You are on page 1of 7

Grao en Economı́a: Matemáticas II.

Curso 2018-19 7

TEMA 2: Derivadas de funcións de varias variables

1. Derivadas direccionais e derivadas parciais


Definición 1. Sexan f : Rn → R unha función escalar e x0 , u ∈ Rn .
Denomı́nase derivada direccional da función f en x0 na dirección do vector u, se existe, ó número
real
f (x0 + tu) − f (x0 )
Du f (x0 ) = lı́m .
t→0 t
Se este lı́mite existe, dise que f é derivable en x0 na dirección do vector u.
Exemplo 2. Sexa f (x, y) = x2 +yx2 +1 . Para obter a derivada direccional de f en (0, 0) na dirección de
u = (3, 4), D(3,4) f (0, 0), calculamos o seguinte lı́mite:

f ((0, 0) + t(3, 4)) − f (0, 0) f (3t, 4t) − f (0, 0)


lı́m = lı́m
t→0 t t→0 t
3t
9t2 +16t2 +1 3
= lı́m = lı́m =3
t→0 t t→0 25t2 + 1

logo, D(3,4) f (0, 0) = 3.


En Rn existen n direccións particularmente especiais que corresponden ós vectores unitarios da
base canónica, ei = (0, . . . , 1, . . . , 0), e que coinciden coas direccións dos eixes coordenados. Estas
direccións levan á seguinte definición.
Definición 3. Denomı́nase derivada parcial i-ésima da función f no punto x0 , á derivada direccional
de f en x0 na dirección do vector i-ésimo da base canónica, ei . Isto é,
f (x0 + tei ) − f (x0 )
Dei f (x0 ) = lı́m .
t→0 t
Este concepto tamén se adoita denominar derivada parcial de f con respecto á coordenada i-ésima
∂f
e denótase Di f (x0 ) ou (x0 ).
∂xi
Cálculo das derivadas parciais
O lı́mite que aparece na definición anterior pode poñerse máis desenvolvido do xeito que segue:
f (x0 + tei ) − f (x0 )
Di f (x0 ) = lı́m
t→0 t
f (xo1 , . . . , xoi + t, . . . , xon ) − f (xo1 , . . . , xoi , . . . , xon )
= lı́m ,
t→0 t
e do segundo membro desta igualdade resulta que a derivada parcial, Di f (x0 ), é a derivada ordinaria
no punto xoi da función dunha variable real
g : xi ∈ R → g(xi ) = f (xo1 , . . . , xi , . . . , xon ) ∈ R,
é dicir, Di f (x0 ) = g 0 (xoi ). Polo que, para o cálculo práctico de Di f (x0 ), pódense, e débense, utilizar
todas as regras da derivación ordinaria, sen máis ca supoñer que tódalas demais variables permanecen
constantes.
Na figura 1 exponse a gráfica dunha función f : R2 −→ R, na que a súa intersección co plano
x = xo , resulta a función dunha variable g(y) = f (xo , y). A derivada desta función en yo , g 0 (yo ) =
Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 8

r
2

z
!1

!2

!3

!4

!5

!6
!2
!2 !1
!1 0
0 1
1
2
y 2
x

Figura 1: Interpretación derivada parcial.

D2 f (xo , yo ), é a pendente da recta r, que é a recta tanxente á gráfica de g en yo . Ası́, a derivada


