You are on page 1of 5

MEMORIA FINAL DE DEPARTAMENTO

Dpto. de Educación Física e Dpto. CURSO


DEPARTAMENTOS: 2017-2018
adscrito de Educación Plástica e V. ACADÉMICO:

1. ESTRUCTURA DO DEPARTAMENTO: COMPOÑENTES E FUNCIÓNS

Nome e Apelidos Función Materias impartidas


Xefe de
Educación Física: 1º, 2º, 3º e 4º ESO
Xabier Figueira Rodríguez Departamento
EPV: 1º e 3º ESO

2. DESENVOLVEMENTO DAS PROGRAMACIÓNS

2.1. EDUCACIÓN FÍSICA.

PROGRAMACIÓN IMPARTIDA
NIVEL / GRUPO MATERIA/ÁREA / MÓDULO 1CAUSAS
Unidades Unidades DESVIACIÓN
%
Previstas Impartidas
1ºA Educación Física 10 9 90,00% 8
2ºA Educación Física 13 12 92,30% 8
3ºA Educación Física 12 10 83,33% 8
4ºA Educación Física 11 9 81,81% 8
TOTAL 86,86%

1Posibles causas polas que non se impartiron as unidades previstas na Programación:

1. Imposición programática non axeitada á idade.


2. Exceso de materia programada.
3. Sometemento ao libro de texto.
4. Apatía do alumnado.
5. Alteración frecuente do clima de clase.
6. Dificultades no espazo.
7. Rateo alta.
8. Deficiente preparación previa do alumnado.
9. Outras: Coincidencias coas sesións de distintas actividades, festividades, folgas,
excursións, enfermidade dos alumnos, falla de tempo...

1 de 5
2.2. EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL.

1º ESO: No terceiro trimestre, non nos deu tempo a impartir o bloque 2 de Comunicación
Audiovisial: - A creación dixital, - Imaxes dixitais, - Análise de imaxes de internet, - Dibuxo
a man alzada co rato, - Dibuxo vectorial, etc...

3º ESO: O grupo de terceiro de ESO é un grupo moito máis homoxéneo que primeiro de
ESO, pero ainda así, non chegamos a desenvolver o Bloque 1 de Expresión Plástica:
- Conceptos básicos de deseño gráfico, - O logotipo, - O folleto, - A tipografía, etc... nin do
Bloque 2, de Comunicación Audiovisual: - O proceso creativo dunha animación, - Analizar
animacións...

3. RESULTADOS ACADÉMICOS DOS ALUMNOS POR REXÍMES E NIVEIS DE ENSINANZA

MATERIA/ % Aprobados % Aprobados % Aprobados % Aprobados % Aprobados


NIVEL
MÓDULO 1ª Avaliación 2ª Avaliación 3ª Avaliación Avaliación Ordinaria Avaliación Extradinaria

1ºESO Ed. Física 100 100 100 100

2ºESO Ed. Física 100 100 100 100

3ºESO Ed. Física 100 100 100 100

4ºESO Ed. Física 100 100 100 100

MATERIA/ % Aprobados % Aprobados % Aprobados % Aprobados % Aprobados


NIVEL
MÓDULO 1ª Avaliación 2ª Avaliación 3ª Avaliación Avaliación Ordinaria Avaliación Extradinaria

1ºESO EPV 100 100 100 100

2ºESO EPV 100 100 100 100

3ºESO EPV 100 100 100 100

4ºESO EPV 100 100 100 100

4. ANÁLISE E VALORACIÓN DOS RESULTADOS ACADÉMICOS DO ALUMNADO

POSIBLES CAUSAS QUE AFECTARON NEGATIVAMENTE AOS RESULTADOS ACADÉMICOS


(Valorar de 5(moito) a 1(nada)

Disciplina dos alumnos 2


Actitude dos alumnos 5
Nivel curricular baixo 2
O absentismo do alumnado 1
Estratexias de aprendizaxe 3
Dificultade dos contidos 1
Falta de material didáctico 3
Deficiencias nos espazos 4
A coordinación entre profesores 1
Os horarios da materia 1
Influenza da familia 1
OUTROS

2 de 5
5. RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

5.1. Sistemas de recuperación:

Traballos, fichas e boletíns de exercicios teórico-prácticos.

Atención personalizada e seguemento do traballo do alumno durante o curso.

Non tivemos alumnos con materias pendentes de cursos anteriores en Ed. Física.

5.2. Dificultades atopadas:

Non houbo.

6. AUTOEVALUACIÓN DOCENTE

 Grao de cumprimento das programacións (en %) 87%.

 Precisión da temporalización :

x Excesiva Axeitada Insuficiente

 Alcanzáronse os obxectivos planeados inicialmente na programación?

x Si Non Parcialmente

 A metodoloxía e as técnicas docentes empregadas, foron as correctas?

