You are on page 1of 22

Coordinación: Mª Isabel Fraga Vila

Autores: Celestino Quintela Sabarís


Martín Souto Souto
Francisco Leonardo Docanto
Xan Guerra Bouzas

Museo de Historia Natural Luis Iglesias


Universidade de Santiago de Compostela

Xuño, 2008

D.L.: C 4587-2008
ISBN: 978-84-691-8188-1

© Museo de Historia Natural


Roteiro 4 “AS CORES E AS FORMAS DAS ÁRBORES”

As copas, follas, flores, codias... de árbores e arbustos poden adquirir unha gran diversidade de
formas e cores, como se pode ver se por exemplo, se compara un magnolio cun cedro.
Centraremos este roteiro no recoñecemento desta variabilidade, ao tempo que aprendemos
cousas novas das plantas.
Como as árbores varían a estación do ano, as especies e exemplares que se observarán
durante o roteiro non serán sempre os mesmos, xa que se procurará seleccionar sempre
aqueles que estean na fase máis representativa do seu ciclo biolóxico (floración, frutificación,
color de follas, etc.). Neste documento preséntanse algunhas árbores e arbustos a modo de
exemplo.
Este roteiro está deseñado para o público xeral, especialmente para estudantes de ensino
primario.
Primeiro imos deternos un pouco no vocabulario que se emprega para describir unha planta
leñosa:
Que é unha árbore? Planta leñosa cun só tronco que se ramifica para formar a copa e que
cando está madura alcanza varios metros de altura.
Que é un arbusto? Planta leñosa que se diferenza dunha árbore por non ter un tronco único,
senón varios troncos semellantes desde a súa base, que se ramifican para formar unha soa
copa. En xeral son máis baixos que as árbores.

Árbore
Arbusto

Limbo

Pecíolo
Folla
1- Partes
Limbo: é a lámina.
Pecíolo: é a parte mais delgadiña que une a lámina coa póla.
2-Formas
Simple: a lámina é unha soa peza.
Composta: a lámina está dividida en varias pezas (folíolos).
Segundo a forma do limbo, danse numerosos nomes diferentes (ovalada, lanceolada,
etc.).
Sabes como funciona unha planta?
Como primeiro punto do noso roteiro, imos coñecer (ou lembrar) como funcionan as diferentes
partes das árbores. Para iso observaremos un magnolio (Magnolia grandiflora) e as súas partes
aéreas: raíces superficiais, caule e pólas, follas, flores e froitos.

Na foto central podemos ver o aspecto xeral dun magnolio (Magnolia grandiflora) situada no
Campus Sur da USC, preto do MHN Luis Iglesias. Nas fotos seguintes podemos observar as
diferentes partes desta planta:

- Raíz: cunha función de suxeición ao substrato e tamén de captación de


auga e nutrientes do solo.

- Caule e pólas: que teñen funcións estruturais, de soporte das partes que
realizan a fotosíntese, e tamén unha función de transporte de auga, sales e
nutrientes entre as partes aéreas e as partes subterráneas da planta.
- Follas: son os órganos onde ten lugar a respiración e a fotosíntese.
Grazas á fotosíntese, as plantas poden producir os seus propios
alimentos a partir da auga e sales minerais (que captan do solo) e o
CO2 (que captan do aire). As plantas, coa fotosíntese, purifican o noso
aire e enriquéceno en osíxeno!!!

- Flores: son os órganos de reprodución sexual nas plantas. O


magnolio ten unhas flores de cor branca ou crema de gran tamaño.

- Froitos: son estruturas que cobren e protexen ás sementes. Neste


caso, cada flor produce moitos froitos que forman un conxunto
chamado polifolículo.

