You are on page 1of 1

O Día Mundial das Zonas Húmidas celébrase o 2 de febreiro e conmemora en todo o

mundo a data na que se apobou a Convención de Ramsar sobre as Zonas Húmidas de


Importancia Internacional, na mesma data de 1971. Tamén aparece denominado como
Día Mundial dos Humedais.

En outubro de 1996, o Comité Permanente da Convención Ramsar designa oficialmente o


2 de febreiro como Día Mundial das Zonas Húmidas e en 1997 celébrase por primeira vez,
con diversos actos en máis de 50 países. Inmediatamente convértese en referencia mundial.

A celebración ten como obxectivo a organización de diversos actos dirixidos a aumenta-la


sensibilidade dos cidadáns cara os valores medioambientais das zonas húmidas e os
beneficios ecolóxicos, económicos e sociais que representan.

Para conseguir este obxectivo, organismos oficiais, organizacións non gobernamentais e


diferentes colectivos cidadáns, naturalistas ou non, aproveitan esta data para desenvolver
accións dirixidas a difundir información, abrir debate e concienciar ó público respecto dos
valores e beneficios das zonas húmidas.

No dia 2 de fevereiro comemora-se internacionalmente o Dia Mundial das Zonas Húmidas,


assinalando a data da assinatura da Convenção sobre Zonas Húmidas, geralmente conhecida
como “Convenção de Ramsar” por ter sido adotada na cidade iraniana de Ramsar. Este
acordo visa promover a cooperação internacional e incentivar a conservação e o uso
sustentável das zonas húmidas.

You might also like