You are on page 1of 54

Bloque

Temático

1
O DESENVOLVEMENTO
SENSORIAL D@ NEN@ E
AS SÚAS ALTERACIÓNS
BXECTIVOS
 Identificar as características evolutivas do/a
neno/a no ámbito sensorial.

 Analizar as teorías explicativas do ámbito


sensorial.

 Recoñecer as principais alteracións e os


trastornos do desenvolvemento sensorial.

 Deseñar actividades de intervención neste eido


adaptadas ás características evolutivas dos nenos,
en función da súa idade.

 Desenvolver programas de educación sensorial.

 Reflexionar sobre a importancia da intervención


no ámbito sensorial
Como aprenderemos ?
A través da exposición de contidos por parte da profesora, traballos -individuais e/ou
grupais- de investigación, busca documental e actividades de intervención educativa.

Que contidos?
UNIDADE 1.1: DESENVOLVEMENTO HUMANO
1.1 1. Desenvolvemento humano
-Desenvolvemento: conceptos clave
-Factores que inflúen no desenvolvemento
-Características do desenvolvemento
-A psicoloxía e o desenvolvemento
1.1.2.O neno no medio
-Composición e funcionamento do sistema nervioso
UNIDADE 1.2: OS SENTIDOS. ALTERACIÓNS E TRASTORNOS
1.2.1. Desenvolvemento sensorial
-Sensación
-Percepción
1.2.2 Sistemas sensoriais
-Sistema tactil e alteracións
-Sistema gustativo e alteracións
-Sistema ofativo e alteracións
-Sistema auditivo e alteracións
-Sistema visual e alteracións
UNIDADE 1.3: O DESENVOLVEMENTO SENSORIAL DE 0 A 6 ANOS E INTERVENCIÓN EDUCATIVA
1.3.1. Desenvolvemento perceptivo sensorial : táctil, gustativo, olfativo, auditivo e visual
1.3.2. Integración sensorial
1.3.3. Alteracións sensoriais: visual-auditiva
1.3.4. Intervención educativa no ámbito sensorial
UNIDADE 1.3.:

O DESENVOLVEMENTO SENSORIAL
DE 0 A 6 ANOS E INTERVENCIÓN
EDUCATIVA
O desenvolvemento infantil segue un ritmo
individual en cada neno.
Podémonos atopar con nenos que non padecen
ningunha alteración ou trastorno e que están
adecuadamente estimulados e que, sen embargo,
comparados cos seus compañeiros presentan un nivel
de desenvolvemento moito máis baixo, debido a un
ritmo de maduración máis lento.
O DESENVOLVEMENTO SENSORIAL
 O desenvolvemento sensorial constitúe todo un
proceso, mediante o cal, o neno recolle e elabora a súa
propia representación do mundo.
 A obtención de información do medio implica un
primeiro paso de selección, xa que non todos os
estímulos que o seu organismo recibe teñen o mesmo
interese para el. Sábese que a voz da nai moi pronto é
familiar para o neno, a diferenza do resto dos sons. O
mesmo ocorre con certos estímulos visuais: o rostro
humano, algún peluche...
 Este proceso a través do cal obtemos información do
medio é continuo.
Como cres que se relaciona o
desenvolvemento sensorial...

...co desenvolvemento motor?

...e co desenvolvemento cognitivo?


 O proceso sensorial comeza a partires da información
directa que o neno recibe do contorno a través dos
sentidos, información que será enviada ao cerebro e
procesada para elaborar as sensacións e percepcións. A
partires destas vanse formando os procesos superiores de
coñecemento, intelixencia e linguaxe.

 É o comezo do DES. COGNITIVO-MOTOR.

 Polo tanto, está moi vinculado ao desenvolvemento motor,


pois gracias á información que recibe dos sentidos, o neno
é capaz de estruturar o seu espazo e captar que existe un
medio no que moverse.
 Do mesmo modo, relaciónase co desenvolvemento
cognitivo, xa que a información recibida do medio debe
procesarse e elaborarse creando estruturas de
pensamento máis complexas.