parcial segunda de f en (xo , yo ) é a pendente da recta tanxente á gráfica de f en (xo , yo ) na dirección
do vector (0, 1). Pódese realizar a mesma observación para h(x) = f (x, yo ). Ası́, a derivada parcial
i-ésima dunha función f indica a taxa de variación da función f na dirección do eixe coordenado
correspondente. Conclusión análoga obtense para calquera derivada direccional Du f (x0 ).
Exemplos 4. 1. Se f (x, y) = x2 y 2 + 2x + y + 1, por cálculo directo derivando f con respecto a x,
supoñendo que a variable y permanece constante resulta, D1 f (x, y) = 2xy 2 + 2. Por outra parte,
se se aplicase a definición de derivada parcial, obteriamos que
f (x + t, y) − f (x, y)
D1 f (x, y) = lı́m
t→0 t
(x + t) y + 2(x + t) + y + 1 − (x2 y 2 + 2x + y + 1)
2 2
= lı́m
t→0 t
2txy 2 + t2 + 2t
= lı́m = 2xy 2 + 2.
t→0 t
x
2. Calculemos as derivadas parciais da función f (x, y) = x2 +y 2 +1
.
Por cálculo directo derivando f con respecto a x, supoñendo que a variable y permanece cons-
2 2 +1−2x2 2 −x2 +1
tante resulta, D1 f (x, y) = x(x+y
4 +y 2 +1)2 = (xy4 +y 2 +1)2

Analogamente, derivando f con respecto a y, supoñendo que a variable x permanece constante


resulta,
−2xy
D2 f (x, y) = (x4 +y 2 +1)2

Se queremos calcular as derivadas parciais na orixe non temos máis que sustituir:
D1 f (0, 0) = 1
D2 f (0, 0) = 0

Observación. 1. Obviamente, se f é derivable en x0 na dirección de calquera vector u ∈ Rn ,


existen todas as derivadas parciais de f en x0 ; non obstante, o recı́proco non é certo, pois poden
Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 9

existir tódalas derivadas parciais dunha función f nun punto x0 e non existir algunha outra
derivada direccional.
Para a función, f (x, y) = x + y se x = 0 ou y = 0 e f (x, y) = 1 se x 6= 0, y 6= 0, existen
tódalas derivadas parciais de f en (0, 0) e valen 1, pero en calquera outra dirección u, non existe
Du f (0, 0).
2. Relación coa continuidade: Sabemos que para funcións dunha variable real, toda función deri-
vable nun punto é continua nese punto. Non obstante, para funcións f : Rn → R, a existencia de
tódalas derivadas direccionais nun punto non é condición necesaria, nin suficiente, para a conti-
nuidade de f . Por unha parte, nun punto dado poden existir tódalas derivadas direccionais de f
e non ser f continua e, por outra, pode ser continua a función nun punto e non existir algunha
derivada direccional nese punto.
2
Para a función, f (x, y) = yx se x 6= 0 e f (0, y) = 0, existen tódalas derivadas direccionais de f
en (0, 0), pero f non é continua en (0, 0).
3. Cando traballamos con funcións de varias variables, o concepto que realmente se corresponde
co concepto de derivabilidade de funcións de unha variable é o de diferenciabilidade. Como non
temos adicado tempo ó estudo das aplicacións lineais, non podemos traballar coa defición formal
de diferenciabilidade, pero bastaranos con saber que: as funcións diferenciables son continuas,
son derivables en calquer dirección, teñen un bo comportamento respecto a álxebra de funcións
(a suma, produto e composición de funciós diferenciables é diferenciable); as funcións elemen-
tais son diferenciables no seu dominio e todas as funcións que teñen todalas derivadas parciais
continuas (que chamaremos de clase 1, C 1 ou continuamente diferenciables) son diferenciables.

2. Gradiente dunha función real


Definición 5. Sexa f : Rn −→ R e x0 ∈ Rn tales que existen as derivadas parciais de f en x0 . O
vector (D1 f (x0 ), . . . , Dn f (x0 )) denomı́nase vector gradiente da función f no punto x0 e denótase
por ∇f (x0 ).
Proposición 6. Se f é diferenciable no punto x0 , entón f é derivable nese punto na dirección de
calquera vector u ∈ Rn e verifı́case Du f (x0 ) = ∇f (x0 ).u
Exemplo 7. Para f (x, y) = x2 +yx2 +1 , temos que ∇f (x0 ) = (1, 0), entón se usamos a propiedade
anterior para obter a derivada direccional de f en (0, 0) na dirección de u = (3, 4), temos que
D(3,4) f (0, 0) = ∇f (0, 0).(3, 4) = (1, 0).(3, 4) = 3

