You are on page 1of 1

Lomo con laranxa:

Ingredientes:
1Kg de lomo de porco
3 ou 4 laranxas
Cabola
Pemento verde ou roxo
Allo
Tiras de bacon
Sal
Pimenta ( se gusta)

Elaboración:

Salpimentamos o lomo, a continuación recubrímolo coas tiras de bacon, que quede todo
tapado ( empreñar fio de cociña ou equivalente, para que poida ser metido na sartén),
logo dorámolo como calquer outra carne para asar.
Poñemos nunha pota ou bandexa de forno, o lomo con un pouco de aceite de doralo, e
engadimos o zume de dúas ou tres laranxas ( esto sustitúe ao viño e auga que se lle
engade a calquer asado), unha cebola e un pemento en anacos e dous ou tres dentes de
allo. Cando xa leva 1 hora ou algo máis, añádese a pota unha laranxa cortada en
rodaxas, para que collan o sabor da salsa .
Cando xa este branda separase do lume, e colócase cortada en rodaxas grosas nunha
fuente, cos cachos de laranxa de adorno.
A salsa pode reducirse, deixandoa ferver un pouco e metendolle a batedora, e se está
moi líquida engadirlle, algo de fariña ou maicena

Para acompañalo, eu emprego puré de pataca e puré de mazá

You might also like