You are on page 1of 12

ESTO ES GRATIS, PERO SI TE GUSTA EL MATERIAL Y QUIERES

AGRADECERLO, TIENES LA OPCIÓN DE DONAR LA CANTIDAD QUE


DESEES CON TARJETA DE CRÉDITO A TRAVÉS DEL PAGO SEGURO
CON PayPal (no es necesario registrarse)

PINCHA AQUÍ PARA ACUDIR A LA PÁGINA DE DONACIÓN

O hazlo desde: http://progdidactica.blogspot.com

GRACIAS!!!!!!!!!!! 

A programación ten dúas partes ben diferenciadas: a primeira, dividida en

diferentes apartados coma introducción, xustificación, contextualización,

obxectivos contidos e metodoloxía, atención ás necesidades específicas,

avaliación e secuenciación, e unha segunda parte onde aparecen as 15

unidades seleccionadas; en cada unha delas faise unha breve xustificación da

unidade, lístanse os obxectivos contidos e criterios de avaliación e inclúense

unhas observacións metodolóxicas con aspectos destacables da unidade,

particularidades, resumo do desenvolvemento,…

Vou realizar a continuación unha breve descrición de cada un dos apartados da

primeira parte; poden utilizar o índice da primeira páxina como guía.

1. Introdución.

Comezo cunha introdución que consta de 2 subapartados:

1.1. As matemáticas no currículo da ESO

No primeiro, motívo a presencia das matemáticas no ensino, sinalando a

importancia histórica da materia e a relación con outras áreas e explico como

se inclúen de forma cíclica na ESO.


1.2. O currículo.

No segundo defino currículo e concreto as caracterísiticas do noso: é básico,

pois baséase nuns mínimos comúns, flexible pois adáptase a diferentes

contextos e aberto pois permite incluir as modificacións que se crean

oportunas.

2. A programación didáctica: xustificación

No punto dous procedo a xustifica-la miña programación primeiro dende un

punto de vista teórico e despois dende o punto de vista legal.

2.1. Xustificación teórica.

Para a xustificación teórica, no 2.1., comezo relfexionando sobre a importancia

de planificar calquera tipo de actividade para optimiza-lo traballo. No ensino

esta planificación concrétase nas programacións didácticas.

E a continuación defino programación didáctica.

2.2. Xustificación legal.

No apartado 2.2. comento a peculiar situación legal de transición entre leis na

que nos atopamos. Na orde que regula o calendario de aplicación da LOE06

coméntase que no curso 2007/2008 para 4º de ESO só é efectiva normativa da

nova lei no que se refire a promoción, avaliación e titulación.

Polo tanto o DCB autonómico de referencia para esta programación segue

sendo o Decreto 233/2002 de 6 de xuño.

No cadro seguinte aparecen listadas outras referencias legais importantes:

calendario escolar, atención á diversidade, regulamento dos institutos...


3. Contextualización.

O punto 3 refíerese ó contexto no que se vai desenvolver a programación: está

feita para a área de matemáticas, nivel de 4º de ESO no IES Concepción

Arenal de Ferrol do que presento certa información extraída do PEC (situación,

recursos, contexto socioeconómico).

Ademais describo ó alumnado do grupo no que se centra a programación

destacando a presencia dunha alumna superdotada e un alumno extranxeiro ós

que me refiro máis adiante.

4. Obxectivos

No punto 4 da programación lísto en primeiro lugar os obectivos de etapa para

a ESO que poidan ter relación coa nosa área e no segundo apartado os

obxectivos xerais da área de matemáticas establecidos no DCB.

5. Contidos
O apartado 5 falo dos contidos. Primeiro listo os contidos para a área de

matemáticas que aparecen tamén no currículo: preséntanse en 3 columnas

clasificados en conceptuais, procedimentais e actitudinais.

No 5.2. menciónase a relevancia dos temas transversais: educación para a

saúde, para o consumo, vial… O DCB obriga a tratalos e ademais considero

esencial traballalos nunha idade tan delicada coma a adolescencia.

