You are on page 1of 54

GALICIA 360

Empresa e tecnoloxía
Unidade 10. Empresa e tecnoloxía
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

1.2. Obxectivos

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Castañas para recuperar os Ancares. Comprensión escrita

2.2. Castañas en tendas gourmet. Comprensión oral

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. Os adverbios e as locucións adverbiais

3.2. A orde dos constituíntes oracionais

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. A presentación dixital

4.2. Mellorar as presentacións

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo as Mulleres Colleiteiras

5.2. Tecnoloxía feita “na casa”

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

6.2. Avalíate

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

6.4. Amplía

6.5. Na Rede
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

Menú

A unidade está estruturada en


apartados e subapartados. Podes
acceder a eles a través do menú
lateral.

Tamén podes acceder ao apartado


anterior e seguinte a través das
frechas laterais.

Dentro de cada apartado, preme


nas frechas da parte inferior para
visitares os diferentes
subapartados.
Actividades de reforzo

En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades


axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de
actividades, pero todas teñen uns elementos comúns.

Acceso ás actividades dun


bloque. Podes ver a
actividade que queiras
pulsando en cada unha
delas.
Botón de comprobar. Envía a
túa resposta.
Reintentar. Se a túa resposta
for incorrecta, podes facer a
actividade de novo.
Intentos. Nas actividades de
reforzo tes tres intentos.
Lámpada. De esgotares os
tres intentos e non marcares
as respostas correctas, podes
ver as respostas
da actividade.

Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas


actividades de escritura.
Avaliación

Na última sección hai un bloque de 10 actividades.

Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar
correctamente oito preguntas.

Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación. Unha vez
rematada, podes ver as solucións pulsando en "Revisar" e na lámpada de cada
actividade.

Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades
de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos
da unidade

Na parte superior dereita


podes ver a versión para
imprimir da unidade.
Tamén podes buscar
palabras.
O buscador amosa as
seccións onde aparece a
palabra procurada. Se
pulsares nunha sección,
poderás ver a palabra que
pescudaches resaltada en
cor.
1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

A lingua dun pobo é o seu sinal


de identidade, canle de
comunicación e de
coñecemento, e Galicia é
posuidora dunha lingua propia:
o galego.

Galicia é sobradamente coñecida pola súa riqueza cultural, gastronomía e oferta


turística. Non obstante, unha visión reducionista da nosa terra como destino de
vacacións e paparotas non lles faría xustiza a outros moitos eidos en que o noso
país tamén é pioneiro. Nas últimas décadas, por mor de diversos factores (desde
unha decidida aposta tecnolóxica, pasando polos rigores da crise económica, ata a
propia localización xeoestratéxica de Galicia), está a agromar un puxante sector
empresarial, na meirande parte dos casos apoiado nas novas tecnoloxías.

Dos múltiplos casos de éxito que poderiamos analizar, escollemos uns cantos que
poden resultar representativos das oportunidades de traballo que Galicia ofrece a
quen apostar polo seu potencial.

(1) (2)

Este curso remata, polo tanto, cunha unidade que lle dedicamos a algunhas das
moitas propostas empresariais emerxentes e innovadoras do noso país. Un
capítulo final para poñer en valor o traballo de milleiros de persoas que
contribúen, día tras día, a alcanzar as máis altas cotas de progreso e
sustentabilidade.

Neste camiño de aprendizaxe da lingua seguen acompañándonos dous bos amigos


e compañeiros de traballo. Lembra quen son...
Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vente con
nós!
Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos
aló!

Compañeiro de traballo de Compañeira de traballo de


Sabela Paulo
Traballa como enfermeiro Traballa como animadora social
nunha residencia de maiores nunha residencia de maiores
É de Muros, pero a súa familia É de Vigo pero traballa en
paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela Está preparando oposicións ao
Gústalle moito ler e viaxar ensino secundario
Gústanlle moito os deportes

Obxectivos (1)

O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e


expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en
competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa.

A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle
permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel
social como laboral ou educativo.
Estrutura (2)

Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao


estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo
para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito,
quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio
complementario para poder presentarse con maiores garantías aos
exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política
Lingüística.
1.2. Obxectivos

Obxectivos da unidade

Coñecer algúns proxectos empresariais innovadores e exitosos


desenvolvidos en Galicia.
Interpretar adecuadamente distintos enunciados e obter a información
solicitada de acordo cos datos extraídos deles.
Escribir, con corrección gramatical e textual, enunciados breves con
carácter sinóptico.
Extraer a información máis relevante dun texto e representala
sinteticamente en esquemas e textos adecuados, coherentes e
cohesionados.
Interpretar correctamente a información procedente de textos orais
que reflictan unha comprensión activa orientada á expresión escrita.
Recoñecer a estrutura dunha locución adverbial, así como os seus
valores expresivos e semánticos.
Reparar nas implicacións sintácticas e pragmáticas da ordenación dos
constituíntes oracionais.
Aprender os trazos característicos das presentacións dixitais e elaborar
documentos sinxelos con corrección, partindo de información previa.
Afianzar as competencias precisas para superar a proba oficial do nivel
Celga 3, concretamente na expresión escrita, mais tamén na
comprensión oral e escrita.
2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Castañas para recuperar os Ancares. Comprensión


escrita

1. Le o seguinte artigo. Toma as notas que precises.

Animan a recuperar miles de hectáreas de soutos


abandonados nos Ancares

A cooperativa A Carqueixa destaca que volver explotalos para


vender castaña axudará a economía da comarca
Miles e miles de quilos de castañas que poderían ser vendidas ou aproveitadas
podrecen cada outono ata desapareceren caídas sobre a terra dos Ancares. E nesa
circunstancia aséntase unha das metas da cooperativa A Carqueixa, con sede en
Cervantes e persoas socias en varios municipios, que anima a recuperar miles de
hectáreas de soutos abandonados na comarca. «O aproveitamento da castaña
forma parte da visión que temos do uso integral do monte», explica o seu xerente,
Román Sánchez Besteiro, que engade que outros produtos como o mel e os
cogomelos tamén teñen cabida nesa ambiciosa estratexia, cuxo obxectivo final é
axudar a fixar poboación nunha zona de alta montaña, onde as oportunidades
laborais son reducidas, ademais de pór en valor e recuperar o medio natural e o
patrimonio cultural.
Román Sánchez Besteiro, xerente da cooperativa A Carqueixa.

