You are on page 1of 1

E CARA A DEUS

Escoitei a túa voz, oh meu Señor,

e Ti queres que te siga ata o final.

Quero compartir a vida, entregala aos demais,

quero estando ao teu lado camiñar.

Pois seguirte é unha festa especial,

é alzar os brazos e gritar amor.

Ti prométesme_ a ledicia, o cansazo e_ a suor,

quero darme por enteiro e sen temor.

Nos vosos brazos está o futuro de La Salle,

despregades sobre_ a terra_ o manto do amor.

Sodes a festa sen fin e canción e esperanza,

unha estrela que / entón tamén brillou.

Xoán Bautista seguiu sempre a túa voz,

e cos pobres compartiu e voou,

acadou metas moi altas

sempre ao lado do Señor;

somos ese zume novo que_ el plantou.

E agora é para nós ese labor,

ir levando a ledicia ao corazón,

ben abertos os dous brazos,

preparada a ilusión,

o sorriso na ollada e cara a Deus.

Nos vosos brazos está...

You might also like