You are on page 1of 48

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.

indd 1 18/09/2018 9:55:24


GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 2 18/09/2018 9:55:24
Guía Turística e Arqueolóxica do
Castro de Doade

Asociación de Amigos Museo Casa do Patrón



Codeseda, 7, 36519
Doade (Lalín, Pontevedra)

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 3 18/09/2018 9:55:24


Reservados todos os dereitos. O contido de esta obra está
protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas,
ademais de correspondentes indemnizacións por danos e
prexuicios, para quen/quenes reproduzan, plaxien ou distribúan,
en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica,
ou a súa transformación, interpretación ou execución artística
fixada en calquera soporte ou comunicada a través de calquera
outro medio, sen a correspondente autorización.

Edición e Coordinación: Vanesa Trevín Pita

Textos e Fotografías:

José Manuel Caamaño Gesto (Director Científico)


Pilar Prieto Martínez (Asesora Científica)
Vanesa Trevín Pita (Directora Técnica)
Erik Carlsson-Brantd Fontán (Director Técnico)
David Fernández Abella (Axudante de Dirección)
Fátima Sánchez Blanco (Arqueóloga Técnica)
Víctor García Piñeiro (Arqueólogo Técnico)
Delia Eguíluz Maestro (Restauradora-Conservadora)
Diana Blanco Patiño (Restauradora-Conservadora)

Promove: Asociación de Amigos da Casa do Patrón

Editorial: A Formiga Rabicha


Deseño e Maquetación: Avelino Jácome Dobarro, Orixe Publicidade
Deseño das portadas: Miguel Ángel Martínez Blanes, Orixe Publicidade
Impresión: Orixe Publicidade
Depósito Legal: OU 266-2018

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 4 18/09/2018 9:55:24


ÍNDICE
Prólogo. José Manuel Caamaño Gesto. ........................................................................7
1. Introdución ........................................................................................................8
2. Roteiro de Sendeirismo do Castro de Doade, vía vertebradora da Parroquia........11
3. O Castro de Doade. Situación............................................................................14
4. O Castro de Doade. Descrición..........................................................................16
5. Guiamos a túa visita..........................................................................................17
6. A importancia do mantemento en boas condicións do Castro de Doade .............25
7. A Sala de Arqueoloxía do Museo Casa do Patrón..............................................28
8. A Historia reconstruída do Castro de Doade......................................................37
9. Recreación dunha casa castrexa.........................................................................38
10. Recomendacións para as visitas. Lembra que…...............................................40
.Agradecementos....................................................................................................41
Anexos
1. Participantes nas escavacións arqueolóxicas do Castro de Doade..........................42
2. Glosario de Termos.............................................................................................45
3. Para saber máis sobre a cultura castrexa en Lalín.................................................46

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 5 18/09/2018 9:55:24


GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 6 18/09/2018 9:55:24
Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Prólogo

Fai catro anos recibín una chamada do director do Museo Casa do Patrón
ofrecéndome liderar un proxecto arqueolóxico da universidade de Santiago no
Castro de Doade. A prudencia levoume a acercarme a Lalín e visitar o Castro
e o museo, para coñecer o equipo da Casa do Patrón e as súas ideas de traballo.
O que parecía una idea romántica, revelouse como una forte aposta do museo
por intervir no seu castro, concretándose nun proxecto arqueolóxico que xa leva
cinco campañas de percorrido e goza de boa saúde para continuar máis anos
investigando o patrimonio arqueolóxico da parroquia, e o seu emblema, a Aurela
do Castro.
A realización destes traballos dalle continuidade aos estudos que iniciamos coa
universidade, xa hai décadas, nos castros da Comarca de Deza da man de Xulio
Carballo, no que este non fora obxecto de intervención arqueolóxica.
Sen dúbida é excepcional o esforzo e o celo que fai un Museo na procura de
recursos que permitan continuar cos nosos estudos. Neste senso a continuidade
que nos ofrece este proxecto é de salientar, nun momento no que a cultura e o
patrimonio están infravalorados, fronte a un contexto de crise que xustifica o non
desenrolo de proxectos de investigación a medio prazo, como este do Castro de
Doade.
Ao mesmo tempo o castro de Doade ofrece un espazo de coñecemento e
formación dos futuros arqueólogos que estudan en Santiago de Compostela, e
unha sala de arqueoloxía no que contemplar os restos e resultados das campañas.
Iniciamos as publicacións do equipo de traballo cunha primeira guía explicativa
do xacemento. Será sen dúbida a primeira de moitas publicacións científicas dos
nosos estudos nesta parroquia de Lalín, que tan ben nos acolle cada maio e xuño
nas nosas campañas. Este é o paso inicial na difusión das nosas investigacións
arqueolóxicas na Aurela; unha guía para todos os públicos coa que entender
a complexidade e riqueza patrimonial que nos deixaron aquí os habitantes de
Doade fai máis de dous milenios. Con ela temos unha oportunidade única de
coñecer un castro da segunda idade do ferro, de interior, de marcado carácter
agrícola, cun limitado grao de romanización, pero de moito interese. Benvidos.

José Manuel Caamaño Gesto.


Catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 7 18/09/2018 9:55:24


Introdución

Esta guía reúne os contidos de cinco campañas arqueolóxicas no Castro


de Doade. Ano tras ano, en maio e xuño volvemos a este Castro para seguir
investigando. Malia que cada ano facémolo xa como algo cotián e pautado
non deixa de ser magnífico o esforzo duns e doutros para seguir coñecendo os
devanceiros dos habitantes da Aurela do Castro.
O xacemento do Castro de Doade atópase situado na parroquia de San Pedro de
Doade, concello de Lalín (Pontevedra), catalogado no Inventario de Xacementos
arqueolóxicos da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens
Culturais da Xunta de Galicia, e incorporado ao Plan Xeral de Ordenación
Urbanística do Concello de Lalín.
O obxectivo deste proxecto é obter un maior coñecemento do castro en particular
e da Cultura Castrexa no Deza en xeral, a través da realización de traballos
arqueolóxicos de escavación. Nesta labor de investigación participan diversos
especialistas de recoñecida traxectoria no panorama académico tanto galego
como español.
Outro dos obxectivos é a posta en valor e a musealización de xeito didáctico
deste elemento de excepcional valor como é o Castro de Doade que posúe uns
condicionantes de morfoloxía e tipoloxía especiais para o coñecemento da
cultura castrexa.
O proxecto ten o apoio dun director científico, José Manuel Caamaño Gesto, e
dunha asesora científica, Pilar Prieto Martínez, ambos profesores da Facultade
de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, contando co apoio desta
facultade á hora de analizar os resultados obtidos en campo de cara a avances na
investigación da cultura castrexa en Galicia.
O proxecto conta tamén co apoio económico, ademais de diversas subvencións do
Museo Casa do Patrón e da Asociación de Amigos do Museo, xunto coa empresa
de Arqueoloxía Argos S.A.S. S. L., realizadora dos traballos, e promotora xunto
co resto de entidades, das escavacións dende o ano 2015 ao 2018.
Ademais do seu soporte científico ao proxecto, a Universidade de Santiago
de Compostela ofrece prácticas de campo orientadas a alumnos de grao e do
Mestrado Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC,
UVIGO e CSIC, grazas ao convenio de prácticas externas firmado entre a
Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Amigos do Museo
“Casa do Patrón”.

