You are on page 1of 8

ALCOA

ANA POSE FIAÑO 3ºA

1. GLOBALIZACIÓN

a. Características
A globalización é o proceso de integración mundial caracterizado pola
interdependencia económica, política, social e cultural de todos os países do
mundo.
A globalización e ante todo un fenómeno económico. As súas características son:
- Crecemento do comercio mundial de bens e servizo
- Novos países industrializados
- Sistema financeiro internacionalizado dando lugar a un mercado de capitais
mundial
- Políticas favorables ao libre comercio
- Multinacionais (explicaremos o seu papel no apartado seguinte)

b. Localización espazo temporal


O proceso de globalización non é un fenómeno novo. Algúns autores sinalan que
un primeiro exemplo de procesos globalizados atopámolo na “ruta da seda” que
unía Europa e Asia na idade media ou tamén no proceso de colonización das
Américas e o establecemento de rutas comerciais durante os séculos XV-XVI.

Na Idade Moderna, durante o período previo á primeira guerra mundial (1870-


1914) o mundo viviu un período de globalización importante. Despois da segunda
guerra mundial o mundo vive unha “segunda globalización” moito máis intensa,
especialmente a partir dos anos 80 do século XX.

c. Papel das multinacionais


As empresas multinacionais son sociedades industriais, comerciais ou financeiras
que están presentes en distintos países do mundo. As multinacionais modernas
xurdiron coas inversións dos EEUU en Europa nos anos 50 e 60 do século XX.
Este fenómeno fíxose mundial cando a el sumáronse as empresas europeas e
xaponesas. Na actualidade, en países emerxentes como China, India, México,
Brasil e os dos sudeste asiático tamén xurdiron multinacionais.
A globalización da economía e o desenvolvemento do capitalismo financeiro nos
últimos anos do século XX deron ás multinacionais un extraordinario poder. Para
evitar competencias, controlar os mercados e impoñer prezos, as multinacionais
potencian todo o que podan o proceso de concentración e acumulación de
empresas diversas. Así, unhas poucas firmas conseguiron dominar a produción a
escala mundial en algúns sectores chagando a formar oligopolios.
A meirande parte destas empresas pertence a países desenvolvidos, onde contan
cun número importante de filiais e concentran maioría das inversións. Nos últimos
anos creceron moito as súas inversións nos países menos desenvolvidos, atraídas
por unha man de obra barata e abundante, un trato fiscal moi favorable (impostos
baixos) e unha lexislación permisiva ou inexistente en materia de saúde e
seguridade laboral ou protección do medio ambiente.

Alcoa e globalización.
Alcoa é unha empresa estadounidense, a terceira máis grande produtora de aluminio no
mundo detrás de Rio Tinto-Alcan e Rusal.
Alcoa: Localización espazo temporal
No 1886 Chales Martin Hall descubre unha forma de producir aluminio que reducía
drasticamente o custo. Hall patenta o seu proceso e mais adiante crea o proceso Hall-
Héroult ca axuda dun químico francés.
A primeira compañía abrirá en Piitsburg, Pensilvania en 1888 e no 1891 comeza a
producir produtos con aluminio entrando catro anos máis tarde no mercado de produtos
de cociña e sacando artiluxios como teteiras. Seguirá por este camiño de introducirse en
novos mercado e acabará por entre no automobilístico adoptou o nome de Aluminum Co.
O América no 1907. Alcoa introduzo o papel de aluminio no 1910 e atopou usos para o
aluminio nas incipientes industrias de aviación e do automóbil.
Froito do proceso de globalización, no 1912 Alcoa abre en Europa, no sur de Francia, e o
primeiro paso para converterse nunha multinacional.
Papel da multinacional
Alcoa é unha multinacional que opera en 44 países e ten participación mineira en
proxectos de bauxita en Australia, Brasil, Guinea, Jamaica e Surinam. Alcoa controla
varias fases do proceso productivo, por exemplo na produción de aluminio primario
utiliza bauxita que chega en barco procedente das minas de Guinea Conakry e que tamén
son de Alcoa. Desta maneira pode controlar mercados e impoñer prezos, pois é dona das
materias primas. Ademáis en España Alcoa é un monopolio porque é a única produtora
de aluminio primario.
En resumo, Alcoa encárgase da produción e xestión mundial de aluminio primario,
fabricado e alúmina. Participa nos sectores da industria tecnolóxica, mineira, refinamento,
fundición, fabricación e reciclaxe. Entre os seus produtos inclúe pezas fundidas de
precisión, fixacións industriais, produtos de consumo...

