You are on page 1of 1

O avance dos coñecementos e as técnicas vinculadas á comunicación audio¬visual que se

produciu con continuidade desde mediados do século XX, cimenta a nece¬ sidad de promover
o ensino de disciplinas que preparen ao alumnado de Bacharelato para analizar e saber
producir mensaxes no século XXI. Esa formación ha de ter como prioridade promover a
formación de persoas competentes, participativas, activas, críticas e responsables. Para iso, o
alumnado deberá desenvolver a capacidade para apreciar e valorar críticamente as obras
audiovisuais e multimedia, e tamén para producir e emitir mensaxes, é dicir, para comunicar
activamente.

O obxectivo desta materia é poñer ao alumnado en situación de analizar, relacionar e


comprender os elementos que forman parte da cultura audiovisual do seu tempo
desenvolvendo habilidades para a análise dos elementos expresivos e técnicos ao mesmo
tempo que unha actitude crítica que lle permita exercer unha cidadanía responsable,
participa¬ tiva e igualitaria. Trátase, por tanto, de comprender, analizar críticamente e
interpretar a cultura visual da sociedade na que vivimos para entender os seus significados,
como estes afectan á imaxe que se forma cada persoa de si mesma e da realidade que a rodea,
como se tratan nos medios audiovisuais os estereotipos, prexuízos e discriminacións por
razóns de sexo, raza, procedencia, etcétera, que existen na sociedade e como pue¬dean
utilizarse eses mesmos medios para superalos.

You might also like