperaturas que poden chegar ata os 15000 ºC.

2. Turbina: Recibe o vapor de auga, o cal faina xirar e xerar enerxía cinética.

3. Alternador: Transforma a enerxía cinética en corrente alterna.

4. Transformador: Eleva a tensión da corrente alterna para reducir as perdas e a sección dos
condutores durante o seu transporte

5. Condensador: Recolle o vapor de auga da turbina que sufriu un descenso de velocidade e


devólveo ao depósito.

6. Depósitos de auga e combustibles

3.- Enerxía solar. Elementos dun colector

A enerxía solar é unha enerxía renovable que se obtén a partires das radiacións
electromagnéticas emitidas polo Sol.

Os colectores son aparellos deseñados para recoller a enerxía das ondas electromagnéticas
emitidas polo Sol e convertelas en enerxía térmica. Hai dous tipos fundamentais de
colectores:

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

 Colectores de baixa temperatura, usados en sistemas domésticos de calefacción ou de


quentamento de auga.

 Colectores de alta temperatura, formados por espellos, usados para elevar a


temperatura da auga que conforma as centrais térmicas.

4.- Unha barra metálica de sección cadrada de 10mm de lado ten unha lonxitude de
100mm. Sometida a un ensaio de tracción, experimenta un incremento de lonxitude de
0,2mm cando se lle aplica unha forza de 200.000 Nw. Calcular:

a) a tensión unitaria aplicada

b) o alongamento unitario

c) o módulo de Young

5.- Debuxa o diagrama dun ensaio de tracción e define cada unha das zonas que poden
distinguirse no mesmo.

 Ensaio de tracción

6.- Conéctanse en paralelo dúas lámpadas de 800W e 400W a unha tensión de 120V.
Calcular:

a) a intensidade da corrente

b) a tensión en cada lámpada

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

c) a potencia desenvolvida en cada lámpada

7.- ¿En qué consiste o método Brinell para a determinación da dureza dun material? Forma
de cuantifícalo.

 Dureza Brinell

8.- Para coñecer o límite elástico dun material,¿que ensaio teríamos que usar?

a) ensaio de Rockwell

b) ensaio de tracción

c) ensaio de Charpy

d) ensaio de flexión.

Xustificación: O ensaio de tracción compara a tensión e deformación existentes no corpo, a


partir das cales se pode obter o seu límite elástico.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

9.-Un encoro almacena un millón de metros cúbicos de auga. A altura media


correspondente ao centro de gravidade da devandita masa de auga é de 30m con respecto
ó leito do río que lle serve de desaugue. Se o rendemento global é do 35%, determinar en
kw-h a enerxía eléctrica que pode xerar.

10.-A Unha barra de aluminio de 200mm. de lonxitude e de sección circular de 10mm. de


diámetro, sometida a unha forza de tracción de 12.500N, ten un alongamento de 0,4mm.
Sabendo que a barra ten un comportamento totalmente elástico, calcular o módulo de
Young do aluminio.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

11.- Dos seguintes produtos, cal non é un traballo?

a) kilovatio por hora

b) newton por metro

c) atmosfera por metro

d) kilovatio por segundo

Xustificación: A opción C mediríase en N/m, o que non correspondería coa unidade do


traballo, o Xulio (N·m).

12.- Sobre unha barra cilíndrica de aceiro, de 500mm de lonxitude, cun limite elástico de
310N/mm2, actúa unha forza de 10.000N. ¿Cal debe ser o seu diámetro, se non queremos
que alongue máis de 0’40mm?

(Módulo de elasticidade, E=20’7x104N/mm2).

13.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) Definir os termos seguintes:

Elasticidade: Propiedade que presentan os materiais de recuperar a súa forma orixinal cando
deixan de actuar as forzas exteriores que tenden a deformalos, sempre que non se sobrepase
o límite de elasticidade, a partir do cal a deformación convértese en permanente.

Dureza: Resistencia que presenta un material a ser raiado ou penetrado. Como os metais
puros soen ser brandos, a súa dureza pode modificarse con aliaxes ou tratamentos térmicos.

Tenacidade: Propiedade que presenta un material de resistir os esforzos de tracción sen


chegar á rotura. Tamén se pode expresar como a resistencia que presenta un corpo a ser
deformado por unha forza de gran intensidade e curta duración.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

b) Describir brevemente os métodos empregados para ensaios de dureza.