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 8 18/09/2018 9:55:24


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

É unha ferramenta esencial para a formación de alumnos e alumnas de


arqueoloxía, sen custe, máis alá das taxas académicas. Serve ademais de campo
de experimentación para novas solucións de musealización e didáctica, sendo un
continuo reto de innovación para os profesionais de conservación-restauración.
Con todos estes ingredientes, o Proxecto do Castro de Doade constitúese nunha
iniciativa única e global, na que participan por igual, tanto o sector privado,
como o sector académico, e na que se pode ver todo o proceso de posta en valor:
escavación, investigación, conservación-restauración, musealización e difusión.

O profesor José Manuel Caamaño e Manuel Blanco, planificando os traballos de escavación

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 9 18/09/2018 9:55:25


Historia da Investigación Arqueolóxica
no Castro de Doade

As intervencións arqueolóxicas neste xacemento, comezaron no ano 2015, cando


o Museo Casa do Patrón adquiriu algunhas das parcelas que compoñen o Castro,
ata unha superficie aproximada de 4.000 m2.
Nesta primeira campaña o obxectivo era atopar evidencias de zonas habitadas
dentro do Castro, e os resultados non puideron ser mellores: localizouse unha
vivenda circular de pedra, preto da zona da muralla, ademais de restos da
mesma muralla e dos seus reforzos interiores, podendo documentar esta parte
tan importante do sistema defensivo. Localizáronse tamén varias estruturas de
material perecedoiro identificadas grazas aos buracos de poste.
No ano 2016, con dúas campañas, ampliouse a escavación da cabana circular
que aparecera no 2015, conseguindo escavala completamente. Fíxose unha
prospección xeofísica á Aurela do Castro para comprobar se existían máis
unidades habitacionais. Unha vez rematado o proceso de escavación, comezaron
os traballos de restauración-conservación dos restos e as estruturas para poder
musealizalos in situ.
En 2017, tivo lugar unha cuarta campaña. Continuouse a ampliación da área
principal, acrecentando o espazo xa musealizado nos lados este e oeste da
estrutura habitacional cumprindo o obxectivo de localizar na súa totalidade unha
segunda vivenda circular, ademais de descubrir a presenza de novos elementos
construtivos na contorna da vivenda circular.
Practicouse tamén unha sondaxe na perturbación detectada pola prospección
xeofísica que permitiu documentar un dobre foxo no exterior do Castro, en
contacto co derrube da muralla.
Por último, neste ano 2018, continuáronse os traballos con unha quinta campaña
de escavación. Seguiuse a investigar a zona xa musealizada, ampliando o espazo,
e localizando os primeiros reforzos interiores da muralla, documentando un
período de ocupación novo, na tardorromanidade. Localizouse tamén un
segundo foxo, e iniciouse a investigación para a localización da entrada orixinal.

10

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 10 18/09/2018 9:55:25


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Roteiro de Sendeirismo do Castro de


Doade, vía vertebradora da Parroquia

A ruta de sendeirismo O Castro de Doade, é un complemento imprescindible que


serve de ligazón principal para conectar o lugar de Codeseda, o Castro de Doade,
o Museo Casa do Patrón e a Contorna Natural Biosaudable de “Os Muíños”,
Ten un ramal de enlace coa Vía da Prata que conta cunha afluencia duns 9.000
peregrinos ao ano.
É unha ruta circular duns 14,5 km. de lonxitude e unha duración estimada de 3
horas e 30 minutos. O percorrido consta de tres derivacións que a unen co Castro
de Doade, coa Ruta da Prata, e co carballo monumental de Soutolongo.
Esta ruta está rexistrada pola Federación Galega de Montañismo co número PR-
G210, sendo a segunda ruta homologada do concello de Lalín.
A ruta ten o seu comezo no Museo Casa do Patrón, no lugar de Codeseda, tendo
á vez o seu fin no mesmo museo. De seguido descéndese ata o río Asneiro á
altura do lugar de Os Muíños, pasando antes pola Contorna Natural Biosaudable
de Entre Ríos que, a demais dos dous muíños restaurados de A Ponte e Entre os
Ríos, conta con diversas áreas de recreo nas que os visitantes poden parar a coller
folgos.
O sendeiro continúa bordeando a marxe esquerda do curso medio do río,
que conta con varias “tostas” que abastecen de auga os muíños de Amancio,
Mouriscade e Benito, todos eles visibles dende a propia ruta e pasando xunto a
vella ponte de pedra que cruza o río, fronte o complexo turístico de Mouriscade.
De seguido a ruta desvíase do río, ascendendo ata as proximidades do lugar de
San Pedro, onde se atopa coa Igrexa, o cruceiro, a fonte de pedra e castiñeiro
centenario, todo isto seguido a continuación polo río Lebozán, cruzando pola
ponte de Sampaio, situada a menos de 1 km do Castro de Soutolongo e que nos
leva ao lugar de Carracedo onde se sitúa a Casona de Piñón.
Atravesando a pista de Doade e baixando de novo ata ó río Asneiro, tómase unha
derivación de 150 m. para visitar o carballo monumental de Soutolongo, árbore
senlleira que conta coa maior copa de Galicia, de máis de 22 m. de diámetro
e o muíño de Espinosa. Cruzando de novo o río por unha pequena pontella
de pedra, esta vez a de Espinosa, pode accederse ata o vello camiño de ferro
atravesando o pontón soterrado de Santomé. De seguido chegarase ao lugar de
A Canda, punto do que parte outra derivación que une a ruta coa Vía da Prata,
que transcorre a 150 metros, sendo visible ó seu paso dende o propio sendeiro.