Nos últimos tres anos, segundo apunta Sánchez Besteiro, a cooperativa seguiu
centrando a súa actividade na gandaría, especialmente na explotación vacúa de
carne, pero multiplicou a venda dun froito que durante séculos se utilizou para
consumo de persoas e de gando; pasouse das 14 toneladas comercializadas no
2014 ás 220 do 2016. E iso, apunta o técnico, a pesar de que unha alta
porcentaxe dos soutos dos Ancares presenta un estado de abandono importante,
posto que os seus propietarios son persoas anciás que xa non poden traballalos
como antes ou que viven fóra da comarca, na emigración.

Falta man de obra

As cifras tamén son boas a pesar de que nas últimas «Nos últimos anos
campañas un bo número de propietarios e aumentou o
propietarias de soutos non atopou man de obra número de
para recoller as castañas. Por iso é polo que nos familias que
últimos anos aumentou o número de familias, sobre tratan de comprar
todo novas, que tratan de comprar ou alugar este ou alugar este
tipo de bosques para completaren os seus ingresos. tipo de bosques»

Porén, a declaración como zona de especial protección (Rede Natura) da maior


parte da montaña lucense, o que limita moitos usos forestais e patrimoniais, tamén
xera confusión. «A xente ten a teima de se informar nos bares en lugar de
formarse ou preguntar, e escóitanse moitas parvadas», expón un empresario, que
ve na castaña unha boa fonte de ingresos para unha zona tradicionalmente
deprimida. «Moitos problemas veñen pola falta de cultura da xente», finaliza.

Texto adaptado e traducido da noticia


«Animan a recuperar miles de hectáreas de soutos abandonados en Os Ancares
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2017/04/18/animan-
recuperar-miles-hectareas-soutos-abandonados-os-
ancares/00031492463832273227558.htm]»
La Voz de Galicia. 18/04/2017

Bloque 1 de actividade… 1

2. Sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

a. O artigo permite reflexionar sobre o abandono do rural


galego.

Verdadeiro Falso
b. Entre outubro e decembro pérdense miles de quilos de
castaña anualmente por non seren recollidas.

Verdadeiro Falso
c. A cooperativa A Carqueixa promove a recuperación dos
soutos, así como a explotación comercial do mel e dos
cogomelos.

Verdadeiro Falso
d. O abandono dos soutos dos Ancares pon de manifesto
outra problemática: o avellentamento poboacional no rural
e a escaseza de man de obra neste ámbito.

Verdadeiro Falso
e. A actividade principal da citada cooperativa é a venda de
castaña para consumo de persoas e do gando.

Verdadeiro Falso
f. Quen comeza a explotar novamente os soutos son,
eminentemente, persoas mozas.

Verdadeiro Falso

3. Le este texto expositivo sobre a castaña galega e, a seguir,


realiza a actividade proposta. Toma os apuntamentos que
precises. Ademais, tamén podes consultar as principais
variedades de castaña galega
[http://www.castanadegalicia.org/documentacion/variedades.
pdf].
Realiza un esquema das ideas principais do texto que contemple:

A forma de cultivo da castaña


Os obxectivos desta técnica
As características básicas do cultivo da castaña

As variedades galegas da castaña foron multiplicadas por enxerto e


cultivadas nos soutos durante séculos co fin de producir castaña
destinada á manutención das persoas e tamén do gando. En cada
souto enxertábanse de tres a cinco variedades diferentes ou máis, coa
finalidade de obter produtos óptimos para as diferentes formas de
consumo (castaña asada, cocida ou seca); para estender o período da
colleita; para asegurar a produción (pois existen variedades aneiras e
multianuais) etc.

Os vellos soutos que se conservan


na actualidade en Galicia foron
creados maiormente para fornecer
de alimento unha sociedade de
autoconsumo. Unha das súas
características é a diversidade na
súa composición. Así, como
consecuencia desta gran
mesturanza, moitas castañas non
son aptas para a transformación en
industria e son pouco valoradas
para a venda en fresco. Nalgunhas
zonas de soutos, con todo,
propagáronse as variedades locais
máis valoradas no mercado.

Aínda que algunhas variedades se cultivan en varias comarcas, estas


adoitan presentar unha distribución xeográfica moi restrinxida a
certos territorios: a montaña ou a chaira lucense, Valdeorras, Terra de
Trives e o extremo suroeste da provincia de Ourense.

Esta diversidade varietal debe ser conservada e pode ser útil, pero é
tamén o motivo de que as producións de castaña de certas variedades
demandadas pola industria non sexan as suficientes para seren a
materia prima de procesos de transformación baseados nelas.

Texto extraído e adaptado da páxina Indicación Xeográfica Protexida


Castaña de Galicia [http://www.castanadegalicia.org/site/index.php?
lang=gl].
2.2. Castañas en tendas gourmet. Comprensión oral

Bloque 2 de actividade… 1 2

4. Tras visionar esta noticia


[http://www.crtvg.es/informativos/unha-empresa-de-allariz-a-
primeira-en-comercializar-castanas-maias-elaboradas-dun-
xeito-artesan-947515] dos informativos da CRTVG, completa o
texto cos enunciados escollidos en cadansúa pestana.

Dous emprendedores de Allariz apostaron pola recuperación do

cultivo da castaña. Dedícanse concretamente ao traballo con

castaña maia , que se vende sen pel e cocida , aínda

que tamén a distribúen asada . A castaña maia, tamén

denominada “do carrizo”, consómese tradicionalmente en

países como Italia, Alemaña e Francia.

O seu traballo é principalmente automatizado e moi

laborioso, pois as castañas deben ser lavadas no

sequeiro ata dúas veces ao día. Tras seren quentadas durante

doce días, pélanse. Posteriormente,

lávanse , todo isto a man.

