You are on page 1of 7

A Idade Moderna

TEMA 14: A IDADE MODERNA.

A idade moderna: época de cambios.

Producíronse certos cambios:

- Crecemento da poboación: produciuse polo descenso de mortalidade. A desaparición de


epidemias de peste e o inicio dunha época de boas colleitas favoreceuna.

- Reactivación das cidades: foi grazas ao renacemento da artesanía e do comercio a longa


distancia. Convertéronse en lugares de encontro e de intercambio de produtos agrícolas e
manufacturados procedentes de zonas veciñas e países afastados. Aparece a burguesía (unha
nova clase social) que se dedica basicamente ao comercio. Cada vez tivo máis importancia na
sociedade.

- Xorden os Estados e as monarquías absolutas. Os monarcas concentraron o poder político


na súa persoa. Facían as súas tarefas coa axuda dos ministros, dos funcionarios, dun exército
permanente e dos diplomáticos.

- Descubríronse novos territorios: (ej.: América) grazas ás viaxes marítimas de mercadores e


exploradores.

- Avances científicos e técnicos:

· Galileo Galilei: inventou o telescopio e confirmou a teoría heliocéntrica de Nicolao Copérnico.

· Johannes Gutenberg: inventou a imprenta (1789) que facilitou a difusión da cultura.

· Medicina: (se realizaron estudos e anatomía e fisioloxía) descubriuse o funcionamento do


sistema circulatorio e a circulación pulmonar.

A época dos descubrimentos xeográficos.

Causas:

- Económicas e políticas: os monarcas necesitaban demostrar o seu poder, aumentar o seu


prestixio e enriquecer os seus Estados.

- Técnicas: a construción de mellores embarcacións (carabela) e o uso de instrumentos de


orientación permitiron os viaxes a lugares afastados.

- Científicas: queríase demostrar que a Terra era esférica e non plana.

- Relixiosas: queríase difundir a fe cristiá.


- Desexo de aventura: moitos querían ir en busca de lugares idealizados (Eldorado, a Atlántida)
para conseguir riquezas e fama.

Descubridores:

- Cristovo Colón: pretendía chegar ás Indias navegando cara ao oeste e cruzando o Atlántico.
Descubriu América (1492). Américo Vespucio confirmou que os territorios descubertos por
Colón eran un novo continente.

- Vasco de Gama: bordeou a costa africana e chegou á India.

- Vasco Núñez de Balboa: atravesou o istmo de Panamá e descubriu o océano Pacífico.

- Fernando de Magalhães e Xoán Sebastián Elcano: (1519)atoparon un paso polo sur de


América, chegaron a Asia e descubriron Oceanía e Filipinas, onde Magalhães morreu (1521).
Elcano completou a viaxe e deu a primeira volta ao mundo, co que demostrou que a Terra é
esférica.

A colonización de novas terras

Despois de chegar ás novas terras os expedicionarios aseguraban o control e o goberno destes


para o seu país. Con frecuencia, quedaban nos territorios como gobernadores e repartían os
beneficios económicos da colonización.

Beneficios para os países colonizadores:

- Ampliaron os seus territorios.

- Aseguráronse o abastecemento de produtos de luxo.

- Conseguiron moita man de obra barata entre os indíxenas.

- Descubriron novas especies animais e vexetais (pavo, pataca, tomate, cacao, etc, etc...

Consecuencias para os pobos indíxenas das zonas colonizadas:

- Descenso de poboación debido á gran mortalidade que provocaron enfermidades comúns


para os europeos, pero descoñecidas para os indíxenas e para as que non estaban
inmunizados.

- Moitos foron escravizados e sometidos a duras condicións de vida.

- A lingua, a cultura e a relixión dos colonizadores acabaron impoñéndose, o que supuxo a


perda das culturas e das linguas propias.

- Chegaron novas especies animais e vexetais ás zonas colonizadas (cabalo, cana de


azucre).

A sociedade e a economía.
A sociedade dividíase en estamentos, encabezados polo rei.

O rei ten todo o poder do Estado: elabora as leis, fainas cumprir e xulga os que non as cumpren.
É un monarca absoluto e está por riba dos demais grupos sociais ou estamentos.

A sociedade dividíase en estamentos privilexiados e non-privilexiados:

- Privilexiados: (nobreza, alto clero) non pagaban impostos, posuían terra e tiñan acceso aos
altos cargos.

- Non-privilexiados: (baixo clero, burgueses, artesáns, campesiños) pagaban impostos, non


podían posuír terras, só arrendalas e non podían acceder aos altos cargos.

Nobreza: eran nobres desde o nacemento. De familias ricas e propietarias de terras, apoiaban
a monarquía absoluta e participaban na vida cortesá.

Clero: dividíase en:

Alto clero: abades e bispos con altos cargos na Igrexa. Vivían en ricos mosteiros e
administraban as súas propiedades.

Baixo clero: relixiosos que vivían na cidade ou en mosteiros , en condicións máis humildes.

Burgueses: clase social urbana dedicada ao comercio. Formaban un grupo pouco numeroso,
pero moi activo.

