You are on page 1of 20

Técnicas de Redacción

A Puntuación

1. Corrixe os erros de puntuación nas frases seguintes:


1. Chamizo escribiu poesía en estremeño, o seu labor pódese comparar ós poemas escoceses de
Burns.
2. Ficamos sen papel brancos ós vinte minutos, por iso as últimas 200 follas estaban impresas
en follas amarelentas.
3. A expedición de Scott cruzou a Ross Barrier, na Antártida, en 1904, a expedición de
Shackleton cruzouna catro anos despois, en 1908.
4. Parece que Vázquez copiou a Martíns, non obstante, foi ó contrario.
5. Asia é o maior continente da Terra, a súa extensión é de 43 millóns de quilómetros cadrados.
6. López, que ficou sentado ó soar o himno rexional, non o fixo por falta de patriotismo, foi
sinxelamente, porque non o oíu, debido á súa xordeira.
7. Nalgunhas cidades os informadores de diversos xornais traballan xuntos, noutras, hai
competencia e falta de colaboración.
8. Simenon é un dos novelistas máis fecundos da nosa época, escribiu xa duascentas novelas.
9. O can pastor alemán ou can lobo puro ten mala reputación, considéraselle moi intelixente,
pero moi perigoso.
10. A lancha levarate ata a praia, alí podes descansar e tomar un aperitivo nun dos bares que hai
na beiramar.

2. As seguintes frases non levan puntuación. Coloca os signos correspondentes onde se


deba:
1. Certifico que don Fulano de Tal é alumno desta Academia
2. A razón do noso proceder é moi sinxela non queremos someternos a unha inxustiza
manifesta.
3. Ó pasar o río Rubicón dixo César “A sorte está botada”
4. E logo di vostede que non é quen de Parece mentira
5. Os mares as selvas os montes os ríos e o firmamento son coma o adorno do escenario do
mundo
6. O naturalista estuda os seres inanimados os vexetais os animais e o mundo racional
7. O xuíz oídas as testemuñas pronunciou a sentenza
8. Luís e Pedro que son amigos pola súa profesión ódianse en silencio
9. Escribireille ó seu pai posto que vostede mo prega
10. Insistiu tanto que non houbo máis remedio ca atendelo
11. Se queres a vitoria prepárate para a guerra
12. Antes de que cheguen os exames teremos que estudar e repasar o xa estudado
13. Aínda que non creo unha palabra do que me dis voute procurar compracer
14. Canto máis estudarmos maior parece a nosa ignorancia
15. Lémbrate de que o teu caso non ten remedio ho
16. Teñamos en conta polo tanto a importancia dunha puntuación correcta
17. Velaquí o resultado das nosas pescudas
18. Madrid a capital é unha cidade moi populosa
19. El moi tranquilo seguiu o seu camiño
20. O Enola Gay que bombardeou Hiroshima tiña a súa base en Tinian
21. Eu ademais díxenllo
22. Expuxo as súas ideas con orde pero non as apoiou suficientemente

1
Técnicas de Redacción

23. El entón detívose


24. Os meus amigos unha vez mercada a casa instaláronse nela
25. Eu se mo propoñen acéptoo

3. Puntúa correctamente as seguintes frases:


1. Por que non me chamas esta noite papá
2. Oh que ben Marabilloso
3. Ola Chusa O xoves pasado fun á casa de Xavier e
4. Así por exemplo no primeiro caso abonda con que pasemos ó feminino a segunda columna
de nomes
5. As condicións atmosféricas sobre a península son óptimas mais espérase unha fronte fría
que entrará en dirección nor nordeste
6. Otero Pedrayo 1888 1976 Este ourensán é o autor de dúas obras fundamentais para as nosas
letras Os camiños da vida e Arredor de si
7. Sr D. Xosé Loureiro Rumbo
R Preguntoiro n 33 esq
Santiago de Compostela
8. Chegou ás cinco Lupe e David acababan de se deitar A campá tanxía lonxe moi lonxe De
súpeto petaron na porta
Pum pum
Son eu Abelardo Abride axiña
9. Por razóns de tempo o profesor tivo que acurtar as preguntas do exame pero con todo non
suprimiu aquelas que consideraba máis importantes
10. Has de cantar
que che hei dar zonchos
( )
Canta meniña
con brando compás
11. A situación político económica levou os países contendentes a asinar un pacto de non
agresión
12. O libro afirmou o rapaz debe conter moita información e ademais ser atractivo instrutivo e
ameno
13. Saíran o domingo os outros días da semana tiveran moito traballo
14. Pero ti quen es
Son un veciño voso de Celanova
15. Vós fixestes a redacción completa ti non obstante só o primeiro exercicio
16. O galego lingua propia de Galicia será a lingua vehicular do ensino
17. En Galicia hai na actualidade tres universidades A Coruña Campus Coruña Ferrol Santiago
Campus Santiago Lugo e Vigo Campus Vigo Pontevedra Ourense
18. Son prefixos gregos meta hipo e epi entre outros
19. A película que proxectaran na sala 6 deste cine é unha das mellores do ano
20. Por non saíres antes de tempo non puidemos ordenar todos os libros e chegamos tarde á casa
de Branca
21. Decidín que recollería as cousas meteríaas nas maletas baixaría ó primeiro e non lles
deixaría ningunha nota
22. Para sabermos por exemplo cantos adxectivos hai temos que facer antes unha análise de
texto
23. Serán obrigas da Xunta

2
Técnicas de Redacción

Fomentar a produción a dobraxe a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios


audiovisuais en lingua galega
24. Foi Shakespeare quen puxo na boca de Hamlet o famoso monólogo Ser ou non ser
25. Xa sabes neno que te tes que erguer antes das sete que doutro modo non poderás coller o
autobús

4. A seguinte oración, que significa? Está ben puntuada? Como a puntuarías ti?
1. Madrid comeza por eme e remata por de.

Contrasta estes enunciados:


2.
2.1. Minutos despois, dos sanguentos asasinatos non falaba ninguén.
2.2. Minutos despois dos sanguentos asasinatos, non falaba ninguén.
3.
3.1. Vin como me ordenaches
3.2. Vin, como me ordenaches
4.
4.1. É rápido coma o vento.
4.2. É rápido, coma o vento.
5.
5.1. Miguel acabou felizmente a carreira.
5.2. Miguel acabou, felizmente, a carreira.
6.
6.1. A partir de mediados da década dos 60 a lingüística galega experimenta unha progresión
cuantitativa e cualitativa que segue ata os nosos días.
6.2. A partir de mediados da década dos 60, a lingüística galega experimenta unha progresión
cuantitativa e cualitativa que segue ata os nosos días.

