You are on page 1of 58

GALICIA 360

Que ben se come aquí!


Unidade 4. Que ben se come aquí!
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

1.2. Obxectivos

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. A nosa gastronomía. Comprensión escrita

2.2. Galicia segue os pasos do boom do albariño.


Comprensión oral

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. O sistema pronominal

3.2. Os encontros pronominais

3.3. A colocación do pronome átono

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. Palabras con sal e pementa: elaboramos unha receita

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo a Dani Pampín

5.2. Prazas e mercados de Galicia

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

6.2. Avalíate

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

6.4. Amplía

6.5. Na Rede
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

Menú

A unidade está estruturada en


apartados e subapartados. Podes
acceder a eles a través do menú
lateral.

Tamén podes acceder ao apartado


anterior e seguinte a través das
frechas laterais.

Dentro de cada apartado, preme


nas frechas da parte inferior para
visitares os diferentes
subapartados.
Actividades de reforzo

En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades


axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de
actividades, pero todas teñen uns elementos comúns.

Acceso ás actividades dun


bloque. Podes ver a
actividade que queiras
pulsando en cada unha
delas.
Botón de comprobar. Envía a
túa resposta.
Reintentar. Se a túa resposta
for incorrecta, podes facer a
actividade de novo.
Intentos. Nas actividades de
reforzo tes tres intentos.
Lámpada. De esgotares os
tres intentos e non marcares
as respostas correctas, podes
ver as respostas
da actividade.

Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas


actividades de escritura.
Avaliación

Na última sección hai un bloque de 10 actividades.

Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar
correctamente oito preguntas.

Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación. Unha vez
rematada, podes ver as solucións pulsando en "Revisar" e na lámpada de cada
actividade.

Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades
de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos
da unidade

Na parte superior dereita


podes ver a versión para
imprimir da unidade.
Tamén podes buscar
palabras.
O buscador amosa as
seccións onde aparece a
palabra procurada. Se
pulsares nunha sección,
poderás ver a palabra que
pescudaches resaltada en
cor.
1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

A lingua dun pobo é o seu sinal


de identidade, canle de
comunicación e de
coñecemento, e Galicia é
posuidora dunha lingua propia:
o galego.

Neste curso en liña presentámosvos as pautas e contidos para acadar as


competencias lingüísticas que vos axuden a superar as probas do Celga 3.
Preténdese que as persoas que realicen este curso poidan desenvolverse sen
moitas dificultades en contextos nos que o galego sexa lingua de estudo, traballo e
interacción.

(1) (2)

A través de dez unidades, compartiremos con vós un pouco máis da nosa terra, da
nosa lingua e da nosa realidade social, cultural, económica e etnográfica.
Percorreremos as paisaxes de Galicia, falaremos de ciencia en galego,
coñeceremos un pouco máis do noso deporte e saborearemos a nosa
gastronomía… Sen esquecernos de gozar coa nosa arte, literatura, música e cine.

Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vente con


nós!
Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos
aló!
Compañeiro de traballo de Compañeira de traballo de
Sabela Paulo
Traballa como enfermeiro Traballa como animadora social
nunha residencia de maiores nunha residencia de maiores
É de Muros, pero a súa familia É de Vigo pero traballa en
paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela Está preparando oposicións ao
Gústalle moito ler e viaxar ensino secundario
Gústanlle moito os deportes

Obxectivos (1)

O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e


expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en
competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa.

A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle
permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel
social como laboral ou educativo.

Estrutura (2)

Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao


estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo
para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito,
quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio
complementario para poder presentarse con maiores garantías aos
exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política
Lingüística.
1.2. Obxectivos

Obxectivos da unidade

Coñecer as calidades e os trazos xenuínos da gastronomía galega.


Analizar o sistema pronominal galego e interiorizar os encontros
pronominais entre os clíticos de acusativo e dativo.
Consolidar as regras que rexen a colocación do pronome átono en
galego.
Profundar no léxico galego, especialmente naquel xenuíno ou
diferencial respecto do castelán.
Redactar textos instrutivos e expositivos adecuados a diversas
situacións comunicativas, con coherencia e cohesión.
Expresar gustos, desexos e opinións argumentadas.
Coñecer personaxes relevantes do ámbito gastronómico e alimentario
galego, xunto cos produtos representativos da nosa terra.
Pór en valor as iniciativas innovadoras e singulares que se desenvolven
no noso país no eido da industria alimentaria e da restauración.
Analizar os trazos característicos do texto descritivo e realizar a
descrición dunha persoa, obxecto ou situación.
Desenvolver o interese pola lectura de textos en galego e a escoita
activa de producións orais, pertencentes a distintos xéneros discursivos
e con fins comunicativos diversos.
2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. A nosa gastronomía. Comprensión escrita

1. Le a introdución e o artigo.

Un dos maiores atractivos de Galicia


é, sen dúbida, a súa gastronomía. A
particular situación da nosa terra, no
noroeste da Península Ibérica, bañada
polos océano Atlántico e o mar
Cantábrico e “encaixada” polo río
Miño mais varias cadeas montañosas,
propicia que existan zonas de clima
oceánico e outras con clima
subtropicalizado. Isto, unido aos
variados microclimas que se esfarelan
por todo o territorio, incide
decisivamente na proliferación de
toda clase de explotacións
agropecuarias, sen esquecermos que
Galicia é, ademais, potencia
pesqueira.

Alén diso, nas dúas últimas décadas Galicia vive un auténtico auxe da restauración:
na actualidade conta con 11 restaurantes recoñecidos coa prestixiosa Estrela
Michelin (que chegaban a 13, en 2016). Con certeza, a estreita relación entre a
gastronomía e o turismo está a promover unha cociña enxebre, centrada no
produto galego e de proximidade, con modernas reinterpretacións e proxectos de
éxito.