11

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 11 18/09/2018 9:55:25


Ao baixar arrodeando A Canda,
atravesamos Vilanova de Arriba,
ata chegar o lugar de O Cruceiro,
no que podemos ver a restaurada
Igrexa románica de Vilanova, o
cruceiro de pedra e a Casona do O
Ferreiro. Continuamos baixando e
cruzamos de novo o vello camiño
de ferro por un pontón soterrado,
cara a zona de A Rexidoira,
subindo ata o lugar de Costoia.
Neste punto podemos escoller
unha variante que atallaría 2
km de percorrido, collendo
directamente a subida a Codeseda
e facendo así un percorrido de
12,5 km., atravesando outra vez o
vello camiño de ferro, esta vez por
un pontón elevado sobre a mesma,
pasando por debaixo da ponte do
AVE, e baixando por outro paso
elevado ata chegar de novo o río
Asneiro, onde podemos visitar o
Muíño de Froiz, así como o punto
de xuntanza dos ríos Asneiro e
Abeleda.
Seguindo a marxe esquerda do río,
comezamos a subida a Codeseda,
pasando antes pola Fonte da
Costa, a Pía da Cal, e chegando
a Croa do Castro de Doade,
á que accederemos mediante
unha derivación de 400 m. de
longo, continuando finalmente
a baixada ao lugar de Codeseda,
onde atoparemos o conxunto de
edificios que forman o Museo
Etnográfico Casa do Patrón, lugar
de inicio da ruta.

12

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 12 18/09/2018 9:55:28


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

13

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 13 18/09/2018 9:55:32


O Castro de Doade. Situación

A Idade do Ferro na Comarca de Deza caracterízase pola abundancia de


xacementos arqueolóxicos deste período. O territorio divídese a partir das dúas
grandes concas do Río Arnego e o Deza –dous destacados afluentes do río Ulla-
Estes elementos naturais van vertebrando o poboamento castrexo, que se irá
establecendo nas divisorias de ambos ríos como prioridade. En segundo lugar
estes asentamentos establécense en outeiros e en terceiro lugar en zonas de
ladeira.
Lalín conta con cun total de 32 Castros de diversa cronoloxía dentro do seu
territorio actual. Algúns son de grandes dimensións e varios recintos como o
Castro de Goiás, de 2,5 hectáreas. Máis a maioría son Castros que presentan so
un único recinto. A maioría correspóndense co período da Idade do Ferro –entre
os séculos IX e II a. C.- máis existen algúns exemplos de Castros habitados
durante o período romano, como o de Palmou, o de Catasós ou o de Parada.

Mapa de situación do Castro de Doade

14

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 14 18/09/2018 9:55:32


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

O Castro de Doade, ou Castro do Penedo, coñécese popularmente como a Aurela


do Castro. Sitúase no extremo setentrional dunha lomba, preto da ruptura de
pendente cara o val do río Asneiro. Está a 100 metros dos lugares de Penedo de
Taín, e a 250 metros da Aldea de Codeseda, situada na Parroquia de Doade, a
unha altura duns 544 metros sobre o nivel do mar.
Perto da Aurela do Castro, pódense divisar outros asentamentos, como o Castro
de Soutolongo, -situado a uns 3 quilómetros-, o Castro de Vilanova –situado a
uns 2 quilómetros- e o Castro da Xesta, situado a 3 quilómetros e medio.

Mapa de localización da parroquia de Doade

Dende a súa posición a Aurela do Castro domina a práctica totalidade dos


lugares da Parroquia de Doade, Vilanova e Soutolongo, e parte da parroquia de
Botos.
É un lugar no que dende tempos remotos, se teñen recollido lendas relativas
aos mouros, relacionadas con trabes de ouro, e recollidas polo Museo Casa do
Patrón, das que existe bibliografía no propio Museo, que as incorpora ás visitas
guiadas ao castro.

15

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 15 18/09/2018 9:55:32


O Castro de Doade. Descrición

O Castro de Doade conserva un único recinto de forma tendente á circular, cun


eixo interior E-W duns 100 metros, e preto dos 120 o do exterior. No seu eixo
N-S, mide uns 95 metros o interior e uns 105 o do exterior. Ocupa unha superficie
lixeiramente inferior a unha hectárea. O seu perímetro está delimitado por un
terraplén construído artificialmente cara o sur, creando unha terraza, ao
aproveitar un afloramento rochoso situado no centro do castro. Cara ao norte
adquire un gran desenvolvemento en altura (máis de 7 metros), ao coincidir coa
zona escarpada cara o val do río.

Fotografía aérea onde se delimitan os posibles elementos defensivos do castro

Existen evidencias de varios foxos na zona sur do Castro –ata un total de tres -
que puideron identificarse grazas á diferenza de crecemento dos cultivos –as
chamadas cropmarks- e tamén pola realización dunha prospección xeofísica que
os detectou. Na zona este presenta un aterrazamento que semella un antecastro e
no que parecen morrer os foxos.
Todos estes elementos foron afectados en grande medida polas actividades
agrícolas, o cal dificulta a súa identificación; non existiu grande afectación
debido á concentración parcelaria, e existe un profundo respecto por parte dos
veciños e veciñas á zona do Castro, co cal aínda podemos gozar dunha paisaxe
tradicional fosilizada na contorna do Castro.

16

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 16 18/09/2018 9:55:33


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Guiamos a túa visita

Para chegar ao Castro de Doade, podemos facelo dende Lalín, seguindo as


indicacións dos carteis, a través da N-640. Unha vez saímos de Lalín en dirección
a Pontevedra, continuamos recto nas dúas rotondas e seguimos os indicadores.
Se chegamos dende Santiago ou dende Ourense, debemos tomar a saída 46
da autopista, e dende a rotonda do ferrocarril, tomamos a estrada que vai en
dirección a Mouriscade e Codeseda, onde se atopa o indicador “Casa do Patrón”.
Á altura de San Tomé, collemos unha pista secundaria á dereita, atravesamos a
ponte do camiño de ferro e continuamos recto durante 1 km ata chegar á aldea
de Codeseda.
O ideal é deixar o vehículo no aparcadoiro de “Casa do Patrón” e continuar a pé
ata o Castro que se atopa a uns 500 metros do Museo. O paseo será agradable,
entre as casas da aldea, cada unha delas provista do seu correspondente cartel
onde se narra súa historia, desvelando algúns detalles dos habitantes da Aldea de
Codeseda, na parroquia de Doade.
Ó achegarmos ao Castro, atopámonos co primeiro dos dous foxos que foron
escavados, pertencente á campaña de 2018, que conta con unha profundidade
duns 5 metros e uns 8 metros de longo. A súa configuración é en forma de
V, aínda que o chan máis ben plano, posúe sendos canais no seu interior que
permitían a drenaxe da auga se se anegase o foxo.
Segundo os datos obtidos da escavación, o foxo foi utilizado durante a Idade do
Ferro, e a época romana, e anulado en época tardoantiga para ser utilizado como
bancal agrícola.
Seguidamente a este foxo, foi detectada unha anomalía na prospección xeofísica
que nos indica que podería haber un segundo foxo entre o que acabamos de
visitar e o seguinte que encontramos á carón da muralla.
O seguinte foxo, que foi escavado en 2017, posúe a característica de ser dobre,
é dicir, que ten dous cortes de sur a norte. O primeiro menos profundo, de 1,70
metros aproximadamente e o segundo de case 4 metros de altura. O primeiro ten
unha forma de V bastante marcada mentres que o segundo ten forma de V, máis
plano no final. Por causas descoñecidas, os construtores detiveron o proceso de
escavación do foxo nese punto.
Segundo os datos obtidos da escavación, este foxo foi utilizado na Idade do
Ferro. Unha vez abandonado, atopamos uns centímetros de sedimentación, e
máis adiante, comezou un proceso de recheo para poder utilizar a Aurela do

