You are on page 1of 22

Concello

de
Narón

A Xunta de Goberno Local en data 13-11-2014 adoptou o acordo seguinte:

A Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, determina no


apartado c) do artigo 26.1, que os municipios cuxa poboación supere os vinte mil
habitantes, haberán de prestar, entre outros, o servizo de “prevención e extinción
de incendios”.

Na actualidade a efectiva prestación do devandito servizo estase a executar a


través dun Convenio suscrito a tal efecto co Concello de Ferrol; se ben o Concello
Pleno de Narón ten adoptado, na sesión celebrada o pasado día trinta de outubro
deste ano, acordo de denuncia do devandito documento paccionado, en aras aos
reiterados incumprimentos das condicións establecidas naquel instrumento, tal e
como se manifesta en diversos informes emitidos polo servicio de emerxencias do
Concello naronés, nos que se acredita que tal prestación carece das debidas
garantías acordadas. Nese mesmo acordo plenario o máximo órgano municipal
autorizaba a iniciación do expediente de selección e contratación de persoal de
emerxencias que necesario resultare para a axeitada prestación do servicio que nos
ocupa, cuxa urxente tramitación ven obviamente motivada polo vindeiro remate da
vixencia do Convenio citado, no mes de febreiro de 2015.

En cumprimento daquel mandato plenario e considerando o disposto no artigo 21.2


da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano
2014, que literalmente sinala: “Durante o ano 2014 non se procederá á
contratación de personal temporal, nin ao nomeamento de personal estatutario
temporal o de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir
necesidades urxentes e inaplazables que se restrinxirán aos sectores, funcions e
categorías profesionales que se consideren prioritarios ou que afecten ao
funcionamento dos servicios públicos esenciales”, así como o acordo adoptado polo
Concello Pleno de Narón en data 27 de febreiro de 2014, en cuxa virtude se
autorizaba á alcaldía-presidencia ao nomeamento de persoal estatutario temporal,
funcionarios interinos ou persoal laboral temporal para os supostos excepcionais ,
necesidades urxentes e inaplazables dentro dos sectores prioritarios ou que afecten
ao funcionamento de servizos públicos esenciais establecidos no artigo 26 da Lei
7/1985 de 2 de abril de Bases de réxime local, procede agora aprobar as seguintes
bases reguladoras dos procesos selectivos tendentes á provisión de tales postos.

Debe facerse constar nestes intres que o Concello de Narón ten amosada a súa
preferencia pola dación comarcalizada do servizo de extinción de incendios ao
estimar que tal fórmula prestacional resulta a mais convinte para dar formal
cobertura aos intereses públicos en xogo. Así se contemplou no Convenio asinado
co Concello de Ferrol, sen que se teñan dados efectivos pasos en tal sentido, que
beneficien á veciñanza naronesa. Por tal circunstancia, resulta acreditada a
necesidade de prestar no momento actual este servicio de forma directa e a través
de medios propios.

De acordo cos informes obrantes neste expediente resulta procedente, para a


axeitada prestación do servizo de prevención e extinción de incendios no municipio
de Narón, a contratación de quince traballadores.
Concello
de
Narón

Así, de entre as diversas fórmulas normativamente previstas expostas no informe


emitido ao respecto polo departamento de persoal, a alcaldía propón, por resultar
a mais convinte e axeitada, acudir ao réxime laboral temporal, por obra ou servicio.
Tal opción aparece avaliada pola normativa vixente e profusa xurisprudencia (por
todas STS 3330/2014, recurso 2622/2013) ao confluir neste suposto a totalidade
dos requisitos establecidos por aquela, isto é:
a) que a obra ou servizo que constitúa o seu obxecto, presente autonomía e
sustantividade propia dentro do que é a actividade laboral da empresa;
b) que a súa execución, ainda que limitada no tempo, sexa en principio de duración
incerta;
c) que se especifique e identifique no contrato, con precisión e claridade, a obra ou
o servizo que constitúe o seu obxecto; e
d) que no desenvolvemento da relación laboral, o traballador sexa normalmente
ocupado na execución daquela ou no cumprimento deste e non en tarefas distintas.

Resultando pois fora de toda dúbida o amparo normativo e xurisdiccional da


actuación pretendida, cabe sinalar que a contratación que se pretende identifica
plenamente o servizo a prestar, nítidamente perfilado polo propio Regulamento do
servizo de emerxencias, protección civil, prevención de incendios e salvamento
aprobado polo Concello de Narón e publicado, polo seu carácter normativo, no BOP
nº 178, do 18 de setembro de 2009.

Por iso, estímase procedente facer mención da sentencia do TS do 21 de marzo de


2002, recurso 1701/2002, que contén o seguinte razoamento, de indubitada
aplicación ao suposto que nos ocupa:

"QUINTO.- Por otra parte, es cierto que esta Sala ha matizado la doctrina expuesta
en el anterior fundamento cuando es la Administración Pública la que acude a la
contratación temporal causal, en atención a las peculiaridades que le son propias;
entre ellas, la posibilidad de acometer la ejecución de obras o servicios
determinados con dotaciones presupuestarias ajenas, limitadas en el tiempo y
variables. Pues esa circunstancia constituye un factor que puede no ser neutro, a la
hora de valorar si la obra o servicio tiene o no sustantividad propia y autonomía
dentro de lo que constituye su actividad laboral normal y si su ejecución está
limitada en el tiempo.