2. DESCRICIÓN DO PROCESO INDUSTRIAL


a. Tipo de industria
As industrias clasifícanse en función das materias primas que empregan e do
mercado ao que se dirixen os seus produtos. Hai tres tipos:
- Industrias de base: transforman determinadas materias primas en produtos
semielaborados que son empregados , a súa vez, en outras industrias. Dentro
desta industria esta a industrial de química pesada que traballa con mp como
o carbón, petroleo... e as transfoma en productos semielaborados como
combustibles, ácidos.. A Industrial metalúrxica transforma minerais metálicos
en elementos básicos aproveitados por outras industrias como a construción.
- Industrias de bens de equipo: transforman os produtos procedentes das
industrias de base en maquinaria e aparatos que se empregarán noutras
actividades industriais. Algúns exemplos son: industria da construcción,
electromecánica, aeronáutica, naval...
- Industrias lixeiras: transforman mp ou produtos semielabrados en produtos
destinado ao consumo e emprego directo. Dentro desta industria atopamos:
industrias electrónicas, automobilísticas, téxtil...
Alcoa é unha empresa da industria do aluminio, da industria metalúrxica, que de
dedica a obter metais a partir de minerais. O mineral máis importante do que se
obtén o aluminio é a bauxita. A partir da bauxita o proceso industrial acaba
producindo planchas, tochos e lingotes de aluminio e as comercializa.

b. Relación=>materias primas=>fontes de enerxía=>productos elaborados


O sector secundario comprende actividades económicas que transforman as
materias primas e os recursos naturais en productos semielaborados ou elaborados
empregando máquinas movidas por unha fonte de enerxía.
A relación entre estas 3 variables vémola nas bases da industria. No proceso
industrial interveñen gran cantidade de elementos, entre os que destacan as
materias primas e as fontes de enerxía.
Materias primas
Segundo a súa orixe poden ser:
o MP de orixe animal: proveñen da gandería e pesca
o MP de orixe vexetal: proveñen da agriculturla e bosques
o MP de orixe mineral: minerais que se extraen das minas: ferro,
aluminio, cobre... O ferro pode transformarse en acero, o alumnio
emprégase para fabricar vehículos de transporte e envases para
alimentos. O cobre ísase na industria eléctrica e electrónica para facer
cables.
o MP semielaboradas: son as que xa sufriron algún tipo de
transformación industrial pero teñen que ser sometidas a outro proceso
antes de poderen ser empregadas ou consumidas. Un exemplo son os
tecidos, o coiro, a madeira xa traballada...
As fontes de enerxía son os recurso naturais que permiten obter luz ou calor e
xenerar movemento ou forza. Clasifícanse en:
o Non renovables: proceden de recursos que existen na natureza de
forma limitada e poden chegar a esgotarse co tempo. As mais
importantess son: a enerxía obtida na combustión dos combustibles
fósiles ( carbón, petróleo e gas natural). Estes tres combustibles
empréganse como fonte de enerxía nas centrais térmicas para producir
electricidade. Esta forma de obter enerxía resulta contaminante para o
medio ambiente. A enerxía nuclear utiliza a enerxía liberada nas
reacción nucleares de minerais radiactivos como o uranio.
o Renovables: proceden e recursos inesgotables (luz do sol, vento, mar,
ríos...). Estas formas non contaminan o medio ambiente por iso
chámanse enerxías alternativas ou limpas. Destacan a enerxía
hidraulica, solar eólica, xeotérmica...
En Alcoa o proceso de obtención de aluminio comeza cun mineral chamado bauxita. A
bauxita é un mineral de color vermello. Actualmente, a maior parte da minería de bauxita
está situada no Caribe, Australia, Brasil e África, que producen bauxitas máis fáciles de
disgregar que as europeas. Chega en barco procedente das minas de Guinea Conakry, en
África, que tamén son de Alcoa. De catro toneladas de bauxita saen dúas de alúmina. O
prezo da alúmina triplicouse nos últimos anos.
O proceso de obtención de aluminio consta de 2 etapas, na primeira prodúcese a alúmina
e na segunda o aluminio metálico. A primeira etapa realízase na plan de San Cibrao
(Lugo) .Pero nas outras fábricas que fan a segunda etapa parece que non se usa esta
alúmina senon que se imorta e debido ao alto custo da alúmina as fábricas teñen perdas.
Na segunda etapa a alúmina introdúcese nas cubas, onde se disolve nun baño de sales de
criolita. É entón cando se aplican descargas de electricidade para separar o aluminio do
osíxeno. Este proceso require cantidades inxentes de enerxía. Segundo a compañía, as
tres fábricas de aluminio primario consomen un millón de euros ao día en electricidade,
sen descontar os incentivos que recibe das arcas públicas para sufragar parte deses gastos.
O gastos en electricidade e o sobrecusto da alúmina fixo que a planta da Coruña pechara
o 2018 con perdas que suman 42 millóns; 40, no caso de Avilés, segundo datos facilitados
pola multinacional aos comités de empresa. Volvendo á electrolisis, no interior das cubas
alcánzanse os 950 graos centígrados de temperatura durante o proceso de separación do
aluminio do osíxeno. O metal, en estado líquido, deposítase no fondo e extráese de aí por
sifón. Estas son as cubas de electrolisis que a multinacional quere desmantelar. Sen elas,
xa non poderá fabricar máis aluminio primario nin na Coruña nin en Avilés.
A planta da Coruña conta tamén con fornos de fundición que producen aluminio primario
en forma de placas, tochos e lingotes, que vende logo, entre outros, ás galegas Cortizo,
Extrugasa e Exlabesa. Tamén dispón dunha planta de pasta Söderberg e
electrometalúrgica para fornos eléctricos. En Avilés hai fornos de fundición que producen
aliaxes de aluminio en forma de lingotes e tochos, segundo a compañía. A estas
instalacións chega o aluminio líquido onde se alea para obter o produto final encargado
polos clientes de Alcoa. O metal líquido introdúcese en moldes para obter a forma
desexada: pode ser tocho para extrusión, lingote para pezas de fundición ou placa para
laminación. A multinacional estadounidense quere quedar con esta parte final do
procesado do aluminio primario, que se fabricaría noutro sitio diferente, pois sen
electrolisis, imposible seguir facéndoo na Coruña e Avilés.

