You are on page 1of 14

A ​Lectura Labio Facial​ é un proceso cognitivo básico, un xesto intuitivo, que realizamos para mellorar

e/ou facilitar a comprensión da linguaxe oral, aínda que non contemos con problema de audición algún.
Considerase unha habilidade innata (pois manifestase case dende o nacemento) e podemos adestrala. Así
imos considerala coma unha técnica para alcanzar o desenvolvemento de linguaxe verbal, para lograr a
comunicación en suxeitos con percepción auditiva alterada.

Características comunicativas das persoas usuarias da LLF e axuste do sistema


Utilízase tanto para persoas con déficit auditivo innatos como para persoas que perderon a capacidade
auditiva unha determinada idade por diversos motivos como infeccións, traumatismos acústicos, etcétera. A
persoa xorda realiza dun modo intuitivo a percepción da linguaxe mediante a vista. Só seremos capaces de
ver nos beizos o que de antemán coñecemos. A LLF sempre é parcial e ambigua, por iso, a calidade e
eficacia destes procesos dependen do desenvolvemento cognitivo lingüístico do suxeito. E, aínda que non
sexa necesaria a súa inmersión nun proceso de ensino-aprendizaxe da devandita habilidade, si que habería
que estimularlla unha vez se lle diagnosticara o problema auditivo. Neste punto podemos afirmar que a
aprendizaxe desta técnica é máis custosa para persoas con xordeira prelocutiva, que se supón que tiveron
unha relación limitada coa linguaxe falada, que para un oínte que perdeu a capacidade auditiva tras adquirir a
linguaxe oral.

Tipos de labiolectores
Pódese diferenciar dous tipos de labio lectores:
– ​O de mente lóxica;​ pretende ver cada unha das letras debuxada nos beizos do interlocutor, co cal
dificilmente pode conseguir unha conversación xa que o tempo dedícao a xuntar as distintas letras, perdendo
o groso do contido da mensaxe.
– ​O labio lector máis intuitivo; ​atopará menos problemas para a Lectura Labio Facial posto que ten
desenvolvidas outras capacidades como a atención, a observación,...
Outro elemento esencial na aprendizaxe da LLF, intimamente relacionado coas características propias dos
suxeitos, é o adestramento visual. Débense realizar exercicios de adestramento da atención, a memoria
visual, a agudeza visual,... Variables como a desmotivación ante a aprendizaxe da técnica, o cansazo, a
diminución de habilidades sociais,..., inflúen na actitude do suxeito, especialmente cando devandito suxeito
anteriormente podía percibir información acústica.

Cuestións metodolóxicas
Á hora de adestrar a LLF deberanse ter en conta unha serie de básicas:
❖ Non hai que gritar senón falar claro e articulando ben. Tampouco esaxerar os xestos.
❖ Conversar directamente coa persoa con deficiencia auditiva.
❖ Proporcionar unha palabra clave durante o episodio comunicativo.
❖ Iluminar ben a cara do que fala, procurando que a luz proceda dun só punto (evitar sombras). E a
distancia óptima de adestramento desta técnica debe ser entre 1-4m.
❖ Falar fluidamente, non con palabras illadas. A construción da frase ha de ser sinxela aínda que
correcta a nivel sintáctico
❖ Non repetir unha soa palabra se non repetir frases enteiras. E tamén, non repetir a mesma palabra
complexa á hora de ler, senón cambiar o termo. Lembrar que os nomes propios son máis difíciles.
❖ Os exercicios han de ser curtos, o que nos vai a permitir cambiar de tema e non fatigar ao suxeito. A
duración das sesións ha de ser aproximadamente duns 40 minutos, débese ir do simple ao complexo.
Serán practicados de fronte, de perfil e de medio perfil. A persoa usuaria debe estar habituado a
entender ao seu interlocutor en calquera destas posicións posibles.
❖ É conveniente falar á persoa de todo o que acontece ao seu redor, xa que a adquisición da linguaxe
débese realizar en contextos significativos e xeneralizables.
Adestramento en LLF.
No proceso de adestramento desta técnica podemos salientar dúas técnicas fundamentais:
❖ ​Sintética​: con esta técnica adestramos sons illados, posteriormente practícanse fonemas e, por
último, ensínase palabra a palabra. Utilízase nos primeiros estadios, é un procedemento con
resultados pobres.
❖ ​Analítica​: realízase un adestramento de frases completas, atendendo globalmente aos movementos
dos órganos fonadores que articulan. O resultado é unha lectura máis rápida. Desde o punto de vista
da intervención, é aconsellable empregar unha modalidade intermedia, dacabalo entre as dúas.
Desta forma, a técnica sintética pódese utilizar para ensinar palabras novas(mediante a aprendizaxe dos seus
fonemas illados) mentres que a modalidade analítica deberíase empregar para a aprendizaxe de oracións máis
complexas.