En pouco máis dun ano xa comercializaron máis de dous mil

quilos de castañas maias, un produto con moita exposición en


Internet e nas tendas de produtos de alta gastronomía. Ademais,

tamén distribúen fariña de castaña , co fin de recuperar o

espazo deste froito na cociña tradicional galega.

5. A industria alimentaria consegue xerar un importante valor


engadido aos seus produtos mediante o seu procesamento e a
súa transformación. Accede a esta noticia
[http://www.crtvg.es/informativos/90-empresas-galegas-
promocionan-os-seus-produtos-en-alimentaria-2016-
2009768] da CRTVG, visiona o vídeo e, despois, redacta un
breve texto para reflectires a túa opinión sobre os pros e os
contras de que certos produtos transformados se destinen
maioritariamente aos mercados de alto poder adquisitivo.

6. Sabela e Paulo conversan sobre unha noticia dun diario


tecnolóxico. Escoita a súa leria e, despois, indica se as
afirmacións son verdadeiras ou falsas.
a. Paulo é un entusiasta dos videoxogos.

Verdadeiro Falso
b. A Sabela enfastíana os videoxogos bélicos de inspiración
futurista.

Verdadeiro Falso
c. O micromecenado consiste nunha estratexia de financiación
baseada na colaboración de persoas anónimas a cambio de
certas compensacións non económicas.

Verdadeiro Falso
d. Paulo chancea con Sabela polos seus gastos durante as
campañas de ofertas tecnolóxicas.

Verdadeiro Falso
e. Entre os premios por colaborar na financiación do
videoxogo encóntrase a degustación de comida e bebida
galega, como a cervexa celta.

Verdadeiro Falso
A leria de Sabela e Paulo (3)

Paulo: Ei!, Sabela! Bótalle unha ollada a esta noticia...


Sabela: A ver, déixame ler: “Recta final para facer realidade o
videoxogo da Galicia mítica”... Aleluia! Por fin un videoxogo que
recrea a nosa cultura. Xa vou estando algo fartiña de aturar a cada
canto unha nova guerra nuclear espacial entre faccións de poderosas
potencias mundiais... o nunca visto!
Paulo: Co adicta que es ti aos videoxogos, xa sabía eu que che ía
prestar a nova.
Sabela: A ver, adicta, adicta... non diría tal! Afeccionada... talvez.
Paulo: Afeccionada dis? Queres que che recorde o que gastaches no
último “Venres negro”?
Sabela:Vaites, vaites! Como se nunca me viras mercar tecnoloxía!
Paulo: Non me tires da lingua, que me perdo... Mira, aquí di que o
videoxogo estao a desenvolver unha produtora galega con sé na
Coruña e que aínda se pode colaborar na súa campaña de
micromecenado.
Sabela: Ah! Un crowdfunding deses... non si?
Paulo: Arredemo! Sempre co inglés na boca! Como se nota que tes
exame na academia dentro de nadiña...
Sabela: Non me amoles con iso, Paulo, que xa é un dos últimos que
me quedan... e logo ata cando se pode colaborar na campaña?
Paulo: Aquí di que aínda fica unha semana para alcanzar a cifra de...
carafio!, 150 000 euros. E xa están preto dos 140 000! Tamén di que
haberá unha recompensa especial para quen achegue 1000 euros:
unha viaxe á Coruña, con dous días de estadía nunha recreación dun
castro e visitas guiadas aos lugares que aparecen no xogo;
degustación de comida e bebida galega; unha armadura exclusiva; un
epitafio personalizado e... un torque feito de ouro! Quen te vería polo
choio adiante coa túa alfaia!
Sabela: Se cadra con 20 € teño dereito a unha cervexa celta! Vou que
me mato...
3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. Os adverbios e as locucións adverbiais


As engrenaxes da lingua

Adverbios e locucións adverbiais

O adverbio é unha clase de palabra invariable (isto é, non posúe ningún tipo de
flexión) que expresa nocións de tempo, lugar, modo, afirmación, dúbida etc. A súa
función sintáctica é a de modificar outra palabra, normalmente un verbo (Chegou
axiña), un adxectivo ( Está moi cansa) ou outro adverbio ( Quere moito máis).

Xa que a súa característica esencial é indicar certos valores ou circunstancias, é


moi frecuente que a nivel sintáctico constitúan complementos circunstanciais,
cuxa tipoloxía é moi variable. Así pois, segundo as circunstancias que estas
palabras expresaren, podemos clasificalos en adverbios de lugar, de tempo, de
modo, de cantidade e precisión, de afirmación, de negación ou de dúbida.

Porén, ao seren aínda insuficientes os adverbios para expresar todas as


circunstancias verbais que a lingua pode reflectir, existen combinacións de dúas
ou máis palabras que equivalen a un adverbio. Son as locucións adverbiais:

Polo xeral, as locucións adverbiais están formadas por unha preposición mais
outra clase de palabra:

Preposición + (artigo) + substantivo: á beira, a deshora, a/de propósito, ás


veces, á/de/en fronte...
Preposición + adxectivo: de novo, en van, de certo...
Preposición + verbo: a correr, a fartar...
Preposición + adverbio: de pronto, de máis, de todo...

O conxunto de adverbios e locucións adverbiais na nosa lingua é bastante


extenso. Velaquí tes unha listaxe xeral
[https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Sintes
e_gramatical.pdf] (páxs. 107 a 110)

(4)

Bloque 1 de actividade… 1
1. Emparella os adverbios e locucións da columna da esquerda co
seu significado, da columna da dereita.

A boca de Contrariamente ao esperado


cano

Dando tombos polo chan


Á mantenta

Cara a atrás
Ás avesas

Montado sobre algo coas pernas


De baluto abertas; ás carranchas

De maneira súbita, a balavento; de


Ás improviso; a queimarroupa
vorcalladas

Sen interrupción

A
De maneira intencionada; de
cachapernas
propósito, adrede

Inultimente, en balde
A ceacú

Decontino
2. Velaquí algunhas locucións máis. Es quen de as emparellares
todas?