c. Tecnoloxía-capital-man de obra

A Actividade industrial ademais de materias primas e fontes de enerxía, utiliza


outros factores como tecnoloxía, capital e man de obra. Todos xuntos combinados
dan lugar á creación de produtos de consumo.

A man de obra está formada polos traballadores que empregan as máquinas para
transformar os recursos naturais en produtos manufacturados. O s traballadores
reciben un salario a cambio de su traballo. O salario non depende únicamente do
traballo realizado, tamén as veces, está relacionado coas condicións laborais dos
países desenvolvidos.

O desenvolvemento tecnolóxico e a maior complexidade das máquinas


empregadas provocou una diferenciación entre man de obra cualificada para a
tecnoloxía avanzada e especializada, e a man de obra non cualificada con menores
coñecementos tecnolóxicos.

O capital son os cartos necesarios para poñer en funcionamento una industria.


Inclúe o diñeiro necesario para pagar aos traballadores, mercar recursos naturais
que se transforman, adquirir a maquinaria e a tecnoloxía necesaria, pagar a enerxía
necesaria para a posta en marcha das máquinas e o funcionamento da fábrica, etc.

A tecnoloxía son todos os avances científicos empregados para aumentar a


cantidade e calidade dos produtos ou os servizos prestados. Ao producir máis
bens, estes son máis baratos e véndense mellor e por tanto o beneficio empresarial
é maior.

Estes tres elementos están intimamente relacionados. Se o tipo de industria require


pouca inversión e usa tecnoloxía simple a man de obra será pouco cualíficada.
Polo contrario se a industria exixe gran inversión e tecnoloxía especializada a man
de obra será moi cualificada.

En canto Alcoa precisamente a relación destes elementos xunto cos anteriores son os
motivos que alega a empresa para pechar. Di que as plantas de Avilés e A Coruña
atópanse afectadas por problemas estruturais produtivos e tecnolóxicos como a súa menor
capacidade de produción, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos. Estes
problemas estruturais, unidos a factores externos de mercado, como a sobrecapacidade de
produción de China, o elevado prezo das materias primas e o custo da enerxía, xeraron
perdas significativas nestas plantas nos úúltimos dous anos. perdas que previsiblemente
continuarán.
O certo é que Alcoa realizou unha escasísima investimento en infraestruturas e melloras
de procesos.Razón pola cal xa auguraban un peche potencial desde o mesmo momento
no que o Estado lles pechase a billa á subvención pública do prezo da enerxía.

