You are on page 1of 3

1.

Fundamentos da automatización da
fabricación

1.1. Definición
A automatización da fabricación baséase en usar a capacidade das máquinas para levar a cabo
determinadas tarefas que anteriormente se facían por seres humanos, e mais para controlar a
secuencia das operacións sen intervención humana. O termo automatización tamén se usa para
describir sistemas non destinados á fabricación nos que dispositivos programados ou automáticos
poden funcionar de xeito independente do control humano, tales coma o control de trafico (sinais
luminosas), loxística e almacenaxe ou vivendas intelixentes (domótica).
Segundo o grao de automatización pódese falar de dous niveis: completo e parcial.
A automatización completa refírese á produción masiva de produtos homoxéneos en ciclo
continuo ( botellas de vidro, fármacos, etc.), mentres que a automatización parcial é propia da
produción variable e limitada.
Segundo o punto de vista da programación, a automatización pode ser de ciclo fixo ou de ciclo
programado.
O ciclo fixo adoita usarse na fabricación de grandes series porque o automatismo é invariable
dende a súa concepción (sempre fai o mesmo ciclo). O ciclo programado é para fabricar pezas
distintas, en series pequenas e medias porque dispón dun dispositivo programador que emitirá
ordes diferentes segundo o ciclo que estea operando.

1.2. Aplicacións automáticas na fabricación


Mediante a adopción da automatización electro-mecánica e mais dos sistemas de automatización
industrial, pódese acadar unha mellora substancial de todos os procesos produtivos sendo moito
máis competitivos.
Hoxe en día, e grazas ao avance dos sistemas informatizados, é posible automatizar practicamente
calquera proceso produtivo industrial imaxinable mediante o deseño e a implantación de
automatismos, robots (robótica), autómatas, sistemas de control servo, PLCs ou calquera outro
elemento para acadar unha repetibilidade dun proceso con tempos de ciclo moi inferiores aos que
se acadarían de xeito manual ou mesmo semiautomático. O obxectivo é moi claro: optimizar e
rendibilizar calquera proceso industrial.

1.3. Vantaxes e desvantaxes da automatización na


fabricación
A automatización permite a eliminación total ou parcial da intervención do home no proceso. Os
automatismos son dispositivos capaces de facer tarefas sen a intervención humana. Algunhas
máquinas coma as lavadoras teñen programadores e as ordes que proporcionan chámanse
programas.
O uso da automatización nos distintos ámbitos da vida supuxo un cambio moi importante, aínda
máis se cabe nos procesos industriais, xa que se facilitou a produción.
O uso da automatización nos procesos de fabricación ten unha serie de importantes vantaxes para
a industria que se describen a continuación:
- Reducións dos gastos. Segundo o grao de automatización do que se fale, os custos de man de
obra directa poden ter reducións moi importantes.
- Reducións dos prezos. Se se reducen custos, é posible fabricar máis barato.
- Aumento de beneficios. Ao fabricar máis barato pódense aumentar as vendas e, sendo os
produtos máis competitivos, aumentan os beneficios, tamén pode aumentar a produción da
instalación usando o mesmo número de maquinas e o mesmo número de traballadores.
- Aumento da calidade. Xa que as maquinas automáticas son mais precisas, asemade, pódese
mellorar o control da produción xa que poden introducirse sistemas automáticos de verificación
que non dependan exclusivamente da verificación visual.
- Mellora do servizo ó cliente. Xa que permite axustar mellor a programación da produción tanto
a medio como a longo prazo, e grazas á constancia e á uniformidade da produción garántense
prazos de entrega máis fiables.
- Redución das incidencias laborais. Dado que as maquinas automáticas poden facer confinadas,
todo tipo de traballos prexudiciais para a saúde.

Pero tamén, o uso da automatización nos procesos de fabricación ten unha serie de importantes
desvantaxes para a sociedade que son as seguintes:
- Redución da calidade medioambiental. Xa que os procesos automatizados requiren de máis
materia prima e máis enerxía, que acelera a perda de recursos naturais e de calidade do aire.
- Redución da calidade laboral. A industria ao precisar menos man de obra directa establece
condicións laborais cada vez máis ríxidas.
- Escravización da sociedade. Os produtos fabricados perden a creatividade aportada polo
traballador, creatividade que por outra banda é precisa para o desenvolvemento persoal, os
produtos son máis uniformes e o traballador pasa de ser un axente activo (e creativo) no proceso, a
ser un mero espectador pasivo neste, e tamén un mero consumidor fóra del; consumidor necesario
por outra banda, para que poida funcionar o proceso automatizado.

1.4. Configuración de sistemas automáticos


Os sistemas automáticos poden funcionar independentemente ou en conxunto con outros sistemas
automáticos, compartindo información entre eles, xa que normalmente adoitan ser operacións que
van unha tras outra.
Polo tanto, segundo a súa configuración, pódense distinguir dous tipos de sistemas automáticos:
Os de configuracións simples
Os de configuracións complexas

Os sistemas automáticos de
configuración simple, son aqueles
sistemas que fan o seu traballo sen
compartir información deste traballo
con outros sistemas automáticos. A súa
misión é facer un traballo sen que
outros sistemas automáticos saiban se
principiou, rematou, en que condición ou estado se atopa o traballo, ou calquera outra información
que podería compartir.
Os sistemas automáticos de
configuración complexa son
conxuntos de sistemas de
configuración simple que ademais de
facer o seu traballo, comparten
información cos demais sistemas
automáticos do conxunto.
O xeito de compartir información nos
sistemas de configuración complexa
adoita ser variado, aínda que
actualmente téndese a usar case que
exclusivamente, redes informáticas
baseadas no protocolo TCP/IP .

1.5. Xestión das instalacións automatizadas


Comunicacións industriais

Nesta imaxe pódese observar como está


estruturada a xestión nunha instalación
automatizada, onde se pode ver que a
velocidade de comunicación entre os diferentes
niveis aumenta cando máis se achega ao nivel
da base da pirámide, pero diminuíndo á súa vez
a complexidade da información. No entanto
que cara arriba, ocorre todo o contrario.

You might also like