A eito Sen quitar a vista do punto onde se


dirixe

A embute
De maneira inesperada, por
sorpresa; de súpeto
Por fas

Sen reflexionar
En fite

Sen escoller
Ás toas

A ombreiros, ás cabaleirolas, a
De socate
requichas

Ao carricho
En gran cantidade; a barullo, a
esgalla, a varrer
Ao
desbarate
A moi baixo prezo

Con razón ou sen ela, de calquera


forma
Lembra! (4)

Na última actualización das Normas ortográficas e morfolóxicas do


idioma galego (NOMIGa), aló por volta do ano 2003, algúns adverbios
e locucións ficaron desbotados como formas normativas. Tamén se
fixou a grafía correcta doutras formas, así como a súa acentuación
prescritiva.

Resaltamos, a seguir, algúns dos casos que poden resultar dubidosos:

Escríbense como forma plena os adverbios apenas, talvez,


acotío, decontado, decontino, deseguida/deseguido (e enseguida),
amodo, adrede e devagar.
A locución *alomenos non é normativa. As formas equivalentes
son ao menos, polo menos ou cando menos. Da mesma maneira,
o adverbio *entonces (un españolismo que se consideraba
normativo sorprendentemente ata a citada revisión) foi
substituído polas formas xenuínas entón ou daquela.
Os adverbios acabados en –mente non se acentúan. Só no caso
dunha construción coordinada, con dous adverbios de modo
con esta terminación, do tipo: Realizaron o traballo rápida e
eficazmente, o primeiro adverbio de modo (ao que se lle retira o
sufixo para evitar a cacofonía: rapidamente e eficazmente) pode
levar o acento que lle cumpra polas normas xerais de
acentuación.
Tradicionalmente téñense empregado con certa frecuencia,
sobre todo na literatura, adverbios con carácter presentativo
(co fin de presentar algo ou alguén que xa está á vista,
localizándoo no espazo): eis, velaquí e velaí. Destas tres, a
primeira [https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/eis]
ficou excluída da normativa: Onde van as tesoiras? Velaquí/velaí
as tes.
3.2. A orde dos constituíntes oracionais

A lingua galega presenta unha orde sintáctica elemental:


Suxeito + verbo + complementos, que lle dá maior “importancia” ao elemento que
ocupe a posición inicial no enunciado. Non obstante, esta ordenación é flexible, e
calquera deses elementos pode aparecer en posicións indistintas:

A avogada gastou moitos cartos.


Gastou moitos cartos a avogada.
Moitos cartos gastou a avogada.
As engrenaxes da lingua

A orde dos constituíntes oracionais

En calquera caso, o elemento que apareza no inicio resultará sempre destacado, e


convértese no máis relevante dentro do enunciado. Xa que logo, a ordenación dos
constituíntes da oración responde á vontade de transmitir a información dun xeito
determinado, outorgándolle máis “peso” informativo a un elemento sobre os
demais.

No plano sintáctico, calquera dos enunciados anteriores é igualmente correcto,


mais do punto de vista da comunicación existen diferenzas, segundo se queira
realzar quen realiza a acción do verbo (A avogada gastou moitos cartos), que acción
verbal se desenvolve (Gastou moitos cartos a avogada) ou que complemento se
relaciona coa forma verbal (Moitos cartos gastou a avogada).

Ademais, esta variabilidade na ordenación dos constituíntes oracionais tamén


pode ter outro tipo de implicacións, especialmente no caso da posición que ocupe
o obxecto directo (OD), que pode provocar cambios na sintaxe:

Colocación normal: Nós aprobamos as mudanzas na normativa.


Colocación “marcada”: As mudanzas na normativa aprobámolas nós.

Colocación normal: Escribireiche unha carta desde Budapest.


Colocación “marcada”: Unha carta che escribirei desde Budapest.

No primeiro enunciado, a colocación do OD no inicio esixe a súa reduplicación


nunha forma do pronome átono coa mesma función, detrás do verbo: (l)as.

No segundo enunciado, a colocación do OD no inicio non provoca a


reduplicación, mais obriga a unha colocación proclítica do pronome átono de OI:
che escribirei.

(5)

Bloque 2 de actividade… 1
3. Observa o exemplo e realiza os cambios precisos nos seguintes
enunciados co fin de destacar a información subliñada. Repara
nos cambios que son necesarios para respectar a gramática
galega. Na medida do posible, mantén a orde das palabras igual
que nas oracións das que partes e escribe as maiúsculas e
minúsculas correctamente.

Exemplo: Eu goberno a miña vida > A miña vida gobérnoa eu.

a. Vimos as noticias desde o hotel.

b. Vanche contratar unha nova póliza o mes entrante.

c. Adoptaran o gato nunha protectora.

d. Durante a fin de semana atopou varios ex-alumnos na praia.

.
Lembra! (5)

Ás veces, os enunciados van encabezados por expresións (máis ou


menos complexas) que expresan as circunstancias do verbo e cuxa
posición lóxica os situaría pospostos sempre ao suxeito. Na maioría
das ocasións, trátase de locucións con valor adverbial ou
subordinadas adverbiais, que se separan cunha coma do resto da
oración:

Desgrazadamente, o avión aterrou noutro aeroporto por mor da néboa.


Tras aprobar o exame, marchou de vacacións.
Aínda que lle negaron a subvención, sacou o proxecto adiante.

Por imitación desta ordenación sintáctica, existe unha certa tendencia


a colocar unha coma sistematicamente antes dos verbos, o que se
converte nun problema de cohesión textual cando esta separa o
suxeito do predicado, sobre todo cando o suxeito está integrado por
un número relativamente amplo de palabras:

*A empresa galega con sé en Cataluña, presentou os seus drons na feira


de tecnoloxía.
Recomendable:
*A empresa galega con sé en Cataluña presentou os seus drons na feira de
tecnoloxía.
4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. A presentación dixital

A presentación dixital é un conxunto de textos, amosados en secuencia mediante


unha aplicación informática, que condensa a información fundamental que se
quere transmitir sobre unha idea, un traballo ou un proxecto.

