You are on page 1of 1

A ENERXÍA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS

Que é a enerxía?
É a causa de que ocorran cambios na materia.

Formas de enerxía
• Luminosa.- enerxía da luz.
• Calorífica ou térmica.- enerxía que pasa dun corpo que está quente a outro que está frío.
• Mecánica.- enerxía que teñen os corpos que están en movemento (automóbil, vento...)
• Eléctrica.- enerxía que da orixe aos raios ou a que circula polos cables e que fai funcionar
máquinas e electrodomésticos.
• Química.- enerxía almacenada nalgunhas substancias: alimentos, combustibles, explosivos.
• Nuclear.- enerxía que proven do uranio e do plutonio.

Propiedades da enerxía
– A enerxía transfórmase: unha forma de enerxía pode pasar a outra forma.
– A enerxía transpórtase: pode viaxar dun lugar a outro.

Fontes renovables de enerxía


✔ O Sol: emite enerxía en forma de luz e de calor.
✔ O vento: posúe enerxía mecánica, capaz de mover obxectos coma os muiños e os barcos
veleiros. Esta enerxía chámase eólica. Os aeroxeradores son grandes muiños que producen
enerxía eléctrica cando os fai xirar o vento.
✔ A auga: a auga, cando está en movemento, posúe enerxía mecánica, chamada enerxía
hidráulica. Xunto aos ríos instálanse as centrais hidroeléctricas. Tamén se pode producir
enerxía a partir da enerxía mecánica das ondas e as mareas do mar.
✔ A calor interna da Terra. A Terra posúe enerxía calorífica no seu interior, chamada
xeotérmica.
✔ A biomasa: son todos os restos de seres vivos, como a madeira, a palla e as feces do gando.
Esta biomasa posúe enerxía química.

Fontes non renovables de enerxía


Son recursos naturais limitados, polo que se poden esgotar.
➔ Os combustibles fósiles: carbón, gas natural e petróleo.
➔ O uranio e o plutonio: son substancias de orixe mineral. Utilízanse nas centrais nucleares.

Problemas do uso da enerxía


– Esgotamento dos recursos.
– Chuvia ácida.
– Residuos radioactivos.
– Quecemento global: O efecto invernadoiro axuda a que a temperatura da Terra sexa
adecuada para a vida. O quecemento global pode facer que cambie o clima do planeta.

You might also like