A continuación amósanse unha serie de árbores e arbustos presentes no Campus Sur


da USC, nos que se sinalan varios caracteres que observaremos durante o roteiro.
Estas especies selecciónanse para ter unha pequena mostra de diferentes formas de
copas (columnar, cónica, esférica,...) de follas (agullas, escamas, simples, compostas,
ovaladas, palmeadas...) e tamén cores (verde, azulenta, vermella, amarela,...). De
acordo coa dispoñibilidade de tempo ou a época do ano veranse diferentes especies,
como as que se indican a continuación.
Camelia (Camellia japonica)
Copa Follas Codia

Simples, coriáceas, de cor verde escura por


Esférica. enriba e máis clara por embaixo. A marxe é Lisa e de cor escura.
serrada.
Cedro do Atlas (Cedrus atlantica ‘glauca’)
Copa Follas Codia

Agullas de cor gris azulenta neste cultivar, Rugosa (reticulada), de cor castaño-
Piramidal.
reunidas en grupos semellantes a pinceis. avermellada.
Xinkgo (Ginkgo biloba)
Copa Follas Codia

Con forma de abano e nervación bifurcada.


Piramidal. Moitas teñen unha escotadura central no Rugosa, con fendas lonxitudinais.
ápice. En outono son de cor amarela viva.
Tuiopse (Thujopsis dolobrata ‘variegata’)
Copa Follas Codia

Cónica. En forma de escama, variegadas (de cor Escamosa de cor avermellada, as escamas
branca e verde). son tiras alongadas.
Chopo (Populus alba)
Copa Follas Codia

De contorno pentagonal, marxe lobulada e Abrancazada en árbores novas, con


Columnar.
envés de cor gris clara. pequenas manchas escuras.
Ameixeira xaponesa (Prunus cerasifera ‘pisardii’)
Copa Follas Codia

Simples, lanceoladas de marxe serrada e cor


Esférica e irregular. Codia reticulada.
púrpura.
Loureiro xaponés, loureiro manchado (Aucuba japonica ‘variegata’)
Copa Follas Codia

Alongada, marxe serrada, variegada Verde, con avultamentos lonxitudinais grises-


Arbusto de forma esférica.
(manchas irregulares amarelas). acastañados.
Robinia (Robinia pseudacacia)
Copa Follas Codia

Rugosa, con fendas lonxitudinais moi


Esférica irregular. Composta, pinnada, con folíolos en número impar.
fondas.
Castiñeiro das Indias (Aesculus hippocastanum)
Copa Follas e froito Codia

Codia de cor escura, escamenta (semellante á


Esférica a irregular. Compostas, palmeadas con cinco folíolos.
do plátano), escamas reticuladas.
Criptomeria (Cryptomeria japonica)
Copa Follas Codia

Piramidal. Agullas ríxidas, curvadas na punta. Avermellada, con fendas lonxitudinais.


Tuia xigante (Thuja plicata ‘zebrina’)
Copa Follas Codia

Escamas, variegadas (verde-amareladas),


Cónica. Cor castaño-escura, con escamas alongadas.
dispostas nas pólas como as tellas dun tellado.
Plátano (Platanus orientalis)
Copa Follas Codia

Simples, con lóbulos dispostos de forma palmeada e


Esférica Escamosa, de diferentes cores.
marxe con dentes de tamaño irregular.
Acivro, xardón (Ilex aquifolium)
Copa Follas Codia

Enteiras, coriáceas, de marxes espiñosas e


Cónica e irregular. Codia lisa, castaño escura.
de cor verde máis escura por enriba.
Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipifera)
Copa Follas Codia

Simples, palmeado-lobuladas, cunha


Codia de cor clara, rugosa con fendas pouco
Esférica irregular. escotadura no ápice e coa base en forma de
profundas.
corazón.
Sabugueiro, bieiteiro (Sambucus nigra)
Copa Follas e froito Codia

Folla composta, pinnada, con cinco folíolos de


Arbusto de copa esférica. De cor clara, rugosa, con fendas profundas.
marxe serrada.
Liquidámbar (Liquidambar styraciflua)
Copa Follas Codia

Simples, palmeadolobuladas, con 3 lóbulos


Codia rugosa, reticulada, fendas pouco
Piramidal. grandes e 2 basais máis pequenos. En outono
profundas.
viran a cores amarelas, vermellas e púrpuras

You might also like