A presentación dixital presenta


moitas vantaxes sobre a exposición
oral tradicional, sobre todo no ámbito
profesional, por mor do apoio visual e
de recursos que achega. Con todo,
convén empregar as presentacións de
maneira sensata, tendo claro que a
súa finalidade é servir de axuda a
unha exposición, e nunca substituíla
nin repetir o seu contido.

1. Le o seguinte texto.

A galega Avansig, gañadora global do South Summit na sección de


mobilidade intelixente
Avansig, empresa de enxeñaría de software creada por investigadores ligados
ao CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) e integrada
no Clúster TIC de Galicia, vén de proclamarse gañadora na sección de
Mobilidade Intelixente no evento South Summit Innovation 2017. E fíxoo coa
solución Avansig Smart Drons, un desenvolvemento que lles permite aos drons
voaren dentro dos edificios cunha precisión centimétrica e de maneira
completamente autónoma. O obxectivo desta tecnoloxía de Avansig é
automatizar tarefas en interiores (vixilancia física, inventarios automáticos,
inspección de grandes estruturas ou seguimento de procesos industriais). Os
responsábeis da empresa emerxente galega salientaron o privilexio de poder
participar no evento (unha palestra de innovación á vista do mundo) e
agradecéronlle ao xurado da devandita sección a valoración feita sobre o seu
proxecto.

Traballadoras e traballadores de Avansig.

O South Summit, segundo lembra o Clúster TIC, é un evento referencial que


pon en contacto os emprendedores máis innovadores cos investidores
internacionais máis importantes e as empresas interesadas en melloraren a
súa competitividade a través da innovación. O evento celebrouse entre os
días 4 e 6 de outubro de 2017, en Madrid.

Na fase final do certame, Avansig participou xunto cun centenar de novas


firmas, seleccionadas por máis de 90 especialistas en tecnoloxías de vangarda.
A empresa galega, que conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento
de sistemas de navegación autónomos, foi seleccionada co proxecto
Autonomous Smart Drones de entre un total de 3500 proxectos (un 53% deles
internacionais), procedentes de máis de 72 países.

Para quen non saiba da natureza da actividade de Avansig, cómpre sinalar que
se centra en boa medida no desenvolvemento de sistemas de videovixilancia
en edificios mediante o emprego de drons. Un exemplo disto é o proxecto
SINDA (Sistema de Seguridade en Interiores con Drons Autónomos),
encamiñado a xerar tecnoloxías de videovixilancia en interiores mediante o
emprego de drons autónomos baseados en visión artificial 3D.

Texto adaptado da noticia « A galega Avansig, gañadora global do South


Summit na sección de mobilidade intelixente [https://codigocero.com/A-
galega-Avansig-ganadora-global-do-South-Summit-na-seccion-de-
mobilidade]»
Fernando Sarasketa. Código Cero. 18/10/2017
Bloque 1 de actividade… 1

2. De acordo coa información do artigo anterior, selecciona os


enunciados que deberían incorporarse a unha exposición
académica, de entre os que se che ofrecen, segundo a súa
importancia.

Avansig é unha empresa de enxeñaría de software


vinculada ao CITIC da UDC.

A empresa Avansig foi creada por investigadores da UDC.

A empresa Avansig acadou un recoñecemento no South


Summit Innovation 2017 cun proxecto de drons para
interiores, que permite automatizar diferentes tarefas.

Os responsables da empresa galega salientaron o privilexio


de participar no certame.

O South Summit permite poñer en contacto emprededores


innovadores con investidores e empresas.

O evento celebrouse en Madrid.

O proxecto Autonomous Smart Drones, da empresa galega,


impúxose a 3500 proxectos, dos cales máis da metade
eran internacionais.

A empresa Avansig centra o seu traballo no


desenvolvemento de sistemas de video-vixilancia
mediante drons, cuxo maior expoñente é o proxecto
SINDA.

Os drons autónomos baséanse na visión artificial.


4.2. Mellorar as presentacións

Como se fai?

Ofrecémosche, a seguir, algúns consellos para elaborares presentacións


eficientes.

Planifica adecuadamente

Selecciona e organiza os contidos de maneira clara e cun propósito. Aínda


que a información se ofreza en secuencias (as diapositivas), podes axustala
á estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e conclusión.
Tamén debes axustarte ao tempo do que dispoñas para a presentación.

Deseña con destreza

Utiliza a tipografía racionalmente (tamaño e estilo da fonte, recursos


tipográficos...): convén non mudar de fonte entre diapositivas e empregar
as que teñen un estilo moi marcado (como a Comic Sans) de xeito
contido. As cores da fonte deben casar coas do fondo da diapositiva (a
combinación de verde, vermello e marrón é difícil de ler para moitas
persoas) e as imaxes deben ter certa calidade para que se vexan ben en
tamaño completo. Ademais, é mellor non abusar dos efectos de transición
que incorporan as aplicacións informáticas
Redacta sinteticamente

Recorda que a presentación é un apoio do que dis, así que se na pantalla


aparece moito texto, o público perderase con facilidade entre o que
escoita e o que le. A redacción debe ir ao miolo, procurando a concisión.
Son máis efectivos os enunciados breves e as diapositivas con pouco
contido. Por suposto, ollo con non cometer error ortográficos.
Expón con seguridade e axilidade

Factores como a voz, a entoación, a dicción e a fluidez son esenciais para


unha comunicación eficaz. Non dubides en ensaiar as veces que sexa
necesario antes da presentación final, iso evitará as consecuencias dos
nervios do directo: falar en voz baixa, de costas ao público, mirando ao
teito ou ao chan... Ademais, hai unha importante diferenza entre moverse
sen acougo nun mesmo sitio e desprazarse polo auditorio coa intención
de conectar co público.

