You are on page 1of 6

Malaisia:

o humor contra
a corrupción
TEXTO E FOTOS Ana Salvá-Pablo L. Orosa
Kuala Lumpur (Malaisia)

As caricaturas de Zulkiflee Anwar Haque, Zunar, son o


pesadelo do todopoderoso primeiro ministro de Malaisia,
Najib Razak. Acurralado pola corrupción, o seu réxime
oligárquico e autoritario bota man das leis contra o terrorismo
ou da polémica Sediction Act para acalar calquera crítica,
mesmo as deste debuxante que se enfronta a prisión.

12 Luzes Reportaxe
Caricatura do primeiro ministro de Malaisia,
Najib Razak e a primeira dama, Rosmah Mansor,
feita por Zunar para a capa de 1 Moolaysia.

13 Luzes Reportaxe
Malaisia: o humor contra a corrupción

O
PRIMEIRO MINISTRO DE nacionalista que trae á memoria os enfrontamentos de
Malaisia, Najib Razak, non lle maio de 1969 nos que ao redor de 200 persoas perderon
teme á oposición. Tampouco a vida. Ata o momento, os enfrontamentos saldáronse
á revolta popular do Bersih con polo menos 7 feridos.
nin ao intento de secuestro do Nos últimos meses, coa caída da economía chinesa
Estado Islámico. Nin sequera no horizonte, o baixo prezo dos hidrocarburos e a
ao departamento de Xustiza acusada depreciación do ringgit, a elite económica que
dos Estados Unidos, pese a que trata de incautarlle mil sustentaba ao primeiro ministro pasou a ser tamén parte
millóns de dólares por un escándalo de corrupción que do eixe do mal. «Najib está afectando a economía. Os
salpica tamén a Leonardo DiCaprio. A Najib Razak, inversores non se fían del e marchan do país a diario».
o líder do país asiático dende 2009, o único que o Pode ser que os oligarcas pensen: «É só un home. Se
amedrenta é «a loita do sorriso»: as caricaturas de sacrificamos un home o bote seguirá navegando»,
Zulkiflee Anwar Haque, Zunar. O debuxante irredento. apunta Tian Chua, vicepresidente da alianza opositora
Ao que unha acusación por nove cargos de sedición Keadilan. Ata os seus camaradas políticos, como o ex-
ameaza con encerrar unha vez máis. Desta volta por viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin foron purgados.
43 anos. «Estamos a avanzar cara un sistema autoritario»,
A colección de libros To fight through cartoon, unha alerta Cynthia Gabriel, directora do Center to Combat
recompilación con algúns dos seus mellores traballos, Corruption.
amoréase sobre unha mesa escangallada no estudo de
Zunar, un pequeno espazo repleto de caricaturas que
ocupan paredes, columnas e a súa propia vestimenta A corrupción alcanza O Lobo de Wall Street Durante
ao sur do barrio de Bukit Bintang. Alén da estancia, décadas, Malaisia foi, xunto a Singapur, o paradigma do
un grupo de xornalistas e activistas prepara unha nova crecemento económico do sureste asiático traducido
edición do seu diario online. É un dos poucos medios nas impresionantes Torres Petronas que dominan os
que aínda se atreve a dar espazo a Zunar. Os demais, ou ceos de aceiro de Kuala Lumpur. O desenvolvemento
o repudiaron ou foron clausurados. «Os xornais están tecnolóxico, os hidrocarburos e un islamismo moderado
controlados polo Goberno». Zunar fala amodo. Ten a mitigaban as tensións étnicas e o descontento social
mirada entornada e o paso canso, coma se o seu corpo só que a crise económica non fixo máis que sacar á luz
entendese a vertixe do lenzo en branco. É aí onde Zunar en forma de camisas amarelas e radicais xihadistas.
se atopa a si mesmo. E onde toda Malaisia observa as «As diferenzas xa estaban aí, o movemento Bersih é
sombras do seu propio espello. só unha manifestación das mesmas (…) é a forma na
Zunar debuxou a súa primeira viñeta controvertida que a coalición leva gobernando as últimas décadas o
para unha revista da escola. Tiña 18 anos. Falaba dunha que sobe a temperatura do conflito étnico», asegura o
profesora que non disciplinaba os estudantes porque se escritor Shaun Tan.
ausentaba demasiado de clase. Mais foi a destitución Un sistema universitario con prazas reservadas para a
en 1998 do líder opositor Anwar Ibrahim e o seu maioría malaia, vantaxes económicas á hora de acceder
posterior encarceramento meses despois o que trocou a unha vivenda, mellores postos de traballo… «En todos
ao estudante de medicina nun guerrilleiro do lapis. Os os niveis da sociedade hai discriminación», relata Tan.
trazos das súas figuras convertéronse dende aquel día Desde a súa independencia, a Federación de Malaisia
na única arma fronte ao despotismo do Barisan Nasional alimentou un réxime oligárquico, unha alianza entre
(BN), a coalición política hexemónica en Malaisia empresarios e líderes políticos, que preserva o control
dende a súa independencia, dirixida naquel entón por económico e social do país. «Sabemos como os políticos
Mahathir Mohamad, hoxe aliado de Anwar na loita por gañaron as eleccións todo este tempo: ¡Con diñeiro! Non
derrocar o seu fillo político, Najib Razak. eran eleccións xustas e libres», exclama Gabriel, unha
Desde a súa chegada ao poder en 2009, Najib leva das poucas activistas que se atreve a alzar a voz contra
coleccionando inimigos: primeiro os opositores do os excesos do réxime. «Os servizos de mantemento,
Partido de Xustiza Popular (PJP) aos que arresta e de lixos, as autoestradas…non se adxudican á mellor
persegue valéndose das leis contra o terrorismo e a oferta, senón que dependen dos contactos. Existe unha
polémica Sedition Act, a que mantén en prisión a Anwar elite de ‘amigotes’ aos que o Goberno ten que alimentar
e a que ameaza con acalar tamén a Zunar. Despois, foron constantemente», continúa.
as minorías étnicas chinesas e indias e o movemento En 2009, trala súa chegada ao poder, Najib creou
Bersih das camisas amarelas por unhas eleccións limpas un fondo para atraer investimentos e estimular o
e xustas, aos que converteu en antagonistas nun déjà vu crecemento do país. Un quinquenio despois, o 1MDB