17

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 17 18/09/2018 9:55:33


Modelo fotogramétrico onde se pode
observar o foxo, unha vez finalizada a
súa escavación

18

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 18 18/09/2018 9:55:33


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Fotogrametría do doble
foxo pegado á muralla
escavado en 2017

19

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 19 18/09/2018 9:55:34


Castro como lugar de cultivo. Os diferentes
recheos de terra e pedras pertencen a diversas
épocas e mestúranse co derrube de parte da
muralla.
Os foxos escavados atópanse neste momento
cubertos por seguridade, quedando no seu
lugar, un panel explicativo que nos ilustra sobre
os aspectos máis importantes de cada un deles.
O lugar polo que accedemos hoxe en día ao
Castro non é a súa entrada orixinal. Trátase
dun rebaixe da muralla acompañado dun
recheo no foxo que permite o acceso por esa
zona.
Unha vez na parte superior, podemos observar
a altura na que nos atopamos, e contemplar
a Aurela do Castro en todo o seu conxunto.
Camiñamos á nosa dereita cara a área
musealizada. Esta área é unha das zonas
máis interesantes e das que máis información
proporcionou nas cinco campañas de
escavación.
Comezou a escavarse no ano 2015, no que
apareceu parte do muro da vivenda circular
máis grande que se observa no conxunto.
Trátase dunha zona complexa, que a medida
que se escava, vaise tamén reinterpretando cos
novos datos dos que vamos dispoñendo.
Ademais da vivenda grande, existe tamén
unha vivenda circular máis pequena, ao norte
da mesma, da que apenas se conserva parte
da cimentación, e na que podemos observar
unhas pequenas pedras fincadas, asentadas na
rocha natural, que servirían de base para a súa
construción.

20

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 20 18/09/2018 9:55:34


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Modelo 3D da vista xeral da casa


pequena tras a súa escavación

21

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 21 18/09/2018 9:55:34


Do outro lado da vivenda grande encontramos dous espazos diferenciados:
o que se atopa máis ao norte, esparexido de buracos de poste, que podería ter
pertencido a unha estrutura anexa á estrutura habitacional principal, construída
con material perecedoiro e soportada por piares, posiblemente tamén de madeira.
Tras ese espazo, na súa zona sur, encontramos outro moi interesante que foi
interpretado como un chan utilizado en época romana.

Fotografía dos espazos interpretados como nivel de uso romano e construción anexa á casa grande

Completa o conxunto o reforzo da muralla, que é ese pequeno muro que se


conserva tras as estruturas habitacionais e que nos da fe da anchura da muralla,
hoxe en día moi rebaixada pero que demostra a súa importante entidade.
É posible que no seu momento se puidera deambular pola súa cume, aínda que
debido ao proceso de explanación para converter o conxunto en lugar de cultivo,
non temos evidencias.
Do que si as temos e de varios momentos construtivos no reforzo da muralla.
Sabemos que nos seus inicios posuía unha cimentación de pequenas pedras
fincadas, semellantes no xeito de construción ao resto de estruturas do castro, e
que posiblemente levase consigo unha empalizada de material perecedoiro para
o seu soporte.
Posteriormente, coa construción da chamada “casa grande”, destruiríase parte
do reforzo da muralla e retraeríase uns metros, como se pode observar por detrás
da mesma, con un muro de contención que é a parte mellor conservada.

22

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 22 18/09/2018 9:55:36


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Detalle do reforzo da muralla, escavado en 2018

Tras o reforzo da
muralla, e co fin
de comprobar a
potencia da mesma
e as técnicas
utilizadas para a
súa construción,
escavouse esa zona
entre os anos 2015 e
Estratigrafía do interior da muralla 2016, comprobando
principalmente que a
muralla puido posuír
unha cara exterior,
tendo no seu interior
unha serie de grandes
depósitos de recheo
de terra e pedra.

Detalle do perfil oeste, tras a escavación do interior da muralla

23

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 23 18/09/2018 9:55:38


Só nos resta visitar o último lugar escavado, na campaña 2018. Para facelo,
debemos regresar á pista asfaltada, e acceder a través dun pequeno camiño entre
fincas, para non perturbar o traballo dos veciños e veciñas de Codeseda
atravesando os campos de forraxe.

Detalles da escavación da zona da muralla no lugar de acceso ao castro

Unha vez accedemos polo camiño, encontraremos un pequeno espazo


musealizado, no que poderemos ver un anaco de muro. Este muro forma parte
da cara exterior da muralla do Castro de Doade. Aquí encontramos polo menos
dous momentos nos que os habitantes do Castro, durante a Idade do Ferro,
utilizaron ese espazo. Un primeiro momento de construción desa cara da
muralla, e un segundo momento de uso e reforzo, cando a muralla se veu
parcialmente abaixo.

Fotografía final da escavación previa á musealización

24

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 24 18/09/2018 9:55:41


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

A importancia do mantemento en boas


condicións do Castro de Doade

Podemos considerar ao Castro de Doade, e aos seus promotores, o “Museo Casa


do Patrón” como un exemplo de boas prácticas en conservación do Patrimonio.
Contan dende o inicio das súas intervencións, coa presenza dunha equipa de
conservadores-restauradores que se teñen feito cargo tanto dos materiais mobles
–cerámica, metais e vidro-, como dos inmobles –estruturas- que ano tras ano se
foron descubrindo.
Esta equipa está encargada de estabilizar e conservar os bens, ademais
de restauralos e preparalos para que poidan ser expostos, tanto na sala de
arqueoloxía do Museo como ao aire libre, no propio xacemento arqueolóxico.
Desta forma, garantimos que perduren co paso do tempo e que poidan ser á vez
amosados ao público dunha forma o máis didáctica posible.
Todas as tarefas que se levan a cabo parten de criterios básicos normativos que
deben ser respectados e acatados en todo momento para a conservación do
legado cultural: uso de materiais reversibles, inertes, elásticos e estables que
permitan calquera nova intervención no futuro; as actuacións están encamiñadas
a retrasar o máis posible o deterioro do orixinal; as intervencións de restauración
deben ser mínimas, para evitar falsificacións. Ponse sempre unha marca, con
material de cor distinta á do ben que se está a restaurar, para que se poida
identificar o orixinal. So se xustifica unha restauración máis agresiva nos casos
nos que o ben precise certa reintegración para mellorar a súa lectura e
comprensión.