Pero también en esas ocasiones, la Sala ha señalado expresamente -- sentencias


de 10-12-96 (rec. 2429/1996 ), 30-12-96 (rec. 637/1996 ), 3-2-99 (rec. 818/1997
) y 21-9-99 (rec. 341/1999 ) dictadas en controversias que afectaban a
trabajadores contratados por un Ente Público -- que "el válido acogimiento a la
modalidad contractual que autoriza el artículo 15.1.a) del Estatuto de los
Trabajadores no sólo requiere que la obra o servicio que constituya su objeto sea
de duración incierta, y presente autonomía y sustantividad propia dentro de lo que
es la actividad normal de la empresa, sino además que, al ser concertado, sea
suficientemente identificada la obra o el servicio.
….
Y, fundamentalmente, que la singularidad de la obra o servicio (ya fuera formación
profesional, ayuda a domicilio, prevención de incendios, campamentos o
guarderías infantiles, etc.) quedará suficientemente determinada y concreta. Solo
Concello
de
Narón

cuando ello ocurrió tuvo por configurada una situación plenamente incardinable en
los preceptos antes citados.”

Así pois, exposto o anterior, o concelleiro delegado pola alcaldía para asuntos de
persoal propón a Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte acordo:

Aproba-las seguintes

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE 15 AXENTES DE


PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS, SALVAMENTO E PROTECCION
CIVIL

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.


O obxecto desta convocatoria é a provisión de quince (15) prazas de Axentes de
Prevención e Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil.

2º.- FUNCIONS DAS PRAZAS.- Serán as seguintes:


-As xerais que figuran no Regulamento do servizo de emerxencias, protección civil,
prevención e extinción de incendios e salvamento, publicado no BOP nº178 de data 18-
09-2012, e en xeral tódolos traballos que foran encomendados a dito servizo.
-A conducción de vehículos segundo os permisos esixidos como requisito así como a
renovación e mantemento dos mesmos.
-O manexo, mantemento e pequenas reparacións dos equipos materiais asociados a o
servizo de emerxencias.
Así mesmo os axentes estarán obrigados a manter en forma continuada as súas
condicións de aptitude física e profesional, mediante a asistencia a cursos de
formación física, teórica e practicas, así como asistir os cursos de
perfeccionamento profesional considerados necesarios pola Xefatura do Servizo.

3º.- REQUISITOS ESIXIDOS


Para tomar parte neste proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reuni-los
seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional doutros Estados conforme ós artigos
56 e 57 do Estatuto Básico do empregado Público
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación.
c) Estar en posesión do titulo de graduado ensino secundario obrigatorio, que se
deberán acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo
competente.
No caso de titulacións oficiais obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión na
mesma data do remate do prazo para presentar as instancias, da credencial que
acredite a súa homologación, expedida pola Subdirección General de Títulos,
Convalidacións e Homologacións, do Ministerio de Educación e Cultura.
d) Estar en posesión de carnet de conducir C+E e BTP.
e)Non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das
funcións propias do posto de traballo para o que se opta segundo relación contida
no Anexo IV.
f) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á
normativa vixente.
Concello
de
Narón

g) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera


das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia xudicial firme
para o exercizo das funcións públicas.
Tódolos requisitos esixidos nesta Base deberanse cumprir polos aspirantes na data
en que remate o prazo de presentación de instancias, e estarán obrigados a
mantelos vixentes mentres permanezan en situación de servicio activo no servizo
municipal de Emerxencias Narón.

4ª.- DEREITOS DE EXAME.- Serán de 17,21 euros, que poderán ser ingresados
na caixa do concello ou na conta ES63 2080 0235 95 3110000024

5º.- SOLICITUDES
5.1 As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ó Sr.
alcalde-presidente e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello,
debidamente reintegradas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o
seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no B.O.P. Poderán así
mesmo remitirse no xeito determinado no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de
novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común, neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante
telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

5.2 Coa solicitude deberá acompañarse inexcusablemente a seguinte


documentación:
a) Fotocopia compulsada do DNI.
b) Carta de pago acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou
resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboo. Os dereitos de exame so serán
devoltos a quen non fora admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos
esixidos.
c) Fotocopia compulsada do título esixido na Base Terceira.
d) Fotocopia compulsada dos carnets de conducir e permisos requeridos na Base
Terceira.
e) Fotocopias compulsadas dos méritos para o concurso.
f) Certificado médico, en impreso oficial, no que se faga constar expresamente que
o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para a realizacións
do exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba de
oposición.
Quedarán automaticamente excluídos aqueles opositores que non presenten esta
documentación no prazo establecido no apartado 1 desta Base.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase
que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta
convocatoria.

6ª.- ADMISIÓN DOS ASPIRANTES.


Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará Resolución
aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos (neste segundo caso con
indicación das causas que dean lugar á exclusión), que se fará pública, no Taboleiro
de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web naron.es.
Concederase un prazo de dous días para a presentación de reclamacións ou
corrección de erros. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá
o proceso selectivo, salvo que así o acorde a Alcaldía.
Concello
de
Narón

7ª.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.