Prevé os inconvenientes

Ás veces o que falla non depende da túa presentación: a computadora


non funciona, o proxector escangallouse, o lapis de memoria ten un virus...
Leva sempre a túa presentación nun formato fácil de recuperar (en papel,
por exemplo) ou en dous lapis. As precaucións poden salvarche o día!

Bloque 2 de actividade… 1

3. Accede a esta noticia [https://codigocero.com/Teimas-


Desenvolvemento-exemplo-de-innovacion-tecnoloxica-no-
sector-da-reciclaxe] de Código Cero e prepara, en catro
diapositivas, o contido escrito que debería ter unha
presentación dixital sobre ela. Se tes conta de gmail.com
[https://www.google.com/intl/gl/gmail/about/], podes
empregar un documento de Google Presentacións
[https://www.google.com/intl/gl/slides/about/]. Se non, usa
calquera programa para crear diapositivas.
5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo as Mulleres Colleiteiras

1. Le a seguinte noticia e toma as notas que precises. Despois, responde as


preguntas.

Mulleres Colleiteiras, modelos de éxito

O proxecto de economía social para recoller aceite usado pulveriza as


expectativas
Montse Carneiro, 30/04/2018

Orgullo xitano o de Soraya Romero falando de territorio e saber. «Esa experiencia


na ferralla e o cartón nós témola. Porque alí, nas Rañas, faise. Témola de vermos
os nosos pais e as nosas irmás», presume esta muller de 20 anos sentada nunha
nave do polígono de Iñás, cansa e famenta, ás catro da tarde, despois de completar
a súa xornada recollendo aceite usado dos puntos xestionados pola cooperativa
Mulleres colleiteiras.

Con ela atópanse a súa irmá Violeta, presidenta; Emilia Allegue, socia, e Susana
Peña, traballadora contratada e coordinadora deste proxecto de economía social,
exemplar, que brinda a mulleres excluídas un posto de traballo e a ocasión de
«sacar a cabeza ao mundo e dicir: "estou aquí"», subliña Emilia, que ata a súa
entrada na cooperativa viviu a súa particular odisea como parada de longa
duración con familia ao seu cargo.

A oportunidade da ferralla

Volvendo ao principio, a oportunidade naceu da ferralla. Un equipo de Arquitectos


sen Fronteiras ocupado en mellorar a habitabilidade nos poboados xitanos das
Rañas e A Pasaxe detectou, «ademais das necesidades, as fortalezas das mulleres
dos asentamentos, que levaban moito tempo dedicándose á recollida de cartón,
papel e ferralla. Así que pensaron: E por que non aceite?», recorda Susana Pena.

Mulleres colleiteiras

Aceite doméstico usado. Un residuo de tratamento complexo que adoita ir polo


desaugadoiro (dous terzos, segundo a estimación estatal), dispara o custo do
saneamento e da depuración, e contén 5000 veces máis carga contaminante que
as augas residuais que circulan polos sumidoiros. Un litro de aceite usado pode
contaminar 40 000 litros de auga.

Con ese material traballan: recólleno, almacénano e véndeno a unha empresa que
realiza o primeiro dos filtrados para converter o residuo en biocombustible. Hai
plans para abordar este proceso na nave de Iñás coa maquinaria adecuada. Tamén
para xestionar unha rede pública de recollida en Arteixo, para a que xa
presentaron a documentación, e nos oito municipios do Consorcio das Mariñas,
no caso de lles adxudicaren os servizos.

«No 2017 as
catro
traballadoras
recolleron 43
916 litros de
aceite,
o cuádruplo
que
o ano
anterior»
Cinco anos despois do seu nacemento en Monte Alto como un proxecto piloto
con decenas de mulleres implicadas, a cooperativa acumula experiencia,
quilómetros de furgoneta, puntos de recollida (38 públicos, 34 semipúblicos en
entidades e centros educativos e unha longa relación de lugares privados en bares
e restaurantes) e coñecemento. O seu traballo e as charlas de difusión para alentar
a reciclaxe deron resultado.

A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens renovou esta semana


o convenio que mantén con Mulleres Colleiteiras desde a súa constitución como
cooperativa. No 2017 as catro traballadoras recolleron 43 916 litros de aceite, o
cuádruplo que o ano anterior.

Soraya e Violeta, que agora viven coa súa nai nun piso de Eirís e achegan os
únicos ingresos á familia, levántanse ás sete da mañá e collen o 23A e o autobús
de Betanzos para chegaren a Iñás, pasadas as nove. Andan ás voltas co carné de
conducir. «Aínda que o coche contamina», anota Violeta. As catro parecen
satisfeitas. «Tamén porque somos mulleres —afirma Soraya—. Eu que sei.
Adáptaste mellor. Traballas en confianza e todo iso».

Texto traducido e adaptado da noticia « Mulleres Colleiteiras, modelos de éxito


[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2018/03/30/mulleres-
colleiteiras-modelos-exito/0003_201803H30C2991.htm]».
La Voz de Galicia. 30/04/2018

Bloque 1 de actividade… 1
2. Indica se os seguintes enunciados sobre a información
referente ao proxecto das Mulleres Colleiteiras son certos ou
falsos.

a. O proxecto Mulleres Colleiteiras foi promovido por socias


dunha empresa que quedaron no paro.

Verdadeiro Falso
b. O proxecto está orientado a mulleres de idade avanzada, en
risco de exclusión do mercado laboral.

Verdadeiro Falso
c. A idea de reciclar aceite usado xurdiu dun estudo do colectivo
Arquitectos Sen Fronteiras.

Verdadeiro Falso
d. O equipo que integra o proxecto non tiña experiencia previa na
recollida de materiais usados, mais conseguiu saír adiante a
través da fórmula da cooperativa laboral.

Verdadeiro Falso
e. O investimento en maquinaria e os acordos con entidades
públicas son dous obxectivos estratéxicos da cooperativa.

Verdadeiro Falso
f. O proxecto posúe unha vertente medioambiental clara, pois
evita a contaminación das augas residuais.