Detalle da consolidación dos muros Detalle dos elementos separadores colocados


nos muros

25

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 25 18/09/2018 9:55:42


Cómo intervimos elementos patrimoniais
para conservalos e poder ensinalos?

Polas características climáticas e terrestres específicas do Castro de Doade,


consérvanse en mellor estado sobre todo obxectos de tipo cerámico e vidro. Os
de orixe metálico resisten moito menos, sendo practicamente inexistente o
material orgánico nesta intervención.
As pezas recuperadas son
clasificadas por tipo e data durante
o proceso de escavación, e lavadas,
individualizando as que poidan
estar máis deterioradas ou as que
sexan máis relevantes para coñecer
máis acerca do Castro e dos seus
habitantes. Posteriormente son
levadas ao laboratorio, onde se van
clasificando nunha base de datos,
fotografando individualmente,
ademais de asignárselles unha sigla
–un código diferenciador- para
poder identificalas e localizalas
en todo momento e facilitar o seu
Procesado do material. Proceso de lavado estudo.
Durante as últimas campañas abríronse diferentes áreas do Castro nas que se
atoparon distintos ambientes que representan distintas épocas de ocupación.
Todas estas estruturas conservadas levan consigo unha tarefa continua de
conservación e musealización, tratando de evitar o deterioro dos bens e ao mesmo
tempo, de elaborar un discurso con eles que sexa perfectamente entendible polo
público.
A súa consolidación prodúcese co obxectivo de estabilizar e protexer as estruturas
dos axentes medioambientais que poden deterioralas –cambios de temperatura,
chuvia -. Tamén se trata de recuperar a lectura de cada un dos ambientes para
ofrecer ao público unha lectura clara e correcta do que se mantén exposto (Fig.20
Vista da casa grande antes dos traballos de musealización).
Para as tarefas de consolidación, utilízanse morteiros de cal natural e áridos
extraídos na súa maioría do propio xacemento. Son materiais ecolóxicos e

26

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 26 18/09/2018 9:55:43


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Vista da casa grande antes dos traballos de musealización

compatibles co espazo tratado que ralentizarán o máis posible o deterioro dos


elementos arquitectónicos.
Para mellorar a lectura visual do xacemento óptase pola reintegración dalgunhas
partes estruturais as cales non tiñan sido conservadas pero das que nos quedan
certos vestixios que nos permiten a súa recreación simulada e totalmente
detectable. Ademais usáronse áridos de varias cores para diferenciar ambientes,
épocas e elementos que se recuperaron e que precisarían esa axuda para ser
comprendidos por calquera tipo de visitante.

Conxunto inmoble conservado e musealizado

27

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 27 18/09/2018 9:55:44


A Sala de Arqueoloxía do
Museo Casa do Patrón

Para garantir a súa protección, a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia contempla


que os materiais arqueolóxicos recuperados nas intervencións do patrimonio,
deben ser depositados nos museos asignados a tal efecto. Normalmente os
Museos Provinciais. Nesta ocasión, Casa do Patrón fixo os trámites necesarios
para que legalmente, todas as pezas recuperadas do Castro se poidan depositar
no propio museo da entidade, ofrecendo a oportunidade de visitar o Castro e as
propias pezas recuperadas no mesmo lugar, podendo desfrutar así do discurso
expositivo completo.

Sala de arqueoloxía

Tras facer o estudo de materiais, as pezas máis relevantes e que nos axudan a
comprender o pasado do Castro e a evolución do seu poboamento, son expostas
na Sala de Arqueoloxía. O resto de pezas son almacenadas agardando que algún
investigador se interese nelas.
Unha vez estudados e recollida a información, escóllense os materiais que dan
unha maior información sobre o Castro e os que poden contribuír mellor á
construción da súa historia e a comprensión por parte dos visitantes, para seren
expostos.
Para poder facelo, debe existir todo un proceso previo de conservación-
restauración, realizada baixo un criterio arqueolóxico e didáctico que permita
a transmisión da información que os arqueólogos puideron obter da peza, aos
visitantes do museo.

28

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 28 18/09/2018 9:55:45


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Un exemplo interesante é o caso dunha peza que pasou por todo este proceso
para ser exposta na sala de arqueoloxía do Museo: a ola de barro, apareceu case
íntegra, próxima estrutura circular grande do conxunto habitacional do Castro
de Doade. A extracción foi realizada pola equipa de conservación e restauración.
Fíxose un soporte especial para poder extraer a peza en bloque e protexer tanto o
obxecto como os contidos do seu interior, que debían ser estudados
posteriormente.

Proceso de extracción da ola de barro en campo

Unha vez no laboratorio,


descubriuse que estaba
moi fragmentada especial-
mente na parte da base, e
a peza permanecía íntegra
grazas á terra que rodeaba
o depósito.

Ola fragmentada por unha


raíz, debaixo pódese ver o
soporte especial utilizado na
extracción

29

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 29 18/09/2018 9:55:47


Fíxose unha consolidación previa para evitar o deterioro e iniciouse un proceso
de escavación do interior da ola de barro, para estudar o seu interior. Unha vez
rematado este proceso continuou o proceso de consolidación, con varios baños
consecutivos, que alcanzaron concentracións moi altas para conseguir estabilizar
a pasta cerámica, que se desintegraba con moita facilidade.
Finalmente, rematou o proceso co arduo traballo de adhesión de todos os
fragmentos que formaron a ola cerámica, tratando de devolver á peza ao seu
volume e morfoloxía orixinais.
A ola foi descuberta sen a súa base, á cal nalgún momento desapareceu e foi
reaproveitada para outro tipo de contido, resolvendo o oco que quedaba na base
da peza, con un fragmento doutra cerámica. Para musealizar a peza e poder
contar a súa historia, o obxecto foi instalado por debaixo do nivel de visión, para
que puidera ser observado ese novo pé do seu interior.