O Tribunal cualificador estará integrado do seguinte xeito:
Presidente: Un funcionario de carreira do concello.
Vogais: Tres funcionarios , a designar pola Alcaldía.
Secretario: Un funcionario da Corporación.
A súa composición farase pública na mesma Resolución da Alcaldía pola que se
aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.
Tódolos vogais do Tribunal deberán ter titulación académica ou especialización
profesional igual ou superior á esixida para o acceso á praza obxecto desta
convocatoria.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade
convocante, cando concorran as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei
30/1992 citada, ou cando realizaran tareas de preparación de aspirantes para
probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Igualmente, os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando concorra
algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior.
O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade
dos seus membros (sexan titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso,
será precisa a asistencia do Presidente e do Secretario.
O Tribunal cualificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten
e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o
non previsto nestas Bases.
Co fin de garantir a idoneidade dos aspirantes seleccionados, o Tribunal deste
proceso queda facultado para a determinación do nivel mínimo esixido para a
obtención da cualificación mínima e da cualificación de apto, de conformidade co
sistema de valoración que se adopte en cada proba.
O Tribunal poderá proceder ao nomeamento de cantos asesores ou especialistas
precisos resulten para o desenvolvemento dalgunha das probas do proceso
selectivo.
O Tribunal cualificador non poderá declarar aprobados un número de aspirantes
superior ó de prazas convocadas
Na mesma Resolución pola que se aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos
e excluídos e se faga pública a constitución do Tribunal Cualificador, sinalarase o
lugar, data e hora para o inicio do proceso selectivo

8ª.- PROCEDEMENTO DE SELECCION.


O proceso selectivo constará de dúas fases:
-Fase de concurso de méritos.
-Fase de oposición.

1º FASE CONCURSO
Esta fase terá unha puntuación máxima de 15 puntos e consistirá na valoración
polo Tribunal, segundo o seguinte baremo en función dos méritos que acrediten os
aspirantes.

PRIMEIRO. Experiencia profesional. Ata un máximo de 7 puntos, da seguinte


maneira:
-Servizos prestados na mesma especialidade da que se pretenda formar parte,
nunha administración ou entidade pública xustificados mediante certificación de
Concello
de
Narón

servizos prestados realizada pola administración onde se prestasen os servizos :


0,25 puntos por cada mes completo ou fracción superior a quince días.
-Servizos prestados na mesma especialidade, da que se pretenda formar parte en
Centros, Entidades ou Empresas xustificados mediante fotocopia dilixenciada do
contrato de traballo e informe orixinal de vida laboral expedido pola Tesourería
Xeral da Seguridade Social : 0,15 puntos cada mes completo ou fracción superior a
quince días.

SEGUNDO. Cursos de formación ou perfeccionamento ata un máximo de 6 puntos.


-Cursos directamente relacionados co posto a desempeñar e cos contidos da parte
específica do Anexo II destas bases, a valorar da seguinte maneira:
·Cursos de 20 ata 39 horas……. 0,20 puntos
·Cursos de 40 ata 59 horas……. 0,40 puntos
·Cursos de 60 ata 79 horas……. 0,60 puntos
·Cursos de 80 ata 100 horas….. 0,80 puntos
·Cursos de 101 ata 200 horas… 1,00 puntos
·Cursos de 201 ata 300 horas… 1,25 puntos
·Cursos de máis de 300 horas… 1,50 puntos
Os cursos deberán estar impartidos por organismos públicos ou estar debidamente
homologados por entidades públicas.

TERCEIRO. Por estar en posesión dos seguintes permisos de circulación atá un


máximo de 1,00 puntos.
·D+E… 0,50 puntos
·ADR… 0,50 puntos

CUARTO. Por estar en posesión do título de “Instructor en Soporte Vital Básico e


DESA” acreditado por alguna das entidades recoñecidas pola Fundación Pública de
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou entidade pública equivalente:
·Instructor en SVB e DESA… 1,00 puntos

CUALIFICACION DA FASE DE CONCURSO.- A cualificacion da fase de concurso


se fará pública con respecto a aqueles aspirantes que teñan superada a fase de
oposición.
Os puntos obtidos na fase de concurso sumaranse á puntuación da fase de
oposición, sen que poidan ser aplicados para superar os exercicios da última fase
citada.
Os aspirantes disporán dun prazo de 2 dias hábiles, contados a partir do seguinte ó
da publicación da cualificación da fase de concurso para a presentación de
alegacións.

2º.- FASE OPOSICIÓN


Esta fase constará de 5 exercicios e unha proba médica. A valoración total desta
fase será de 40 puntos.

EXERCICIOS

PRIMEIRO EXERCICIO. –Probas de aptitude física.- Obrigatorio e eliminatorio


Consistirá na realización de todas as probas físicas que se indican no Anexo I.
Concello
de
Narón

Para aprobar este exercicio deberá superarse cada unha das 6 probas de que
consta o Anexo I, sendo, polo tanto, cada unha delas eliminatoria, isto é no caso
de non alcanzar a marca mínima en cada unha delas non se poderá acceder á
seguinte proba.
Cada unha das seis probas cualificarase de 0 a 10, sendo nota final deste exercicio
a suma de tódalas probas dividido entre 6.

SEGUNDO EXERCICIO. Proba de coñecimentos teóricos


-De carácter obligatorio e eliminatorio.
Consistirá na contestación por escrito, no tempo máximo de 60 minutos, dun
custionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha,
das que so unha delas será correcta, correspondentes ó contido do Anexo II (Parte
Xeral e Parte Específica), que serán propostas polo tribunal.
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados aqueles aspirantes que
non acaden a puntuación mínima de cinco puntos; fixándose a tal efecto como
puntuación minima de 5 puntos a obtención de 35 preguntas con resposta correcta,
sen prexuízo do sinalado no seguinte parágrafo.