O seguinte resultado resume as propiedades máis importantes do vector gradiente para funcións
diferenciables.
Proposición 8. Sexan f : Rn → R diferenciable en x0 tal que ∇f (x0 ) 6= 0 e u ∈ Rn tal que kuk = 1.
Entón Du f (x0 ) é a proxección ortogonal do vector gradiente de f en x0 sobre a dirección do vector
u e, como consecuencia, tense que
1. − k ∇f (x0 ) k≤ Du f (x0 ) ≤k ∇f (x0 ) k, é dicir, |Du f (x0 )| ≤k ∇f (x0 ) k
∇f (x0 )
2. Du f (x0 ) =k ∇f (x0 ) k se, e só se, u está na dirección de ∇f (x0 ), é dicir u = k∇f (x0 )k
.
∇f (x0 )
3. Du f (x0 ) = − k ∇f (x0 ) k se, e só se, u está na dirección de −∇f (x0 ), é dicir u = − k∇f (x0 )k
.

4. A dirección de maior crecemento de f en x0 é a de ∇f (x0 ).


5. A dirección de maior decrecemento de f en x0 é a de −∇f (x0 ).
Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 10

Observación. 1. O valor máximo da derivada direccional de f en x0 na dirección dun vector uni-


tario alcánzase na dirección do vector gradiente de f en x0 .
2. O valor mı́nimo da derivada direccional de f en x0 na dirección dun vector unitario alcánzase
na dirección oposta á do vector gradiente de f en x0 .
3. En calquera dirección ortogonal á do gradiente de f , o crecemento da función f é nulo. Por outra
parte, é obvio que o crecemento de f é nulo, se x se move sobre unha curva de nivel, de aquı́ que
o gradiente de f no punto x0 sexa ortogonal á curva de nivel que pasa por x0 . Esta propiedade
resultaranos útil para calcular a ecuación do plano tanxente a determinadas superficies.
Exemplo 9. Para obter o plano tanxente á superficie x2 + y 2 + z 2 + 2xy = 10 no punto (1, 2, 1),
consideramos a función f (x, y, z) = x2 +y 2 +z 2 +2xy. Ası́ a referida superficie é o conxunto de nivel
10 de f , entón o vector ∇f (1, 2, 1) é ortogonal ó plano tanxente á superficie x2 + y 2 + z 2 + 2xy = 10
no punto (1, 2, 1). Como D1 f (x, y, z) = 2x + 2y, D2 f (x, y, z) = 2y + 2x e D3 f (x, y, z) = 2z, entón
∇f (1, 2, 1) = (6, 6, 2) polo que a ecuación do plano tanxente é 6(x − 1) + 6(y − 2) + 2(z − 1) = 0,
é dicir, 3x + 3y + z = 10.
Exemplo 10. Para obter a ecuación do plano tanxente á gráfica da función f (x, y) = x2 + y 2 no punto
(1, 2, f (1, 2)), consideramos a función F (x, y, z) = f (x, y) − z = x2 + y 2 − z. Ası́, a gráfica de f
é o conxunto de nivel 0 de F , entón o vector ∇F (1, 2, 5) é ortogonal ó plano tanxente á superficie
z = x2 + y 2 en (1, 2, 5).
Calcúlanse as derivadas parciais de f , D1 f (x, y) = 2x, D2 f (x, y) = 2y, logo ∇F (1, 2, 5) =
(2, 4, −1), que é ortogonal ó plano tanxente, resultando a ecuación do mesmo 2(x − 1) + 4(y − 2) −
(z − 5) = 0, isto é 2x + 4y − z = 5.
Exercicios 11. 1. Para as funcións que seguen, calcula o valor máximo da derivada direccional
para vectores unitarios no punto que se especifica.
p
a) f (x, y) = ln x2 + y 2 en (1, 2)
b) f (x, y, z) = xeyz en (2, 0, −4)
1
c) f (x, y, z) = 1−x2 −y 2 −z 2 en (0, 0, 0)
2 2
d) f (x, y, z) = xy z en (2, 1, 1)
2. Calcula un vector normal ás superficies que seguen no punto indicado:
a) x + yp+ z = 4 en (2, 0, 2) b) x2 + y 2 + z 2 = 11 en (3, 1, 1)
c) z = x2 + y 2 en (3, 4, 5) d) z = x3 en (1, 2, 16)
x
e) ln y−z =0 en (1, 4, 3)
3. Calcula a ecuación do plano tanxente á gráfica de f (x, y) = (y − x2 )(y − 2x2 ) no punto (1, 3).
4. Calcula o plano tanxente no punto (−1, −1, 0) á superficie definida pola ecuación z + x3 =
2xy 2 + 2y 2 + x
5. a) Calcula a derivada de f (x, y, z) = (x + z)ex−y en (1, 1, −1) na dirección do vector (1, 2, −3).
√ √
b) Indica cal é a dirección de máis crecemento de u(x, y) = 8 x + 5 y no punto (4, 1).