5. Introduce letras maiúsculas onde corresponda:


1. o señor pérez visitounos onte.
2. os rivas e os bermúdez son dúas familias veciñas.
3. a rúa frei rosendo salvado está en santiago de compostela.
4. estudou a carreira de avogacía e chegou a xuíz.
5. este viño é da comarca do ribeiro.
6. naceu na cidade das burgas.
7. aplicáronlle a lei de expropiación forzosa.
8. o último libro que lin foi merlín e familia, de álvaro cunqueiro.
9. esa leira estrema polo norte cun camiño.
10. seica ten colgada nunha parede unha copia do cadro titulado muller con vara de rosquillas.
11. citou un artigo da constitución española.
12. segundo a lei de estranxeiría os inmigrantes teñen uns dereitos e uns deberes.
13. presentoulle o proxecto ao director xeral.
14. foi falar co bispo e este recomendoulle que lle escribise ao presidente.
15. o outro día puiden ler a resolución do presidente.
16. o concello de cambre promove moitas actividades culturais.
17. o xuíz quixo tratar co colexio de avogados da coruña.
18. o estado delegoulle algunhas competencias a cada comunidade autónoma.

3
Técnicas de Redacción

19. estas leiras pertencen ao concello de oleiros.


20. o anuncio saíu publicado no diario oficial de galicia.

Os relativos

6. Nas seguintes oracións, substitúe a oración de relativo por un substantivo en aposición:


1. Shakespeare, que escribiu esta comedia.
2. Aquel demagogo, que perturba a paz pública.
3. Este historiador, que compila tantas anécdotas.
4. Un especulador, que tiña unha gran fortuna.
5. A África Romana, que subministraba trigo a Roma.
6. Estes historiadores, que cantan louvanzas a Napoleón.
7. Estes militares, que viron tantas batallas.
8. Este filósofo, que seguía a doutrina de Nietzsche.
9. Aquel historiador, que escribiu a vida de Luis XIV.

7. Escribe da forma correcta os fragmentos mal redactados:


1. Na praza descubriuse unha estatua, cuxa estatua é de mármore.
2. Vin un precioso reloxo de ouro, cuxa cadea...
3. Empresteiche dous libros, cuxos libros inda non mos devolviches.
4. Empréstoche dous libros, cuxas páxinas están, como verás, sen abrir.
5. Dous avións cruzaron a comarca a grande velocidade, cuxos avións levaban a dous mozos
paracaidistas.
6. Vin unha estatua cuxos brazos estaban rotos.
7. Con cuxo fin vimos para lle pregar que nos atenda.

8. Substitúe as frases de relativo por un adxectivo:


1. Unha actividade que non se detén xamais.
2. Unha fama que pasa pronto.
3. Unha enfermidade que se prolonga no tempo.
4. Un réxime que só dura certo tempo.
5. Unha información que chega pronto de mais.
6. Un esforzo que dura pouco.
7. Unhas tribos que viven sen residencia fixa.
8. Unha froita que ten bo gusto.
9. Unha plantas que se empregan en farmacia.
10. Unha vila que se goberna polas súas propias leis.
11. As nacións que están en guerra.
12. Un tribunal que non ten dereito a xulgar unha determinada causa.
13. Un carácter que se ofende por nada.
14. Un programa que abrangue todas as ciencias.
15. Un espírito que non profunda.
16. Unha planta que vive a conta das outras.
17. Unha substancia que se converte en gas.
18. Un líquido que non se pode beber.
19. Unha frase que non se entende.

4
Técnicas de Redacción

20. Unha fortaleza que non se pode tomar ó asalto.

9. Substitúe as frases de relativo por un adxectivo seguido de complemento:


1. Un militar que viviu despois de Napoleón.
2. Un home que mantén as súas promesas
3. Un home que non escoita as súplicas de vostede.
4. Unha nai que non ve os defectos dos seus fillos.
5. Un escritor que viviu antes de Cicerón.
6. Un libro no cal se mentiu moito.

10. Nas seguintes frases hai algúns casos de abuso de pronome. Corrixe os que consideres
oportunos:
1. Por iso é polo que ti estás preocupado.
2. Cando falarmos, as mans debemos non movelas demasiado.
3. A ese automóbil hai que envialo ó taller de reparacións.
4. Os seus cabalos non os ten ben adestrados.
5. O meu traballo estouno a facer por etapas.
6. Estiveron en Lugo o señor Castro e o seu fillo, e a súa nai ficou connosco.
7. Mancháronselle as mans de lama.
8. Moncho arremete furioso contra o seu adversario, a quen o divirte esa furia impoñente.
9. A súa familia de vostede excedeuse en atencións.
10. Anxo foi para casa de Andrea no seu coche.
11. Manuel estivo na casa de Antón, e alí atopou o seu irmán.
12. Cando Alexandre casou con María, os seus fillos levárono moi mal.

11. Substitúe as frases de relativo por unha preposición soa ou seguida dun substantivo:
1. Unhas persoas que non teñen que temer ningún perigo.
2. Un edificio que resiste os terremotos
3. Un libro que pode servir para nenos.
4. Un ladrón que espía a ocasión favorable.
5. Unha multitude que se axita violentamente.
6. Un discurso que combate o proxecto de lei.
7. Un deputado que pertence ó noso partido.
8. Dous nenos que teñen a mesma idade.
9. O cariño que unha nai lle ten ós fillos.
10. Un enfermo que non corre perigo.

12. Redacta de novo as frases colocando o relativo que no lugar que debe ocupar; o ben
substitúeo por o cal, do cal, a cal, etc.
1. O árbitro sae nese momento ó campo que dá o sinal de comezar o partido.
2. Teño un traballo que entregarlle ó director, que me ten moi preocupado.
3. Estou a facer un proxecto de libro para a academia na que traballo, que me ocupa todo o día.
4. Viuse aparecer entón o líder á cabeza dos dirixentes do partido, cuxa presenza animou os
asistentes ó mitin.
5. Merquei hai un ano unha casa que penso vender, cun fermoso xardín.
6. Hai unha escena nesta película que emociona os espectadores.

5
Técnicas de Redacción

7. Tráiolles uns caramelos ós nenos, cuxo sabor é moi gorentoso.


8. Xurdiu un home entre a multitude que comezou a dar berros estentóreos.
9. Trátase dun estudo sobre Rosalía, cuxa lectura vos recomendo.
10. Estou a falar de Brais, o fillo do noso veciño, que vostede coñece moi ben.