Os opositores deberán responder igualmente a 10 preguntas de reserva a utilizar


polo Tribunal no suposto de impugnación e posterior anulación dalgunha das 50
preguntas nas que consiste o presente exercicio. No suposto de que a impugnación
e anulación acade un numero de preguntas superior ás 10 establecidas como de
reserva, a puntuación minima e a valoración alterarase proporcionalmente a tal
circunstancia.

TERCEIRO EXERCICIO. Obrigatorio e eliminatorio.- Proba de conducción e


estacionamento de vehículos do servizo Emerxencias Narón. O exercicio consistirá
en:
Unha proba de conducción e estacionamento obrigatoria con vehículos do servicio
Emerxencias Narón , no tempo establecido polo Tribunal.
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso obter unha puntuación de
5 puntos para superalo.
O tribunal, valorara a destreza na conducción, o bo uso do vehículo municipal, a
precisión das manobras e a eficacia das mesmas.

CUARTO EXERCICIO. Obrigatorio e eliminatorio. Proba de manexo e


coñecimentos de ferramentas dun Servizo Emerxencias. O exercicio consistirá en:
Unha ou varias probas prácticas establecida polo Tribunal das relacionadas no
Anexo III e relacionadas co coñecimento dos aspirantes de vehículos, ferramentas e
materiais de Emerxencias, e no tempo establecido polo Tribunal.
O tribunal, valorará a aptitude e destreza no manexo das ferramentas.
O exercicio puntuaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación
de 5 puntos para superalo.

QUINTO EXERCICIO. Obrigatorio e eliminatorio.-


Consistirá en traducir do castelán ó galego un texto sinalado polo tribunal nun
tempo máximo de 20 minutos.
O exercizo cualificarase de “apto” ou “non apto”
Concello
de
Narón

Quedarán exentos da proba de galego quen acredite estar en posesión do


certificado de galego, Celga 3, homologado polo órgano competente en materia de
política lingüística da Xunta de Galicia.

PROBA MEDICA

Recoñecemento médico
Os aspirantes unha vez rematados todos os exercicios, deberán superar un
recoñecemento médico en base ao cadro de exclusión médicas do Anexo IV. Esta
proba cualificarase de “apto” ou “non apto”

CUALIFICACION DA FASE DE OPOSICION.- A puntuación total da fase de


oposición será a suma das obtidas nos catro primeiros exercicios .

9ª.- PUNTUACION FINAL, CUALIFICACION DEFINITIVA E PROPOSTA DE


APROBADOS.

9.1 A puntuación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase
de concurso e oposición nas condicións sinaladas na Base Oitava.

En caso de empate este se dirimirá atendendo á mellor puntuación na proba


denominada “Proba de coñecementos teóricos”, correspondente ó segundo
exercicio da fase de oposición. De persistir un empate se solventará por orde
alfabético do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose pola letra que
determine o sorteo anual realizado pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia

9.2 Concluída a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal publicará no


citado Taboleiro de Anuncios e na páxina web a relación dos aspirantes aprobados
por orde da puntuación total, con especificación da mesma, e elevará a
correspondente proposta de contratación a favor dos aspirantes que obtiveran a
puntuación máis alta. O Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de
contratación a favor dun número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

9.3 No suposto de que os/as aspirantes propostos para a contratacion non


chegaran a tomar posesión do posto de traballo, ben por renuncia voluntaria ou por
non cumpri-los requisitos esixidos nestas Bases, o Tribunal formulará proposta a
favor dos/as seguintes aspirantes que superaran tódalas probas, ata cubri-las
prazas, por rigorosa orde de puntuación.

10ª.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.


O/a aspirante proposto presentará na Secretaría Xeral do Concello, no prazo de 2
días naturais (contado a partir da publicación do resultado da selección) os
documentos que acrediten que cumpren todos e cada un dos requisitos esixidos na
Base Terceira desta convocatoria, no caso de que non foran xa presentados xunto
coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo.
Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior, o aspirante proposto non
presentara a súa documentación ou non acreditara reuni-los requisitos esixidos,
non se poderá proceder á súa contratación, quedando anuladas tódalas súas
actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera ter incorrido por
Concello
de
Narón

falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte neste


proceso selectivo.

11ª.- PROPOSTA DE CONTRATACION.


Unha vez presentada a documentación a que se refire o apartado anterior, o órgano
competente da Corporación formulará proposta de contratación a favor dos
aspirantes propostos polo Tribunal cualificador, sendo nula a contratación de quen
estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
Os/as aspirantes deberán incorporarse ó posto de traballo dentro do prazo de dous
días naturais, a contar desde a data de notificación do acordo de contratación.
As persoas contratadas estarán obrigadas a presta-la súa xornada de traballo na
medida e forma requiridas polo interese do servizo de emerxencias, fraccionando a
xornada se fora preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.

12ª.- SUBSTITUCIÓNS PARA O CASO DE SE PRODUCIR VACANTES.


Para o caso de que as prazas xa cubertas quedasen vacantes por algunha
circunstancia, o Órgano competente desta Administración Municipal poderá
outorgar proposta de contratación a favor dos seguintes aspirantes que superaron o
proceso selectivo, de maneira consecutiva e por estricta orde correlativa de
puntuación total final, do xeito en que figure na lista definitiva de aspirantes que
superaron as probas selectivas.
Para as normas de xestión dos chamamentos se estará ó que determina o
Regulamento de selección de persoal funcionario interino e persoal laboral do
Concello de Narón, aprobado polo concello pleno de data 28 de abril de 2011 e
publicado no BOP nº 115 de 17 de xuño de 2011

13ª.- NORMAS FINAIS.