 Ensaios de dureza

c) A notación completa dunha dureza Brinell é: 200 HB 5 / 250 / 30. Explica o significado da
mesma.
200: Cociente forza – superficie ou valor da dureza (kp/mm2)

HB: Siglas en inglés (Hardness Brinell)

5: Diámetro da bola de aceiro (mm)

250: Forza (kp)

30: Tempo de aplicación da forza (s)

14.- Nun ensaio de tracción, definir:

a) Límite de proporcionalidade.

Valor da tensión por debaixo do cal o alargamento é proporcional á carga aplicada

b) Alongamento unitario.

Cantidade de alongamento que se produce nun corpo en relación coa tensión aplicada.

𝑙 − 𝑙0
𝜀 (𝐷𝑒𝑓𝑜𝑟𝑚𝑎𝑐𝑖ó𝑛) = ; 𝑙 = 𝑙𝑜𝑛𝑥𝑖𝑡𝑢𝑑𝑒 𝑓𝑖𝑛𝑎𝑙 ; 𝑙0 = 𝑙𝑜𝑛𝑥𝑖𝑡𝑢𝑑𝑒 𝑖𝑛𝑖𝑐𝑖𝑎𝑙
𝑙0

c) Módulo de Young.

Relación existente entre a tensión aplicada e a deformación acontecida nun material.


𝜎 (𝑇𝑒𝑛𝑠𝑖ó𝑛)
𝐸 (𝑀ó𝑑𝑢𝑙𝑜 𝑑𝑒 𝑌𝑜𝑢𝑛𝑔) =
𝜀 (𝐷𝑒𝑓𝑜𝑟𝑚𝑎𝑐𝑖ó𝑛)

15.- Que tensión de compresión soporta un punzón de 20mm de diámetro, se sobre el


actúa unha carga de 13.400Kp?

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

16.- Un motor consume 10 amp a 220 V durante unha hora e, nese tempo, levanta un peso
de 10 Tm a unha altura de 20 m. ¿Cal é o rendemento?

17.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) Diferenzas entre materiais elásticos e materiais plásticos.

Os materiais elásticos son aqueles nos que se a forza aplicada desaparece, o corpo recupera
a súa forma orixinal. Pola contra, nos materiais plásticos, ao desaparecer a forza aplicada, a
forma orixinal só se recupera parcialmente, quedando unha deformación de carácter
permanente.

b) Definir o alongamento unitario ou elongación.

Cantidade de alongamento que se produce nun corpo en relación coa tensión aplicada.

𝑙 − 𝑙0
𝜀 (𝐷𝑒𝑓𝑜𝑟𝑚𝑎𝑐𝑖ó𝑛) = ; 𝑙 = 𝑙𝑜𝑛𝑥𝑖𝑡𝑢𝑑𝑒 𝑓𝑖𝑛𝑎𝑙 ; 𝑙0 = 𝑙𝑜𝑛𝑥𝑖𝑡𝑢𝑑𝑒 𝑖𝑛𝑖𝑐𝑖𝑎𝑙
𝑙0

c) Lei de Hooke. Campo de aplicación.

Relaciona as forzas que actúan nun corpo co seu alongamento unitario só cando o corpo se
atopa por debaixo do límite elástico.

𝐹 (𝑓𝑜𝑟𝑧𝑎) 𝜎1 𝜎2 𝜎3
𝜎 (𝑇𝑒𝑛𝑠𝑖ó𝑛) = ; = = = 𝑐𝑡𝑒
𝑆 (𝑆𝑒𝑐𝑐𝑖ó𝑛) 𝜀1 𝜀2 𝜀3

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

18.- Nunha pila electroquímica, o metal que cede electróns e se corroe denomínase:

a) Corrosivo

b) Ánodo

c) Cátodo

d) Electrólito.

Xustificación: O ánodo corresponde co polo positivo, o cal está cargado de ións negativos,
que cederon os seus electróns.

19.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) Definición de potencia.

Traballo que se realiza nun tempo determinado.

b) Relación entre traballo e potencia.