3. Teorema de Taylor
Os desenrolos de Taylor permitennos obter o polinomio que mellor se aproxima a unha función
nas cercanı́as dun punto dado. Na práctica proporcionan unha ferramenta para calcular aproximacións
de valores de expresións complicadas. Traballaremos soamente cos desenrolos de orde 1 e 2 por seren
os máis usados na análise económica.
Se f : Rn → R é de clase 3 en Rn e x0 ∈ Rn , o polinomio de Taylor de grao 1 de f en x0 defı́nese
como o polinomio
Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 11

P1 (x) = f (x0 ) + ∇f (x0 ).(x − x0 )


E o polinomio de Taylor de grao 2 de f en x0 defı́nese como o polinomio

P2 (x) = f (x0 ) + ∇f (x0 ).(x − x0 ) + 12 (x − x0 )Hf (x0 )(x − x0 )t


Teorema 12 (de Taylor). Sexan f : Rn → R, f ∈ C 2 , e x0 ∈ Rn .
Para cada x ∈ Rn , x 6= xo , existe un punto z do segmento que une x con x0 tal que

f (x) = f (x0 ) + ∇f (x0 ).(x − x0 ) + 12 (x − x0 )Hf (z)(x − x0 )t


Observación. 1. A versión do Teorema de Taylor que acabamos de enunciar dinos que o valor
da función f nun punto x, cercano a x0 , coincide co valor do polinomio de Taylor de grao 1
de f en x0 máis un sumando, que chamamos resto do polinomio de Taylor, que ven dado en
función das derivadas de segunda orde nun punto intermedio. Cando traballamos con funcións
de clase tres, o Teorema de Taylor aseguranos que o valor da función f nun punto x, cercano a
x0 , coincide co valor do polinomio de Taylor de grao 2 de f en x0 máis un sumando que ven
dado en función das derivadas de terceira orde de f nun punto intermedio. En xeral, o teorema
de Taylor proporciónanos aproximacións polinómicas dunha función nun contorno dun punto
xunto coa expresión do erro cometido. En moitos casos este erro pode ser acotado e, polo tanto,
estimado.
2. Ainda que, en principio, soamente vamos a traballar cos desenrolos de Taylor de orde un e dous,
debemos saber que se Pm é o polinomio de Taylor de grao m dunha función f : Rn → R,
f ∈ C m+1 , en x0 ∈ Rn , entón Pm (x0 ) = f (x0 ) e, ademais, as derivadas parciais de f e as de
Pm coinciden, en x0 , ata a orde m.
3. Consecuentemente, se f é unha función polinómica de grao m, o polinomio de Taylor de grao m
de f en calquera punto coincide con f , pois as derivadas parciais de orde m + 1 de f en calquera
punto de Rn valen cero.
Exemplo 13. Para a función f (x, y) = x3 e2−y , calcularemos o polinomio de Taylor de grao dous no
punto (x0 , yo ) = (1, 2).
Calculamos primeiro as derivadas parciais de f ata a orde dúas,
D1 f (x, y) = 3x2 e2−y D2 f (x, y) = −x3 e2−y
 