 A intelixencia desenvólvese a partir de informacións


sensoriais e exploracións motrices, dende os primeiros
meses. Polo que é importante estimular e exercitar os
sentidos, a fin de mellorar o mundo cognitivo do neno.

 O educador debe compensar as carencias sociofamiliares


dalgúns nenos, proporcionándolles un ambiente rico en
estímulos e un espazo amplo para moverse e explorar.
UNIDADE 1.3:
O desenvolvemento sensorial de 0 a 6
anos

1.3.1. O desenvolvemento perceptivo sensorial

“La información proporcionada por


nuestros sentidos permanece
relativamente constante a través del
desarrollo. Lo que cambia es el modo en
que la interpretamos” (Bower)
O desenvolvemento perceptivo do tacto
A sensibilidade táctil na zona bucal durante os primeiros
momentos fai cos bebes usen de forma constante a boca para
recoñece os obxectos e as súas cualidades, método que
adoitan preferir ao de exploración ocular.

O tacto, no seu sentido máis amplo, non só


comprende a capacidade de discriminar texturas,
formas, tamaños, peso, material, consistencia, senón
que tamén inclúe a termocepción e a nocicepción (percepción
da temperatura e dor, respectivamente).
Nos primeiros días de vida, o neno presenta unha maior
sensibilidade en ambos aspectos e pode recurrir aos choros
para alertar dunha situación incomoda.
O educador debe ser consciente da gran importancia do
desenvolvemento do sentido do tacto. Isto radica, entre
outras cousas nos seguintes factores:

 Permite a exploración do contorno e o recoñecemento dos


obxectos
 Facilita a comunicación entre @ nen@ e o adulto,
fortalecendo os vínculos afectivos
 Axuda ao desenvolvemento cognitivo d@ nen@, o cal vai
aprendendo a media que toca, manipula e experimenta cos
obxectos
 O desenvolvemento motor d@ nen@ amplía as posibilidades
estimulares que lle ofrece o medio. Grazas ao movemento
pode explora doutra forma o contorno, manipular os obxectos
e apreciar máis cualidades dos mesmos
DESENVOLVEMENTO DO TACTO
O tacto é o primeiro sentido que se desenvolve no nen@. O feto é
sensible ao tacto e o bebé ten unha sensibilidade táctil moi
desenvolvida ao nacer. A súa evolución é continua e adoita a seguir
uns pasos determinados:
 Nacemento: O bebe posue sensibilidade táctil en todo o corpo. Ao
principio concentrase sobre todo na boca e e beizos, (ex: peito
materno, leva cousas á boca,...), aínda que pronto utilizará as mans
(ex fregarse os ollos) e posteriormente a planta dos pés.
 Catro meses: O neno comeza a usar máis as mans e os dedos para
discriminar formas, tamaños, pesos, texturas, etc
 Doce meses: É capaz de recoñecer un obxecto familiar explorando
só coas mans. Non entanto, continúa empregando a boca de vez en
cando.
 Dous anos: O neno abandona o método bucal para explorar un
obxecto.
O desenvolvemento perceptivo do gusto
 Ao final do 6º mes de vida intrauterina fórmanse as
papilas gustativas.
 É entón cando, ao levar os dedos á boca, o feto é capaz
de distinguir o sabor doce do líquido amniótico e outros
sabores que lle chegan a través do que come a súa nai.
 Aínda é pronto para que o feto saiba diferenzar o doce
do amargo e o salgado do soso, pero si empeza a saber
que sabores lle gustan e cales son.
 O gusto está moi desenvolvido desde o nacemento,
presentando preferencia polo sabor doce.
 Cando se lles da un líquido doce en vez de auga, os bebés
succionan durante períodos de tempo máis longos e con menos
pausas, indicando que prefiren o doce.
 As súas expresións faciais rebelan que poden distinguir varios
sabores básicos: relaxan os músculos da cara como resposta ao
doce, fruncen os beizos cando o sabor é ácido e abren a boca en
forma de arco cando é amargo.
 Neste sentido son parecidos aos adultos. Estas reaccións son
importantes para a supervivencia, xa que o alimento ideal para
apoiar o crecemento temperán do neno é o sabor doce do leite
materno.
 O sabor salgado desenvólvese de forma diferente ao doce, ácido
ou amargo.
 Ao nacer, os nenos son indiferentes ou rexeitan as solucións
salgadas, aos 4 meses comeza a aceptar o sabor salgado, un
cambio que lles pode preparar para aceptar os alimentos sólidos.
O desenvolvemento perceptivo do olfato
O sentido do olfato do recén nacido é agudo, pero o irá
desenvolvendo aínda máis co paso do tempo, a medida que asocia
os olores a persoas, animais ou alimentos.
 No momento de nacer, o sentido do olfato xa está bastante
desenvolvido e ante distintos olores responden con distintas
exprensións faciais, variacións do ritmo cardiaco o a súa
frecuencia respiratoria ou retirándose ou acercándose a fonte do
olor.
 O bebé discrimina olores agradables de olores desagradables, e
ten tendencia ou preferencia cara a olores coñecidos.
 Macfarlane demostrou que o bebé prefire cheirar unha gasa
impregnada en leite a unha gasa limpa, e que con tan só seis días
xa pode distinguir á súa nai polo cheiro. Con todo, non alcanzará a
súa madurez ata os 3 ou 4 anos.
 O olfato alcanza o seu maior desenvolvemento aos catro anos, e a
súa evolución perceptiva vai ligada ao desenvolvemento do gusto.
 A resposta do bebé ao olor de certos alimentos é
sorprendentemente similar á dos adultos, o que suxire que
algúns cheiros preferidos son innatos. Por exemplo, o cheiro
dos plátanos e o chocolate produce unha expresión facial
relaxada e agradable, mentres que o cheiro a ovo podrecido
failles engurrar o ceño.
 Tamén poden identificar a localización dun olor, e se é
desagradable protéxense. Por exemplo, cando se lles presenta
un pouco de amoníaco, os bebés menores de 6 días, viran a
cabeza cara á outra dirección.
 Os bebés parecen ter atracción polo olor do leite materno,
polo cal probablemente isto axudaralles a localizar unha fonte
de alimento apropiada, e no proceso aprenden a identificar á
súa propia nai.
O desenvolvemento perceptivo auditivo
 A audición comeza antes de nacer. O feto xa responde
aos sons.
 Dende o nacemento os bebés prefiren os sons rítmicos
como cancións ou latexados do corazón, que lles
tranquilizan e adormentan, fronte aos ruídos repentinos
e bruscos que lles asustan e fan chorar.
 E entre todos os sons a súa preferencia é a voz humana e
sobre todo cando se utiliza a fala materna ou baby talk
(frases curtas e aumentando a entonación ao final,
esaxerando na vocalización, ton máis alto e agudo).
Aínda que non se sabe con exactitude a causa, está
comprobado que a utilización de Baby Talk ou
linguaxe maternal (a forma característica en que o
adulto se dirixe ao bebé esaxerando a entonación e
utilizando unha linguaxe telegráfica) favorece e
estimula a discriminación auditiva do neno.
DESENVOLVEMENTO AUDITIVO
 O desenvolvemento da canle auditiva complétase despois
do nacemento, pois esta canle está chea de líquido ao
nacer, o que amortece a onda sonora.

 Tamén a cavidade do oído medio (onde están os ósos) está


chea dun tecido xelatinoso, polo que a condución acústica
non está libre e a capacidade auditiva é deficiente. É todo
un sistema de protección.