Na área de matemáticas fanse patentes sobre todo a través dos enunciados

dos problemas e os exemplos e das situacións que xurdan na aula.


No apartado 5.3. refírome á interdisciplinaridade. É interesante manter contacto

con outros departamentos para coordina-las ensinanzas das materias para, se

é posible, relacionar os contidos e explicar conceptos que poidan resultar

necesarios.

Destaco sobre todo a relación entre as asignaturas de informática e

matemáticas porque a informática serve como ferramenta para os matemáticos

e como recurso didáctico (a través do Derive, GeoGebra, follas de cálculo, con

páxinas web coma o Proxecto Descartes).

Ademais por unha parte as novas tecnolxías permiten acercar esta materia ós

intereses do alumnado conseguíndose unha maior motivación para aprender

matemáticas, e por outra a destreza no manexo dos ordenadores é un fin en si

mesmo do sistema educativo que se pode optimizar coordinando ambas

materias.

6. Metodoloxía

O sexto punto da programación refírese á metodoloxía, que responde á

pregunta de ¿cómo ensinar?

6.1. Fundamentos e principios metodolóxicos.

En primeiro lugar, no apartado 6.1. esbozamos as liñas xerais de actuación:

seguiremos unha metodoloxía activa e participativa onde o alumno é o

protagonista (as matemáticas non se poden aprender de xeito pasivo). O

obxectivo é conseguir unha aprendizaxe significativa e potencia-la

autonomía do alumno conseguila por si mesmo (fálase moito de aprender a

aprender). A metodoloxía será flexible segundo as diversas necesidades e


situacións.

Dende o punto de vista pedagóxico esencialmente seguiremos os principios

constructivistas por ser os máis adecuados para a aprendizaxe matemática:

consiste en partir dos coñecementos previos do alumnado para que eles

mesmos constrúan os novos coñecementos coa mediación do profesor a través

das actividades propostas. Como desenvolver un proxecto constructivista puro

pode considerarse utópico polas limitacións temporais empregarase tamén o

método expositivo aínda que sempre de xeito participativo, pedindo

intervencións, realizando preguntas e propoñendo cuestións á clase co fin de

manter a atención e asegurar a comprensión dos alumnos.

Continuamos o punto 6 concretando no 6.2., os roles do profesor como

organizador e guía do proceso educativo, que motivará ó alumnado e

selecciona as actividades adecuadas; do alumno é o protagonista do proceso

educativo participando na construcción dos seus propios coñecementos e

levando a cabo as actividades propostas polo profesor.

En canto as actividades buscarase a variedade e a cantidade para poder

atender ás necesidades e situacións.

Aparecen clasificadas nun cadro; Temos:

- de introducción para motivar, activar coñecementos previos avaliar o estado

inicial. Poden ser introduccións históricas, exercicios sinxelos e de repaso

doutros cursos, custións…

- de desenvolvemento para construir os coñecementos propios da unidade;

fundamentalmente exercicios escalonados en tres niveis de dificultade, de xeito

flexible, como referencia para que cada alumno poda traballar ó seu propio
ritmo.

- de reforzo para reforzar os básicos da unidade e repasar contidos necesarios

- de ampliación a través de exercicios que requiran de estratexias persoais,

videos da serie Mas por Menos, para os alumnos con intereses e capacidades

para amplia-los seus coñecementos

- de síntese ó final das unidades con exercicios resumo, mapas conceptuais…

6.3. Recursos

Coméntanse no apartado 6.3. os recursos que se empregarán, procurando

tamén que sexan variados e destacando os máis actualizados e novedosos,

que son os que máis motivan ó alumnado.

Distinguimos entre recursos humanos (profesor de apoio, profesor de garda,

departamento didáctico…) e os materiais:

Material común de aula (encerado, distribución da aula…). O libro de texto,

apuntes e boletines consensuados co departamento de matemáticas serán una

referencia de apoio para as clases e as actividades.

Audiovisuais (serie Más por Menos TVE),

A calculadora científica vai ser un recurso vital de uso diario; o seu aprendizaxe

é un obxectivo de área na ESO.

