You are on page 1of 3

Análise narratolóxica da novela

1. Sistema diexético.
Neste nivel de análise distínguese as unidades de espazo e
tempo.
O espazo narrativo pode ser: referencial ou físico, social (se
hai dados que nos sitúen nun tempo histórico), simbólico (dentro,
fora, arriba, abaixo), psicolóxico (lineal, labiríntico...).
En A noite branca hai tres tipos de espazos claramente
referenciais porque temos datos abondo para situarnos nun tempo
histórico: actual, a inmediata posguerra civil (1941-1942) coa
experiencia da guerra como fondo e a referencia cronolóxica para
deseñar o comportamento dos personaxes e anos antes nun espazo
referencial, na Habana a través do monólogo de Mª Luísa.
E o lugar está ben definido, de xeito que o lectorado pode
concretar en Ourense, Rusia e La Habana.
Un espazo que aparece desintegrado a causa da guerra.
É importante a funcionalidade do espazo porque nos dá
referencias do mundo de que o autor quere falar. Sinala problemas
e individuos que participaron no espazo de miseria dos primeiros
anos do século XX e nas consecuencias da guerra.

O tempo-acción divídese en tempo da enunciación e tempo da


ficción. O primeiro ten que ver co tipo de narrador (homo ou
heterodiexético) e o segundo co da ficción, analizando se se trata
dunha distribución clásica de presentación, nó e desenlace ou se se
narra invertendo o tempo cronolóxico, se hai anacronías (analepses
e prolepses, alteracións da orde de ocorrencia dos acontecementos
da diéxese).
A historia de A noite branca sucede nun tempo longo de dous
anos, sen contar o tempo do relato de Mª Luísa e os tempos de
preparación da novela.
2

No percorrido polos lugares de guerra van aparecendo


personaxes e lugares descritos con precisión.

2. Sistema actancial
Componse dos actantes: personaxes e actores. Os primeiros
están compostos polo suxeito e o obxecto da historia e os actores
son os personaxes secundarios e os receptores do relato,
narratarios se os hai.
O narrador configura os protagonistas da historia como
personaxes suxeitos de afectividade facéndoos portadores de
sentimentos. E, neste sentido, privilexia a súa dimensión humana e
social.
Pódese dicir que A noite branca é unha historia coral na que
os personaxes están ben caracterizados mesmo ideoloxicamente
para ofrecer a configuración social dun grupo de soldados e cativos,
ademais dos personaxes recreados por Mª Luísa, habitantes de
Ourense e de La Habana, membros das clases traballadoras. Esta
proxección social dos personaxes é utilizada polo autor para
describir o seu estado de alienación.
Os personaxes da novela están, en certa maneira,
caracterizados psicoloxicamente, non son persoas que falan e que
coñecemos polas súas palabras. Ó autor interésalle o seu mundo
interior tanto como a súa condición de seres submisos nun tempo e
dun espazo de miseria e ditadura.

Sistemas enunciativo e discursivo compoñen a dicción.


a. Sistema discursivo
Fernández Naval utiliza unha prosa clara con trazos poéticos e
coloquiais con escasos diálogos, un longo monólogo dirixido a
outros personaxes sen presenza directa no texto.
E utiliza un tempo lineal.
3

b. Sistema enunciativo
Na enunciación hai que analizar se se trata dun narrador
omnisciente heterodiexético ou un narrador en primeira persoa. E
se o autor e o lector están implícitos.
En A noite branca hai tres narradores: o autor en primeira
persoa, o suxeito enunciativo de ML e un narrador heterodiexético
(omnisciente).
No discursivo verase o uso da sintaxe, o tipo de parágrafo e o
ritmo narrativo (descrición, acción, contemplación...). Todo isto ten
que ver coa duración do tempo da historia, se hai un tratamento
redutor do tempo por parte do discurso (anisocronías, elipses ou
sínteses narrativas que reducen o tempo da historia) ou a historia
se presenta desenvolvida nos diálogos dos personaxes (isocronías,
duración do tempo da historia).
En A noite branca o discurso é narrativizando as palabras dos
personaxes, apenas hai dramatización. É o autor empírico quen
vehicula o discurso, salientando unha poética descritiva sobre a
accional, as accións están sempre referidas, son máis ben escenas
que proxectan accións anteriores.
O mundo narrativo da novela está levado da man de tres
suxeitos enunciativos seguindo unha liña progresiva, en tres
tempos: antes, despois e agora, cun desenvolvemento secuencial
alternativo.
Importancia da memoria.

You might also like