14 Luzes Reportaxe
Á dereita, Joca, outro dos artistas gráficos que
se sumou á loita contra a corrupción no país,
e unha das súas viñetas.
Arriba, Zunar no seu pequeno despacho en
Bukit Bintang e algunhas das súas publicacións.

(1 Malaysian Development Berhad) tiña unha débeda de Hautes Herbes de Monet. Parte do diñeiro destinouse
case 10.000 millóns de euros: boa parte do diñeiro fora ademais a sufragar a película O lobo de Wall Street, cuxo
desviado a contas do presidente e da súa corte afín. Polo produtor foi Riza Aziz, fillastro de Najib Razak.
menos así o cre o Departamento de Xustiza dos Estados Ata a data, o primeiro ministro negou a súa
Unidos, que tras unha investigación do diario The Wall participación no escándalo e ata ordenou unha
Street Journal e o portal Sarawak Report interpuxo unha investigación da Fiscalía malaia que acabou por
denuncia para recuperar máis de mil millóns de dólares exculpalo de calquera responsabilidade: o diñeiro que
dos que se apropiaron altos cargos do Goberno malaio apareceu nas súas contas procedía dun donativo da
ata 2015 a través dunha rede internacional de lavado de familia real de Arabia Saudita. Ao coñecer a resolución,
diñeiro. Adquirían propiedades inmobiliarias, xoias e a Zunar véuselle á mente un novo personaxe para as
obras de arte. Desde A maison de Vincent à Arles de Van súas caricaturas: «The Man of Steal». O home capaz
Gogh a Saint-Georges Majeur e Nympheas avec Reflets de de secuestrar un Estado. «A día de hoxe, a xustiza está