Circunloquios

13. Corrixe os circunloquios:


proceder á celebración > dar curso >
proceder á elección > proceder ao establecemento >
facer entrega > proceder á publicación >
proceder á apertura do local > tomar parte >
proceder á identificación do cadáver > dar comezo >
manter unha entrevista con alguén > dar aviso >
facer uso > proceder á sanción >
facer uso da palabra > proceder á clausura do local >
poñer de manifesto > proceder á sinatura do acordo >
días a contar > documentación a entregar >
problemas a solucionar > solicitudes a cubrir >
materias a estudar > certificados a asinar>
Compráronse eses terreos para a realización das obras >
Para a tramitación dos expedientes é necesaria toda esa documentación >
Solicítase a remisión por fax da resolución da xuíza >
Creouse ese servizo para a mellora das relacións cos cidadáns >
Os pregos remitiránselle ao Sergas para a súa fiscalización >

14. Subliña e corrixe os circunloquios:


1. De non producirse a súa comparecencia, desestimarase a súa petición.
2. Non tiveron en conta que este tipo de decisións son sempre obxecto de fortes controversias.
3. Un dos puntos da orde do día é darlles un repaso ás propostas que no pleno anterior
formulara o grupo da oposición.
4. Logo de rematar a sesión o secretario, fixéronse públicas as decisións acordadas.
5. Cada un dos voceiros fai uso da palabra consonte é nomeado polo moderador.
6. Eu non tomo parte en manifestacións que non se convocan legalmente.
7. Mantivemos unha entrevista co alcalde para darlle a coñecer a situación extrema en que se
atopa o noso barrio.
8. Está totalmente convencido de que sempre está en posesión da verdade.
9. Presta atención ao que che di teu pai: “Sabe máis o demo por vello ca por demo”.
10. Os membros do xurado fixéronlle entrega do premio ao gañador.
11. O Goberno iraniano enviou unha comisión para que proceda á apertura da investigación do
asasinato de dous membros da súa embaixada.
12. Este feixe de foguetes dá por finalizadas as festas do Apóstolo.
13. Naquela reunión tomaron parte membros da patronal e dos distintos sindicatos.
14. Na súa declaración puxo de manifesto o seu desacordo co equipo directivo.
15. Substitúe a construción substantivo + a + infinitivo por solucións máis adecuadas
segundo o contexto:

6
Técnicas de Redacción

1. A falta de solidez do grupo municipal é un dos puntos a destacar no informe.


2. Esta é a lei de estranxeiría a ter en conta por calquera organismo público.
3. Os cadros a cubrir pola Administración son os que aparecen sombreados.
4. Os documentos a presentar polos solicitantes dos bonos do bus son os seguintes: o DNI, o
certificado de empadroamento e a fotocopia da declaración da renda.
5. Decidiron que os expedientes a arquivar fosen os que levasen máis de dous anos parados.
6. O plan urbanístico é un dos asuntos a debater no próximo pleno da cámara.
7. O seleccionador presentou a lista dos xogadores a convocar para o próximo partido.
8. As estradas comarcais a amañar pola Deputación da Coruña son a C-550 e a C-320.
9. O xornal publicou a relación dos seminarios a realizar este mes na Universidade de Vigo.
10. O importe a pagar por este anuncio non pode exceder dos 120 euros.
11. Ningún informe recolle cales son as taxas e os impostos a cobrar polo concello.
12. Entre as funcións do Presidente da Xunta de Galicia está a de fixar o número de deputados a
elixir.

Riqueza léxica

16. Substitúe nas seguintes frases a palabra cousa por outra máis precisa:
1. A envexa é unha cousa desprezable.
2. A falta de intelixencia é unha cousa irremediable.
3. A gula é unha cousa vergoñosa.
4. Esta estatua é unha cousa notable.
5. A educación dos nenos é unha cousa difícil.
6. O amianto é unha cousa incombustible.
7. A cousa someterase ó Consello.
8. Unha soa cousa ocupa a súa mente.
9. Nunca contemplei unha cousa tan magnífica.
10. A mofa é a única cousa que lle queda a vostede.
11. O microscopio é unha cousa indispensable para o biólogo.
12. Expoña vostede as cousas como pasaron.
13. Para un neno o xogo é unha cousa necesaria.
14. O vello mariño gabábase de cousas inverosímiles.

17. Nas seguintes frases, unhas veces convén substituír a palabra algo por outra máis
precisa; pola contra, outras veces é correcta e debe deixarse así; por último, hai casos en que
se debe suprimir a palabra algo, sobre todo cando se emprega seguida dun adxectivo. Neste
último caso, pódese suprimir o o pronome indefinido e substituír ou non o adxectivo por un
substantivo, segundo conveña:
1. Esta música ten algo melancólico.
2. As súas palabras teñen algo de malicia.
3. Isto é algo prodixioso.
4. Vin nos seus ollos algo de odio.
5. Este libro é algo fantástico.
6. Tódolos xenios teñen algo de tolos.
7. Isto é algo infame.
8. Nestas ruínas hai algo de estilo romántico.
9. Na súa cara había algo de ferocidade.

7
Técnicas de Redacción

10. Esta muller é algo impoñente.


11. O home máis forte ten algo de feble.
12. Aquí cheira a algo raro.
13. Esta señora ten algo distinguido.
14. O novo modelo é algo formidable.
15. Neste asunto hai algo pouco claro.

18. Nas frases seguintes substitúe os pronomes isto ou iso polo relativo ou polo adxectivo
demostrativo, segundo o caso. Se cómpre, dálle un xiro á frase:
1. Está entregado á bebida. Iso vaino arruinar.
2. Practica moito o deporte. Isto servirache para te fortaleceres.
3. Luís acaba de gañar outro primeiro premio. Isto xa non abraia a ninguén.
4. O avogado estuda un preito moi difícil. Isto vaino reter no bufete toda a tarde.
5. Ti confíaste a calquera. Isto pódeche traer desgustos.
6. Pedro caeu da bicicleta. Iso advertírallo eu.
7. Exprésase con afectación. Isto fai difícil a súa lectura.
8. Xan perdeu todo o diñeiro en Montecarlo. Isto non o afundiu nin moito menos.
9. É un home intelixente e traballador. Iso vaino facer triunfar.
10. Esqueceuse de preparar os últimos temas. Isto foi causa de que o suspendesen.

19. Nas seguintes frases escribe o verbo que debe emprazar a está, atópase ou hai. Non
fagas a substitución se non o cres preciso:
1. Baixo esta lousa hai un home enterrado.
2. Nesta lista de candidatos atópase vostede.
3. Na torre ameada está o soldado de garda.
4. Nesta aldea hai catro escolas.
5. Nas engurras da súa fronte hai unha fonda preocupación.
6. Nas imaxes está a forza do estilo.
7. Nas súas palabras hai unha fonda preocupación.
8. No fondo do meu corazón está a esperanza.
9. Na alma deste poeta hai unha música divina.
10. Sobre o céspede atópase o luar.
11. No fondo da súa alma hai unha tempestade de odio.
12. Nestes balcóns hai unhas colgaduras.
13. Na cheminea hai uns troncos de aciñeira.
14. Á fronte do desfile está unha banda de música.

20. Nas frases seguintes, substitúe o verbo ter por outro verbo para que a expresión sexa
máis precisa. Non fagas a substitución se non a cres necesaria:
1. Ter un ideal moi elevado.
2. Ter unha esperanza.
3. Ter un oficio lucrativo.
4. Ter unha linguaxe correcta.
5. Ter unha mala conduta.
6. Ter moitas dores.
7. Ter unha boa reputación.

