You are on page 1of 1

Cuestionario sobre os temas de inglés: (TEMAS 1-5)

1.-Escribe as formas do verbo TO BE en presente afirmativo para: he, I, we, it, they.

2.-Como se fai o negativo de: she is, you are?

3.-Unha das características do inglés é que se poden contraer/acurtar moitas formas do


verbo TO BE co NOT. Cales son estas formas curtas?
AM+NOT=
IS+NOT=
ARE+NOT=

4.-O verbo TO BE necesita o auxiliar DO/DOES para facer o interrogativo?

5.-Escribe os determinantes posesivos seguindo o modelo:


I have a house; this is MY house She has a house; this is ______ house
He has a house; this is _____ house You have a house; this is______house
We have a house; this is _____ house They have a house; this is_____house

6.-Existen formas negativas para os determinantes posesivos?


Exemplo: MY + NOT= MYN’T

7.-Para formar o presente simple afirmativo dos verbos en inglés, só teño que escribir o
suxeito seguido do verbo, sen engadir nada. Exemplo: I PLAY. É isto certo ou teño que
engadir algo?

8.-Para facer o presente negativo, teño que poñer NOT despois do verbo (igual que co
verbo TO BE). Exemplo: I PLAY NOT. É isto certo?

9.-Para formar o presente interrogativo, teño que poñer os auxiliares DO/DOES antes do
suxeito. Exemplo: DO I PLAY? Cando usarei DOES en troques de DO?

10.-En inglés para formar o comparativo hai dúas formas diferentes: engadindo –ER ao
adxectivo ou poñendo MORE antes do adxectivo; de que depende que usemos unha ou
outra?

11.-Cando comparamos sempre usamos unha partícula para introducir o segundo


elemento da comparación. Exemplo: Eu son máis rápido que/ca ti. En galego usamos
QUE/CA, pero cal usan sempre en inglés?

12.-Que engadimos ao adxectivo para formar o superlativo en adxectivos dunha soa


sílaba como: fat, big, small...? E que facemos se teñen varias sílabas como: comfortable,
expensive, intelligent...?

13.-En inglés como en galego, hai algún adxectivo que forma o comparativo e
superlativo de xeito irregular. Os dous que tes que saber son GOOD e BAD. Indica as súas
formas irregulares.

14.-Que significa que hai palabras incontables en inglés? Tamén existen en galego?

15.-Para dicir en inglés UN/UNHA usarei A/AN. Funciona igual ca en galego? A é para
masculino e AN para feminino?

16.-Coas palabras incontables usarei SOME/ANY tanto en singular coma en plural, pero
cando uso cada un deles?

You might also like