You are on page 1of 31

AEI.

APTITUDES EN EDUCACIÓN INFANTIL

1. Ficha técnica

Nome: AEI. Aptitudes en Educación Infantil. Preescolar – 2.

Autores: Mª Victoria de la Cruz López

Procedencia: TEA Ediciones, S.A. (Madrid)

Aplicación: Individual e colectiva.

Ámbito de aplicación: Nenos/as de 4 e 5 anos (os dous cursos previos ao comezo do En-
sino Primario)

Duración: Aproximadamente 60 minutos.

Finalidade: Avaliación dalgúns aspectos importantes para a aprendizaxe escolar: Verbal,


Cuantitativo, Espacial, Memoria e Visomotricidade.

Baremación: Mostra de escolares do segundo ciclo de Educación Infantil (cursos 2º e 3º).


Idades: 4 e 5 anos.

Material: Manual de aplicación e exemplar que contén os elementos das diferentes probas.
2. Descrición xeral
O test de aptitudes en Educación Infantil deseñouse co propósito de avaliar algúns aspectos
aptitudinais fundamentais para a aprendizaxe escolar. O seu propósito, máis que propor-
cionar información do neno, é facer un diagnóstico do gra de eficacia co que este se en-
frontará ás tarefas escolares.

Os resultados da proba serven, entre outras cousas para determinar os puntos débiles e for-
tes nas aptitudes avaliadas e desañar programas de desenvolvemento ou adestramento que
lle axuden aos nenos a superar os aspectos nos que presenten deficiencias ou dificultades,
antes de iniciar a ensinanza primaria.

As variables que condicionan, de forma inmediata, o resultado da ensinanza nesta etapa,


avaliadas pola proba son: coñecemento dos conceptos básicos de tipo verbal, cuantitativo e
espacial, aptitude perceptiva e memoria. Todas elas teñen unha grande importancia para
lograr unha boa aprendizaxe da lectura e da escritura, tarefa principal nos primeiros anos
escolares do neno. Os resultados proporcionan unha puntuación total das aptitudes e unha
puntuación que indica o nivel de madurez para a aprendizaxe da lecto-escritura.

Integrada, na súa totalidade, por elementos de tipo gráfico que, para a súa realización, re-
quiren instrucións orais, as probas comprenden la áreas seguintes:

 Verbal: A partir de representacións gráficas, avalía a aptitude para recoñecer obxec-


tos, calidades ou usos dos mesmos, accións e capacidade para realizar ordes recibidas
verbalmente.

 Cuantitativa: Avalía a capacidade para clasificar obxectos segundo o seu tamaño,


forma, etc. Nocións de cantidade, moitos, poucos, etc. e nocións temporais.

 Orientación espacial: Como parte da aptitude perceptivo-visual, importante para a


adquisición da lectura, avaliar a capacidade para asociar unha serie de figuras iguais,
colocadas en distintas posicións, con un modelo dado.

 Memoria auditiva: Avalía a capacidade para evocar obxectos ou seres presentados


de forma verba e recoñecelos nunha representación gráfica. É un dos factores impor-
tantes da aprendizaxe.

 Visomotricidade: Capacidade para adaptar os movementos corporais, especial-


mente os dos músculos pequenos (motricidade fina) para reproducir algo que se percibe
de forma visual. Esta proba, a visomotricidade, avalíase por medio de tres activiades:
 Copia de figuras simples.
 Copia de figuras formadas por círculos.
 Trazado de camiños.
3. Ámbito de aplicación
As probas van destinadas aos cursos segundo e terceiro do segundo ciclo de Educación
Infantil.

4. Materiais para a aplicación


 Manual: Aquí inclúense as instrucións de aplicación e corrección, con unha reprodu-
ción reducida dos elementos da proba que pode utilizarse como clave o plantilla para a
valoración da mesma.

 Exemplar, cos elementos das probas deseñado para marcar nel as respostas e realizar
os debuxos que require a proba.

5. Normas de aplicación

5.1. Instrucións xerais

1. A proba pode aplicarse de forma colectiva, á clase completa, pero cos máis pequenos
é conveniente facer grupos de dez, aproximadamente.

2. Se se vai aplicar a proba a nenos de 4 anos, o mellor é facelo a partir do segundo tri-
mestre do curso escolar, cando os nenos xa adquiriron algúns hábitos de traballo.

3. Se aplicamos a proba a toda a clase de nenos/as de 5 anos, é necesario contar coa axu-
da doutra persoa.

4. Como se trata de nenos que non dominan a escritura, é conveniente que antes de em-
pezar a aplicación, o examinador escriba os nomes dos nenos nos Exemplares.

5. Ao comezar a aplicación procurarase colocar aos nenos/as tan distanciados como sexa
posible. Entregaráselle a cada un o seu caderniño, comprobando que coincide con no-
me do neno/, e un lapis ou unha pintura. Mentres se reparte o material, recordamos en
voz alta que non hai que facer nada, de momento, con todo o material que lle estamos
entregando. Ao rematar a distribución explícaselle en que consiste a tarefa que van re-
alizar e empézase a aplicación da proba seguindo as instrucións específicas de cada
unha delas.

6. Ao comezar a tarefa, o examinador deberá estar moi atento para percibir si algún ne-
no/a ten dificultades para comprender o que se está dicindo; neste caso repetiranse as
instrucións tanto como sexa necesario, sen recorrer, en ningún caso, a exemplos distin-
tos dos que se inclúen nas devanditas instrucións. A aplicación da proba propiamente
dita (elementos posteriores aos exemplos) só comezará cando todos os nenos/as do
grupo saiban o que teñen que facer. O ritmo de presentación dos elementos axustarase
ás características do grupo. A proba aplicarase sempre seguindo a orde en que apare-
cen no Exemplar.
7. É conveniente planificar a aplicación para a primeira parte da xornada, cando os ne-
nos/as están menos cansados.

8. O examinador debe estar familiarizado co contido das probas e as súas instrucións.

9. Durante a aplicación, o examinador paseará pola clase, asegurarase de que todos os


nenos/as traballan na páxina e elementos adecuados e que anotan a resposta tal como
se lles indicou. Evitarase, por todos os medos; que os nenos/as copien dos seus com-
pañeiros/as.

10. Ás preguntas directas sobre a solución dos elementos responderase indicando que
marquen o que lles pareza máis conveniente e que non se preocupe demasiado.

5.1. Instrucións específicas


6. Corrección e puntuación

6.1. Corrección

6.2. Puntuación
7. Normas interpretativas

7.1. Interpretación das puntuacións

7.2. Baremos
Táboa 5.1. Baremo do segundo curso de Educación Infantil. 4 anos.
Táboa 5.1. Baremo do terceiro curso de Educación Infantil. 5 anos.

You might also like