8
Técnicas de Redacción

8. Ter unha actitude prudente.


9. Luís quere ter ó seu redor os seus amigos.
10. Procura ter o respecto dos seus alumnos.
11. Esta flor ten un perfume delicioso.
12. Este faro ten unha luz moi brillante.
13. Este negocio ten grandes vantaxes.
14. Esta sala ten dez metros de longo.
15. Aquela alumna tivo moitos premios.

21. Substitúe nas frases seguintes o verbo facer por outro verbo que precise máis o sentido.
Non fagas a substitución se non a cres necesaria:
1. Facer unha fosa.
2. Facer unha vía férrea.
3. Facer unha campá.
4. Facer unha coroa de flores.
5. Facer un artigo.
6. Facer unha estatua de mármore.
7. Facer prodixios.
8. Facer un discurso.
9. Facer moito diñeiro.
10. Facer unha conspiración.
11. As abellas fan o mel.
12. A ciencia fixo grandes progresos.
13. Encargáronme que faga o informe.

22. Nas frases que seguen escribe as substitucións posibles do verbo poñer só cando o
consideres preciso:
1. Poñer unha escaleira contra o muro.
2. Poñer cores no lenzo.
3. Poñer en segundo lugar.
4. Poñer unha carta en inglés.
5. Poñer unha palabra na frase.
6. Vostede non debería poñer aquí o subxuntivo.
7. Poñer en orde as súas ideas.
8. Poñer en prácticas un sistema.
9. Poñer en perigo os bens dunha nación.
10. Poñer moeda en circulación.
11. Poñer uns papeis baixo chave.
12. Poñer en desacordo unha familia.
13. O comandante puxo en movemento todas as forzas.
14. O policía puxo o ladrón nas mans da xustiza.
15. Eu póñome no equipo no lugar de Xan.

23. Nos exemplos seguintes, escribe os verbos que deben substituír a dicir e a ver cando
consideres necesaria esa substitución:
1. Raquel dixo un bo discurso.

9
Técnicas de Redacción

2. Xaquín foinos dicindo as súas aventuras.


3. Voulle dicir a vostede un exemplo.
4. Vouche dicir unha cousa que te vai sorprender.
5. Dígoche que aquí non estás seguro.
6. Este alumno di moi ben os versos.
7. Sandra non lle di as súas penas máis ca a min.
8. Tócalle a vostede dicir o prezo.
9. Direille moi alto o que lle debo a vostede.
10. Digo que estás mentindo.
11. O director dixo que non estaba de acordo.
12. Díxonos que interporía unha demanda contra nós se non atendiamos a súa reclamación.
13. O técnico de reparacións dixo que as pezas eran obsoletas.
14. A testemuña di que o culpable do accidente é o condutor da furgoneta.
15. O avogado ten que ver cinco expedientes esta mañá.
16. O científico auténtico sabe ver un fenómeno sen prexuízos.
17. Un policía experimentado sabe ver ata os máis pequenos indicios.
18. Alexandre é incapaz de ver a beleza deste cadro surrealista.
19. Vexa vostede as consecuencias de non observar as regras de cortesía.
20. Vexa vostede por si mesmo o que aconteceu aquí.

24. Substitúe producir e tema nas seguintes frases por outras palabras máis precisas cando
o consideres necesario.
1. Os dous presidentes trataron na reunión diversos temas internacionais.
2. A inundación produciu grandes perdas nas colleitas.
3. A alza dos produtos enerxéticos é un tema coñecido preocupante.
4. No exame saíu un tema do Renacemento que non estudara.
5. As declaracións do presidente do goberno produciron un gran desgusto.
6. Nesta fábrica prodúcense moitos accidentes por falta de seguridade.
7. Os temas do programa desta materia son moi amplos.
8. Os ecoloxistas discutiron co alcalde o tema dos verquidos tóxicos.
9. As especulacións na bolsa producíronlle grandes ganancias.
10. O seu único tema é rematar a carreira o próximo ano.

A construción lóxica: a orde das palabras e a orde das ideas

25. Reorganiza a redacción das frases salientando en cada unha delas a información entre
parénteses:
1. Os alumnos aprenden facilmente a pronuncia francesa con este método. (aprender,
facilidade, pronuncia e método)
2. O automóbil pequeno, de tipo popular, foi a grande preocupación dos fabricantes de coches
de todos os países de Europa nos anos sesenta. (preocupación, lugar)
3. Os sistemas audiovisuais ocupan na actualidade un lugar preponderante no ensino das
linguas vivas. (tempo, ensino)

26. Nas seguintes frases hai certa desorde dende o punto de vista lóxico. Escríbeas outra
vez sometendo a orde das frases á das ideas:

10
Técnicas de Redacción

1. O home sincero confesa as faltas que cometeu con franqueza.


2. O crítico da arte facía unha serie de apreciacións sobre os cadros expostos, cun criterio
totalmente arbitrario.
3. Leal e valente, o pastor non conta con mellor defensor có seu can.
4. Providencia dos pobres, todo o mundo amaba a señora Francisca.
5. Os grandes homes tamén teñen defectos censurables do seu carácter.
6. O dianteiro fixo unha serie de fintas sobre o céspede con grande habilidade.

A construción lóxica: a cohesión do parágrafo

27. Ordena loxicamente os seguintes parágrafos. Fíxate na idea fundamental ou na idea


expresada na frase inicial para ter en conta a orde lóxica e o interese psicolóxico:
1. Cando rebentou a tubaxe da casa produciuse unha grande confusión entre os veciños. A auga
corría por todas as partes; os cuartos estaban asolagados. Todos berraban e daban ordes, pero
ninguén se entendía.
2. O ladrón corría polas rúas, brandindo unha enorme navalla e esparexendo o pánico entre os
transeúntes. A policía corría tras el e varias veces estivo a piques de collelo. A xente apartábase ó
paso do alporizado e perigoso delincuente. Houbo algunhas persoas que se lle sumaron á policía
nesta accidentada persecución.
3. Pasamos unha alegre mañá de campo: comemos, rimos e cantamos. De pronto, chegounos
unha má noticia que turbou a nosa ledicia. A nosa troula non ía durar moito.
4. Era unha paisaxe dunha desolación profunda. Fernando detívose alí e ficou pensativo,
absorto, a respiración contida. Non se vía unha árbore, nin unha persoa, nin sequera un can.
5. Foi anoitecendo. Levantouse unha airexa agradable e fresca. Pestanexaron as primeiras
estrelas. As luces do crepúsculo fóronse extinguindo.
6. Á mañá seguinte, comentábase o asasinato en toda a cidade. A policía non descansaba na
procura do asasino. A garda civil axudaba nas pescudas. A xente abraiábase de quen fora capaz de
matar un neno inocente. Non se falaba doutra cousa.