Presentámosche unha unidade, por tanto, para nos adentrar un bocadiño nesta
gorentosa materia. Imos, logo, petiscar!

O aceite de oliva de Galicia segue os pasos do boom do


albariño
O CSIC identifica novas variedades autóctonas polas que se interesa cada vez máis un
maior número de produtores

É raro o día no que Carmen Martínez non reciba unha chamada preguntando polas
dúas plantas de oliveira autóctona que recuperaron desde a Misión Biolóxica de
Galicia (CSIC). Todos queren plantar as variedades de Brava galega e Mansa galega,
que xa foron recoñecidas polo Ministerio de Agricultura e que ofrecen, segundo as
probas realizadas, un aceite virxe extra de excelente calidade. Pero aínda haberá
que esperar polo menos dous anos para completar o proceso. «Existe un interese
enorme», asegura a directora do grupo de Viticultura do centro, que considera que
a espera pagará a pena. Tampouco ten dúbidas de que son tan só a punta de lanza
dunha puxante e futura industria galega do aceite de oliva. Porque hai máis na
reserva. De momento identificáronse un total de 13 variedades distintas
procedentes das 45 oliveiras centenarias en que se realizaron análises de ADN e a
descrición botánica dos exemplares. Quedan outras 25 nas que o estudo aínda
non se completou, polo que o número podería aumentar. E aínda se seguen
buscando novas oliveiras centenarias por toda Galicia dentro dun proxecto a catro
anos financiado pola Fundación Juana de Vega e no que tamén participan a
Asociación de Produtores de Aceite de Galicia e a Asociación de Viveiristas do
Noroeste.

O interese e a expectación polos


resultados é enorme. É unha situación
que non lle resulta allea a Carmen
Martínez, que a mediados da década
dos oitenta do pasado século
participou na recuperación da uva de
albariño. O que pasou desde entón xa
é historia, con adegas que exportan o
viño a todo o mundo nun próspero
negocio. «Eu vivín esa historia —di— e
o que está a pasar agora coas oliveiras
lémbrame exactamente ao mesmo.
Estou segura de que de aquí vai xurdir
unha industria do aceite».

Tradición da oleicultura
Lonxe do que poida pensarse, en Galicia si existía unha enorme tradición da
oleicultura. De feito hai exemplares centenarios nas catro provincias, aínda que
especialmente en zonas como Quiroga (Lugo), onde hai auténticos bosques da
especie. Mesmo se atoparon en Ortigueira (A Coruña). A talla masiva destas
árbores durante o mandato dos Reis Católicos fixo desaparecer a maioría dos
exemplares, pero non cortou as raíces dunha tradición que agora tenta rebrotar.
«Desde novembro do 2016 localizamos e marcamos 72 oliveiras, todas
centenarias, agás os dous testemuños de Arbequina e Picual, en localidades das
catro provincias», corrobora Carmen Martínez. No estudo tamén se atopou un
exemplar de variedade portuguesa, o Cobrancoça. Das olivas de 14 destas árbores
tamén se elaboraron pequenas cantidades de aceite de «bastante calidade e moi
diferentes a todo o que hai no mercado».

Tradución e adaptación da noticia


«El aceite de oliva de Galicia sigue los pasos del bum del albariño
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/23/aceite-oliva-
galicia-sigue-pasos-bum-albarino/0003_201802G23P30994.htm]».
La Voz de Galicia. 23/02/2018

Bloque 1 de actividade… 1

2. Verdadeiro ou falso?

a. O grupo de Viticultura do CSIC identificou 13 variedades


autóctonas de oliva, das cales dúas xa acadaron o
recoñecemento oficial do Ministerio.

Verdadeiro Falso
b. A calidade das olivas que se están a estudar fai que as persoas
expertas pensen nun auxe da industria do aceite en Galicia.

Verdadeiro Falso
c. As novas variedades descubertas proceden dun total de 70
oliveiras centenarias, que aínda non se analizaron na súa
totalidade.

Verdadeiro Falso
d. Os Reis Católicos acabaron coa tradición da oliva que se
concentraba concretamente na provincia de Lugo,
nomeadamente na zona de Quiroga.

Verdadeiro Falso
e. O aceite da variedade portuguesa, denominada Cobrancoça,
ofrece un produto de calidade, diferente ao que se pode
encontrar no mercado.

Verdadeiro Falso
2.2. Galicia segue os pasos do boom do
albariño.
Comprensión oral

3. Mira o vídeo que acompaña a noticia incluída no bloque anterior. Escoita


atentamente o seu contido.

Bloque 2 de actividade… 1
4. De acordo coa información do vídeo, escolle as respostas
correctas, das opcións de cada pestana:

Julio Quiroga, da almazara Ouro de Quiroga, é o responsable da


produción de aceite nesta empresa lucense, que conta con tres
hectáreas de oliveiras, das cales o noventa por cento están
plantadas con variedades autóctonas. A maneira de traballar as
oliveiras mestura técnicas novas e técnicas tradicionais; unha destas
novas técnicas consiste no traballo cun vareador eléctrico que
permite botar as olivas sobre unhas redes. Antigamente utilizábanse
varas, dependendo das condicións climáticas e incluso se
recollían as olivas a man.
A maior parte das plantacións realizáronas hai catro anos
na zona de Ourense e Pontevedra .
No procesamento da oliva unha vez chega á fábrica o primeiro que se
realiza é o o pagamento ao produtor , tras o cal se introduce
nunha moega ou moxega, onde comeza o proceso. Este proceso pasa
polas seguintes fases: lavado, desfollado, moído e amasado , tras o
cal se extrae o aceite.
O rendemento que dá a oliva flutúa entre un litro de aceite por cada
catro quilos de oliva ata un litro de aceite por dez quilos de froito,
produción que na empresa destinan maioritariamente
ás tendas gastronómicas .
5. O entrevistado, aínda que posúe unha fonética galega xenuína,
incorre nalgúns “desvíos á norma” que cumpriría evitar. Repara
nas seguintes definicións adaptadas do DRAG
[https://academia.gal/dicionario], DIGALEGO
[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php] e do
Dicionario galego da alimentación e intenta escribir a variante
normativa para cada unha delas. Se coñeces máis dunha
palabra, escríbeas separándoas con comas. Se o precisares,
bota man do tradutor automático Gaio
[http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index],
da Xunta de Galicia.