Detalle do proceso de restauración da ola

30

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 30 18/09/2018 9:55:48


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Outras pezas para as que foi necesaria unha atención especial foron os metais.
Como xa apuntamos, o material metálico resiste moi pouco debido ás condicións
específicas do solo galego.
Contamos con un conxunto de tres fíbulas de bronce, con un estado de
conservación bastante malo, oxidación moi avanzada, case totalmente
pulverizadas e moi complicadas de manipular.
O tratamento que se lle deu a estas pezas comezou cunha limpeza, a eliminación
das pátinas inestables que presentaban as pezas e a estabilización das sales
metálicas, unha concienciuda fase de consolidación e finalmente a aplicación
dunha capa de protección ambiental para salvagardar as pezas.
Unha vez estabilizados, foron
adheridos a elas os pequenos
fragmentos que se foran
desligando, e que aínda se
conservaban.
Unha vez expostos, Casa do
Patrón conta cos detectores
programados para exercer
o control destes materiais,
e manter as condicións
ambientais estables durante
todo o ano, as cales favorecen a
Baño de inhibición de metal súa conservación.

Na sala de arqueoloxía tamén se expoñen outros materiais, que se ben son máis
comúns, constitúen a maior fonte de información para entender o Castro de
Doade e informarnos sobre cómo vivían os seus habitantes.
Nas vitrinas da Sala do Museo, expóñense tamén fragmentos de material
cerámico de tradición indíxena de olas, tallas de almacenaxe, xerras, cuncas,
ánforas, pratos e vasos. Dentro das vitrinas atópanse representados as diferentes
decoracións atopadas no Castro de Doade para a cerámica, con tres técnicas
principais: a decoración plástica –na que se aplica arxila sobre a parede do
recipiente- con cordóns, mamelóns ou puntas de diamante; a decoración incisa,
realizada con punzón fino ou acanalado; e a impresión, con grandes variedades
decorativas e moitas veces motivos compostos; o bruñido e o engobado –este
último combinado co espatulado; e co cepillado- e o pintado, do que temos algún
exemplo.

31

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 31 18/09/2018 9:55:49


Esta cerámica sobre todo é feita a man, aínda que a medida que medra a
influencia romana, cada vez se estila máis a cerámica a torno, coñecida como
cerámica común galaico-romana, feita na zona, pero inspirada polas modas
romanas. Existe unha grande complexidade nas decoracións e unha enorme
variedade de elección de técnicas e elementos conformando motivos. Eran
utilizadas sobre todo para servizo de cociña, despensa e almacenaxe.
A localización do xacemento atópase xeograficamente entre dúas grandes
tradicións oleiras, sendo a do Miño a preponderante no rexistro arqueolóxico de
Doade, aínda que tamén contamos coa presenza da chamada, “tradición Rías
Baixas”.

Exemplos de decoracións con cordóns, mamelóns ou puntas de diamante

32

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 32 18/09/2018 9:55:49


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Exemplo de decoración incisa

Exemplo da decoración impresa

33

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 33 18/09/2018 9:55:51


Fotografía de cerámica engobada

Fotografía de cerámica pintada

34

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 34 18/09/2018 9:55:51


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Tamén atopamos cerámica importada: fragmentos de ánfora Haltern 70,


fragmentos de Terra Sigillata, e un par de fragmentos de cerámica de paredes
finas de tipo Melgar de Tera, decorada con mamelóns.
Son elementos decorativos eminentemente xeométricos, predominando os
rectilíneos fronte os curvilíneos. Tamén se expoñen restos de materiais de
construción (fragmentos de pallabarro, restos de tégulas e ímbrices).
Temos restos de fragmentos pétreos, como fragmentos de muíños, -tanto
barquiformes como circulares-, afiadores, alisadores, pesos, posibles tapas e
fichas, realizadas en granito, cuarcita e xisto, así como tamén fusaiolas. Os
metais, como xa apuntamos son os menos, -non máis de 30 individuos en todas
as campañas- e dos que se recupera moi pouca información.

Exemplo de cerámica bruñida

35

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 35 18/09/2018 9:55:51


Cerámica de importación

Material pétreo. Pesos, fusaiola e fragmento


Material de construción. Tégulas de muiño circular

36

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 36 18/09/2018 9:55:52


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

A Historia Reconstruída do Castro de Doade

Qué nos contan estes materiais asociados a o seu lugar de procedencia?


Dende o ano 2015, recuperáronse máis de 20.000 pezas do Castro de Doade.
Grazas a que a maioría delas se atopaban dentro do seu contexto, e grazas
tamén á realización dalgunhas análises de Carbono 14, puidemos reconstruir o
que podería ser unha aproximación ao que puido ser a ocupación do Castro de
Doade no pasado.
Sabemos que o Castro de Doade estivo habitado aproximadamente dende os
séculos III- IV a. C., que a ocupación continuou no século I a. C. e no século
I d. C. podendo chegar ata o século II d. C. Máis tarde, presúmese que sería
abandonado progresivamente e de maneira pacífica, ou polo menos diminuiría
considerablemente o seu esplendor habitacional, sendo reocupado de forma
menos intensa nun momento tardío, que puido discorrer entre os séculos IV e V
d. C.
Poderíamos falar de varios momentos no Castro de Doade:
Un primeiro que discorre entre os séculos IV e II a. C., na que predomina a
cerámica de tradición indíxena. Deses momentos dataría a construción da
muralla, os reforzos interiores, e dos dous foxos do Castro escavados en 2017
e 2018, ademais das construcións en material perecedoiro da zona Norte do
Castro, das que hoxe só nos quedan negativos das mesmas e posiblemente a
construción da primeira estrutura habitacional, baixo a vivenda grande, que se
interpreta, a través da estratigrafía, que posteriormente sería desmontada para a
construción da grande.
Un segundo momento no que se combina a cerámica de tradición indíxena con
materiais galaico-romanos –producidos en Doade pero influenciados polas
técnicas romanas-, e importacións romanas.
É o momento de modificación do reforzo interior da muralla para a construción
da vivenda circular máis grande, e tamén da construción con material
perecedoiro, na zona este da casa grande, da que conservamos parte da
cimentación, parte dun chan de laxas de pedra e unha serie de buracos de poste.
A ese momento pode pertencer tamén o chan de orixe galaico-romana recuperado