Material da aula de informática (hardware ordenadores, impresoras, Internet,

proyector…e software folla de cálculo, derive 6, Geo Gebra 2.6b, scientific

notebook5.0,) e páxinas web de contidos matemáticos destacando o Proxecto

Descartes, Pizarra dixital Interactiva: facilitará o desenvolvemento das

actividades interactivas na aula de informática, pois o profesor pode atender

globalmente á clase e suliñar os aspectos importantes que aparezan na

pantalla.
O Correo electrónico será unha vía de comunicación adicional co grupo, e está

prevista a creación dun foro da asignatura. Deste xeito facilítase ós alumnos as

consultas de dúbidas ou a exposición de opinións dun xeito discreto e sinxelo.

No anexo I amósase o aspecto que pode ter o foro e explícanse algúns

aspectos sobre a labor de moderación e as posibilidades didácticas. Por

exemplo a elaboración dunha lista de preguntas frecuentes coas

correspondentes respostas a partir das cuestións plantexadas polos alumnos

para reforzar os aspectos máis delicados ou confusos da materia.

7. Atención ó alumnado con necesidades educativas


específicas.

No punto 7 trato as medidas de atención á diversidade para os alumnos que

requiran delas.

7.1. Adaptacións curriculares non significativas.

Considéranse por unha parte Adaptacions curriculares non significativas,

apartado 7.1. Consisten:

- A) Cambios metodolóxicos e deseño especial de actividades para

optimiza-la aprendizaxe e o desenvolvemento de cada alumno

(acelerando e profundizando os contidos/ decelerando e reforzando)

Comento os dous casos no noso grupo que ós que me refiro na

contextualización: para o alumno estranxeiro é importante avaliar ó comenzo as

súas dificultades cós idiomas, facer explicacións claras e unha atención

individual para asegurar que entende. Coa alumna superdotada ademais das

actividades de ampliación previstas buscarase o desafío, retos, autoconfianza,

motivación… Creo que animala á participación en olimpiadas, rallies e outros


concursos matemáticos resulta moi útil para estes rapaces.

7.2. Adaptación Curricular Individualizada (ACI)

Para alumnos para os que non cheguen as medidas anteriores poránse en

marcha as adaptacións curriculares individualizadas comentadas no

apartado 7.2.; o profesor informará ó titor, que avisará á familia e ó orientador.

Este avaliará e fará un informe psicopedagóxico propoñendo as medidas máis

adecuadas (poden consistir en relaxamento de contidos, a intervención dun

profesor de apoio ou a consideración da inclusión do alumno nos programas de

diversificación curricular).

8. Avaliación

No apartado 8 falo da avaliación que será continua (porque proporciona

información permanente), global (porque se analíza todo o proceso educativo,

tanto o alumno, como o profesor, a práctica docente e tódalas capacidades

(non sólo intelectuais)) e criterial (pois baséase en criterios fixados).

No 8.1. lístanse os Criterios xerais de avaliación que aparecen no DCB.

No 8.2. considero tres etapas de avaliación no seguinte cadro: a inicial,; a

continua e a final.

A avaliación inicial necesaria para coñece-la situación de partida e o nivel do

alumnado e poder así adecuar as ensinanzas ó grupo. Vaise levar a cabo na

primeira sesión e ó comezo de cada unidade. Convén coordinarse entre

tódolos docentes do grupo para tomar medidas conxuntas de cara ó curso.

A avaliación continua serve de diagnóstico e orientación constante e permitirá


incluir as modificacións oportunas durante o curso. Esta avaliación levase a

cabo dentro das prácticas habituais de traballo e seguiemento das tarefas.

A final informa sobre o grao de aprendizaxe adquirido.

Para avaliar empregamos certos instrumentos que se listan nun cadro no 8.3:

Inicial Continua Final


Formulación de Comunicación co grupo, observación da actitude,
Os elementos
preguntas, do traballo individual e grupal, revisión de
anteriores +
cuestionario, exercicios, libreta, actividades entregadas,
probas escritas
problemas sinxelos participación,

Toda a información recollerase na folla de seguimento: anexo II

A continuación explico os criterios de avaliación no 8.4: ¿Cómo se vai obte-la

nota?