Tirarlle o leite do ubre ás femias de certos animais premendo e


estirándolles os tetos ou mediante procedementos mecánicos.

Apeiro que consta dun mango rematado nun dos extremos por
un pau atravesado onde van uns dentes de madeira ou de ferro,
formando unha especie de peite.

Froito en drupa [https://academia.gal/dicionario/-


/termo/busca/drupa] de pequeno tamaño e forma
arredondada, de cor verde, morada ou negra segundo o seu
grao de madurez e cunha croia no interior, que se utiliza para a
obtención de aceite ou para o seu consumo directo.

Porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro por cada


vez que se moe.

Recipiente en forma de pirámide truncada e invertida que se


coloca sobre as cubas e onde se baleiran os froitos que se van
procesar.

Engrenaxe na cal unha peza cilíndrica fai xirar unha roda


dentada.

En sentido figurado, orientación que segue unha persoa ou un


grupo no seu modo de pensar ou actuar.
Búscaas!

Se descoñeces o significado dalgunha palabra, busca no


dicionario en liña da Real Academia Galega.
3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. O sistema pronominal

Os pronomes persoais son unha clase de palabras que designan as tres persoas
gramaticais: primeira (emisor), segunda (receptor) e terceira (o obxecto do
discurso). Na oración, funcionan como substantivos e poden substituílos.

Os pratos de Xiana son moi imaxinativos. Ela é unha cociñeira incrible.

As engrenaxes da lingua

O sistema pronominal

As formas dos pronomes persoais van asociadas ás funcións que desenvolven na


oración e, por esta razón, cómpre distinguir unha serie tónica e unha serie átona,
cada unha delas con funcións específicas e diferenciadas.
Serie tónica

Singular Plural

1.ª 2.ª 3.ª 3.ª


1.ª persoa 2.ª persoa
persoa persoa persoa persoa

nós vós
eles/ela
Suxeito eu ti el/ela nosoutros/ vosoutros/
s
as as

Formas que nós vós


rexen min ti si nosoutros/ vosoutros/ si
preposición as as

Formas
comigo contigo consigo connosco convosco consigo
ligadas
Serie átona

Función de CD

Singular Plural

1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa 1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa

o/lo a/la os/los as/las


me te nos vos
/no /na /nos /nas

Función de CI

Singular Plural

1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa 1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa

me che lle nos vos lles

Formas reflexivas

Singular me, se Plural nos, vos, se

Outras formas pronominais

Ademais dos pronomes persoais, tamén existen outras clases de pronomes:


demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, relativos, interrogativos e
exclamativos.

A maior parte deles son, como no caso dos pronomes persoais, palabras
variables (admiten flexión de xénero, número e, algúns deles, persoa) e poden
desempeñar a función dun substantivo (cando o substitúen): Aquelas están
verdes, ou dun adxectivo (cando o acompañan): Aquelas mazás están verdes.
As variantes do pronome átono de 3.ª persoa en función de CD

Esta forma do pronome (o, a, os, as) posúe outras dúas variantes
combinatorias:

1. As formas lo(s), la(s) empréganse cando o pronome aparece:

detrás dunha forma verbal conxugada que remate en –r ou –s,

Trouxémosche os flans. Quérelos ou non? (queres + os)

detrás dunha forma pronominal que remate en –s,

Claro que os quero! Impórtavos se volos pago mañá? (vos + os)

tras o adverbio interrogativo u, que se utiliza para preguntar onde


está algo ou alguén.

E as laranxas que vos encarguei, ulas?

2. As formas no(s), na(s) empréganse cando o pronome aparece detrás


dunha forma verbal conxugada que remata en ditongo.

Non quería sacar o asunto, pero ao final pregunteino porque me puido a


curiosidade.
Outras formas e usos expresivos dos pronomes átonos

Nosoutros/as, vosoutros/as

Ao lado de nós e vós, existen tamén as formas nosoutros, nosoutras;


vosoutros, vosoutras, que aínda se manteñen en moitas zonas de Galicia
cun significado específico: delimitar un grupo dentro doutro máis grande.

Nós formamos un equipo sólido, mais vosoutras, as dianteiras, sodes as máis


decisivas.

O pronome de solidariedade

É unha forma átona ( che, vos para un tratamento familiar; lle, lles para a
cortesía) que se emprega para implicar afectivamente a persoa receptora
da mensaxe na acción expresada polo verbo e manter a súa atención. A
dita persoa non participa realmente nos feitos, por iso se se elimina o
pronome non cambia o significado da oración, pois non cumpre ningunha
función sintáctica:

Tenche moitas historias que contar. / Ten moitas historias que contar.
Eu sonlle unha persoa de mundo. / Eu son unha persoa de mundo.

O dativo de interese

É unha forma átona que designa a persoa que ten un especial interese na
acción verbal, xa que dela depende o seu beneficio ou prexuízo,
principalmente desde o punto de vista emocional. As formas deste dativo
son as mesmas que as dos pronomes de CI: me, che, lle, nos, vos, lles. Estas
formas, ao igual que o pronome de solidariedade, tampouco cumpren
función sintáctica ningunha e son propias do ámbito coloquial:

Demo de rapaz! Non me cala un só minuto. / Seica os fillos lles saíron


madrugadores.
Bloque 1 de actividade… 1

1. Le o seguinte poema e anota embaixo todas as formas de


pronomes persoais que identifiques.