6xe2−y −3x2 e2−y
Hf (x, y) =
−3x2 e2−y x3 e2−y

substituı́ndo no punto (1, 2), temos

 
6 −3
f (1, 2) = 1 ∇f (1, 2) = (3, −1) Hf (x, y) =
−3 1
Ası́

P2 (x, y) = f (1, 2) + ∇f (1, 2).(x − 1, y − 2) + 21 (x − 1, y − 2)Hf (1, 2)(x − 1, y − 2)t


Como

∇f (1, 2).(x − 1, y − 2) = (3, −1).(x − 1, y − 2) = 3(x − 1) − (y − 2)


Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 12

e ademáis
(x − 1, y − 2)Hf (1, 2)(x − 1, y − 2)t = D11 f (1, 2)(x − 1)2 + 2D12 f (1, 2)(x − 1)(y − 2) +
D22 f (1, 2)(y − 2)2 = 6(x − 1)2 − 3(x − 1)(y − 2) + (y − 2)2

Entón, o polinomio de Taylor pedido é

P2 (x, y) = 1 + 3(x − 1) − (y − 2) + 3(x − 1)2 − 23 (x − 1)(y − 2) + 12 (y − 2)2


Exercicios 14. 1. Cal é o polinomio de Taylor de grao 12 na orixe de f (x, y) = 15 + 3x + x2 y?
2. Obtén o polinomio de Taylor de grao 2 na orixe das funcións:
1
a) f (x, y) = ex ln(1 + y) b) f (x, y) = (1−x2 −y 2 ) 2 +y 2 −2x2
c) f (x, y) = ln(1 + x2 + y 2 ) d) f (x, y) = e−xy
e) f (x1 , . . . , xn ) = ex1 +···+xn f) f (x, y) = x1/4 y 1/3
3. Calcula o polinomio de Taylor de grao 2 das seguintes funcións, nos puntos que se indican.
a) f (x, y) = x3 + exy en (2, 0)
2 2 −z
b) f (x, y, z) = x − 2xy + ye en (1, 2, 0)
1
c) f (x, y) = xy en (1, −1)
d) f (x, y) = ln(2x − ey ) en (1, 0)
e) f (x, y) = ln(x + y) en (2, −1)
f) f (x, y) = y x en (1, 1)
g) f (x, y) = x2 − yez en (0, 2, 0)
4. Sexa f : R → R unha función que admite derivadas de calquera orde, tal que f (0) = 0, f 0 (0) =
2
1 e f 00 (0) = 0. Definamos a función F (x, y) = x2 f (ln xy2 ). Obtén o polinomio de Taylor de grao
dous de F no punto (1, 1).
5. Utiliza o teorema de Taylor para escribir a función f (x, y, z) = 3 − 2y + xy + xz como un
polinomio expresado en potencias de x − 1, y − 1, z − 2.

4. Exercicios
1. a) Obtén a derivada de f (x, y) = x3 − y 2 no punto (−2, 1) na direccion (−1, 3)
b) Obtén a derivada de f (x, y, z) = x − y 2 − z 3 no punto (2, 1, 0) na direccion (−1, 1, 1)
1 1
2. Consideremos a función u(a, b) = 3a 3 b 7 . Obtén a matriz hessiana de u no punto (1, 1) e estuda
o signo da forma cadrática asociada.

3. Calcula as derivadas parciais de segunda orde e a matriz hessiana en (2, −1) de f (x, y) =
e(x−2)y . Estuda o signo da forma cuadrática asociada á matriz hessiana calculada.

4. Calcula as derivadas parciais de segunda orde e a matriz hessiana no punto (2, −1, 1) da función
f (x, y, z) = x ln z + y 2 + xz 2 . Estudia o signo da forma cadrática asociada á matriz hessiana
anterior.