Primeira.- Para todo o non previsto nestas Bases, estarase ó disposto na Lei
7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado público; na Lei 7/1985 de
2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, no RDL 781/1986, no D.L.
1/2008 da Lei da Función Pública de Galicia e nas demais disposicións aplicables e
concordantes.
Segunda.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como
da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na
forma establecidos pola Lei de Procedemento Administrativo e normas vixentes
concordantes.
Concello
de
Narón

ANEXO I. Proba de aptitude física

As probas seran medidas cos aparellos que designe o tribunal.

1º PROBA.- CARREIRA DE 100 METROS LISOS


EXECUCIÓN: Situados no punto de partida, á voz de «aos seus postos, listos –
Señal acustica», percorrer a distancia de 100 m.
DESCRIPCIÓN: A postura corporal de saída será libre e sempre por detrás da liña
que indica o lugar de inicio da proba. Non está permitido o uso de tacos de saída.
INTENTOS: Só se realizará un intento.
Considerarase intento nulo, sendo causa de eliminación, cando o aspirante:
- Se saia da rúa asignada.
- Realice dúas saídas nulas.
- As recollidas no Regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

PUNTUACIÓN: Outorgarase segundo a seguinte escala (tempo en segundos, se


desprecian as centésimas de segundo redondeando á décima superior).
O tempo mínimo esixido para supera-la proba será de 14”5 para os homes e de 15”
para as mulleres
PUNTOS 5 6 7 8 9 10
MARCAS 14”5 14” 13”5 13” 12”5 12”
HOMES
MARCAS 15” 14”5 14” 13”5 13” 12”5
MULLERES

2º PROBA.- CARREIRA SOBRE 2000 METROS

EXECUCIÓN: Situados no punto de partida, á voz de «listos – señal acústica»,


percorrer a distancia de 2.000 m por rúa libre.
DESCRIPCIÓN: A postura corporal de saída será libre e sempre por detrás da liña
que indica o lugar de inicio da proba.
INTENTOS: Só se realizará un intento.
Considerarase intento nulo, sendo causa de eliminación, cando o aspirante:
- Obstaculice a outro opositor.
- Saia pola parte interna da corda da pista.
- Realice duas saídas nulas.
- As recollidas no Regulamento da Federación Internacional de Atletismo

PUNTUACIÓN: Outorgarase segundo a seguinte escala (tempo en segundos, se


desprecian as centésimas de segundo redondeando á décima superior).
O tempo mínimo esixido para supera-la proba será de 7´30” para os homes e de
7´55” para as mulleres
PUNTOS 5 6 7 8 9 10
MARCAS 7´30” 7´15” 7´00” 6´45” 6´30” 6´15”
HOMES
MARCAS 7´55” 7´40” 7´25” 7´10” 6´55” 6´40”
MULLERES

3º PROBA.- SUBIR POR UNHA CORDA LISA


Concello
de
Narón

DESCRIPCIÓN : A proba consistirá en subir por unha corda lisa partindo dunha
posición de pé con ámbalasduas plantas en contacto co chan a unha altura de 5,00
metros.
EXECUCIÓN: O aspirante tomará a corda con ambas mans para, partindo desde
unha posición de pé con ambas plantas en contacto co chan e sen utilizar as pernas
para o impulso inicial, alcanzar en estilo libre a parte superior da corda situada a
unha altura de 5 metros.
INTENTOS: Dous intentos.
- Non se permite:
·A utilización de luvas.
PUNTUACIÓN: Otorgarase según a siguiente escala:
O tempo mínimo esixido para supera-la proba será de 9”5 para os homes e de 10”
para as mulleres

PUNTOS 5 6 7. 8. 9 10
MARCAS 9”5 9” 8”5 8” 7”5 7”
HOMES
MARCAS 10” 9”5 9” 8”5 8” 7”5
MULLERES

4º SALTO DE LONXITUDE (HORIZONTAL)

EXECUCIÓN: Realizarase un salto horizontal (hacia delante) caendo cos dous pés
ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída e a marca de apoio máis
próxima á liña.
DESCRIPCION: Desde a posición de pé, situados detrás de unha liña sen pisala,
cos pés separados e paralelos entre si e a mesma altura.
INTENTOS: Duos intentos. Se o aspirante decide un segundo intento o primero
rexistro quedará anulado. Unicamente se contabilizará o último intento.
PUNTUACIÓN: Marcas establecidas en centímetros.
O mínimo esixido para supera-la proba será de 210 cm. para os homes e de 205
cm. para as mulleres
PUNTOS 5 6 7 8 9 10
MARCAS 210 cm 215 cm 220 cm 225 cm 230 cm 235 cm
HOMES
MARCAS 205 cm 210 cm 215 cm 220 cm 225 cm 230 cm
MULLERES

5º PROBA DE AXILIDADE
DESCRIPCIÓN: Consistirá na realización do circuito que se indica, utilizaranse
dúas picas de 1,70 m de altura, mantidas verticalmente pola correspondiente base.
Dúas vallas de atletismo, tipos estándar, colocados en altura de 0,72 m, e unha
delas prolongada verticalmente por dous paos adosados aos seus extremos laterais,
que teñen as mesmas características das anteriormente citadas, mentras que
situamos duas picas separadas entre sí unha distancia de catro metros, quedando
cada pica á mesma distancia de cada valla, formando un rombo segundo se pode
apreciar na imaxen.
Concello
de
Narón