28. Reordena as frases onde a desorde de información obstaculice a comprensión das


mesmas:
1. O número de follas que tiña que escribir eran unhas cincuenta, segundo calculei despois.
2. As cidades antigas estaban situadas nas proximidades dos ríos ou no alto das montañas, din
os historiadores, por necesidades de tipo comercial ou para a súa mellor defensa.
3. Luís estivo no Algarve á volta dunha longa viaxe por todo Portugal.
4. A chousa comezou a caer a anacos a causa do temporal reinante.
5. O equipo pode gañar o campionato da liga se non ten baixas importantes no seu cadro.
6. Houbo moitos feridos; algunhas mulleres ficaron magoadas e dous nenos foron pisados
cando se incendiou o autobús.
7. O garda vixía os arredores da casa incendiada, acompañado do seu can, mentres se agardaba
a chegada dos bombeiros.
8. As augas potables fluorizadas diminúen a carie dental, din os expertos da OMS, segundo
recentes datos estatísticos.
9. Luís fixo moi ben en presentar a diminución do seu cargo, esa é a miña opinión, se o que se
conta é verdade.
10. Un lobo entrou no galiñeiro, comeu dous pitos e matou tres galiñas, mentres nós durmiamos.

11
Técnicas de Redacción

Os modificativos

29. Ordena os modificativos das seguintes frases:


1. Neste establecemento véndense camas para nenos de ferro.
2. O bo comerciante soamente quere saber o que o público desexa, non dicirlle o que debe
mercar.
3. Antón quedou sen fala, ó recibir a carta do seu avogado, nun acceso de ira.
4. Luís, despois de comer, tiña que durmir unha soneca.
5. O doutor díxolle á miña irmá frecuentemente que humedecese a venda.
6. Rosa por fin conseguiu permiso para voar no avión.
7. O mariñeiro puido arranxar por fin a avaría cunha ferramenta que lle emprestou un amigo,
bastante útil.
8. O neno miraba o enorme can danés que ía detrás do seu dono coa boa aberta.
9. A noticia de que se afundira unha casa, dada por radio, alertou os veciños.
10. López ten un permiso por enfermidade de dúas semanas.
11. Eles recibían por ensinarlles a ler e escribir ós nenos un ferrado de millo.

30. Engade no lugar correspondente os modificativos que van entre parénteses:


1. Luís observou como o rato escapaba polo corredor (sen dicir palabra).
2. Pedro espertaba naqueles momento dos efectos da droga; parecía poder comprender as
preguntas do médico (apenas).
3. O acusado afirmou que el nunca lle prestara axuda ó doutor M. (na súa manifestación ó
tribunal).
4. Manuel mercou o libro de texto de matemáticas; tivo que pedir prestados os outros
(soamente).
5. Cando o capitán nos enviou o jeep, avisounos de que comprobásemos o aceite (con
frecuencia).
6. Os señores Vázquez chegaron un pouco tarde á comida e foron recibidos pola señora da
casa, que xa non esperaba que viñesen (con certa frialdade).

A coherencia entre a idea principal e as secundarias

31. A continuación damos varios parágrafos nos que a idea principal vai ó principio, na
primeira frase. Seguidamente insírense outras frases, das cales unhas teñen relación directa
coa idea principal, e outras non. Sinala cales, ó teu xuízo, non teñen nada que ver ou que
apenas si teñen relación coa idea principal:
A)
1. Cada día resulta máis difícil en Madrid o problema da circulación rodada.
2. As páxinas de sucesos dos diarios son un fiel reflexo desta triste realidade.
3. Por certo que estas páxinas de sucesos son as que adoitan contar cun maior número de
lectores.
4. Unha proba diso é o éxito de xornais tales coma El Caso, por exemplo.
5. Cada día hai máis coches por Madrid e cada día tamén máis conflitos circulatorios.
6. Os peóns lánzanse alegremente a cruzar as rúas sen precaución.
7. Os condutores novos son outra das principais causas de accidentes.
8. E non esquezamos as motocicletas, lanzadas a todo gas polas rúas, sorteando coches,

12
Técnicas de Redacción

executando verdadeiros exercicios de circo.


9. Pero, en realidade, a causa principal de tanto “suceso” é que non se obedecen os preceptos
do Código de Circulación.

B)
1. O 11 de agosto de 1999, en torno ás doce da mañá, tivo lugar o último eclipse total do Sol do
século XX.
2. Durante uns minutos, a zona da Terra en que o día se converteu en noite escura recorreu o
centro de Europa e parte de Asia.
3. Quen contempla un eclipse en directo debe evitar mirar ó Sol directamente, pois aínda que a
luz diminúe non o fan as luces infravermellas e ultravioletas, que poden danar a retina e provocar,
mesmo, cegueira.
4. Os eclipses de Sol prodúcense pola interposición da Lúa entre o astro e a Terra.
5. A observación dos eclipses serve para coñecer mellor o espazo exterior e saber que a Terra
xira máis devagar cada vez.

C)
1. Un dos problemas do urbanismo moderno é o dos espazos verdes ou pulmóns da cidade.
2. Estes pulmóns palían en parte o perigo que para a nosa saúde representa o aire enrarecido
das nosas cidades.
3. Vigo conta con varios espazos verdes principais: O Castro, Castrelos, A Guía, A Riouxa, A
Alameda e o O Areal.
4. Grazas a estes parques, os nenos poden respirar un aire menos nocivo có das rúas de grande
circulación.
5. Preto da Riouxa está o Parque Zoolóxico, onde hai grande variedade de animais.
6. No Castro apenas hai bancos onde descanse o paseante.
7. Nas grandes urbes modernas procúrase que cada barrio ou sector novo teña o seu pulmón
propio, o seu pequeno espazo verde.

D)
1. A xefa máis afectuosa que tiven foi dona Ignacia.
2. Todo o mundo a estimaba.
3. Sempre estaba disposta a escoitar os nosos problemas e a axudarnos.
4. Era de Madrid, pero polo afecto que lle tiña á nosa terra, parecía coma se nacese aquí.
5. Antes de ocupar a xefatura da nosa empresa, fora mestra de escola nunha parroquia de
Santiago, en Conxo.
6. O Castelo da Rocha Forte é o monumento máis destacado de Conxo.
7. Mandouno construír Xoán Arias en 1240 e destruírono os irmandiños no ano 1467.
8. A nosa xefa era unha grande admiradora dos irmandiños, e falaba deles viñese ou non á
conta.

E)
1. A pantera é un dos animais máis perigosos da selva.
2. Ó seu carón, o león é case inofensivo.
3. O león, normalmente, roxe antes de atacar.
4. A pantera ataca sen avisar.
5. Os domadores saben perfectamente que a pantera é un dos animais máis difíciles de domear.
6. Eu coñecín unha vez un domador a quen, en certa ocasión, o atacaron os tigres con que se

13
Técnicas de Redacción

exhibía no circo.