A multinacional estadounidense suma uns 2200 empregados en España, 800 deles das
plantas de Avilés e A Coruña.A planta de produción de Aluminio Primario en Avilés,
produtora de lingotes e tochos, emprega a unhas 400 persoas entre empregos directos e
indirectos. Afectando tamén as familias de traballadores/ as dos talleres que traballan con
aluminio e que estiban os produtos deste metal no porto de Avilés e San Ciprián, así como
a todo o tecido periférico do sector servizos que descansa sobre os alicerces da industria

3. PROBLEMAS E PERSPECTIVAS DE FUTURO


a. Fontes de enerxia
i. Europa
Aínda que atopamos fortes diferencias entre países, en xeral Europa
depende da importación de enerxía para satisfacer a nsa propia demanda.
A dependencia europea aumentou nos últimos decenios e prevese que de
aquí a 2035 en máis dun 80% no caso do petroleo e gas. Porén fíxese un
grande esforzo cara un aumento da eficiencia enerxética e menor
dependencia dos combustibles fósiles.
ii. España
Os problemas da enerxía en España son en primeiro lugar a dependencia
enérxetica do exterior pois preto do 80% da enerxía consumida en España
debe importarse do exterior. O elevado gasto enerxético eleva os costes
das industrias e reducen a competividade económica. Tamén está o
impacto ambiental do uso de certas fontes de enerxía.
iii. Galicia
As enerxías renovables teñen un papel fundamental. A metade da
electricidade xerada en Galicia procede de fontes renovables en especial
da enerxía eólica. Tamén empeza a posicionarse no mercado enerxético
dado que as exportacións galegas de enerxia crecen.

A principal causa que defende a multinacional Alcoa para o seu peche é o aumento
dos prezos da materia prima e da enerxía que incide de forma grave na empresa
creando pérdidas.

As factorías de metalurgia non férrea como as que pretende pechar Alcoa en Avilés e
A Coruña son grandes consumidoras de enerxía. Denomínallas electrointensivas.
Unha porcentaxe moi elevada dos seus custos de produción derívanse destas
necesidades enerxéticas.

En Alcoa destaca o mecanismo da interruptibilidade. É un mecanismo polo que as


electrointensivas desconectan a súa actividade e permiten ao sistema eléctrico dar
resposta a picos de demanda elevados. Por iso son bonificadas con primas que
perciben mesmo aínda que non chegue a necesitarse que «interrompan» a súa
conexión ao sistema. Págaselles pola súa dispoñibilidade, e as cotas que cada unha
recibe así como as bonificacións son o resultado dunha poxa. Dado que o último ano
baixou o prezo da electricidade, fíxoo igualmente esta remuneración, que aínda así
foi millonaria.

A tarifa que paga Alcoa é de apenas 4 céntimos por quilowatt/hora, fronte aos 9 do
resto da industria ou os 23 que abonan os fogares

b. Viabilidade ou non
O desenvolvemento da industria indice na riquza e benestar da zona onde se intstala.
Crea postos de traballo para a poboación e proporciona maior calidade de vida. As
transfromacións das fontes de enerxía permiten disfrutar de luz eléctrica,
calefacción...
Porén nos últimos anos o desenvolvemento da industria ocasiono problemas
i. Problema da restructuración industrial
Algunhas industrias tradicionais sofren crises ben porque están
tecnolóxicamente atrasadas, ben porque non poden competir coas novas
industrias. Esta situación trata de paliarse mediante a reconversión
industrial que pode incluir o peche das fábricas ofrecendo xublacións
anticipadas aos seus traballadores ou a sua transformación en novos
sectores industriais que acollan os traballadores para evitarlles o paro.
ii. Paro industrial: nas últimas décadas pecharon moitas fabricas
quedando os traballadores en paro.
iii. Impacto ambiental: a emisión de gases contaminantes a atmosfera, a
contaminación do solo as augas e os ríos, a destrución dos bosques
pola idustria madereira son moitos dos impactos ambientais.

ALCOA
Os problemas de Alcoa son tres:
- Prezos da enerxía
- Prezos das materias primas
- Obsolescencia tecnolóxica
- Perda de competividade
Hai discrepancias entre a empresa e os traballadores e goberno de España. Poe unha banda
non está xustificado o sobrecusto da enerxía xa que Alcoa disfrutou de nñumerosas
bonificación durrante anos nos custto da enerxía. A obsolescencia é certa pero tamén os
traballadores denuncian que non se fixo ningún investimento polo que non é unha causa
aceptable para o peche. A perda de competitividade por causa dos sobrecustos e o atraso
tecnolóxico parece que é certa, o que pasa e que a empresa xa sabía disto e non fixo nada
por desenvolver novas tecnoloxías e formar aos traballadores.
O aumento do prezo das materias primas, da alúmina, e outra das causas. As plantas de
Asturias e A Coruña importan esta materia prima de fora. Non se entende por qué se en
Lugo prodúcese a alumina as outras empresas teñen que importala.
O peche das fabricas deixaría a moitas familias no paro motivo polo cal fixeronse
numerosas folgas.

You might also like