You are on page 1of 1

JUAN EIRAS

Juan Eiras é un dos novos talentos galegos con maior proxección. Incluído segundo o
profesor Roberto Relova dentro da «Xeración Sensible» de novos compositores galegos,
as súas obras foron interpretadas por algún dos músicos e formacións máis importantes de
Galicia e España, como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Clásica de Vigo, a
Orquestra Vigo 430, o Taller Atlántico Contemporáneo, OCAZEnigma ou Plural Ensemble,
entre outros. A súa música tense escoitado en España, Portugal, Italia, Francia e Xapón.

Entre os galardóns e diferentes recoñecementos que Eiras ten acadado, atópanse a


inclusión no «Catálogo de Artistas AECID 2018» (Ministerio de Asuntos Exteriores e de
Cooperación do Governo de España), o Primerio Premio no «III Concurso Internacional
de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital» (Fundación Botín, 2014), a
inclusión no «Programa de Incentivos á Creación» (Fundación SGAE 2014, en colaboración
coa Asociación Española de Orquestras Sinfónicas), o Primeiro Premio na «Convocatoria
para Novos Compositores» de Plural Ensemble (2012), o Primeiro Premio (Sección Sinfónica) no «V Concurso Gallego
de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica» (2012), o diploma de Finalista no «II Concurso Galego de
Composición para Banda de Música» (2009) e o «Premio Andrés Segovia – José Miguel Ruíz de Morales» na «LII Edición do
Curso Universitario Internacional de Música Española - Música en Compostela» (2009), entre outros.

Dende o ano 2007 é Funcionario de Carreira na especialidade de Fundamentos de Composición, traballando dende o
2008 ata a actualidade no Conservatorio Superior de Música de Vigo como profesor de Composición, Instrumentación,
Análise aplicado e Tecnoloxías. No ano 2017 pasa a formar parte do equipo docente de Dos Acordes, como preparador de
opositores na especialidade de Fundamentos de Composición.     

Natural de Vigo (1977), estudiou Educación Musical, Piano e Composición, licenciándose na súa cidade natal coas máximas
cualificacións. Posteriormente realizou un Posgraduado en Composición con José María Sánchez-Verdú no Conservatorio

Prelúdio aos cantos da Maré


Superior de Música de Aragón (CSMA). Ao mesmo tempo ampliou a súa formación cos compositores Antón García Abril,
Albert Sardá, Christophe Havel, Arnau Bataller, Nacho de Paz, Héctor Parra, Philippe Hurel, Fabián Panisello, Agustín
Charles, Alberto Posadas, Mauricio Sotelo, Ivan Fedele, Beat Furrer, Salvatore Sciarrino, Luis de Pablo, Sofía Gubaidulina e
Helmut Lachenmann.
para saxofón e violonchelo
www.juaneiras.com

ISMN 979-0-801244-45-1

P.V.P. 12 €

You might also like