Artesáns: vivían nas cidades e exercían un oficio. Traballaban en talleres artesanais e


organizábanse en gremios que defendían os seus intereses.

Campesiños: era o grupo máis numeroso. Eran persoas libres que cultivaban a terra arrendada
á nobreza.

Ao longo da Idade Moderna, a economía segue sendo basicamente agrícola e gandeira, aínda
que tamén se produce manufacturas e aumenta o comercio.

Na agricultura cultívanse produtos para o consumo propio como o trigo, a vide e a oliveira.
Cando a produción é abundante, véndese unha parte. Castela foi no século XVI unha grande
exportadora de trigo.

O gando non adoita estar nas cortes. Pace nos prados e, cando estes se esgotan, trasládase
a outro lugar. O gando ovino foi moi importante en Castela, o que lle permitiu ser gran produtora
de tecidos de la.

En todas as cidades poden atoparse artesáns que elaboran as manufacturas necesarias.


Nalgunhas localidades especialízanse en manufacturas de elevado valor, para o consumo da
corte ou para distribuílos por todo o país. É o caso de localidades como Talavera da Raíña e
Murcia que manufacturaban tecidos de seda, ou Segovia, que elaboraba tecidos de la.

Neste período establecéronse importantes rutas comerciais con América e Asia, moi
beneficiosas para Europa. Cambiaban produtos de pouco valor por produtos de luxo. Sevilla e
Lisboa transformáronse en grandes cidades, pois tiñan o dereito de comerciar de forma
exclusiva (Sevilla con América, e Lisboa con Oriente).

España na Idade Moderna:

A principios da Idade Moderna, os distintos reinos da Península Ibérica unificáronse en un solo


Estado: España. Durante este período, estivo gobernada por reis absolutistas das
dinastías Habsburgo ou Austria e Borbón. España viviu o seu máximo esplendor no século
XVI, cando conseguiu un grande imperio e chegou a xogar un papel importante en Europa.

Reis:

S. XVI:

Reis Católicos (RRCC). Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón trataron de ter na súa man
todo o poder. Seguiron unha política de expansión territorial, crearon novas institucións e
tentaron a unificación relixiosa coa expulsión dos xudeus e a conversión dos mudéxares.
Incorporaron aos seus territorios o reino de Granada, Tenerife, o reino de Navarra e todas as
terras colonizadas en América a partir do seu descubrimento en 1492.

Carlos I é o primeiro rei da dinastía dos Habsburgo. É neto por parte materna dos RRCC e por
parte paterna de Maximiliano de Habsburgo e María de Borgoña. A herdanza paterna lle permite
ser emperador de Alemaña.

Filipe II herdou todos os dominios de Carlos I excepto o título de emperador de Alemaña.

S.XVII:

Filipe III, Filipe IV e Carlos II viviron unha época de crise. En 1700 Carlos II morreu sen
descendencia.

S. XVIII:

Os dous candidatos a ocupar o trono español eran Carlos de Austria (fillo do emperador de
Alemaña) e Filipe de Borbón (neto do rei de Francia). En 1701 Filipe de Borbón (Filipe V) foi
coroado rei. Os Estados Europeos temían que Francia e España de uniran nun só reino. Para
evitalo apoiaron a Carlos de Austria, provocando o estalido da Guerra de Sucesión
española en 1702, que rematou en 1713 co recoñecemento de Filipe V como rei de España e
a perda das últimas posesión en Europa.

Filipe V converteu os diversos territorios da monarquía nun Estado centralizado que, por
primeira vez, se chamou España.

Fernando VI, Carlos III e Carlos IV desenvolveron medidas para modernizar España sen ter
en conta o que o pobo pedía.

España xa non dispoñía do poder político e territorial que tivera en épocas anteriores.

Validos: ministros que acumularon moito poder nos que frecuentemente os reis Filipe III, Filipe
IV e Carlos II delegaban as súas funcións.
Galicia na Idade Moderna.

Na Idade Moderna, a maior parte de Galicia era campesiña. Pero tamén tiveron protagonismo
os fidalgos, membros da baixa nobreza que vivían nos pazos.

Grazas ao comercio con América, chegaron a Galicia novos cultivos, como a pataca e o millo,
que tiveron grande importancia na nosa agricultura.

Nesta etapa, Galicia quedou integrada na coroa española. Creouse a Real Audiencia de Galicia,
que impartía xustiza, e a Xunta do reino de Galicia, que representaba as sete provincias galegas
ante a monarquía española.

Os pazos:

Os pazos eran vivendas señoriais construídas en pedra para a nobreza e a fidalguía, que
estaban situados, xeralmente, no medio rural. A maior parte construíranse nos ss. XVII e XVIII.
Partes: residencia señorial, capela, patio, alpendres e muralla. Pazos destacados: pazo de Oca,
pazo de Fefiñáns, pazo de Castrelos, pazo de Mariñán.

O foro:

O foro era un contrato agrario polo que unha persoa ou institución lle cede a outra o uso da terra
a cambio dunha renda, que adoitaba ser parte da colleita.