Haberá 1 ou 2 probas escritas por avaliación que constitúen un 60% da nota.

con posibilidade de repetilas (en recuperacións).

O 40% restante dedícase a tódolos demais elementos comentados nos

insturmentos de avaliación e recollidos na folla de seguimento do alumno: o

traballo, esforzo e actividades entregadas puntúa a metade nesta parcela

(20%) e comportamento, a actitude positiva e participativa na aula a outra

metade (20%) .

A calificación final será a media ponderada das calificacións parciais obtidas en

cada avaliación.
No apartado 8.5. explico que haberá unha proba final de avaliación

extraordinaria con contidos das tres avaliacións só para aqueles alumnos que

aínda non alcanzasen os obxectivos nalgunha delas.

Por outra parte xa comentamos que se trata de avaliar todo o proceso de E-A,

incluíndo a labor docente, para detectar fallos e necesidades e introduci-las

modificacións que se consideren adecuadas no futuro. De isto trata o apartado

8.6. avaliación do proceso de E-A. Empregarase unha enquisa anómina onde

o alumnado e o docente expresará as súas percepcións sobre a práctica

educativa e a labor do profesor, e haberá tamén un apartado con dous

columnas, unha para aspectos positivos e outra para negativos. Preséntase no

anexo IV o modelo de enquisa de avaliación da práctica docente

9. Secuenciación e temporalización de contidos.


O apartado 9 da programación explica a secuanciación e temporalización

dos contidos.

9.1. Temporalización.

No primeiro subapartado coméntase que contamos con 3 horas semanais para

matemáticas de 4º de ESO o que supón unhas 105 horas lectivas para poder

desenvolve-las unidades descontando festivos, exámenes e correccións. O

anexo V mostra o calendario escolar 2007/2008 dado pola orde correspondente

e unha guía de temporalización.

9.2. Secuenciación das UD.

No 9.2. falo da primeira sesión que será unha toma de contacto para expoñer

obxectivos, criterios de avaliación, metodoloxía, normas… Entregarase a cada

alumno un ha ficha personal (anexo III) para coñecer datos persoais, intereses
e acceso a internet para poder dar a clase en función deles. Ó final

resumiranse os contidos intercalando preguntas de forma participativa para

avaliar como primeira aproximación o nivel global da clase.

A continuación explico os criterios de secuenciación das unidades; tivéronse en

conta varias consideracións:

- Por unha parte a estrutura interna das matemáticas implica que

algunhas unidades deban explicarse antes que outras por servir de

base. Por exemplo, é necesario manexar as operacións, os números

reais e as fraccións alxébricas antes de explicar ecuacións, funcións ou

estatística.

- Tamén a carga lectiva; faise un reparto equilibrado de contidos tendo en

conta a necesidade temporal de cada unidade e tratando de desenvover

con continuidade os diferentes bloques de contidos.

- A continuidade académica refírse a que é apropiado manter unha

estrutura similar nos distintos cursos (como xa se dixo as matemáticas

inclúense de forma cíclica).

- E por último coméntase que a interdisciplinaridade pode introducir

modificacións puntuais.

9.3. Unidades didácticas.

O apartado 9.3. serve de introducción para a segunda parte da programación

onde aparecen as unidades coa estructura que comentei ó principio da

defensa, e amósase na páxina seguinte unha guía flexible de temporalización

das unidades onde aparece unha previsión das sesións que se lle van a

dedicar e a distribución por trimestres: primeiro a parte alxébrica (números


reais, polinomios e fraccións alxébricas e ecuacións e inecuacións) seguida de

semellanzas, trigonometría e triángulos; no segundo trimestre comézase con

vectores e xeometría e rematamos con funcións. Non é probable poder dar

íntegramente o bloque de funcións na 2º avaliación polo que está previsto

rematalo na 3º para finalizar o curso con estatística, combinatoria e

probabilidade.

A continuación aparece a 2ª parte coas unidades e na última páxina a

bibliografía seguida dos anexos.

You might also like