5. Sexa f : R2 → R, de clase 2, tal que D(1,2) f (0, 0) = −6 , D(−3,−1) f (0, 0) = −2. Obtén as
derivadas parciais de f en (0, 0) ası́ como D(5,−1) f (0, 0)
6. Obtén:
a) o polinomio de Taylor de grado 2 de f (x, y) = ln(x − 4y) no punto (2, 14 )
Grao en Economı́a: Matemáticas II. Curso 2018-19 13

b) o polinomio de Taylor de grado 2 de f (x, y, z) = 2ex + y 2 z − 2 no punto (0, −1, 1)


c) o polinomio de Taylor de grado 2 de f (x, y, z) = ln(x + 1) + y + ln(z + 1) no punto
(1, −1, 1)

7. Sexa f (x, y) = xy − ax − by (a, b ∈ R; a 6= b; a, b 6= 0). Calcula o polinomio deTaylor de grado


2 de f no punto (0, 0) e o polinomio de Taylor de grado 1 de f no punto (1, 0).
2 ,z 4 )
8. Sexan f : R2 → R diferenciable e F (x, y, z) = xzef (y . Calcula D2 F (x, y, z), D12 F (x, y, z)
e D12 F (4, 0, −5).

9. Sexa g : R2 → R diferenciable. Definimos a función F (x, y, z) = g(xz, y 2 ), calcula D32 F (x, y, z).

10. Sexa h : R → R de clase 2. Obtén a matriz hessiana da función F (x, y) = h(x) + xh(y). Se
h0 (1) = 0 e h00 (1) = 1, obtén a matriz hessiana de F en (1, 1) e estuda o signo da forma cadrática
asociada.

Exercicios de repaso
1. Calcula as derivadas parciais das seguintes funcións:
ex−y
a) f (x, y) = 4y−x
b) F (a, b) = (a − 5b4 )3
2

c) F (K, L) = K 2 L5 − 6K − e3K−L + L
d) f (x, y, z, u) = x − y 2 − z 3 + zu
2. Sexa f (x, y, z) = y 2 − exz . Calcula o gradiente e a matriz hessiana de f no punto (0, 1, −1).
3. Calcula as derivadas parciais de segunda orde das seguintes funcións:
p
a) f (x, y) = x3 − 2xy + 5y b) f (x, y) = x4p
− 3x2 y 2 + y 4 c) f (x, y) = y x2 + y 2
d) f (x, y) = ln(x − y) e) f (x, y, z) = x2 + y 2 + z 2 f) f (x, y) = (x − 2y 3 )4
4. Se h é unha función derivable de R en R, tal que h(1) = 0 e h0 (1) = 2, calcula as derivadas
3
parciais no punto (−1, 1, 1) da función f (x, y, z) = h(x2 y 4 ) + xe5h(z )
5. Se h é unha función derivable de R en R, obtén a matriz xacobiana da seguinte función:
 
2 2
f (x, y) = xh(y ), h(−x), x h(y)
Sabendo, ademáis, que a gráfica de h pasa polo punto (0, 2), calcula Df (0, 0).
6. Sexa f : R3 → R diferenciable, tal que D1 f (1, 1, 1) = −2, D2 f (1, 1, 1) = 1, D3 f (1, 1, 1) =
−1. Se F (x, y, z) = f (y, x2 , z), calcula as derivadas parciais de F en (−1, 1, 1).
7. Consideremos a función F (x, y, z) = z + f (x − z 2 , y 2 − z), onde f : R2 → R é unha función
diferenciable.
a) Obtén as derivadas parciais de F , en calquer punto (x, y, z) ∈ R3 .
b) Se Df (−2, 3) = (1, −3), calcula as derivadas parciais de F no punto (2, −1, −2).

8. Sexa f : R2 → R diferenciable da que sabemos que f (0, 0) = 0 e que Df (0, 0) = 4 −2 .
Definimos as seguintes funcións:
F (x, y, z) = f x − y 3 − z 2 , ef (x,xy)


G(x, y, z) = z + xeyf (x,y)


Obtén as derivadas parciais de F e de G en (0, 0, 0)

You might also like