 Aínda así o neno dentro do útero pode distinguir ritmo e


entonación, e a lingua materna.
DESENVOLVEMENTO AUDITIVO
 Neonato
 É moi sensible á intensidade dos sons; excítase e sobresáltase,
xa antes de nacer, ante ruídos fortes; en cambio, a música
suave, baixa e rítmica e a voz da nai tranquilízanlle.
 Percibe sons, pero non os localiza nin dirixe a súa cabeza cara
á fonte sonora; por iso resulta difícil saber cando atende
realmente ao son.
 Juan Delval afirma que o recén nacido nace con
predisposición cara a determinados sons, e coincide con
outros investigadores en que á súa preferencia é a voz
humana e os sons da linguaxe, que máis tarde imitará.
 1 mes
 O bebé xa oe moi ben, pero aínda non hai busca activa
da fonte do son.
 Vai afinando a súa capacidade auditiva.

 2 meses
 Xa busca e localiza a fonte sonora e empeza a
interesarse por diferentes sons.
 Segundo José Palacios, os bebés de apenas uns días
discriminan unhas voces doutras, recoñecendo voces
familiares, como a da nai, e aos dous meses fan
discriminacións tan finas como para distinguir “ma” de
“na”, “ba” de “pa” e “ga”.
 3 meses
 Volve a cabeza cara á fonte sonora, o que indica que localiza o
son.
 Empeza a diferenciar a voz humana doutros sons e a mostrar
preferencia por ela, o cal permitiralle, máis tarde, prestar
atención e imitar os sons da linguaxe.
 Primeiras imitacións vocálicas.
 Cuarto mes
 A percepción auditiva do neno adquiriu agudeza e madurez e xa
logra identificar sons familiares co que pode localizar a
dirección exacta de son.
 Quinto mes
 O bebé fíxase e atende á persoa que fala.
 Sensibilidade ao ton de voz e á música.
 A partir deste momento a audición do neno discrimina tons e
inflexións de voz.
EVOLUCIÓN
 De 3 a 6 meses: trata de localizar a orixe dos sons. Sente medo
ante unha voz airada. Sorrí cando se lle fala. Gústanlle os
obxectos que fan ruído. É fonetista universal. Fai polo menos
catro sons diferentes cando usa a voz.

 De 6 a 9 meses: vira a cara e trata de mirar á persoa que fala en


voz baixa e tranquila. Detense un instante cando alguén lle di
unha negación. Mira obxectos ou imaxes cando alguén se refire a
elas. Usa sons diferentes e parece nomear cousas.

 De 9 a 12 meses: sinala ou busca obxectos de persoas familiares


cando se lle pide. Segue ordes. Fai sons coa música. Usa un argot
para falar. Usa sons de consonantes. Emite sons como resposta á
voz humana e usa cambios en intensidade, ritmo e ton.
 De 12 a 18 meses: comeza a emitir as súas primeiras palabras.
Escoita e identifica sons que proveñen doutra habitación ou do
exterior. Emite moitas palabras novas. Utiliza palabras de máis
dunha sílaba con significado. O seu vocabulario é de 10 a 20
palabras.

 De 18 a 24 meses: entende preguntas sinxelas. Entende frases


simples con preposicións. Usa o seu primeiro nome. Usa frases de
dúas palabras.

 De 24 a 30 meses: entende as frases con contidos negativos.


Cumpre instrucións sinxelas. Usa plurais. Emite de 100 a 200
palabras.

 De 30 a 36 meses: usa sen problemas frases interrogativas e


negativas. Fai frases de catro ou cinco palabras.