Os propietarios das terras, o clero e a nobreza, arrendábanlles a terra mediante un foro aos
campesiños ou aos fidalgos, e estes pagaban unha renda por ela. Os fidalgos arrendábanlles a
terra mediante un subforo aos campesiños, coa conseguinte suba da renda.

As Xuntas do Reino de Galicia:

Cos Reis Católicos, Galicia integrouse nun estado centralista e unitario, coa conseguinte perda
de autonomía e a súa castelanización. O castelán foi imposto como lingua oficial, mentres que
o galego pasou a ser empregado polas clases sociais máis baixas.

Os RRCC crearon a Real Audiencia de Galicia, a Capitanía Xeral de Galicia e a Xunta do


Reino de Galicia.

A Xunta do Reino de Galicia estaba formada por un representante de cada unha das sete
provincias galegas.

Funcións:

 Facer de intermediaria entre a monarquía e o reino de Galicia.

 Asignar os tributos que a coroa lle esixía a cada provincia.

 Representar o reino de Galicia nas Cortes castelás.

Un dos asuntos máis discutidos nas Xuntas do Reino foi a recuperación para Galicia do dereito
de voto nas Cortes de Castela, xa que era desempeñado polo representante de Zamora (o voto
recuperouse no ano 1623).
A cultura e a arte.

Cultura:

Na Idade Moderna a Igrexa continuo tendo moita influencia na vida das persoas, aínda que
perdeu importancia como difusora da cultura. Ca vez máis, a cultura foi urbana, vinculada
ás universidades.

Durante este época aparecen dúas novas correntes de pensamento que inflúen na sociedade:
o Humanismo e a Ilustración.

 Humanismo: xorde no século XV. Considera o ser humano como centro do Universo. O artista
humanista ten que ser hábil en todas as facetas da arte.

 Ilustración: aparece no século XVIII. Propón a igualdade das persoas ante a lei e a liberdade de
expresar as propias ideas. Os ilustrados en España foron un grupo de intelectuais que analizaron
a problemática do pais e propuxeron reformas para superar o atraso do territorio español. Con fin
de mellorar a situación económica, creáronse as Sociedades Económicas de Amigos do País.
Querían fomentar a economía e o progreso nas diferentes rexións. Os ilustrados
galegos centráronse nas reformas para aumentar a produción agraria e industrial, no progreso
económico dos pescadores e na defensa do comercio. Tamén defenderon a realidade diferencial
galega. Destacaron Bieito Xerome Feijoo e Frei Martiño Sarmiento.

O século XVII en España foi un período de grande esplendor literario e artístico por iso se
coñece como o Século de Ouro.

- En literatura popularizouse a novela, especialmente a picaresca, como unha forma de retratar


cruamente a realidade. Escritores importes: Cervantes (o Quixote), Lope de
Vega (Fuenteovejuna e o Cabaleiro de Olmedo), Calderón de la Barca ( O Alcalde de Zalamea
e a Vida e Soño), Góngora , e Quevedo (O buscón).

- O Barroco foi o estilo artístico do século XVII e perdurou ata principios do XVIII.

Arte:

Na Idade Moderna destacan o Renacemento e o Barroco.

 O Renacemento: xurdiu en Florencia (Italia) no século XV e difundiuse por toda Europa.


Caracterízase por utilizar liñas rectas e de trazado sinxelo para chegar á beleza. As obras
renacentistas usan a simetría para conseguir equilibrio eproporcionalidade. Ademais,
introducen os temas e os elementos clásicos, gregos e romanos, como as columnas. Artistas
importantes: Miguel Anxo Buonarroti e Leonardo da Vinci. En España sobresaíron: o
arquitecto Xoán de Herrera, o escultor Xoán de Juni, o escultor e pintor Alonso Berruguete e
o pintor Doménicos Teotocópoulos (O Greco).

 O Barroco: xurdiu en Italia no século XVII e estendeuse por toda Europa. Caracterízase por
utilizar liñas curvas e de trazado complexo en todas as súas composicións. Busca
a complexidade e o dinamismo e usa elementos decorativos recargados para darlles riqueza e
cor ás súas obras (pan de ouro, abundancia de pinturas e esculturas...)
Artistas importantes: o escultor e arquitecto Bernini e os
pintores Caravaggio, Rubens e Rembrandt. En España destacaron: os arquitectos Herrera o
Novo e Xoaquín Churriguera, os escultores Gregorio Fernández e Alonso Cano, e os
pintores Velázquez, Ribera e Zurbarán. En Galicia, o barroco foi un período de grande
esplendor artístico. Adquiriu personalidade propia, debido á calidade das escolas e dos mestres
autóctonos e á grande actividade construtiva en mosteiros, catedrais, pazos... A orixinalidade
do barroco galego baseouse no emprego do granito, das torres-campanario e das fachadas-
cortina. En escultura fixéronse gran cantidade de retablos e cadeirados de coro. Destacaron: os
arquitectos foron Domingos de Andrade e Fernando de Casas e Novoa, e os
escultores Francisco de Moure e Mateo de Prado.

You might also like