F)
1. Xan escolleu a carreira de Dereito, sen saber o que facía.
2. En realidade, non todos os mozos saben exactamente calé a súa vocación.
3. A Xan dixéronlle que era “unha carreira con moitas saídas”.
4. Comezou os seus estudos xurídicos sen gusto.
5. Sempre fora moi bo estudante, pero comezaron os seus tropezos.
6. Os textos de Dereito Romano e Economía Política resistíanselle.
7. Coñeceu un compañeiro a quen lle pasaba o mesmo.
8. Logo soubo que o seu compañeiro se dedicara á escultura.
9. Se a Xan se lle deixase elixir ó seu gusto, estudaría Medicina ou Astronomía.
10. “Nunca me arrepentirei bastante -adoitaba dicir- de estudar unha carreira que me
repugnaba”.

32. A continuación van unha serie de exercicios de frases ligadas. Cada unha delas pode ter
varias solucións. Sinala a que sexa máis lóxica:

1. Para conseguir unha boa dixestión...


a) diversos medicamentos inxiren os enfermos de estómago.
b) os enfermos de estómago inxiren diversos medicamentos.
c) inxiren diversos medicamentos os enfermos de estómago.
2. Como Pedro estaba moi contento...
a) os nenos da veciñanza alegrábano coas súas falcatruadas.
b) as falcatruadas dos nenos da veciñanza alegrábano.
c) alegrábano as falcatruadas dos nenos da veciñanza.
3. Para conseguir que as cartas cheguen pronto ó seu destino...
a) recoméndase empregar selos de urxencia.
b) o emprego de selos de urxencia é recomendable.
c) o selo de urxencia recoméndase.
4. Se pintamos as paredes con pintura de aceite...
a) esas paredes non terán que ser pintadas de novo durante moito tempo.
b) non teremos que volvelas pintar durante moito tempo.
c) durante moito tempo non teremos que volvelas pintar.
5. Despois de escribir a súa primeira novela L'Envers et l'Endroit...
a) Noces foi a segunda obra de Albert Camus.
b) a segunda obra de Albert Camus foi L'Envers et l'Endroit.
c) Albert Camus escribiu a súa segunda novela L'Envers et l'Endroit.
6. Ó rematar o seu traballo...
a) o carpinteiro entregounos unha factura de máis de 600€.
b) a factura que nos entregou o carpinteiro era de máis de 600€.
c) entregounos o carpinteiro unha factura de máis de 600€.

Os marcadores textuais

14
Técnicas de Redacción

33. A seguir van unha serie de frases nas que falta o elemento de transición. Escríbanse as
partículas que faltan no lugar preciso. Non as escribas se non as xulgas necesarias.
1. Estivemos aforrando todo o mes para marchar de viaxe; a última hora non puidemos facelo.
2. Pasaron o dia á intemperie, sen poderen entrar na casa; Xan puido abrir a porta.
3. O porteiro estaba ben colocado; a pelota deu un bote estraño e entrou polo ángulo esquerdo.
4. O profesor explicaba a lección ollando o teito; os alumnos non atendían.
5. Era un sitio estupendo para pasar a noite; había teléfono.
6. A criada, ó limpar, revolveu os papeis; non puiden atopar a miña carta.
7. Non me gustan os temas cargados de erotismo; non vou a unha película que hoxe anuncian.
8. Póñalle unha inxección; é vostede médico.
9. Era un home desordenado; non lle importaba o que dixesen del.
10. O pai e a nai eran dous grandes afeccionados á música; o seu fillo Xan resultou un hábil
pianista.
11. Fai falla poñer as cousas en orde; o primeiro que tes que facer é colocar ben os teus libros.

Coherencia e claridade nos parágrafos

34. Corrixe as incoherencias das seguintes frases. Non alteres o que che pareza ben:
1. Cando se traballou intelectualmente toda a vida, a xente non se adapta facilmente ó traballo
corporal.
2. Os policías conseguiron acurralar o bandido no alto dunha montaña, e entón prodúcese unha
“ensalada” de tiros.
3. O profesor cre que Eduardo é o autor do ruído e de todas as faltas que cometera el.
4. O noso crítico eloxia o drama estreado onte, que foi considerado como inmoral pola crítica
doutras revistas.
5. Algunhas xentes ignorantes acoden ós curandeiros, porque cren que saben máis cós
médicos.
6. Se un procura ler os clásicos, conseguiremos un bo estilo literario.
7. A directiva do equipo local tropezou con moitas dificultades para a fichaxe do novo
xogador, e estanse facendo xestións na Federación Nacional para conseguir o que nos propoñemos.
8. Os dous amigos miráronse; logo Luís abre a porta e entran silenciosos na sala.
9. Sofía Loren brillou primeiro en Italia, e logo, en toda Europa e América, aplaudírona como
grande artista.
10. A vaca, encabuxada, corneou a dona, que foi posta patas arriba.
11. Luísa non está ben en traxe de baño; non lle conveñen esas pezas de roupa para lucirse.
12. Ó atravesar a selva. Sempre levabamos o fusil cargado, porque un non sabe nunca o que
pode pasar en tales paraxes inexploradas.
13. As funcións dos médicos coordinadores do 061 son a de dar os consellos médicos e a toma
de decisións sobre o tipo de recurso que se debe enviar.

Variedade e harmonía

35. Modifica os seguintes parágrafos para darlle máis variedade e harmonía ós textos. Ás
veces hai que alterar lixeiramente a redacción:
1. Atrasárame moito. O tren ía saír dun momento a outro. Tiña medo de perdelo. Corrín cara á
xanela de billetes. Pedín un billete de primeira. Non atopaba a carteira para pagar. Estaba tan

15
Técnicas de Redacción

nervioso que facía todo ó revés. Deixei a maleta esquecida ó pé da xanela. Tiven que voltar por ela.
Ó final, puiden coller o tren. Nese momento, a máquina asubiaba e púñase en marcha.
2. Oíase o rechouchío dos paxariños no monte que, naquelas horas da mañá, a causa da
orballada nocturna, dáballe ó ánimo unha sensación especial de frescura, o cal, unido á luz clara e ó
ceo azul e á brisa fresca, facía deleitoso o paseo entre as árbores, que lucían outra vez as súas follas,
removendo os ramallos suavemente...
3. O mar estaba sereno, tranquilo. Tiña ganas de nadar. Puxen o traxe de baño. Achegueime á
beira do mar. A auga estaba fría. Lanceime de cabeza. Estiven a nadar case unha hora.
4. Chegaba a hora, e ó soar a campá, non faltou ninguén aquel día para o refectorio, porque,
sendo a festa do rexemento, anunciárase un menú extraordinario que fora confeccionado
especialmente polo cociñeiro do mellor hotel da cidade, que aquel día luciu dotes culinarios para
servir os que, naqueles instantes, eran a defensa da praza.
5. Guillerme tiña que elixir carreira. Non sabía que camiño tomar. Non lle gustaban as
ciencias. Para as letras considerábase preguiceiro. Desexaba estudar o que fose máis doado. A
última hora decidiuse pola carreira de veterinario. Os seus pais puxeron o grito no ceo. Pero
Guillerme afirmou que era a súa vocación. Sempre lle gustaran moito os animais. Agora tería
ocasión de coidalos.