15 Luzes Reportaxe
Malaisia: o humor contra a corrupción

baixo o control do Executivo. As institucións públicas, Os trazos das figuras de


incluíndo a xustiza, a comisión anticorrupción e a Zunar convertéronse na única
Policía, non son independentes. Están baixo o seu arma fronte ao despotismo
control», traduce Gabriel.
Todas os resortes do Estado operan contra Zunar.
do Barisan Nasional (BN), a
Cinco dos seus 15 libros están oficialmente prohibidos coalición política hexemónica
ao entender que poderían resultar «prexudiciais para en Malaisia dende a súa
manter a orde pública» e os libreiros que venden as independencia
súas obras legais son atacados con accións xudiciais; o
encargado da súa web tivo que deixar de traballar con el O Departamento de Xustiza
tras ser convocado pola Policía baixo mandato da Lei de
Sedición e os principais medios de comunicación do país
dos Estados Unidos interpuxo
néganse a publicar o seu traballo. unha denuncia para recuperar
Nestes días, as redes sociais e algúns medios dixitais máis de mil millóns de dólares
son a única plataforma onde Zunar, gañador en 2015 dos que se apropiaron altos
do premio do Comité para a Protección dos Xornalistas cargos do Goberno malaio
(CPJ, polas súas siglas en inglés), pode atopar audiencia ata 2015. Parte do diñeiro
para as súas viñetas. «Vendo os meus libros coma
se fosen drogas e seguirei a facelo mentres haxa
destinouse a sufragar a
demanda», asegura o debuxante. película O lobo de Wall Street,
Nunha nova volta de torca xudicial, Zunar, quen cuxo produtor foi Riza Aziz,
volveu ser detido varios días o pasado novembro, fillastro de Najib Razak
afronta nove cargos de sedición polos tuits publicados
en febreiro de 2015 criticando a decisión xudicial de «Vendo os meus libros coma se
condenar, novamente, ao líder da oposición Anwar fosen drogas e seguirei a facelo
Ibrahim a cinco anos de prisión por un novo delito de mentres haxa demanda». Os
sodomía, nun movemento ideado para descabezar a
alternativa política de cara ás eleccións do vindeiro ano.
libreiros que venden as súas
—Teño medo, son humano, pero a responsabilidade é obras legais son atacados con
maior que o medo. accións xudiciais; o encargado
—Non pensou en irse, en solicitar asilo noutro país? da súa web tivo que deixar
—Quero enfrontar este xuízo, é a única oportunidade de traballar con el tras ser
de expoñer o Goberno. A comunidade internacional vai convocado pola Policía baixo
estar observando e eles terán que xustificar por que usan
a Sedition Act contra un debuxante.
mandato da Lei de Sedición

A tradición dos caricaturistas A denuncia a través


de viñetas políticas non é algo novo en Malaisia.
Desde o desenrolo do xornalismo na década dos 30,
as viñetas convertéronse no ariete nacionalista contra entre a Malaisia multirracial, chamáranse malaios,
a colonización británica. Tamén foron utilizadas chineses ou indios», apunta Mahamood.
para criticar as chamadas «malas actitudes», como Así se mantivo ata que o panorama político do
a preguiza ou a timidez, enarboradas como causa país cambiou drasticamente a finais dos anos 90 coa
do atraso económico, explica Muliyadi Mahamood, aparición da nova oposición, acompañada dos novos
especialista en arte e viñetas na Universidade de medios de comunicación dixitais. Foi nese intre no que
Teknologi Mara. nomes como os de Zunar agromaron cun novo ideario
Coa ocupación xaponesa de 1940, os xornais da social.
época comezaron a ser utilizados para mostrar unha O Goberno do BN respondeu endurecendo as leis
realidade adaptada aos intereses da elite dominante, de censura: o país ocupa o posto 146 entre 180 países
unha tradición que se mantivo tras a independencia. na clasificación de liberdade de expresión en 2016
«Co espírito da nación recentemente independente, publicada por Reporteiros sen Fronteiras (RSF) e só
utilizáronse para inculcar a idea dunha vida harmoniosa na última década ao redor de 100 películas foron