Digo si, digo non, a ilusión de quedarse


ningunha cousa é certa. no mundo a ser eterna,
Son un longo camiño eu que son unha folla
que en min ergueu a terra. no vento que nos leva.
Vin de non sei donde, Digo palabras, nomes
voume pra onde me levan. que son como moxenas,
Digo si, digo non, quero alcender un lume
palabras mentireiras. para acrarar as tebras.
Eu que sei quen son eu, Digo si, digo non.
eu, unha bolboreta E de canto dixera
que se afirma no sol a palabra máis vouga
que se empola na herba, máis escura e tristeira
un chafarís de sangue é a palabra "eu"
que rube, alanca e leva que no sangue navega.

Antón Tovar, O vento no teu colo (Poesía galega completa. Akal)


3.2. Os encontros pronominais

Vexamos agora os encontros pronominais e as súas contraccións.

As engrenaxes da lingua

Os encontros pronominais

As formas átonas de CI poden concorrer nunha mesma oración con formas de CD


de 3.ª persoa. Neste caso, é obrigatorio realizar a contracción entre ambas as
formas. Neste encontro sempre vai primeiro a forma de CI e, despois, a de CD.
Velaquí un cadro onde se reflicten as ditas contraccións:

O A OS AS

ME mo ma mos mas

CHE che cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas

Bloque 2 de actividade… 1
2. Escoita a conversa entre Sabela e Paulo. Ao tempo que a
escoitas, vai anotando todas as contraccións de pronomes de
CD mais CI que poidas identificar.
3.3. A colocación do pronome átono

A colocación do pronome átono na oración é unha das cuestións gramaticais máis


complexas e, á vez, “estimulantes” da lingua galega.

Por vía de regra, preséntanse dúas premisas:

1. O pronome átono nunca pode encabezar un enunciado, isto é, non pode


aparecer en posición inicial absoluta.

Chámome Xan. / *Me chamo Xan.

2. A posición habitual (non marcada) do pronome átono é despois do verbo, o


que se denomina posición enclítica.

Ola, Xan! Eu chámome Mariña. Achégate un pouco, faime o favor.

As engrenaxes da lingua

A colocación do pronome átono

A colocación enclítica do pronome átono pode verse alterada pola presenza na


oración doutros elementos e estruturas gramaticais, que provocan a anteposición
do pronome ao verbo. Esta denomínase posición proclítica e dáse nos seguintes
casos:

Oracións negativas ou introducidas por palabras de sentido negativo

Cando a oración é negativa ou vai introducida por adverbios, conxuncións ou


pronomes indefinidos de significado negativo (non, nunca, nada; nin; ninguén,
ningún, ningunha...).

Non me fales; Nunca o dixen; Nada se sabe; Nin a vin nin a quero ver, Ninguén
mo dixo; Ningunha nolo confesou

Oracións para expresar desexos

Cando a oración expresa un desexo.

Oxalá nos leven outra vez aos Ancares!


Oracións con pronomes interrogativos ou exclamativos

Nas oracións introducidas por un pronome interrogativo ou exclamativo.

Quen cho mercou?; Como a miraba!

Oracións introducidas por unha conxunción subordinante

Nas oracións introducidas por unha conxunción subordinante (que, cando,


se...).

Se a tes en estima, dille a verdade; Quere que nos admitan antes do verán.

Oracións con conxuncións subordinantes

Cando o verbo vai precedido de certos adverbios e indefinidos. Entre os


primeiros: aínda, ata/até, ben, case, disque, igual, máis, moito, seica, talvez,
tamén, só, xa etc., e entre os segundos: algo, alguén, todo, bastante, ambos,
calquera etc.

Xa vos deron a noticia?; Calquera cho pide!

Así e todo, o “xenio” da lingua encerra un potencial expresivo que tamén lles
afecta aos pronomes átonos. Desta maneira, cando rompemos a orde
sintáctica habitual da lingua (suxeito + verbo + complementos) para focalizar
a atención nalgún elemento concreto, a posición do pronome átono tamén se
ve “arrastrada” nese proceso:

Xaquín confesoucho todo e todo mo negou a min.

Na primeira oración (Xaquín confesoucho todo) o indefinido todo ocupa a súa


posición habitual no predicado, despois do verbo, e a colocación do pronome
é enclítica; porén, na segunda oración (Todo mo negou a min), o indefinido
tórnase o suxeito da oración, desprazándose a unha posición anteposta ao
verbo e provocando a “atracción” do pronome. A colocación non é, por tanto,
caprichosa e depende de factores non só gramaticais, senón tamén
estilísticos.

Bloque 3 de actividade… 1
3. Olla o seguinte vídeo do dúo artístico Aldaolado e reflexiona
sobre a colocación do pronome na nosa lingua e a capacidade
expresiva do idioma.

As linguas deben ser obxectos inertes, sistematizables e reducibles a


un conxunto de regras inquebrantables, ou construcións dinámicas e
vivas, suxeitas á vontade creadora de quen as usar?
4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. Palabras con sal e pementa: elaboramos unha receita

1. Olla este vídeo e toma as notas que precises.

Bloque 1 de actividade… 1

2. Completa o texto que recolle os pasos para elaborar a bica de


Laza coas palabras e expresións axeitadas.
Ingredientes
Para a bica: Para a crema inglesa:

8 claras de ovo 500 ml de leite


150 ml de nata
enteiro
350 gr de fariña unha rama de canela
350 gr de azucre (para o casca de limón relada
amoado e a cobertura) 150 gr azucre

Preparación
1. Poñemos o forno a 160º .
2. Montamos a nata, separando o contido dos ovos en dous boles:
as claras para a crema e as xemas para a bica .

Temos que ter coidado de que non caia xema no bol das

xemas porque non montaría a clara.


3. Coa nata montada, engadimos o azucre aos poucos, deixando
un pouco para a cobertura de azucre. A fariña cómpre engadila
tamén aos poucos. Desta maneira, a bica vai quedar semellante
a un amoado .
Un consello!