Conexión entre as frases que forman un parágrafo

36. Tacha nos parágrafos seguintes as palabras que non resulten coherentes y, no seu caso,
escribe as palabras que mellor cohesionen as distintas frases.
1. A nosa biblioteca debe ser un reflexo da nosa personalidade. Un debe seleccionar os libros e
non compralos ó chou. Os mozos adoitan mercar libros poucos instrutivos. Adoitamos preferir as
novelas policíacas ás obras dos grandes escritores. E hai quen centra toda a súa atención literaria
nos relatos do F.B.I. Se mercásemos os libros pensando na nosa educación espiritual, a nosa
biblioteca sería un bo exemplo de gusto depurado.
2. Unha das mellores novelas curtas da literatura estadounidense actual é O vello e o mar, de
Hemingway. Nela narrábase a loita dun vello pescador no medio do mar para capturar un peixe de
enormes dimensións. O pescador consegue atrapar o peixe e, como non puido izalo á barca, decide
arrastralo a remolque ata a praia. Pero o sangue do peixe morto atraeu os tiburóns, que devoran
precozmente a prezada presa do pescador. Este só conseguiu levar á praia un descarnado esqueleto
como símbolo da súa pesca.
3. Dise que, en Norteamérica, cada día abusan máis as xentes das drogas sedantes ou
tranquilizantes. Os médicos advírtenlle constantemente ó público que non debe abusarse de tales
drogas. Pero non adoitamos facer caso dos médicos ata que non lle vemos as orellas ó lobo. Un vive
nos nosos días en constante axitación, por iso abusamos das drogas tranquilizantes. Dórmese mal
porque non levamos unha vida sa. E o home busca nas drogas o remedio para o seu espírito, un
tanto desequilibrado.
4. Se está vostede aprendendo a pintar, é preciso que coñeza previamente o debuxo e a
perspectiva. Non debemos lanzarnos sobre as cores sen estudar antes os problemas da composición.
Despois, cando xa domine o debuxo, aprenda a manexar as cores. Pero non comecemos polo
retrato. Elixa vostede paisaxes sinxelas ou, mellor, comece por reproducir obxectos simples, sen
grandes complicacións. A natureza morta é unha boa escola para aprender a pintar, a condición de
non quedarmos en simples pintores de natureza morta.
5. Shakespeare pintou un retrato monstruoso de Ricardo III de Inglaterra; un chepudo cruel,
valoroso e brillante. Aínda que algúns historiadores tratan de rehabilitar a Ricardo III, debe vostede
crer a Shakespeare. Ricardo, duque de Gloucester, cometeu os máis execrables crimes por acadar a

16
Técnicas de Redacción

coroa. Manda asasinar o seu irmán para que non o estorbe nos seus plans. Despois fixo asasinar os
seus dous sobriños, fillos de Henrique IV, e posibles herdeiros da coroa tras o falecemento de
Henrique IV. En suma, a figura de Ricardo III é un baldón sanguento na historia inglesa. Con este
tema, os ingleses fixeron unha boa película. O protagonista, no papel de Ricardo III, foi o grande
actor Lawrence Olivier. Neste film, este grande actor interpretou un dos seus grandes papeis, dignos
da súa fama como intérprete.

Frases longas e curtas

37. A continuación verás unha serie de parágrafos onde se abusa da frase curta. Escríbeos
de novo, suprimindo os puntos innecesarios e procurando convertelos en frases máis longas e
mellor conectadas. Volve a escribilos dándolles maior cohesión, redactándoas mellor:
1. O xogador de fútbol Di Stéfano está considerado como o mellor dianteiro centro de todos os
tempos. Dise que non hai quen mellore o seu xogo. Os seus goles de tacón son inimitables. É
quizais un dos futbolistas que máis partidos xogou sen sufrir lesións. Foi sempre un espléndido
creador de xogo, e non só un hábil goleador. Xoga en todos os terreos, na defensa, na media e na
área de castigo. Di Stéfano, en ocasións, é algo máis ca un xogador. É un malabarista do balón. É o
inspirador das primeiras xogadas do seu equipo.
2. O partido Madrid-Barcelona foi moi emocionante. Tan pronto dominaban uns coma os
outros. Finalmente gañou o Madrid. Os seus dianteiros marcaron tres goles nos últimos quince
minutos. Todos obra de Di Stéfano e de Puskas. Os dianteiros do Barcelona reaccionaron nos
últimos minutos. Querían marcar gol a toda costa. Non o conseguiron.
3. María Helena estaba moi bela no día da súa posta de longo. Era o seu primeiro baile en
sociedade. Levaba un vestido azul. Era un vestido sinxelo. Tiña algúns enfeites estampados. Levaba
na man un bolso pequeno. A súa melena caíalle xeitosamente sobre os ombreiros. No pescozo, un
colar de perlas.
4. Pedro tiña moita présa. Dispoñía só de cinco minutos para tomar o autobús. Tivo que
poñerse na ringleira para quitar o billete. O traballador da xanela de billetes era moi lento. Pedro
rosmaba polo baixo. Miraba o reloxo con impaciencia. Non quería perder ese coche por nada do
mundo.
5. Os Castro están construíndo unha casa nova. Está na Avenida dos Pradairos. Será case un
palacio. Terá amplo xardín e unha piscina. A casa terá vinte dormitorios.
6. A miña irmá está arranxando a equipaxe para marchar ó internado, e o meu pai andaba dun
lado para outro, e a miña nai ía e viña da cociña ó comedor preparando a merenda para a viaxe, e o
meu irmán choraba nun curruncho porque ninguén lle facía caso.
7. O novo chofer ficou parado cabo da porta do coche, e era un home moi alto e levaba
uniforme azul de pano moi groso.
8. Se vostede pensa dedicarse á ciencia, debe ter en conta que se lanza a unha vida de
sacrificio. A ciencia esixe moito e dá pouco. Terá que entregarse por completo ó traballo sen agardar
grandes compensacións económicas. Na ciencia, coma no amor, o principal é a entrega. Non pense
nunca na fama nin na gloria, porque entón non poderá traballar eficazmente. Pense que vai
descubrir algo importante para o progreso da humanidade.
9. Hoxe fálase moito da relación causa e efecto entre a nosa vida axitada e o aumento de
enfermidades mentais. Durante os últimos vinte anos aumentou moito este tipo de enfermidades.
Vivimos en continua trasfega e sobresalto. O noso psiquismo está sometido a un atafego constante.
A vida das grandes cidades é insá. O habitante desas inmensas urbes non descansa o necesario.
Vive, coma os monos, en constante alteración. Traballa moito. Vai de aquí para aló continuamente.
Non repousa o que cómpre.