EXECUCIÓN: O aspirante se colocará de pá detrás da liña de saída, á voz de «xa»


correrá a toda velocidade na dirección que indica o diagrama. O cronómetro se porá
en marcha á voz de «xa» do examinador e se parará cando o aspirante, tras pasar
por encima a última valla do circuito, pase a liña situada a 1,5 m.
INTENTOS: Duos intentos. Se o aspirante decide un segundo intento o primero
rexistro quedará anulado. Unicamente se contabilizará o último intento.
Se considerará intento nulo cando o aspirante:
- Derribe ou desplace calquera dos elementos do circuito.
PUNTUACIÓN: Outorgarase segundo a seguente escala (tempo en segundos,
desprécianse as centésimas de segundo redondeando á décima superior).
O tempo mínimo esixido para supera-la proba será de 12” para os homes e de 13”
para as mulleres

PUNTOS 5 6 7 8 9 10
MARCAS HOMES 12” 11”5 11” 10”5 10” 9”5
MARCAS MULLERES 13” 12”5 12” 11”5 11” 10”5

6º PROBA DE NATACIÓN
Concello
de
Narón

EXECUCION: Situados no punto de partida, á voz de «aos seus postos, listos –


Sinal acústica», recorrer 50 metros a estilo libre.
DESCRIPCIÓN: Realizarase nunha piscina climatizada de 25 metros, poderanse
colocar para a saída ben sobre plataforma, ben sobre o borde da piscina, ou dentro
do vaso sempre en contacto co bordo de saída. Unha vez se dea o sinal, o aspirante
realizará a proba utilizando calquera estilo para a súa progresión.
INTENTOS: Só se realizará un intento.
- Considerarase intento nulo, sendo causa de eliminación, cando o aspirante:
· Se agarre o impulse nas corcheiras o unas ruas laterais da piscina.
. Se agarre os bordos da piscina para descansar.
. Se apoie ou impulse no fondo da piscina.
. Se saia da rúa asignada.
. Non se toque a parede no cambeo de sentido.
· Realice dúas saídas nulas.
Non se permite o uso de traxes de neopreno nen outros útis de buceo, ainda que
sí o uso de gafas de natación.

PUNTUACIÓN: Outorgarase segundo a seguinte escala (tempo en segundos, se


desprecian as centésimas de segundo redondeando a la décima superior).
O tempo mínimo esixido para supera-la proba será de 50” para os homes e de 55”
para as mulleres

PUNTOS 5 6 7 8 9 10
MARCAS 50” 47”5 45” 42”5 40” 37”5
HOMES
MARCAS 55” 52”5 50” 47”5 45” 42”5
MULLERES

O exercicio de probas fisicas se valorará de 0 a 10 puntos. Cada unha das probas


se valorará de 5 a 10 puntos, sendo a media do exercicio a suma total das seis
probas dividido por 6.
Os aspirantes que non acaden as marcas mínimas serán declarados non aptos.
Concello
de
Narón

ANEXO II. Proba de coñecimentos teóricos


Parte Xeral
TEMA 1. A Constitución de 1978. Principios xerais. O procedemento de reforma da
Constitución. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. O Tribunal Constitucional
TEMA 2. O estado autonómico. Principios e características. Competencias do estado
e das comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía. O Estatuto de
Autonomía de Galicia.
TEMA 3. O municipio.O termo municipal. A poboacion. O empadroamento. O padrón
de españois residentes no estranxeiro
TEMA 4. O persoal ó servicio das administracions publicas locais. A función pública.
O persoal laboral e eventual.
TEMA 5. O acto administrativo. Invalidez dos actos administrativos. O
procedemento administrativo xeral: Concepto e principios xerais. Dimension
temporal e fases do procedemento administrativo xeral.

Parte Específica
TEMA 1. Marco normativo da Protección Civil e da prevención e control de
emerxencias. Plans territoriais. PLATERGA. Plan especiais.
TEMA 2. Lei de Emerxencias de Galicia.
TEMA 3. Plan de Emerxencias municipal de Narón (PEMU).
TEMA 4. Accidentes de tránsito. Conceptos básicos. Intervención. Materiais
perigosos: definición, tipos, clasificación.
TEMA 5. Teoría do lume. Fundamentos sobre o lume. Como se produce o lume. O
comburente. A calor. Temperatura. Fontes de calor. Os combustibles. Produtos da
combustión. Transferencia de calor. Fume e gases de combustión.
TEMA 6. Teoría da extinción e axentes extintores. Teoría de extinción do lume.
Extinción por redución da temperatura; por separación do combustible; por
desprazamento ou dilución do osíxeno; e por inhibición da reacción en cadea. A
auga como axente extintor. As espumas
extintoras. Po químico seco. Anhídrido carbónico. Outros axentes extintores
gaseosos. Idoneidade dos axentes extintores. Extintores portátiles.
TEMA 7. Incendio urbano: descripción, características, sistemáticas de actuación.
Incendio forestal: descripción, características, sistemáticas de actuación.
Concello
de
Narón

TEMA 8. Elementos estruturais de un edificio. Seguridade en caso de Incendio.