A bica non leva aditivos e por iso hai que meterlle moito

aire ás claras e á nata. Tampouco leva manteiga amasada


nin comeza a partir dunha masa de pan. Por certo, en
Castrocaldelas e Trives tamén as fan moi ricas.

4. Engadimos os elementos aromáticos: casca de limón relada,


para deixar o amoado listo. Engádese o azucre por riba para

facerlle a “cotra” crocante e, logo do enfornado, esta


quedará morena.
5. Para a crema inglesa, mesturamos 500 ml de leite enteiro,
canela, limón e azucre. A metade do azucre (75 gr)
empregarémola para as xemas e a outra metade, para o leite.

Un consello!

A crema inglesa é sem ellante á crema catalá , mais non

leva lévedo e non debe ferver. Non queda tan espesa,


senón como unha crema de ovo.

Ademais, nas cremas inglesas os ingredientes fríos

sempre van sobre os fríos para evitar que callen as


xemas.

6. Verquemos o amoado sobre o leite quente para que se cociñe,


a unha temperatura de 65º .
7. Remexemos durante cinco minutos, sen que ferva, para
que colla corpo.
8. Poñemos o bol da mestura noutro bol con xeo para que arrefríe.
9. Tras 35 minutos de enfornado, a bica xa estaría lista.
10. Para o empratado, sérvese a bica sobre a crema inglesa.
Como se fai?

O texto instrutivo

A receita é unha modalidade de texto instrutivo (xa o estudaches na unidade


anterior), que se emprega con moita frecuencia na nosa vida cotiá co fin de
proporcionarlle a alguén os coñecementos necesarios para desenvolver unha
tarefa. É frecuente que incorpore tamén partes expositivas (para ofrecer
información relacionada) e descritivas (se for necesario detallar algún aspecto
concreto das instrucións).

Como recordarás, tamén son textos instrutivos, por exemplo, os folletos sobre o
funcionamento de aparellos electrónicos, as regras para desenvolver un xogo, as
disposicións legais ou as directrices para seguir un tratamento médico...

(3) (4)

Bloque 2 de actividade… 1
3. A seguir ofrecémosche os ingredientes para cociñares un
saboroso arroz caldoso con lumbrigante. Seguindo as pautas
que xa coñeces, elabora a túa receita.

Ingredientes
500 g de arroz bomba
1 lumbrigante mediano
1 allo porro
2 cebolas medianas
1 cenoria
½ pemento vermello
1 dente de allo
1 tomate maduro
1 chorro de brandy
1,5 l de caldo (cebola,
cenoria, porro)
Azafrán
Aceite e sal

Tempo: 45 minutos
Comensais: 4 persoas
Lembra! (3)

A estrutura do texto instrutivo é moi doada: componse dun


enunciado en que se indica a finalidade do texto (Receita /
Instrucións / Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización
lingüística...) e un conxunto de instrucións en que se enumeran os
pasos que se deben seguir para realizar a tarefa.

Para secuenciar adecuadamente o texto é conveniente manexar unha


serie de conectores: temporais, de enumeración, de exemplificación...

en primeiro/segundo/terceiro lugar; a continuación, a seguir; antes,


despois; por último...

Trazos lingüísticos (4)

Por outra parte, o texto descritivo posúe uns trazos lingüísticos de


seu:

Emprego de formas verbais do futuro (Prepararemos...), do


imperativo (Tome o desvío...) e do infinitivo (Enchufar o aparello
á corrente...).
Uso de construcións impersoais (Faise a masa...).
Emprego da segunda persoa do singular (Tiras os dados...), da
primeira persoa do plural (Engadimos sal...) ou da segunda
persoa de cortesía (Meta a masa na neveira...).
Sintaxe simple: as oracións adoitan ser curtas.
Nos textos electrónicos incorpóranse con frecuencia distintos
recursos tipográficos para destacar a información máis
importante: subliñado e letra grosa para resaltar partes do
texto; para ordenar a información, títulos e subtítulos,
sangrados, enumeracións etc.
5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo a Dani Pampín

1. Le o seguinte artigo e despois fai as actividades.

O pontevedrés Dani Pampín empezou


no mundo da panadaría no negocio
dos seus pais, con 12 anos.

Desde os 16 non parou de medrar na


profesión, ata lograr o título de mellor
pan artesán de España en 2018.

O talento culinario vénlle desde pequeniño?

Ben, podería dicirse que si. Eu empecei na panadaría dos meus pais con 12 anos
pero, aínda así, antes sempre xogaba por alí. O que pasa é que a min empezoume
gustando a pastelaría, non a panadaría, o do pan foi algo que me pillou por
sorpresa. Aos 15 ou 16 anos empecei como empregado do meu pai, empecei a
botar unha man, e desde aí. O pan engancha moito, é moi diferente á pastelaría,
porque nesta vas vendo todo o proceso e o progreso. Ao facer pan hai unha
fermentación, que nunca sabes como che vai responder, así que é moito máis
“chulo”, moito máis romántico que a pastelaría.

Como decidiu dedicarse á panadaría como profesión?

Non houbo un momento no que dixen "vou dedicarme á panadaría". Eu creo que
foi aos poucos. Houbo momentos nos que dubidei se deixalo ou non, nos que
pelexei comigo mesmo por traballar tantas horas, sobre todo de noite. É unha
profesión dura, pero si que houbo un momento no que tomei a decisión de
formarme máis, de dar un paso adiante e saquei un título de Formación
Profesional, que é o único que hai en España no referente á panadaría. Ademais,
tiven a sorte de conseguir unha bolsa, e puiden marchar para estudar fóra.

Recorda o primeiro pan que meteu no forno?