17
Técnicas de Redacción

10. As viaxes interplanetarias son xa unha posibilidade máis ou menos inmediata. Os satélites
artificiais rusos e americanos ábrenlle ó home o camiño dos espazos siderais. Os soños fantásticos
de Xulio Verne estanse realizando. Chegará un día no que as viaxes serán tan correntes como o son
hoxe os voos transoceánicos. E non se tardará moito en realizar estes fantásticos proxectos. O
século XXI parece que vai ser o século do home interplanetario.

Repetición de ideas e palabras

38. Nas seguintes frases, hai repeticións de ideas e palabras. Sinálaas e redacta de novo a
frase:
1. O avión voaba polos aires a grande velocidade.
2. Estas son as súas obras póstumas para publicar despois despois da morte.
3. A cuestión do desarme non se arranxará antes dun lustro completo de cinco anos.
4. Cos antibióticos crese descubrir a panacea universal que cura todos o males.
5. Pero, non obstante, o autor da obra foi aplaudido.
6. Luís, co seu novo uniforme, gábase fachendosamente.
7. A ferida facíalle sufrir unhas dores espantosas.
8. Defendeuse bravamente contra os ataques publicados contra el na prensa.
9. Había alí un cabalo, que fora atado para evitar que escapase fóra do recinto.
10. Xa traballamos bastante por hoxe; mañá seguiremos traballando.
11. Estou canso, esgotado, derreado... Gustaríame deitarme na cama, estirarme a gusto e durmir
oito horas á paparrandona.
12. O enfermo padecía unha cefalalxia crónica, e o doutor dixo que a dor de cabeza podería
curarse con repouso.
13. Era un home fraquiño, escuálido; era coma unha momia resucitada.
14. Vino! Si, vino con estes ollos que ten que comer a terra!
15. Sube arriba e dille a Xan que baixe abaixo.
16. Virás hoxe ou virás mañá?
17. Eu calculo que o teu cálculo está mal; Ramón calculou ben.
18. Mónica subiu arriba para buscar o libro solicitado polo cliente.
19. Non era necesario volver a reiterar que aquilo era unha suxestión.
20. Xulio pediulle ó seu xefe que lle adiantase un anticipo.
21. O que me dis non pode ser posible.

39. Nos seguinte parágrafos abundan as repeticións. Escríbeos de novo, evitando tales
vicios de redacción:
1. Parece que o director non está satisfeito contigo porque non traballas o suficiente para te
preparares para os exames. Se fracasas nestes exames, o director non ficará satisfeito contigo e
posiblemente serás expulsado da academia.
2. É un home digno da súa familia, digno do seu país e digno do seu rei.
3. O Mississipi é un grande río, ó que aflúen grandes ríos.
4. Xan tiña unha colección de selos que tiñan un grande valor.
5. O médico non responde deste enfermo; teme que o enfermo teña un cancro.
6. O noso traballo será destruído pola riada; nestes intres a violencia das augas da riada non
permite manter os sumidoiros en bo estado.
7. É un home que non sabe calar. Só ti sabes facelo calar.
8. É un home que critica a todo o mundo; todo o mundo acabará por odialo.

18
Técnicas de Redacción

9. O ano pasado estabas contento co teu traballo. Creo que este ano ti estarás tan contento co
teu traballo coma o ano pasado.
10. Na batalla verteuse sangue dos mellores homes: é o sangue dos defensores da patria; o
sangue da mocidade valorosa; o sangue dos mártires.
11. Prometeume pagar a primeiros de outubro; pero cando chegou o día primeiro de outubro
pediume un novo prazo.
12. Normalmente tomaba o autobús das doce; pero se o autobús chegaba con atraso, encarábase
co condutor do autobús.
13. Creo que xa domino o esencial da mecánica: avergoñaríame de non dominala, despois de
estudar tantos temas de mecánica.

40. As frases que seguen están mal ordenadas. Cambia a orde e vólveas escribir o máis
correctamente posible:
1. A Marcos, como levaba vintecatro horas de xaxún, parecíalle gorentosa aquela galdrumada
que nos serviron.
2. Pedro chegará, salvo que llo impida o tráfico, á estación a boa hora.
3. O criado tropezou cunha engurra da alfombra, ó sentir a chamada do señor, e derramou o
café polo chan.
4. O director chamou o seu axudante, con quen, varias veces, discutira o problema.
5. “Ó Coronel X impuxéronselle as insignias Gran Cruz de Sanidade, polas beneméritas
xestións que o antigo colaborador do Xeneral G. P., a cuxas inmediatas ordes actuou na Secretaría
da Presidencia do Consello ata que caeu aquel goberno, desenvolveu ano tras ano”.
6. O xerente prometeu, ó darse de conta da súa culpa, presentar a dimisión.
7. “A reacción contra o envolvemento de Alemaña nunha guerra nuclear, cando aínda non
saíran da escola os nenos nados baixo os bombardeos en masa da outra, estaba latente na opinión
pública alemá...”
8. Se se pensar no necesitada que está de organización a Alianza Atlántica -na que, por certo,
pediu entrar o Brasil e que se querería incorporar algún outro país europeo, xa aliado dos Estados
Unidos e nunha excelente posición estratéxica-, é de desexar de don Ricardo acerte nas súas
xestións.
9. A exposición (actualmente aberta no Museo Municipal) – titulada “Estampas daquel
tempo”- que reúne un importante número de cadros do pintor (xunto con algunhas obras dos seus
discípulos), así como o catálogo (que contén produtos de importantes expertos), achegan estimables
novidades para os amantes da pintura desta época (impresionismo europeo).
10. A palabra autorretrato non aparece en Holanda ata o século XIX. Este tipo de pinturas (ó
igual ca en España) aparecía descrito nos inventarios -por exemplo- como “retrato de X, que se
pintou a si mesmo”.

41. Comenta os textos extraídos de La cocina de la escritura e de Describir el escribir de


Cassany:
“Non hai bagaxes máxicas nin receitas instantáneas para escribir. Non se pode pasar da noite á
mañá da vacilación dun aprendiz á confianza do experto, da inxenuidade á madurez. Ningún
catecismo pode substituír o adestramento... Como o pinche de cociña que non sabe ligar un ali-oli,
pero que co tempo chega a preparar refritos elaborados, do mesmo xeito o aprendiz de escritor
aprende o seu oficio”.
“Os escritores competentes acostuman ser máis conscientes da audiencia (do lector ou lectores a
quen vai destinado o texto) e, durante a composición, dedican máis tempo a pensar nas súas

19
Técnicas de Redacción

características”.

20

You might also like