Propagación. Evacuación de ocupantes. Intervención dos servizos de emerxencia.
Resistencia ao lume da estrutura e elementos.
TEMA 9. Equipos de protección persoal: uniformidade, definición, características das
prendas. Vestiario. Equipo de respiración.
TEMA 10. Comunicacións en emerxencias.
TEMA 11. Plans de autoprotección. Elaboración. Contido. Impnatación.
Mantenimento.
TEMA 12. Cometidos do Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil,
Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento.
TEMA 13. Primeiros Auxilios. A cadea de supervivencia. Intoxicacións. Lesións por
axentes externos.
TEMA 14. Desfibrilador Semiautomático Externo: Normativa. Funcionamento.
Mantenimento.
TEMA 15. Toponimia do Concello de Narón. Situación de edificio singulares,
históricos e oficiais. Situación de ruas, prazas, vías de comunicación, barrios,
parroquias. Ríos e accidentes do termo municipal. Percorridos (camiños a seguir
entre dous puntos).
Concello
de
Narón

ANEXO III. Proba práctica


A realización das 8 actuacións incluidas nesta proba non poderán ser observadas
polos restantes opositores, en base a que tal percepción suporía unha constatable
vantaxe á hora de verificar o axeitado funcionamento das ferramentas

1. MANEXO DE MOTOSERRA
Explicación do exercicio: consiste en cortar un tronco de madeira utilizando unha
motoserra. O aspirante terá que realizar tódalas operacións necesarias para pór en
funcionamento a motoserra e o seu posterior corte. O corte será realizado coa
técnica adecuada segundo a situación do tronco.

2. BOMBAS
Explicación do exercicio: consiste en lograr o correcto funcionamento das bombas
do servizo, ben sexa as dos propios vehículos, como as manuais, en calquera das
posibilidades para as que foron deseñadas.

3. EQUIPO DE RESCATE
Explicación do exercicio: consiste na realización dunha manobra ou parte dela, a
partir do material facilitado para a mesma e servirá para valorar destreza, tempo
de realización e confección da mesma.

4. TENDIDO DE MANGUEIRA
Explicación do exercicio: Esta proba consistirá en desplegar mangueiras. Valorarase
o tempo , a destreza, o estado no que quedan as liñas e a operatividade dunha
delas

5. MANEXO DE MOTODISCO
Explicación do exercicio: consiste en cortar un bloque de cemento utilizando unha
motodisco. O aspirante terá que realizar todalas operacións necesarias para poñer
en funcionamento a ferramenta e seu corte posterior.

6. ACTUACIÓN ANTE UN ACCIDENTADO


Concello
de
Narón

Explicación do exercicio: Consistirá en efectuar unha manobra práctica de primeiros


auxilios proposta polo tribunal. Os detalles da proba serán fixados polo tribunal.

7. REACCIÓN ANTE ESPAZOS PECHADOS E VISIÓN NULA


Explicación do exercicio: consiste na evaluación do medo irracional e irreprimible
aos espazos pechados mediante a introducción do aspirante nun espazo reducido
que debe circundar co apoio das mans, dotado dunha máscara de gases e coa
visión anulada.

8. REACCIÓN ANTE A SITUACIÓN DE ALTURA


Explicación do exercicio: consiste na evaluación do medo irracional e irreprimible á
altura mediante unha proba na que o aspirante, dotado dun arnés de seguridade,
sube pola escaleira da autoescaleira colocada en posición vertical (ángulo de 75º)
ata unha altura de 25 mts., onde debe permanecer 30 segundos e proceder á
baixada.
Concello
de
Narón

ANEXO IV. Cadro médico de exclusións


1.Obesidade-delgadez.- Obesidade ou delgadez manifestas que dificulten ou
incapaciten para o servicio das funcions propias do cargo.
Indice de masa corporal (IMC non inferior a 18,5 nin superior a 29,9).
Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa
expresado en quilos polo cadrado da estatuta expresado enmetros.
2.Oftalmoloxía. Non padecer:
Diminución da agudeza visual inferiores a 1/3 no ollo mellor e 1/4 no ollo peor sen
lentes correctoras.
Patoloxía que, a xuízo do Tribunal, poida alterar o desenvolvemento da función da
profesión ou agravarse coa mesma, entre elas:
- Retinopatía (Admítese a Coriorretinite Central Serosa).
- Retinose pigmentaria.
- Hemeralopia.
- Hemianopsia.
- Diplopia.
- Discromatopsias importantes, que poidan alterar o desenvolvemento da función a
xuízo do Tribunal.
- Glaucoma.
- Afaquias, Pseudoafaquias.
- Subluxación do cristalino.
- Distrofia corneal progresiva ou con diminución da agudeza visual inferior á
permitida.
- Queratitis crónica.
- Alteracións oculomotoras importantes.
- Dacriocistitis crónica.
- Pálpebras: Calquera patoloxía ou defecto que impida a protección do ollo á
intemperie.
- Tumores Oculares.
- Amputación importante do campo visual en ambos os ollos.
3. Otorrinolaringoloxía. Non padecer:
- Non se admitirá audífono.
Concello
de
Narón