16 Luzes Reportaxe
prohibidas baixo o pretexto de defender a moralidade.
Moitos editores exercen a autocensura por medo.
Os bolsos
Isto foi o que levou ao debuxante Sukhbir Cheema a de Rosmah Mansor
renunciar ao seu traballo hai uns meses. A maioría das
súas viñetas son moi críticas coa coalición gobernante A sociedade malaia tolerou durante medio
polo que foron prohibidas pola súa editora: consideraba século certo grado de corrupción. A oligarquía
enriquecíase, pero o país rexistraba un
que a súa impresión poderían resultar «moi perigosa».
crecemento medio do PIB do 6,35% anual desde
«En 2014 un grupo musulmán que está en alianza 1961: milleiros de persoas saían cada ano dos
co Goberno dixo que os musulmáns non poden dicir índices de pobreza. Poucos se preguntaban
‘Bo Nadal’ aos cristiáns. Cando o escoitei pensei que entón polos excesos do Barisan Nasional. Tralas
eleccións de 2013, nas que a oposición liderada
era moi ridículo e debuxei a un neno vestido de Santa
por Anwar acadou os mellores resultados da
Claus dicindo ‘Bo Nadal!’. O meu editor díxome que se historia, aínda que lonxe da vitoria electoral,
o publicaba poderiamos ter problemas. Por iso agora a percepción social empezou a mudar. As
traballo de forma independente», relata o autor. caricaturas de Zunar propagábanse nas redes
Esta represión contra os debuxantes máis críticos non sociais: «The Man of Steal» converteuse nun
símbolo, como o ollo todopoderoso da Sedition
funcionará a longo prazo. «Creo que si [Zunar] vai ao Act ou os bolsos de Rosmah Mansor, a primeira
cárcere, nacerán máis debuxantes. Quen debuxa viñetas dama do país. «O problema de Najib é a súa
[políticas] está indirectamente apoiando a Zunar. Iso é o muller. Á xente non lle gusta o seu tren de vida»,
que el realmente quere». recoñece unha moza criada no benestar da
oligarquía do BN mentres apura o seu café nun
O certo que dende a súa persecución son cada vez anden de KL Central.
máis os debuxantes que se están a sumar á «loita do É habitual ver a Rosmah de compras en
sorriso» impulsada por Zunar. «Fai uns anos traballaba Harrods ou en calquera das tendas de luxo
como creativo dunha axencia de publicidade. Nunca da Quinta Avenida de Nova York. Entre 2008
e 2015, segundo a investigación de The Wall
debuxara viñetas políticas ata que me decatei do caso de Street Journal, a autoproclamada primeira dama
Zunar. Quería apoialo. Entristéceme ver que o Goberno malaia gastou 6 millóns de dólares en roupa,
quere meter a persoas como el no cárcere porque é a voz xoias, zapatos e bolsos. Por algo posúe unha
de moita xente», explica Johnny Ong, ao que todos no das maiores coleccións do mundo de bolsos
Hermès, algún cuxo custo ascende a varios
mundo das caricaturas coñecen como Joca. milleiros de dólares.
«A campaña contra a liberdade de expresión non vai O país enteiro recoñece a Rosmah, a Imelda
funcionar a longo prazo», repite Joca. Dende a distancia, Marcos local, nas caricaturas de Zunar. A muller
a bo seguro, Zunar estará a sorrir. «Sorrir é unha forma da melena voluminosa, o anel de diamante no
dedo corazón e unha restra de xoias que non
de protesta. Quero que a xente se ría do Goberno. Se
deixan pechar o bolso é o reflexo do que Malaisia
empezan a mofarse deles terán que marchar. E ninguén non quere ser. E por iso Najib e a súa esposa
pode ser detido por rir». están decididos a acalalo.

You might also like