Verdadeiro Falso
5.2. Tecnoloxía feita “na casa”

Bloque 2 de actividade… 1

3. Visualiza esta noticia [http://www.crtvg.es/informativos/unha-


empresa-galega-a-unica-en-espana-que-fabrica-a-carta-
proteses-para-animais-2371923] da CRTVG e escolle o
enunciado que represente da maneira máis fiel o seu contido.

A empresa BETA dedícase á fabricación de implantes para


animais que sufriron algún traumatismo físico. A principal
vantaxe destas próteses é que se adaptan á morfoloxía de
cada animal.

A empresa BETA, con sede en Salvaterra, dedícase á


fabricación de implantes para animais que sufriron algún
traumatismo físico. A principal vantaxe destas próteses é
que se adaptan á morfoloxía de cada animal, unha
circunstancia única en España.

A empresa BETA dedícase á fabricación de próteses para


animais con algún tipo de trauma. A principal vantaxe
destas próteses é que poden personalizarse segundo as
características do animal.

A empresa BETA dedícase á fabricación de implantes para


animais que sufriron algún traumatismo físico. A principal
vantaxe destas próteses é que a tecnoloxía empregada as
fai máis resistentes que as da competencia.
4. Nesta noticia
[https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/08/17
/protesis-carta-animalesla-complutense-usa-implantes-firma-
master-traumatologia/0003_201608V18C8991.htm] de La Voz
de Galicia amplíase a información que acabas de visualizar no
vídeo anterior. A partir dela, intenta completar as palabras das
definicións. Escribe unha letra en cada oco.

a. Peza postiza para substituír unha orixinal. P E


.

b. Condición ou situación favorable. V E.

c. Especialidade médica que consiste en realizar operacións


manualmente, coa axuda de instrumentos, nun corpo vivo. C
R X .

d. Colocación de cartos nunha operación financeira, co fin de


obter un rendemento futuro. V TI
O.

e. Conxunto de mil unidades, ás veces de xeito aproximado.


MI R .

f. Facer que algo resulte proveitoso a nivel económico.


R D ZAR.

g. Enumeración dunha serie de persoas, obxectos etc. IS


E.
6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

Galego ConCurso 1
1. Mira o vídeo e indica se as seguintes afirmacións son
verdadeiras ou falsas segundo o que di Manuel Núñez
Singala, profesor da Universidade de Santiado de Compostela.

O galego non adapta as palabras que proveñen doutras linguas.

Verdadeiro Falso
En galego é preferible dicir rato a mouse.

Verdadeiro Falso
O galego está ben posicionado respecto doutras linguas de
analizarmos o seu uso nas novas tecnoloxías.

Verdadeiro Falso
6.2. Avalíate

Autoavaliación

Mostrámosche a continuación algunhas actividades para


avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade.
1. Le o seguinte fragmento dunha noticia e emparella os
enunciados relacionados pola información que achegan:

Cando a revolución do ‘low cost’ levou Galicia ao


espazo
A redución de custos puxo en marcha hai uns anos unha auténtica
revolución no sector aeroespacial, ata ese momento copado por
grandes axencias e corporacións, que lle facilitou a entrada a novas
empresas e organizacións. Peza central nese proceso de
democratización do espazo, coñecido como new space, son os
nanosatélites, que no caso de España iniciaron a súa carreira co
Xatcobeo, o cubesat deseñado e construído pola Agrupación
Aeroespacial da Universidade de Vigo, lanzado ao espazo o 12 de
febreiro do ano 2012. Logo de transcorreren case sete anos desde
ese fito e once desde que comezou a carreira aeroespacial na
institución académica, Vigo converterase no epicentro do new space o
vindeiro 29 de novembro, co gallo da celebración de New Space
España. Organizado pola propia universidade, o Centro de Innovación
Aeroespacial de Galicia (Cinae) e a spin-off Alén Space, o evento (o
primeiro sobre new space que se celebra en España) reunirá máis dun
cento de representantes, tanto de novas empresas, como de grandes
axencias e corporacións aeroespaciais.

Redución de Xatcobeo
custos
Fito na Universidade de Vigo
Democratiza
ción do
Revolución no sector
espazo
aeroespacial

Nanosatélite
Empresas, axencias e
corporacións aeroespaciais
Lanzamento
do Xatcobeo
Novas empresas e
organizacións
New Space
España
2. Só unha das seguintes afirmacións, respecto da noticia anterior,
é falsa. Indica cal.

O Xatcobeo é un nanosatélite deseñado por un colectivo


da Universidade de Vigo.

O Cinae participou no primeiro evento sobre new space


celebrado en España.

A democratización do espazo significa que se permite a


entrada a novas empresas e organizacións aeroespaciais.

A Universidade de Vigo iniciou a súa andaina no envío de


satélites ao espazo no ano 2007.

3. Ordena as caixas de texto para que o esquema resulte


adecuado e coherente coa información do artigo da actividade
1.

1. O fito en Galicia: lanzamento do Xatcobeo

1. A referencia galega: o New Space España, organizado pola


UVigo, o Cinae e Alén Space

1. O new space ou “novo espazo”

1. Ferramentas esenciais: os nanosatélites

1. Definición: democratización do espazo e entrada de novas


empresas na carreira aeroespacial
4. Repara nas expresións resaltadas nestes enunciados e escolle
os adverbios e as locucións con significado equivalente.

a. A empresa presentou un ERE sen previo aviso.


Ás agachadas

b. Non che podo contestar sen coñecer o contido da noticia.


Ás agachadas

c. Aparcou o coche marcha a atrás e riscou a defensa.


Ás agachadas

d. Adriana fai as cousas sen pensar e aínda así todo lle sae
redondo. Ás agachadas

e. Tras moitas pescudas, descubriron que a presidenta relizaba


operacións arriscadas que non notificaba. Ás agachadas

f. Con moi pouca frecuencia, saïamos pescar na chalana.


Ás agachadas
5. Na seguinte listaxe procuramos adverbios que se escriben
nunha soa palabra. Repara na súa clasificación e nas letras que
xa aparecen e completa as ditas formas. Escribe unha letra en
cada oco.

