You are on page 1of 1

Lise Meitner, unha Nobel non recoñecida

Lise Meitner (Viena 1878- Cambridge 1968) foi unha física austríaca que sufriu dende os
comezos da súa carreira a discriminación por ser muller ao non poder investigar en igualdade de
condicións que os seus colegas masculinos. Está considerada como a nai xudía da bomba atómica e
a única científica que non quixo participar no proxecto Manhatan. Tamén é un dos casos máis claros
de mulleres que pola súa condición feminina non foron recoñecidas co premio Nobel.
Investigou xunto a O. Hahn co que descubriu o protactinio (Pa)(nº atómico 91) un novo
radioelemento que se desintegraba en actinio. A partir deste descubrimento comenzaron a
bombardear uranio (nº atómico 92) con neutróns para obter bario (nº atómico 52). Os resultados
deste descubrimento foron publicados por Hahn en 1932, pero foi Meitner quen nun artigo da
revista Nature en 1939, explicou perfectamente a división do uranio-235 introducindo o término de
fisión nuclear.
Por este descubrimento tan importante Otto Hahn recibiría o premio Nobel en 1944 mentres
que Lise Meitner a pesar de ser a súa colaboradora, non foi recoñecida co mesmo premio moi
probablemente por ser muller e ter orixe xudía. Este feito foi criticado pola comunidade científica e
Meitner obtivo o recoñecemento do publico e ao longo da súa carreira recibiu moitos máis premios.
Anos máis tarde despois de fuxir de Alemaña continuou investigando co seu sobriño tamén
investigador, sendo os primeiros en desenvolver unha teoría de como se rompen os átomos en partes
máis pequenas. Tamén foi ela a primeira investigadora en decatarse de que a fórmula de Einstein
E=mc2 explicaba por que a fisión nuclear producía tanta enerxía e así deu lugar ao comezo do
desenvolvemento das armas atómicas .

FERRER, Sandra. Una nobel no reconocida, Lise Meitner [en liña]. Mujeres en la historia. Martes,
29 de xulio de 2014 [consultado 11 de Setembro de 2015]. Dispoñible en:
http://www.mujeresenlahistoria.com/2014/07/una-nobel-no-reconocida-lise-meitner.html

TAMARO, Elena. Lise Meitner [en liña]. Biografías y Vidas. 2014 [consultado 11 de Setembro de
2015]. Dispoñible en: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/meitner.htm

MARTIN POZUELO, Víctor. Lise Meitner, la física olvidadda [en liña]. Think Big. 2012
[consultado 11 de Setembro de 2015]. Dispoñible en: http://blogthinkbig.com/lise-meitner-la-fisica-
olvidada/

GARCÍA, Maia. Lise Meitner, la científica que descubrió la fisión nuclear [en liña]. Pikara. 2012
[consultado 11 de Setembro de 2015]. Dispoñible en: http://www.pikaramagazine.com/2012/05/lise-
meitner-la-cientifica-que-descubrio-la-fision-nuclear-eva-y-la-manzana-de-newton/

You might also like