𝑇 (𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜)
𝑃 (𝑝𝑜𝑡𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎) = 𝑀í𝑑𝑒𝑠𝑒 𝑒𝑛 𝑣𝑎𝑡𝑖𝑜𝑠 (𝑊)
𝑡 (𝑡𝑒𝑚𝑝𝑜)

c) Unidades de potencia e as súas equivalencias


𝑋 (𝑥𝑢𝑙𝑖𝑜𝑠)
𝑊 (𝑣𝑎𝑡𝑖𝑜𝑠) = ; 𝐶𝑉 (𝑐𝑎𝑏𝑎𝑙𝑜 𝑑𝑒 𝑣𝑎𝑝𝑜𝑟) = 736 𝑊 ; 𝐾𝑊 (𝑘𝑖𝑙𝑜𝑣𝑎𝑡𝑖𝑜) = 103
𝑠 (𝑠𝑒𝑔𝑢𝑛𝑑𝑜𝑠)

20.- A tensión que experimenta un material pódese expresar como:

a) Forza/superficie, Enerxía/volume

b) Forza/desprazamento, Enerxía/superficie

c) Potencia/velocidade de deformación, Potencia x tempo de deformación

d) Forza x desprazamento

e) Enerxía/volume

Xustificación: Son as únicas combinacións nas que as unidades nas que se mide a tensións
son as correctas, é dicir, os pascais ( N / m2).

21.- A carga máxima que soportan os catro cables dun montacargas no seu movemento é
de 2.708kp. Calcular a sección de cada cable se a tensión de traballo del é de 17’7kp/mm2.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

22.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) Propiedade que estuda o ensaio de resiliencia.

b) Máquina máis empregada neste tipo de ensaio.

c) Expresión matemática do concepto de resiliencia.

 Resiliencia

23.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) ¿Que é unha fotocélula?

Unha fotocélula ou célula fotoeléctrica é un dispositivo electrónico composto por diodos


semicondutores unidos que permiten transformar a enerxía luminosa (fotóns) en enerxía
eléctrica (electróns) mediante o efecto fotovoltaico.

b) Principio de funcionamento dunha fotocélula.

As radiacións solares que teñen o mesmo nivel enerxético, cando inciden sobre a célula,
crean pares de electróns libres que poden ser conducidos en forma de corrente eléctrica
cando se conectan os polos positivo e negativo a unha carga eléctrica externa ao dispositivo.

c) Aplicacións prácticas das fotocélulas.

As fotocélulas son usadas para a produción de enerxía eléctrica en lugares que non son
accesibles á rede eléctrica, como os satélites espaciais. Actualmente, estanse colocando
fotocélulas en paneis situados nos tellados das vivendas para aportar enerxía á rede e reducir
o uso da electricidade.

24.- Responder brevemente aos seguintes apartados:

a) ¿Que é unha máquina?

Unha máquina é un conxunto de elementos móbiles e fixos encargados de aproveitar, dirixir,


regular ou transformar enerxía, ou tamén de realizar un traballo cun fin determinado.

b) ¿A que se lle chama traballo? ¿Cales son as súas unidades e equivalencias?

O traballo é a forza que lle hai que aplicar a un corpo para poder desprazalo. Mídese en
Xulios (X), kilográmetros (1kgm = 9,8 X) e erxios (1X = 107 erx)

c) ¿Que é a enerxía? ¿Cales son as súas unidades e equivalencias?

A enerxía defínese como a capacidade que ten un corpo para realizar un traballo. Ademais
das unidades do traballo, a enerxía tamén se pode medir en calorías (1X = 0,24 cal),
electronvóltios (1eV = 1,6 · 1019X), etc.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A


Resistencia de Materiais Tecnoloxía

25.- Os ensaios de fatiga teñen como obxectivo:

a) Determinar a resistencia do material a esforzos bruscos.

b) Determinar a resistencia do material a microesforzos.

c) Determinar a resistencia do material a esforzos repetidos.

d) Determinar a resistencia do material a esforzos de tracción.

Xustificación: Estes ensaios estudan a rotura que sufre un corpo cando se lle aplican
pequenos esforzos que por si mesmos non poderían romper ao obxecto, pero que aplicados
consecutivamente, conseguen a fractura do material.

Diego Lodeiro Vidal 1º Bach A

You might also like