Adverbio de cantidade e precisión:

A E

Adverbios de dúbida:

T Z
IS
I A

Adverbios de tempo:

G A
D NT
ÍO

Adverbio de modo:

V V R

6. Escolle a opción axeitada para modificares o enunciado que


aparece a continuación, co fin de que inclúa dous adverbios de
modo relacionados polo sufixo -mente:

Ás veces, a bolsa compórtase de xeito caótico e con aparente capricho.

Ás veces, a bolsa compórtase caoticamente e


caprichosamente.

Ás veces, a bolsa compórtase caóticamente e de


supetamente.

Ás veces, a bolsa compórtase caótica e caprichosamente.

Ás veces, a bolsa compórtase caotica e caprichosamente.


7. Modifica os seguintes enunciados para resaltar a información
da parte subliñada, tal e como se amosa no exemplo. Coloca
sempre a forma verbal tras o elemento resaltado e, na medida
do posible, mantén os demais elementos na mesma orde en que
aparecen no enunciado de partida.

Alexandre de Fisterra inventou o futbolín. > O futbolín


inventouno Alexandre
de Fisterra.

a. Nós fixemos o xantar. >


O xantar... .

b. Tomé e Carla encontraron a solución. >


A solución... .

c. Elisa xoga a partida ás tardes. >


A partida... .

8. Sinala cal é o enunciado onde o uso da comanon é


recomendable.

Cando chegue á casa, Lidia recomendarache unha boa


película.

Tras o terceiro mes de estancia, subíronlle o alugueiro sen


previo aviso.

Algúns domingos, Elisa xoga nun equipo profesional da


terceira división.

O conglomerado de empresas liderado pola factoría


galega, foi elixido para desenvolver as obras da
autoestrada.

9. Escoita estes consellos e escolle os que resultarían adecuados


para realizar unha presentación dixital.
10. Accede a este vídeo [https://nostelevision.gal/os-premios-
manuel-beiras-celebran-a-sua-19-anos-potenciando-o-galego-
no-comercio-compostelan/] e contesta as preguntas con
verdadeiro ou falso.

a. Nas iniciativas comerciais cómpre dar unha visión do galego


como un factor positivo.

Verdadeiro Falso
b. A presenza do galego no sector comercial é unha estratexia
unicamente positiva para a normalización do idioma.

Verdadeiro Falso
c. O uso do galego nas actividades comerciais pode converterse
nun factor diferencial para os negocios.

Verdadeiro Falso
d. A lingua galega é parte dun patrimonio que, no fundamental,
ten unha función sentimental.

Verdadeiro Falso
e. Nos negocios, o galego é a ferramenta de transacción que dota
de proximidade a relación entre empresa e cliente.

Verdadeiro Falso
6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3
Neste apartado poderás realizar unha proba
similar ás que has afrontar nos exames oficiais.
Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén
deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a
toda a información sobre os exames no Portal
da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3], alén de
consultar probas [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3/modelos-de-
exame] doutras convocatorias.

Proba escrita 1

1. Nesta ligazón
[http://www.premiosmanuelbeiras.gal/A4_bases_2018.pdf],
pode consultar as bases dos XIX Premios Manuel Beiras ao uso
do galego na empresa. Vostede é a persoa encargada das
relacións públicas da súa empresa, con sé en Compostela, e ten
de preparar un informe co gallo de presentar unha candidatura
a esta edición do certame santiagués. Neste informe, de 300
palabras, vostede debe:

Presentar a súa empresa e o seu ámbito de actuación.


Enumerar unha serie de actividades que puidesen resultar
merecentes do galardón.
Destacar unha iniciativa concreta da súa empresa que contribúa
especialmente á promoción do idioma galego.
Agradecer o estudo da candidatura presentada e valorar a
incidencia dos Premios na normalización da lingua galega no
ámbito empresarial.
6.4. Amplía

1. A influencia doutros idiomas exerce, en ocasións, un efecto prexudicial para


a nosa lingua, pois introdúcense nela termos que desprazan as formas
galegas xenuínas ou que se instalan, sen necesidade, no noso vocabulario.
O habitual é que entren no idioma por seren formas máis curtas, aínda que
a pronuncia sexa estraña para unha persoa galegofalante (incluso
castelanfalante).

No seguinte revoltallo de letras aparecen dez termos e expresións


estranxeiras que se corresponden cos dez termos propios do galego que
aparecen abaixo, todos do campo da empresa e as relacións laborais.
Encontra os termos innecesarios do revoltallo e recorda que en galego
temos recursos suficientes para xerar unha terminoloxía plenamente
adaptada aos novos tempos:

Termos en galego

revisión médica
crise bolsista
adestramento personalizado
acoso laboral
crebafolgas
arrendamento financeiro
cadro de persoal
lactación
traballo cooperativo
6.5. Na Rede

Ligazóns interesantes

A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes:

Teoría

Adverbios e locucións adverbiais


[https://www.edistribucion.es/anayaeduc
acion/8421332/00gramatica/adverbios.pd
f]
Presentacións eficientes e de calidade
[http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesor
amento/presenta/] (USC)

Textos

«Balnearios: a saúde que agroma do


manancial
[https://www.academiagalegadoaudiovisu
al.gal/wp-content/uploads/2017/06/O-
galego-no-cinema-galego.pdf]»

Recursos

Academia.gal
[https://academia.gal/dicionario%20]
Digalego.xunta.gal
[http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/i
ndex.php]
Tradutor gaio
[http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPu
blico/traducir/index%20]
Glosario elemental plurilingüe de relacións
laborais
[https://www.udc.es/export/sites/udc/snl
/_galeria_down/documentospdf/rrll_plurili
ngue.pdf_2063069239.pdf]
Vocabulario panlatino de material de
oficina
[http://www.oqlf.gouv.qc.ca/ressources/b
ibliotheque/dictionnaires/panlatin_articles
_bureau_20101126.pdf]
Créditos
© La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/]
Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de
Galicia.

Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz


Lafuente.

Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge


Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].

You might also like