Nunca me fixeron esa pregunta. Si, creo que si o recordo. É máis, recordo a miña
nai como me explicaba cada paso que facer. Naquel momento non tiñas
practicamente nada de maquinaria, era todo totalmente manual, todo a pulso.
Acórdome daquel verán... mira se foi a pulso que adelgacei uns 14 quilos na
panadaría!

Cal cre que é o segredo dun bo pan?

O segredo dun bo pan é respectar o oficio e


ser honesto contigo mesmo e co cliente, non
hai nada máis, non ten ningún segredo. Hoxe
en día está moi de moda a “masa nai”, por
exemplo, moitas cousas que ás veces son
máis mercadotecnia que outra cousa. Eu
respecto a “masa nai” porque respecto a
tradición, pero eu creo que o segredo está
na formación, en saber os procesos do pan e
no pan que facían non hai 30 anos, senón hai
60 ou 70 anos.

Que significa para vostede gañar o Premio á Mellor Panadaría Tradicional?

Sinceramente, non significa nada. Un premio non é nada se non segues


traballando. Pode soar moi romántico, pero é a realidade. Este é un labor que
require traballo, require vender pan e ter que facturar, se non quedas sen nada.

Tradución e adaptación da noticia


«Dani Pampín: "O pan engancha moito e é máis romántico que a pastelería"
[https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/%25C2%25ABo-
pan-engancha-moito-mais-romantico-
pasteleria/20180712132806990633.html]».
Diario de Pontevedra. 12/07/2018

Bloque 1 de actividade… 1
2. Indica se as seguintes afirmacións sobre a entrevista a Dani
Pampín son verdadeiras ou falsas.

a. Dani prefire facer pan antes que pasteis, porque a pastelaría é


demasiado “romántica” para el.

Verdadeiro Falso
b. O proceso máis interesante da elaboración do pan é a
fermentación, pola súa “imprevisibilidade”.

Verdadeiro Falso
c. A formación profesional nun módulo específico foi decisiva
para que Dani Pampín se puidese dedicar á panadaría como o
seu medio de vida.

Verdadeiro Falso
d. Dani marchou estudar ao estranxeiro cunha bolsa que lle deu
boa sorte.

Verdadeiro Falso
e. O segredo para elaborar un bo pan é a honestidade coa
profesión e o coñecemento das novas formas de
mercadotecnia.

Verdadeiro Falso
f. Para acadar recoñecemento polo traballo ben feito cómpre
mesturar o respecto pola tradición e unha boa formación.

Verdadeiro Falso
3. O sufixo –aría (ou –ería) pertence á categoría dos sufixos
derivativos locativos: designa o lugar onde se desenvolve unha
actividade profesional. Engádese a unha base substantiva para
formar un novo substantivo. Repara no exemplo e forma novas
palabras con este sufixo. De coñeceres máis dunha opción
correcta, separa as palabras con comas:

Exemplo: pastel > pastelaría

1. Cervexa 2. Peixe

3. Flor 4. Carne

5. Doces 6. Corda

7. Mármore 8. Pan

9. Xoia 10. Colchón


5.2. Prazas e mercados de Galicia

(5)

Bloque 2 de actividade… 1
4. Algunhas das seguintes afirmacións non se corresponden coa
información do audio. Despois de o escoitares, indica cales:

A boa localización dos mercados municipais fomenta a


rexeneración dos centros urbanos.

Nos mercados pódense mercar os produtos axeitados para


seguir unha dieta determinada.

Un dos valores engadidos dos mercados e prazas é a


posibilidade de consumir produtos autóctonos.

Mercar nos mercados municipais ofrece tres vantaxes:


calidade, facilidades de pagamento e atención
personalizada.

Ademais de poñer en valor o xeito tradicional de mercar,


os mercados ofrecen outros servizos personalizados que
responden á súa vontade de modernización.

O punto forte dos mercados municipais é que facilitan


realizar grandes compras, grazas á súa amplitude de
horarios.
5. Olla este vídeo e realiza un breve resumo das características do
establecemento comentado, a xeito de “carta de presentación”.
Prazas e mercados de Galicia (5)

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas cidades e vilas,


os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e
revitalizador dos centros urbanos onde se asentan. Facilitan, ademais,
a compra integral de alimentos frescos con toda a comodidade e sen
necesidade de grandes desprazamentos.

Comprar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención


personalizada, alén de garantía de boa compra, avalada polo labor dos
milleiros de profesionais que traballan nos nosos mercados e fan
deles os mellores lugares onde comprarmos os alimentos frescos que
compoñen a nosa dieta diaria.

Ofrécenlle sempre á súa clientela a máxima calidade, fomentan o


consumo de produtos galegos de proximidade e ofrecen a xusta
variedade en carnes, lácteos, froitas, verduras, peixes, mariscos,
hortalizas... que require unha dieta equilibrada e saudable.

Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas da persoa


compradora, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de
alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e
personalizados. A súa boa localización e a súa amplitude de horarios
evitan a necesidade de compras “fortes” e permiten dispoñer,
diariamente, dos alimentos máis frescos.
6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

Imos agora repasar algún dos contidos que vimos na unidade. Para iso, mira este
fragmento de vídeo, pertence á serie Galego ConCurso.

Agora fai as seguintes actividades relacionadas co vídeo.

Galego ConCurso 1
1. Neste anaco de vídeo faise fincapé no uso dunha palabra que
resulta dunha galeguización «en falso». Que palabra é esta? Cal
é a palabra normativa en galego? Describe brevemente como
se elabora o produto descrito.
6.2. Avalíate

Autoavaliación

Mostrámosche a continuación algunhas actividades para


avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade.

1. Escoita os audios e a continuación escolle o nome do peixe que


mellor se adapte á definición.

sargo sargo sargo

sargo sargo sargo


2. Le os enunciados, adaptados da páxina Gastronomía de Galicia
[http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/ap
artado.asp?te=743], e escolle o resultado de substituír as partes
subliñadas polo pronome átono correspondente. Ten en conta
se cómpre realizar algunha contracción de pronomes.