37

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 37 18/09/2018 9:55:52


na campaña de 2018. Puido ser a época de maior actividade no Castro de
Doade. Un momento no que os habitantes do Castro, comerciaban activamente
con produtos procedentes doutros lugares como así o demostra a presenza de
fragmentos de Terra Sigillata, paredes finas tipo Melgar de Tera, e ánforas Haltern
70, asociadas a este momento de habitabilidade no Castro que podemos acotar
entre finais do século II a. C. e inicios do século I d. C.
Ao longo do século II d. C. como xa apuntamos, temos evidencias de que o
Castro de Doade foi abandonado de maneira progresiva, sen evidencias de
conflitividade, e posteriormente preparado para albergar terras de cultivo, tanto
na Aurela como nos arredores, xa en época tardorromana.
Polas informacións recuperadas na última campaña, parece que poden existir
evidencias dunha última fase de ocupación que podería rondar os séculos IV e V
d. C. Por un lado a presenza dun chan de ocupación posterior, descuberto enriba
do derrube da muralla, na área habitacional, asociado a un vidro que podería ter
procedencia tardía.
E relacionado con isto, na zona do foxo exterior, aparece un chan tamén de
época romana tardía, con tégula e cerámica que lembra á tradición lucense, con
engobe vermello.
Con ese chan, o selado do foxo para a construción dun bancal, que, polo que nos
conta a lectura estratigráfica se podería asociar tamén a esa época.
E por último, a ocupación esporádica do Castro, cando este foi usado como terra
de cultivo, que deixa tamén certas evidencias como vidrados, louza e algunhas
pezas metálicas, vidro e incluso restos de plástico recente dos últimos anos.

Recreación dunha casa castrexa

Para finalizar a visita, o ideal será pasar uns instantes no interior da recreación
da Casa Castrexa que se encontra ao pé do Museo Casa do Patrón, na aldea de
Codeseda.
Trátase dunha construción que pretende recrear a vivenda grande do Castro,
e que ven a complementar a oferta expositiva e didáctica do Museo co fin de
proporcionar ao visitante unha experiencia completa e de calidade.

38

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 38 18/09/2018 9:55:52


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Fotografías exterior e interior da casa castrexa

39

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 39 18/09/2018 9:55:54


Recomendacións para as visitas.
Lembra que..

Antes de visitar o Castro de Doade, debemos ter claras certas normas básicas que
teñen como finalidade axudar á preservación deste xacemento arqueolóxico para
o futuro. É por iso que a nosa obriga como cidadáns é poñer o noso gran de area
para que estes lugares se degraden o menos posible coas nosas visitas.
Todos os obxectos que se encontran nun museo, xa sexa dentro dunhas
dependencias cerradas ou ao aire libre, forman parte do patrimonio cultural de
todos e cada un de nós.
É por iso que non debemos substraer ningún obxecto dos lugares arqueolóxicos e
moito menos usalo para comerciar ou con ánimo de lucro.
O valor principal destes obxectos é que ao atoparse nun contexto determinado
nos dan unha información vital para comprender como vivían os nosos antergos.
Trátase dun valor científico e de investigación, e dunha información que se
perdería se fosen subtraídos.
Debemos tamén absternos de pintar, raiar ou tratar de decorar ou alterar calquera
zona do sitio arqueolóxico, xa que estaríamos dando ao traste co proceso
de musealización e didáctica, e impedindo que outras persoas despois de nós
puidesen desfrutar do discurso expositivo adecuadamente.
E por último, debemos evitar deixar lixo na área arqueolóxica, as terras de labor
ou os seus arredores, e manter limpa a contorna, xa que se trata á vez dun espazo
natural que debe ser preservado e dunha zona de traballo para os donos das fincas
colindantes ao Castro de Doade, que amablemente permiten o estacionamento
de vehículos e o trasfego de persoas nos seus lugares de traballo.
Seguindo todas estas recomendacións, o traballo realizado pola empresa Argos,
e promocionado polo Museo Casa do Patrón, en Colaboración coa USC
e financiado por distintas entidades ao longo destes catro anos, coa axuda de
todos, conseguirá preservarse para xeracións futuras.
A equipa de traballo do Castro de Doade deséxache unha boa visita.

40

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 40 18/09/2018 9:55:54


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Agradecementos

Dende a equipa de traballo do Castro de Doade, queremos agradecer a


xenerosidade de moitas persoas que ao longo destes catro anos nos teñen servido
de axuda para levar a cabo estes traballos ademais de para a elaboración desta
guía.
A Manuel Blanco Villar, xerente de “Casa do Patrón”, por querer embarcarse
nesta novidosa aventura, e ser capaz de financiala e continuala durante nada
menos que 5 campañas.
A Jose Manuel Caamaño Gesto, director científico das intervencións, por
prologar esta guía, e servirnos de apoio durante todo este tempo a pesar das
dificultades.
A Pilar Prieto Martínez, asesora científica do proxecto, a Pedro López-Barja de
Quiroga, coordinador do Mestrado Universitario de Arqueoloxía e Ciencias da
Antigüidade, e facendo extensivos os agradecementos ao resto do profesorado
do mestrado, polas súas visitas e pola comprensión ofrecida aos alumnos para a
entrega de traballos mentres estaban a escavar no Castro.
Ás investigadoras predoutorais Verónica del Río, e Alba Rodríguez por acceder
dedicar parte do seu tempo a visitar os materiais da escavación e ilustrarnos con
algunhas claves para mellorar as nosas conclusións.
A Belén Vizoso, profesora de Primaria do CEIP José María Lage de Ortigueira,
e a Xosé María Torres Bouza, presidente da revista “Terras do Ortegal”, por
accederen revisarnos a gramática, a sintaxe, e a adecuación desta guía ao público
en xeral.
A Inés González, pola súa xenerosidade, a Benjamín Iglesias pola súa
comprensión, a Cesáreo Costa pola súa aportación de información e a Suso
Jorge, pola súa axuda inestimable que nunca esqueceremos, ademais de todos os
veciños e veciñas de Doade, que tan ben nos acollen cada ano e se interesan polo
que estamos a facer no seu castro.
A todos e todas os alumnos e alumnas da USC que pasaron polo Castro de
Doade, e que sen dúbida foron a peza clave para o desenrolo dos traballos. So
esperamos tervos devolto sequera algo do que vós nos destes a nós, co voso
traballo e a vosa alegría diaria que cubría ata os tediosos días de chuvia.
A todas. Grazas de corazón.
A Equipa técnica do Castro de Doade.

41

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 41 18/09/2018 9:55:54


ANEXOS

Participantes nas escavacións


arqueolóxicas do Castro de Doade

Foron moitos os alumnos, e alumnas, que recibiron parte da súa primeira


formación de arqueoloxía de campo no Castro de Doade:
No ano 2015, executouse un proxecto finaciado pola Asociación de Amigos do
Museo Casa do Patrón, no que ademais do equipo técnico, formado por Erik
Carlsson-Brandt, David Fernández e Vanesa Trevín, participaron os alumnos de
grao da USC Jorge M. Bravo, Julián Bustelo, Antonio Casal, Ana Fernández,
Victor M. García, Andrea Mouriño, Andrea Pérez, Fátima Sánchez e María
Silva.

