You are on page 1of 1

Bo día, amigos e amigas!!

Escríbovos esta carta porque me enterei que na Escola Oficial de


Idiomas de Baza, en Granada (Andalucía) están a argallar unha
actividade moi, moi interesante para conmemorar o DÍA DA
MULLER e propuxéronnos colaborar con eles! Que vos parece?
Explícovos un pouquiño en que
consiste...

PRESTADE ATENCIÓN!

Trátase dunha convocatoria de MAIL ART, é dicir,


para participar deberiades DESEÑAR e CREAR unha
postal ( dun máximo de 12x 17 cm) en calquera
técnica artística manual sobre unha muller descoñecida ou pouco coñecida de calquera
campo do coñecemento ou profesión.
Cando a teñades elaborada non vos olvidedes de incluir o nome desa MAGNÍFICA
MULLER, a súa profesión e o campo do coñecemento no que destaca. Asimesmo recordade
poñer o voso nome como autores e autoras!
Cando as xuntemos todas enviareinas, coa axuda das miñas axudantes, por correo postal ao
seguinte enderezo:
Escuela Oficial de Idiomas de Baza
Plaza Carlos Cano s/n
CP 18800 Baza -Granada-

Alí serán expostas á vista de moita xente que se atopa desexando ver as
vosas creacións!!
Antes de que se me olvide!

Teredes que ter en conta dúas cousiñas: se introducides texto sería convinte que fora en
castelán e o prazo de presentación remata o 4 de marzo. Non o deixedes pasar!
Animádesvos?

ENLACES DE INTERESE
Mirade, déixovos aquí algún enlace por si vos apetece investigar un pouco sobre
esta cidade, a onde irán parar as vosas POSTAIS.

• http://www.andalucia.org/es/destinos/provincias/granada/municipios/baza/historia/

• https://www.bazaturismo.com/
PUCA

You might also like