 De 3 a 5 anos: utiliza polo menos 1.500 palabras. Emite moitos


sons correctamente. Fala libremente con familiares e amigos e usa
frases completas que entende todo o mundo.
O desenvolvemento perceptivo visual
SISTEMA VISUAL
 Os bebés son capaces de ver, pero con certas limitacións:
 A retina está casi completa ao nacer, pero o córtex visual ten
que desenvolverse máis.
 Non dispón de agudeza visual suficiente para recibir
estímulos afastados, o que lle imposibilita ver aquelas
cousas que non estean próximas.
 Non poden enfocar ben os obxectos e a súa visión é borrosa.
A distancia óptima entre o obxecto e o ollo é de 20-25 cm.
(nin máis cerca nin máis lonxe).
 A converxencia binocular (a capacidade de dirixir os dous
ollos cara ao mesmo obxecto) tampouco está totalmente
desenvolvida, establécena aprox. aos 2 meses.
PERCEPCIÓN VISUAL
 O mundo perceptivo do bebé non é como o do adulto; con
todo, o seu cerebro desenvolve desde o nacemento
determinadas capacidades perceptivas importantes e, aínda
que teña limitacións no procesamiento da información, iraas
superando coa exercitación e a estimulación sensorial.
 Nos primeiros meses o neno é capaz xa de percibir a forma,
sempre que os estímulos se acomoden ás leis gestálticas:
 Movemento común (que se movan xuntos).
 Pregnancia (tendencia a captar as formas máis acabadas).
 Proximidade (facilidade de captar o próximo como un
todo).
 O psicólogo norteamericano R. Frantz descubriu as preferencias
visuais dos recén nacidos ao redor da exploración dunha cara,
demostrando que unha cara esquematizada e cos elementos
organizados, retiña a atención visual dos bebés por máis tempo
que outra cos elementos desorganizados ou ausentes.
 O mundo perceptivo, o mesmo que o desenvolvemento
físico e outros desenvolvementos, require exercitación e
achega de estímulos, e a iso debe estar atento o adulto e o
educador.
 Bower indica que o sistema perceptivo do recén nacido
vólvese cada día máis capacitado, pero neste período de
desenvolvemento rápido, o seu sistema vólvese vulnerable e
a falta de estímulos procedentes do medio ou unha
selección anómala poden destruír as estruturas presentes ao
nacer.
 En canto aos estímulos máis significativos para o bebé, o
máis importante e atractivo é a figura da nai: dela depende
para a súa alimentación e comodidade. Os máis
significativos, en xeral, son a voz humana e a mirada.
 Así pois, os lactantes están xeneticamente predispostos para
a interacción social e, en particular, para a interacción cos
outros.
 O feito de que o pequeno prefira determinados estímulos
visuais non significa que recoñeza os obxectos, pero si é un
primeiro paso para chegar a coñecelos. Esta predisposición
para mirar certas cousas, permítelle construír e, moito máis
tarde, identificar a realidade.
DESENVOLVEMENTO PRENATAL
 Ás 14 semanas empezan a desenvolverse as pálpebras, os
ollos están completamente formados (aparecen movementos
oculares lentos), e comeza a responder aos estímulos
externos; se presionamos o abdome da nai, intentará
alonxarse.

 Ás 18 semanas, as retinas xa son sensibles á luz, aínda que os


ollos permanecen cubertos polas pálpebras. O feto xa recibe
as sensacións das luces fortes de fóra da parede abdominal
da nai.
 No 7º mes de xestación:
 As pálpebras separáronse, permitindo que os ollos se
abran.
 Pode ver e enfocar a mirada, así como diferenciar a luz
e a escuridade.
 Existe a teoría de que as limitacións na acomodación
visual (20∼25 cms.) débense á distancia que é capaz
de ver cando está no interior do útero.
 O sentido da vista limítase a distinguir as sombras das
luces e a enfocar.
 O feto responde á luz e ao son.
 No 9º mes:

 O feto ten os ollos azuis, aínda que eso pode


cambiar nas semanas posteriores ao nacemento.
 Cando está esperto os ollos permanecen
abertos.
 O feto é capaz de distinguir a través de sombras
os reflexos de luz que proveñen do exterior.
 Nota un resplandor cando a luz do sol da no
ventre da súa nai.
O NEONATO
 A incompleta mielinización do nervio óptico, efecto dun
sistema xeral inmaduro durante toda a primeira infancia, así
como a falta de control pleno sobre os músculos oculares,
reguladores de funcións como a fixación, o seguimento, a
acomodación, o enfoque e o movemento dos ollos,
diferencian o funcionamento da visión do bebé da do adulto.
 O bebé case é cego no momento do nacemento; a distancias
de máis de 20 cm ve borroso.
 As células da fóvea aumentan de tamaño e nº unhas catro
veces despois do nacemento e conclúe este proceso a finais
do primeiro ano.
O NEONATO
 Dende os primeiros días o neno pestanexa cando de
forma brusca acéndese un foco próximo, a condición de
que se atope nun período de total vixilia, resposta
reflexa ante os cambios de luz.

 Reflexos pupilar, palpebral e de orientación.

 Falta de coordinación binocular (estrabismo).

 Aprecia distancias, achegándolle un obxecto á cara,


aparta a cabeza.
EVOLUCIÓN
1 mes
 Mira obxectos que están no seu campo visual, pero a súa
mirada é inexpresiva.
 Segue un obxecto ata 90º.
 Atráelle a luz e dirixe a súa mirada cara á zona iluminada,
pero o exceso de luz excítao.
 Atráelle o rostro da nai, a mira intensamente e sorrí mentres
mama e cando se lle fala, pero non é o rostro da nai o que
provoca o sorriso, senón a súa forma, xa que calquera
máscara de cartón posta de fronte, faille sorrir.
 Ante a imaxe dunha cara analizan o contorno (fig. a).
2 meses
 Fixa a mirada.
 Vai establecendo a converxencia binocular, é dicir, logra enfocar
os dous ollos cara ao mesmo punto.
 Acomódase á distancia dos obxectos e pódeos seguir se son
grandes e se desprazan cerca de el. Aínda que a esta idade
prefire o movemento das persoas que o dos obxectos.
 Pode seguir un obxecto 180º (botado na cama de costas).
 Logra manter a atención por máis tempo nas cores vivas, en
luces e obxectos en movemento e con contornos ben definidos.
 Ante a imaxe dunha cara detense no interior (fig. a).
 Deteñen máis tempo a mirada en figuras con tramas ou debuxos
que en figuras lisas (fig. b).
 O feito de preferir mirar dentro das figuras vai permitirlles
diferenciar unhas caras de outras.
3 meses
 Fixa a mirada sobre un obxecto e ségueo por unha ampla
marxe, sempre que se mova lentamente.
 Os obxectos con detalles e de moito contraste atraen a súa
atención por máis tempo, fixando a mirada sobre aqueles que
se moven, realizando suaves movementos cos ollos. Gústalle
mirar e moverse.
 Acomoda a distintas distancias e aumenta a habilidade para
ver os obxectos que se moven a 2 ou 3 m.
 A capacidade de discriminar, de recoñecer o medio e de
percibir a profundidade ponse de manifesto cando trata de
alcanzar os obxectos.
3 meses

 A súa mirada pode desprazarse dun obxecto a outro.


 Descubre o seu corpo, as súas mans e míraas a miúdo.
 Interésase por cousas e xoguetes cercanos a el, pero tamén
sente interese polo lonxano.
 Comeza a discriminar unhas caras de outras e recoñecen
claramente a cara da súa persoa de apego (nai).
 Distingue obxectos de diferentes cores.
A partir de 4 meses

 Progresa notablemente o seu recoñecemento da figura


humana.
 A súa capacidade visual aseméllase á do adulto.
 Ve obxectos a distancias variables e os detalles pequenos
(acomodación do cristalino).
 Está establecida a constancia da forma e a constancia do
tamaño (os obxectos aparecen estables con independencia
da distancia á que estean).
 O neno recoñece a profundidade e observa a diferencia
abismo/superficie, pero non se mostra precavido.
Aos 5 meses
 Mira e examina as súas mans e os obxectos que suxeita,
desenvolvendo a coordinación ollo-man.
 Estabilízanse a visión binocular e a percepción da cor.
A partir de 6 meses
 A mielinización do nervio óptico remata arredor dos 6
meses.
 O bebé adquire a percepción de profundidade cando
empeza a exporse ao perigo  gatear (arredor dos 8
meses).
 A visión periférica ten un desenvolvemento culminante
cando o neno comeza a gatear. Este tipo de visión
proporciona ao neno, información do movemento, polo
que irá unida ao tempo que leve gateando.
Aos 7 meses

