You are on page 1of 2

DOG Núm.

126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28540

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016, do tribunal designado para xulgar o


proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no
corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de
Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se lle dá publicidade de diversos
acordos.

En sesión que tivo lugar o 28 de xuño de 2016 o tribunal nomeado pola Orde do 13 de
abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso,
pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comuni-
dade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 convocado pola Orde da Consellería de Facenda
do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de
novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro.  Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 37, 70 e 75. O seu
lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva números 101, 102 e 103. Así mesmo,
acordouse cambiar a resposta correcta da pregunta 29 que pasa a ser a b) en lugar da d).
Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo.  De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o


primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación míni-
ma de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, fíxase en cincuenta (50) o número de
CVE-DOG: oauhxzf9-g854-v9l3-e5d3-8fhobvdcgfa6

respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións
previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro.  Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados ao primeiro


exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo
superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no
lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información
á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza, e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Cuarto.  De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán


presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28541

de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no
Diario Oficial de Galicia.

Quinto.  De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra


este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos ter-
mos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Alfonso García Magariños


Presidente do tribunal
CVE-DOG: oauhxzf9-g854-v9l3-e5d3-8fhobvdcgfa6

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like