Si Non x Ás veces

3 de 5
 Dentro dos recursos didácticos e actividades desenvolvidas polo departamento cales
foron os mellores:

x Actividades de aula
Actividades de reforzo
Actividades extraescolares
Prácticas fóra do centro
Recursos didácticos clásicos
Recursos informáticos
Outros

 Atención á diversidade

♦ Nº alumnos/as con necesidades educativas especiais: 0

♦ Medidas adoptadas: (Área e nivel):

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS

Durante o curso académico 2017-2018, realizáronse as seguintes actividades


complementarias:
Durante o primeiro trimestre, e na hora do recreo, case todos os rapaces (as rapazas non
se animan a participar) participaron na disputa de partidos de fútbol sala no pavillón do centro.
No segundo trimestre, seguimos coa disputa de partidos de fútbol durante os recreos, e a
partires do 12 de marzo (gracias a colaboración do Concello, colocamos dúas canastras de
baloncesto no recinto cuberto que está ao lado das dependencias de secundaria), varios alumnos
que antes subían ao pavillón a xogar a fútbol, agora organizaron distintos partidos de baloncesto,
nos que tamén participou algún profesor.
No terceiro trimestre organizamos unha competición de bádminton, tanto de dobres
como de individuais. A competición de individuais fomos quen de rematala, pero a de dobres non
foi posible (varios alumnos e alumnas que estaban apuntados non puideron xogar por coincidir
con exames de fin de curso, unha alumna non puido participar por estar enferma e tres
profesores que tamén se apuntaran tampouco puideron participar por incompatibilidade no seu
horario).

8. NECESIDADES E CARENCIAS OBSERVADAS

Sin querer xeralizar, a principal carencia que notamos nos alumnos, concretamente nos
que obteñen as peores calificacións é unha actitude positiva hacia a aprendizaxe (sobre todo a
nivel teórico) e hacia a superación persoal (aquí tanto a nivel teórico como de práctica físico-
deportiva).
Os problemas de disrupción na aula nos primeiros cursos da ESO, e nalgún caso puntual
tamén nos últimos cursos, son un dos principais motivos de que non se poidan tratar coa
profundidade necesaria algúns contidos marcados na programación. Sobre todo nos cursos
inferiores da ESO é prioritario adicar moito tempo á corrección de comportamentos e os
contidos deben pasar a un segundo plano.
Por outro lado, a nivel práctico ou procedimental, notamos unha deficiencia xeral
importante en boa parte do alumnado. A falta de exercicio continuado constitúe a principal causa

4 de 5
do mesmo. Un referente importante para correxir este problema debería ser o traballo individual
fóra da clase, do mesmo xeito que se traballan as demais áreas.

9. PROPOSTAS DE CAMBIO E MELLORA

Con respecto ao horario da materia, sería unha boa decisión evitar as horas da tarde. O
alumnado dispón de moi pouco tempo entre a saída do comedor e o comezo das clases, polo que
se fai complicado esixirlle intensidade nas clases (sobre todo na primeira avaliación que
traballamos condición física).
Fixar as pautas da clase, coas normas da clase e de aula deberían constituir a primeira e
principal medida para o próximo curso, igual que o foi neste. Deberiamos colocar no pavillón os
aspectos actitudinais prioritarios na materia e o seu incumprimento favorecerá a non superación
da materia.
Outro aspecto observado nos cursos de terceiro e cuarto de ESO, é a falla de
coñecementos en cómo se elaboran os traballos e en cómo se recolle e se trata a información
procedente de Internet, bibliotecas, etc. Deberiamos traballar o próximo curso con máis calma a
elaboración de traballos e o tratamento da información de diferentes fontes.

10. DEFICIENCIAS DO DEPARTAMENTO

Sería recomendable que o Departamento de Educación Física dispuxera de todo o


material no almacén do polideportivo, dado que se perde tempo ao ter que ir buscar o material
ao centro de primaria.
O espazo de almacenamento que nos cede o concello é un espazo ao que teñen acceso
outras persoas, polo que non podemos estar seguros de que o material non é utilizado por outras
persoas nin da maneira en como é empregado. Recomendamos, pois, gardar os balóns e todo o
material que poidamos na gaiola.
A día de hoxe precisamos facer unha renovación de: raquetas e plumas de bádminton,
balóns de fútbol e balóns de baloncesto.
Compre sinalar tamén, que as condicións físicas e de limpeza nas que se atopa o
polideportivo no que se desenvolven as sesións de Educación Física, non son as máis adecuadas,
sen contar co frío que se pasa durante todo o outono e inverno.

11. PROPOSTAS DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

As que se ofrezan dende o CFR de Ourense.

Castro Caldelas, a 27 de Xuño de 2018.

Sinatura dos membros do Departamento:

Asdo: Xabier Figueira Rodríguez. Xefe do Departamento

5 de 5

You might also like