 Comeza a discriminar e recoñecer o contorno e os detalles


nos debuxos, dando mostras de memoria visual.
 Mirar e ver acompáñanse de movementos e acción,
tomando conciencia da posición dos obxectos no espazo e
da súa relación con outros obxectos

o que indica que o desenvolvemento perceptivo-visual


comeza a integrarse co desenvolvemento social e cognitivo.
 Con 1 ano realiza gran variedade de xogos visuais, e posúe
gran capacidade de imitación. Comeza o garabateo
espontáneo, interésase polas láminas e realiza
construcións.
 Aos 2 anos alcanza a agudeza visual do adulto.
 Entre os 3 e 4 anos prodúcese a organización das
percepcións visuais e teñen lugar os funcionamentos
visuais específicos. Diferencia a figura do fondo, relaciona
as partes co todo e ten capacidade para a
complementación e a asociación visual.
 Aos 5 anos discrimina, recoñece e percibe semellanzas e
diferenzas en figuras abstractas e en representacións como
debuxos completos, letras e números, sendo a súa
capacidade visual moi similar á do adulto.
UNIDADE 1.3:
O desenvolvemento sensorial de 0 a 6
anos

1.3.2. A integración sensorial


A PERCEPCIÓN INTERMODAL
 É a coordinación e integración da información a través de
dous ou máis modalidades perceptivas.
 O mundo non se atopa fragmentado nas percepcións
recibidas por un único sentido, senón que o unificamos a
través da elaboración que facemos da información recibida
dos distintos sistemas sensoriais.
 Normalmente activamos varias percepcións
simultaneamente, rara vez percíbese un estímulo mediante
un só tipo de percepción.
 Cada vez que recibimos unha información nova, esta será
rexistrada na nosa memoria, pero non de forma illada,
senón que irá unida a todo tipo de emocións e sentimentos
que vivenciemos nese momento.
 É de considerable interese a capacidade do bebé para
relacionar información a través de diferentes
modalidades de percepción.

 A investigación indica que os bebés aos 4 meses teñen


percepción intermodal.

 Un exemplo que pon de manifesto esta intermodalidade,


é a reacción dos bebés aos estímulos visuais e acústicos
discordantes: parecen non poder aceptar a existencia
independente do visual e do acústico, creándolles
nerviosismo.
A COORDINACIÓN VISIÓN-AUDICIÓN
 É a relación entre un estímulo visual e outro auditivo. O
efecto coordinado da información destes dous sistemas
podería verse como un tipo de resposta instintiva.
 Xirar a mirada cara a fonte do son é habitual incluso nos
animais.
 Os bebés tenden a buscar e seguir coa mirada os
obxectos que se moven sincronizados cos sons. Son
sensibles á simultaneidade de movementos e sons e
poden asocialos.
 En varias investigacións demostrouse que os bebés tiñan
coordinación visión-audición pois rechazaban a imaxe
dunha persoa extraña coa voz da súa nai e respondían
positivamente cando a imaxe e a voz da nai coincidían.
A COORDINACIÓN TACTO-VISIÓN
 O neno mediante unha exploración visual, pode xerar
unha representación mental que logo recoñecerá
mediante o tacto.
 Tamén pode recoñecer coa vista algo que
previamente palpou.
 A información destes dous sentidos é moi completa
cando actúan complementándose.
 Dirixir a mirada cara aquelo que tocamos é un acto
casi mecánico.

You might also like