Foto de familia do ano 2015

42

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 42 18/09/2018 9:55:55


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

No ano 2016 fixéronse dous proxectos. O primeiro foi sufragado pola Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e executada pola USC (G.I.
Síncrisis) e Argos S.A.S. SL. Como Codirector Científico incorporase Pedro
López Barja de Quiroga (USC) e como asesora científica Pilar Prieto Martínez
(USC), que o será tamén das seguintes campañas.
Como equipo técnico estiveron Erik Carlsson-Brandt, David Fernández, Diana
Blanco, Delia Eguiluz, David Santos e Vanesa Trevín. Como encargada do
estudo de materiais estivo Fátima Sánchez. Participaron os alumnos de Máster:
Izaskum Caselles, Mª Ángeles Coello, Antonio J. Fernández, Ezequiel Lago,
Julia Marín, Marcos A. Padín, Isabel Perales, Nerea Ruanova, Sergio Sánchez,
Jorge Santamaría, F. Javier Somoza y Javier Varela.
Outro proxecto este mesmo ano estivo financiado pola Asociación de amigos
do Museo, participando como equipo técnico: Erik Carlsson-Brandt, David
Fernández, David Santos e Vanesa Trevín e como encargada do estudo de
materiais Fátima Sánchez. Participou nel o alumno de grao da USC Víctor M.
García.

Foto de familia do ano 2016

43

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 43 18/09/2018 9:55:56


No ano 2017 realizouse un proxecto sufragado pola Asociación de Amigos do
Museo e co financiado polo AGADER. Como equipo técnico nesta intervención,
estiveron Vanesa Trevín, David Fernández, Delia Eguiluz, Vítor M. García,
Marta Martínez e Fátima Sánchez. Tamén participaron os alumnos de Máster
Diego Babarro, Julián Bustelo, Cristina Ordoñez, Veronica Silva, a alumna da
USC, Uxía Iglesias e o doutorando Samuel Nión.

Foto de familia do ano 2017

No ano 2018 realizouse o último proxecto ata a data, sufragado tamén pola
asociación de amigos do Museo e cofinanciado por AGADER. Como equipo
técnico estiveron Vanesa Trevín, David Fernández, Delia Eguiluz, Victor M.
García, Fátima Sánchez e Jose M. Vallejo. Participaron os alumnos de Máster
Sihan Wang, Borja Rey, Elvira Mangas, Hector Martín e os alumnos de grao
Aarón Barreira e Silvia Sierra.

Foto de familia do ano 2018

44

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 44 18/09/2018 9:55:59


Guía Turística e Arqueolóxica do Castro de Doade

Glosario de Termos

Antecastro-. Recinto inferior á croa do castro, que pode ter diversos propósitos,
dependendo da súa localización e configuración: zona de cultivo, lugar de
vixiancia, curro para o gando, etc…
Aurela-. Termo utilizado para referirse ao recinto máis alto do castro (croa,
coroa, acrópole, etc…)
Haltern 70-. Tipo de ánfora moi atopada en xacementos de Galicia que era
normalmente transportada en época romana dende á área do Guadalquivir.
Conservación-restauración-. E unha disciplina adicada a protexer, estabilizar e
preservar aqueles bens mobles e inmobles de orixe arqueolóxica atopados tanto
en medios terrestres como en medios acuáticos.
Consolidación-. Técnica propia da conservación-restauración que consiste
nunha serie de acción encamiñadas a protexer tanto a material moble como
inmoble, dos axentes medioambientais que poden deterioralas.
Estratigrafía-. Rama da xeoloxía utilizada pola arqueoloxía que estuda a
superposición de capas da terra dende o subsolo, co fin de poder interpretar
restos de actividade humana ao longo do tempo.
Fíbula-. Fibela ou broche de bronce ou ferro, que se usaba para suxeitar algunhas
prendas de vestir, como se fose un imperdible.
Foxo-. Elemento defensivo, que consiste nunha zanxa escavada preferentemente
na rocha, que impide ou dificulta a entrada aos recintos interiores do castro.
Fusaiola-. Obxecto redondo, con unha perforación no seu interior na que se
ensartaban nos fusos (variñas cilíndricas para envolver fío, que normalmente eran
de madeira, e os cales non conservamos). Podían ser de pedra ou de cerámica.
Musealizar-. Conxunto de accións encamiñadas a mellorar a estrutura visual e á
presentación de maneira didáctica, tanto dun ben moble como dun ben inmoble,
de cara a que a súa historia e características poidan ser comprendidas polo
público en xeral.
Pallabarro-. Material de construción consistente na mestura de elementos
orgánicos, con arxila para o revestimento a aislamento de paredes.
Prospección Xeofísica-. Recoñecemento do subsolo para detectar posibles
elementos estruturais froito da actividade dos seres humanos no pasado.

45

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 45 18/09/2018 9:55:59


Tardoantiga, tardorromanidade-. Período chamado de transición entre a época
romana comprendido aproximadamente dende o século IV (consecuencias da
crise do século III), ata o século VII (expansión musulmana).
Tégulas e ímbrices-. Material de construción para a construción de cubertas en
época romana e posterior, similar ás tellas actuais.
Terra Sigillata Hispánica-. Vaixela fina para servizo de mesa, importada, que
no caso do castro de Doade e de Galicia en xeral, proviña da zona da Rioja.
Tipo Melgar de Tera-. Nome que se lle da a un tipo de vaixela fina para servizo
de mesa, importada, que posiblemente puidera vir da zona de Zamora.

Para saber máis sobre a cultura


castrexa en Lalín

BUXÁN, C. (1989). Guía dos castros de Lalín. Asociación Cultural O Naranxo.


Lalín.
CARBALLO ARCEO, L. X. (2002). A Cultura Castrexa na Comarca do Deza.
Colección Deza. Clásicos (Seminario de Estudios del Deza), nº 4.
“Doade”. Gran Enciclopedia Galega, Otero Pedrayo (dir.), T. IX.
GARCÍA PORRAL, X. (2010). Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición
oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego.

PRESAS GARCÍA, A. (2008). Os Castros de Lalín. Colección Deza Clásicos


(Seminario de Estudios del Deza), nº 11.

PRIETO MARTÍNEZ, M. P., e CRIADO BOADO, F. (2010). Reconstruyendo la


historia de la comarca del Ulla-Deza (Galicia, España). Escenarios arqueológicos
del pasado. Tapa, 41. Santiago de Compostela.

46

GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 46 18/09/2018 9:55:59


GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 47 18/09/2018 9:55:59
GUIA TURISTICA E AQUEOLOXICA DO CASTRO DE DOADE.indd 48 18/09/2018 9:56:00

You might also like