A agricultura ecolóxica
a. A agricultura ecolóxica é unha forma alternativa de enfocar a
produción agraria que se basea no respecto pola contorna que nos
rodea para producir alimentos sans e de máxima calidade .

- A agricultura ecolóxica é unha forma alternativa de enfocarla


que se basea no respecto pola contorna que nos rodea para
producirlles .

b. Esta práctica garante o equilibrio co ecosistema, evitando o


emprego de produtos químicos, como os fertilizantes.

- Esta práctica o garante , evitándoo .

c. Esta produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúe un método


diferenciado de produción de alimentos que está regulado, co fin de
asegurar a transparencia en todas as fases.

- Esta produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúeo , co fin

de asegurarla en todas as fases.


3. Nestoutros enunciados, adaptados da páxina Gastronomía de
Galicia
[http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/ap
artado.asp?te=743], a colocación do pronome átono pode
verse alterada pola presenza dalgunha palabra concreta.
Realiza as substitucións correspondentes, como na actividade
anterior, tendo en conta eses posibles condicionantes.

A agricultura ecolóxica
a. As técnicas empregadas na agricultura ecolóxica, en xeral,
potencian a fertilidade do solo e aumentan a capacidade produtiva.
Por suposto, respectan os ciclos naturais dos cultivos e
proporciónanlles aos animais unhas condicións de vida saudables .
Ademais, non lles engaden aos alimentos substancias que resulten
prexudiciais para a saúde.

- As técnicas empregadas na agricultura ecolóxica, en xeral,


a potencian e a aumentan . Por suposto, os respectan e

proporciónanllas aos animais. Ademais, non

llelas engaden aos alimentos.

b. Quen consuma produtos ecolóxicos galegos terá a certeza de que


está a degustar alimentos máis saudables e nutritivos. Se vostede
mercou produtos ecolóxicos, mercou saúde.

- Quen os consuma a terá . Se vostede os mercou ,

a mercou .

c. A agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos que


emprega prácticas sustentables. Fomentan o equilibrio do ecosistema,
evitando case todos os produtos químicos .

- A agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos que


as emprega . Foméntano , evitándoos .

4. Le o seguinte texto e indica se as afirmacións sobre este son


verdadeiras ou falsas.

Historia do queixo do Cebreiro


O Queixo natural do Cebreiro, co seu peculiar gusto e a súa singular
forma de fungo ou pucho de cociñeiro, tamén é notable pola súa
traxectoria ao longo da historia. No ano 1989 era un produto a piques
de desaparecer; tan só un pequeno grupo de mulleres o elaboraba
para autoconsumo, nas súas casas.

O Cebreiro é a entrada a Galicia do Camiño de Santiago, e un dos seus


enclaves máis senlleiros. Os peregrinos que durante séculos pararon
na vila e no seu santuario difundiron as excelencias do queixo que alí
se fabricaba.

Estas novas chegaron a oídos de reis españois, como o confirman os


arquivos de Madrid e Simancas, que permiten bosquexar curiosos
apuntamentos relativos ao despacho, con periodicidade anual, do
Queixo do Cebreiro.

Por outra parte, coñécense traballos, como un publicado por don


Antonio Meijide, que falan do tema. No século XVIII a Coroa fixo
unha encarga especial: un curioso surtido de certos produtos de
Galicia con destino ás mesas reais de España e Portugal; entre eles, o
Queixo do Cebreiro.

Tamén se sabe que en 1762 era o queixo máis caro de España,


pagándose a libra a doce reais e doce marabedís; o cuarto máis caro
de Europa, despois dos franceses Brie, Marolles e Neufchâtel.

O rei Carlos III regaláballo á súa irmá, a raíña de Portugal,


encargándose o cura de Vila Vella de velar polo coidado na
fabricación dos queixos, para que fosen de grande calidade.

Hoxe, grazas á colaboración de restaurantes, reposteiros e


reposteiras, asociacións e particulares, o Queixo do Cebreiro
converteuse nun produto tradicional para a cociña de calquera país.

Adaptación de Consello Regulador Denominación de Orixe Cebreiro


[https://cebreiro.es/producto.asp%20]

a. O queixo do Cebreiro ten forma de chapeu ou cogomelo.

Verdadeiro Falso
b. Os peregrinos déronlle fama ao Queixo do Cebreiro nas súas
viaxes á Corte de Castela.

Verdadeiro Falso
c. O Queixo do Cebreiro acadou sona en Portugal e Francia.

Verdadeiro Falso
d. Na segunda métade do século XVIII, era o queixo máis caro de
España.

Verdadeiro Falso
e. A raíña de Portugal, irmá do rei Carlos III, encargoulle ao cura de
Vila Vella a fabricación dos queixos.

Verdadeiro Falso
5. Volve ler estes enunciados extraídos do texto e indica cal é a
razón de que o pronome átono resaltado vaia colocado nesa
posición.

No ano 1989 era un O pronome vai enclítico


produto a piques de porque a presenza da
desaparecer; tan só un conxunción
pequeno grupo de subordinante non afecta
mulleres o elaboraba ao verbo do que
para autoconsumo. depende o dito
pronome.

Tamén se sabe que en O pronome vai enclítico


1762 era o queixo máis porque se dá o contexto
caro de España. propicio para a súa
posición habitual.

Por outra parte, O pronome vai


coñécense traballos que proclítico pola presenza
falan do tema. dun adverbio de
cantidade.

O rei Carlos III O pronome vai


regaláballe queixo do proclítico pola presenza
Cebreiro á súa irmá. dun adverbio de
afirmación.
6. Un dos seguintes enunciados contén un erro canto á
colocación do pronome átono. Indica cal:

As luras límpanse ben e despois mestúranse co ovo e a


fariña para rebozalas.