- A agudeza auditiva conversacional admitindo perdas de entre 1000 e 3000


hertzios a 35 decibeis ou de 4000 hertzios a 45 decibeis.
Non padecer:
- Vertixe.
- Dificultades importantes da fonación.
- Perforación timpánica.
4. Aparello locomotor. Non padecer:
- Enfermidades e limitacións de movementos: Non se admitirán graos de
mobilidade inferiores a:
A) Extremidades Superiores:
- Ombro:
Elevación progresiva en anteversión até 180°.
Abdución até 120°.
Dinamometría escapular menos de 25 quiilos.
- Cóbado:
Flexión até 140°.
Extensión até 0º.
Supinopronación: De 0º a 180°.
- Boneca/pulso:
Flexo-Extensión até 120°.
- Man e dedos:
- Deformidades que impidan flexo-extensión dos dedos ou manexo de ferramentas.
- Dinamometría: Non inferior a 30 quilos en calquera das mans.
- Falta ou perda de mais de 1/3 da falanxe distal do primeiro dedo dunha man.
- Falta ou perda de calquera falanxe de calquera dedo, excepto a falanxe distal do
5ou dedo.
- Falta dunha man ou de calquera parte da mesma salvo os dedos segundo se
descríbe anteriormente.
B) Extremidades inferiores:
- Cadeira:
Flexión até 120°.
Extensión até 10° (máis aló de 0ou).
Ter unha extremidade inferior máis curta que a outra (maior de 2 centímetros).
Concello
de
Narón

- Xeonllo:
Extensión completa.
Flexión até 130°.
Lesións articulares ou ligamentosas non reparables.
- Nocello:
Flexo-Extensión dorso plantar até 45°.
- Pé: alteracións ortopédicas importantes que impidan ou dificulten as funcións
propias da profesión a xuízo do Tribunal.
C) Columna vertebral:
- Escoliosis maior de 15°.
- Costela accesoria que produza "Roubo de Subclavia".
- Hernia Discal.
D) Enfermidades varias:
- Fracturas que deixen secuelas e dificulten a función.
- Osteomielitis.
- Osteoporose.
- Condromalacia.
- Artrite.
- Luxación recidivante.
- Parálise muscular.
- Miotonía congénita.
- Calquera outra enfermidade osteomuscular que limite a mobilidade dificultando as
funcións a desempeñar.
5. Aparello dixestivo. Non padecer:
- Cirrosis.
- Hepatopatías crónicas.
- Pancreatitis crónica.
- Ulcera sanguento recidivante.
- Calquera patoloxía do aparello dixestivo ou intervencións cirúrxicas que presenten
secuelas funcionais con repercusións orgánicas e que incidan negativamente no
desempeño do seu traballo.
- Hepatopatías agudas con repercusión encimática importante.
6. Aparello cardiovascular. Non padecer:
Concello
de
Narón

- Hipertensión Arterial maior de 155/95 mmHg


- Insuficiencia Cardíaca.
- Infarto de Miocardio, nin sufrilo anteriormente.
- Coronariopatías.
- Arritmias importantes con repercusión hemodinámica.
- Taquicardia sinusal permanente de máis de 120 latexados por minuto.
- Flutter
- Fibrilación.
- Síndromes de Preexcitación.
- Bloqueo Aurículo-Ventricular de 2ou ou 3ou grao.
- Extrasístoles patolóxicos.
- Valvulopatías.
- Non se admitirán prótese valvulares.
- Aneurismas cardíacos ou de grandes vasos.
- Insuficiencia arterial periférica.
- Insuficiencia venosa periférica que produza signos de estasis ou alteracións
tróficas varicosas ou calquera tipo de alteración vascular periférica aínda sen cursar
sintomatología.
- Secuelas post-tromboembólicas.
- Defectos e deformacións dos dedos e/ou mans producidos por problemas de
circulación, que sexan sintomáticos ou dificulten a realización satisfactoria dos
traballos propios da profesión.
7. Aparello respiratorio. Non padecer:
- Insuficiencia respiratoria.
- Diminución do VEMS por baixo do 80%.
- EPOC
- Asma bronquial.
- Atelectasia.
- Enfisema.
- Neumotorax recidivante.
- Outros procesos respiratorios que incidan negativamente nas prácticas físicas a
realizar e nas tarefas específicas da profesión.
8. Sistema nervioso central.- Non padecer:
Concello
de
Narón

- Parkinson, Corea ou Balismo.


- Epilepsia.
- Esclerose Múltiple.
- Ataxia.
- Arterieesclerosis cerebral sintomática.
- Vertixe de orixe central.
- Alteracións psiquiátricas de base.
- Calquera grao de hiposmia.
9. Pel e faneras. Non padecer: Cicatrices que produzan limitación funcional
importante, e aqueles procesos patolóxicos que, a xuízo do Tribunal, limiten ou se
agraven co desempeño da función que se ha de desempeñar.
10. Outros procesos patolóxicos que impiden o normal desenvolvimento das función
da profesión. Non padecer:
- Diabetes tipo I ou II.
- Diabetes insípida.
- Enfermidade de Cushing.
- Enfermidade de Addison.
- Insuficiencia renal crónica.
- Falta dun ril.
- Enfermidades renais evolutivas.
- Hemopatías crónicas graves.
- Probas analíticas compatibles con patoloxía de base.
- Tumores malignos invalidantes.
- Tuberculose.
- Hernia inguinal.
- Análise de ouriños: Albuminuria e/ou Cilindruria importantes.
11. Non alcoholismo nen drogodependencias, nin outras alteracións que poidan
interferir con a actividade profesional.
12. Calquera outro proceso patolóxico que a xuizo do tribunal médico dificulte ou
impida o desenvolvimento das funcións do posto a ocupar.

You might also like