You are on page 1of 1

Campus

de excelencia internacional


Campus de Ourense Fac. de Historia Máster universitario en
arqueoloxía e ciencias
da antigüidade


Rama de coñecemento Arte e humanidades
Prazas ofertadas 7
Créditos ECTS totais 60
Créditos ECTS do traballo de fin de mestrado 9
Presencialidade Presencial
Universidades participantes Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo


Descrición

O Máster universitario en arqueoloxía e ciencias da antigüidade ten unha dobre orientación: profesionalizante e
investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos/as que poidan desenvolver o seu labor
profesional neste campo nos vindeiros anos; na segunda, dá paso ao programa de doutoramento da Universidade de
Santiago de Compostela «Historia, xeografía e arte» ou ben ao programa «Protección do patrimonio cultural» da
Universidade de Vigo.
O mestrado é un título interuniversitario (Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e conta
ademais coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.

Perfil de ingreso recomendado

Titulacións da área de humanidades e de ciencias sociais.

Saídas profesionais

O mestrado orienta cara ao exercicio de calquera tipo de actividade arqueolóxica (traballo de campo e laboratorio,
divulgación, museos, administracións). Convén lembrar que a arqueoloxía é, nestes momentos, a única práctica
profesional da área de humanidades especificamente regulada por unha normativa legal.

Máis información

Coordinadora na UVigo Beatriz Comendador Rey
Páxina web do mestrado http://www.usc.es/posgrao/muarqueo/Presentacion.html
Páxina web do centro http://www.uvigo.es/uvigo_gl/Centros/ourense/historia.html
Código RUCT 4315056
Enlace ao RUCT https://www.educacion.gob.es/ruct/estudio.action?codigoCiclo=SC&codigoTipo=M&CodigoEstudio=43
15056&actual=estudios
Teléfono 988 387 268
Enderezo electrónico beacomendador@uvigo.es

You might also like