Estouche tan cansa que non me podo erguer da cadeira de


brazos.

Se nos chaman esta mañá aínda nos daría tempo a


chegarmos á tardiña.

Alguén denunciouno polo cheiro do local, mais a policía


achegouse e todo estaba en orde.

Nin a vin o outro día porque me entraron as présas.

A apertura dos postos de venda de marisco farase o


domingo e seica a retransmitirán pola radio.

7. Le con atención o seguinte enunciado e indica cal é o pronome


de solidariedade, cal o dativo ético e cal é o pronome átono con
función sintáctica de CI.

Morréuchelleme o avó a un amigo.

Che
Pronome de solidariedade

Lle
Pronome de solidariedade

Me
Pronome de solidariedade
8. Indica cal é o sentido que se debe interpretar a partir do
seguinte enunciado:

Neste grupo hai xente para todos os gustos, mais é certo que
non se pode contar con nosoutros.
Non é posible contar con ningunha persoa do grupo.

Non é posible contar cunha parte restrinxida do grupo,


mais si con algunhas persoas.

Ningunha das opcións anteriores é correcta. O enunciado


carece de sentido.
9. Le o texto que aparece a continuación e identifica a parte
instrutiva, a parte expositiva e a parte descritiva.

Os robots de cociña

A primeira destas máquinas, supostamente


'milagrosas', apareceu a mediados do século
XX, cando o inventor Pierre Verdun se
decatou do tempo que a xente perdía na
parte instrutiva
cociña realizando labores tan cotiáns como
cortar, picar ou bater os ingredientes.
Distintos modelos agromaron como a herba
nun mercado doméstico cada vez máis
competitivo grazas ao auxe da
industrialización e da tecnoloxía.

Os robots de cociña contan con dous tipo


de potencia: a potencia de motor, que
permite picar, cortar ou amasar; e a referida parte instrutiva
á cocción, encargada de quentar os
alimentos. Un bo robot de cociña posúe, á
vez, un aparello de cocción e un procesador
de alimentos e tamén conta con múltiplas
ferramentas para automatizar os procesos
culinarios.

Con todo, á hora de mercar un robot de


cociña, cómpre ter en conta algúns
consellos:

1. Comparar prezos e expectativas de uso.


A meirande parte dos modelos oscilan
parte instrutiva
entre os 600 e os 1200 €.
2. Asegurarse de contar con repostos
“accesibles”. Algúns robots poden ser
baratos ao mercalos, mais quizais sexa
difícil conseguir pezas de recambio ou o
servizo técnico se localice nun só lugar.
3. Valorar o tempo necesario para
entender o seu funcionamento.
Familiarizarse co xeito de cociñar cun
robot non é sinxelo e implica dispoñer
de tempo para ler ben as instrucións.
10. Escoita de novo este anaco de audición da unidade e indica
cales son as expresións sinónimas das que aparecen destacadas
abaixo:

Equivalen a Equivalen a
"a esgalla" “a gardarrego”
a. A barullo

__
b. A ferrados

__
c. Á liña

__
d. A eito

__
e. A embute

__
f. Ao pé da
letra
__
g. Á envorca

__
h. A varrer
6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3
Neste apartado poderás realizar unha proba
similar ás que has afrontar nos exames oficiais.
Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén
deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a
toda a información sobre os exames no Portal
da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3], alén de
consultar probas [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3/modelos-de-
exame] doutras convocatorias.

Proba escrita 1

Nesta ligazón [http://turismogrove.es/festa-do-marisco/wp-


content/uploads/2018/10/Gallego.pdf] podes consultar o programa
de actividades dunha festa gastronómica galega. Toma todas as notas
que precises para redactar un texto, en 300 palabras, no que debes:

Presentar a festa, para ser incluída no tríptico que se repartirá


entre as persoas visitantes.
Salientar as instrucións precisas para acceder ao evento:
horarios, acceso aos postos de degustación...
Describir as actividades dun dos días da festa.
Propoñer á participación cidadá, tanto vilega como foránea.
6.4. Amplía

Ampliación 1

1. Pica nesta ligazón [http://www.benbo.eu/gl/actualidad/xunta-


campana-noso-peixe-fiar-anisakis/] e comproba as
características do texto expositivo e do texto instrutivo. Anota
os trazos lingüísticos de cada un deles e reflexiona sobre o seu
uso.
6.5. Na Rede

Ligazóns interesantes

A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes:

Recursos:

Academia.gal
[https://academia.gal/dicionario%20]
Digalego.xunta.gal
[http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/i
ndex.php]
Tradutor gaio
[http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPu
blico/traducir/index%20]
Ilg.usc.es
[http://ilg.usc.es/pronuncia/%20]
Dicionario de alimentación e
restauración (PDF)
[http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicion
ario_alimentacion_restauracion.pdf]

Textos

Gastronomía de Galicia
[http://www.gastronomiadegalicia.com/v_
portal/apartados/apartado.asp?te=480]

Teoría

O pronome persoal (teoría e actividades,


con autoavaliación)
[http://aprendogalego.com/APRENDO/4-
pronomebac/index.html%20]
O pronome persoal (teoría e actividades,
con autoavaliación)
[http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud
4_01.html?orix=mor%20%20%20]
O pronome persoal (Programa “Ben
Falado”)
[http://www.blogoteca.com/limiar/index.p
hp?
txtBus=pronome+persoal&cmdBuscar=Bu
scar&pag=0&aBuscar=1%20]
A comunicación oral e a comunicación
escrita. Tipos de textos
[http://cotovia.org/proxecto/com/com_ud
1_01.html?
orix=com&tema=com_ud1_01.html]
Os textos instrutivos
[https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
sites/espazoAbalar/files/datos/13903896
85/contido/24_textos_de_instrucin_aspect
os_tericos.html]

Créditos
© La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/]
Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de
Galicia.

Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz


Lafuente.

Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge


Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].

You might also like