PALABRA COMPLEMENTADA
Características comunicativas das persoas usuarias da Palabra Complementada e axuste do sistema
É un sistema aumentativo de comunicación sen axuda, consiste nun conxunto de claves manuais que
complementan á LLF. Foi deseñado para que os xordos profundos suplan coa vista o seu déficit auditivo no
que a percepción da fala se refire. Non foi moi aceptado polos defensores da LS, considerada excesivamente
oral, nin polos defensores do oralismo, considerado demasiado xestual.
Estrutura básica do sistema
É un sistema de comunicación oral con dous elementos fundamentais; a lectura labial e os complementos
manuais. Os complementos manuais son códigos sen significado lingüístico cuxa única función é despexar a
ambigüidade da lectura labial.
Complementos manuais e non signos
​Os complementos manuais da palabra complementada están formados por tres parámetros que son
percibidos dun xeito simultáneo:
– Posición da man en relación ao rostro que representan as vogais. (lado, queixo ou gorxa).
– As formas ou configuracións da man que en número de oito representan as consonantes.
– O movemento da man que son dúas basicamente: o movemento adiante que acompaña á sílaba directa
(suave e breve) e o flick movemento (breve e enérxico) que acompaña a todas consonantes fóra da cadea
Consoante+ Vogal (en diante CV).
Principios fundamentais
- A unidade básica é a sílaba fonolóxica.
- A información percibida polos beizos é fundamental no sistema.
Compleméntase como se fala, a man sempre ten que estar en consonancia co articulado polos beizos, de aí a
importancia de guiarse polos sons da lingua falada e non polas grafías da lingua escrita. Os complementos
manuais nunca teñen un único significado, por iso é polo que sempre hai que mirar os beizos. Man e boca
deben verse ben e sincronizarse con precisión É máis importante a claridade que a velocidade.

ALFABETO DACTILOLÓXICO

Adaptación manual do alfabeto. Represéntanse as letras do alfabeto mediante formas manuais. Cada letra ten
a súa forma concreta, diferente de calquera outra ( relación biunívoca). A atención visual só se dirixe ás
mans. Todos os sistemas que vamos a coñecer fan uso da dactiloloxía en maior ou menor medida. Os seus
usos mais habituais son os de soporte para descifrar, transmitir ou aclarar palabras ou conceptos ambiguos,
orixinais ou que non teñen a súa tradución na Lingua de Signos (nomes, topónimos ou palabras que non
teñen signo). Unha das súas limitacións mais importantes é a súa lentitude.

LINGUA DE SIGNOS
Lingua natural das persoas xordas e polo tanto sistema alternativo á lingua oral. Xorde froito dunha
experiencia visual co entorno, ten un carácter non universal e cada país ou rexión conta cunha lingua de
signos propia. Destaca a estrutura gramatical propia e a representación dos signos lingüísticos mediante
movementos para ser percibidos pola vista. É vehículo de desenvolvemento lingüístico, social, cognitivo e
afectivo-emocional da persoa que a usa. Os diferentes sistemas de comunicación aumentativa orais collen
prestado vocabulario da Lingua de signos.

Características
As características mais importantes das Linguas de Signos son:
- Usan a canle visual e xestual.
- Os “órganos de articulación” son as mans, brazos, tronco e o rostro.
- Na articulacións dos signos diferéncianse sete parámetros: a configuración e forma que adoptan as mans, o
movemento que fan, a orientación, o punto de contacto co corpo, o lugar de articulación do signo, o plano en
que se coloca os signo e a expresión facial.

Os signos en Lingua de Signos Nas Linguas de Signos se poden definir como un “complexo articulatorio
executado cunha ou dúas mans (monomanuais ou bimanuais).
No estudo dos signos das Linguas de Signos considéranse catro elementos estruturais que son equivalentes
aos fonemas das linguas orais:
➢ Lugar L​: Os signos realízanse nun lugar ao que chamamos lugar de articulación (Toponema). Estes
lugares poden ser no corpo e no espazo (adiante-atrás, arriba-abaixo, esquerda-dereita).
➢ Configuración Q​: Os signos adoptan, no lugar de articulación ou en contacto con el unha forma
manual (Quirema).
➢ Orientación O​: Os signos, ao executarse, adoptan unha orientación determinada da man (orientación
da palma da man- Keirotropema). Oriéntanse as mans nos seis sentidos tridimensionais.
➢ ​Movemento M​: Os signos realizan normalmente un movemento a partir da súa ubicación (Ínema).
Agora ben, todo signo, como toda palabra nas linguas orais, ademais da articulación fonolóxica
(manual na lingua de signos e oral no galego), que é a base da súa realización, prodúcese con outros
compoñentes que acompañan e se superpoñen a esta articulación.
➢ Compoñentes non manuais​: Nas linguas orais, eses compoñentes son o ton, a duración e a
intensidade, entre outros. Nas linguas de signos, son os chamados compoñentes non manuais .Estes
compoñentes sen cuxa realización os signos serían defectuosos e até irrecoñecibles, son os seguintes:
– ​A expresión facial​ (tamén coñecida como kinésica facial)
– ​A kinésica corporal;​ cabeza ombreiros e tronco
– ​As fonacións:​ articulacións fónicas específicas perceptibles visualmente. Non se trata de repetir a palabra
asociada da lingua oral, senón de ilustrar o significado intensificador do signo.
– ​E as oralizacións:​ realización labial da palabra da lingua oral simultaneamente coa realización do signo

Tipos de signos
Os signos manuais son unidades léxicas de carácter logográficos, que poden agruparse en tres categorías
aténdose a distintos graos de arbitrariedade:
➔ Signos deícticos​: sinala aquilo ao que se fai referencia no discurso.
➔ Signos representativos:​ Céntranse na mímica natural para comunicar cando o coñecemento da
lingua é escaso ou se quere representar o uso de obxectos, accións,...
➔ Signos arbitrarios​: Son signos simbólicos. Hai que aprendelos formalmente e poden agruparse en:
- Os que representan un trazo da cousa representada: chapeu cordobés.
- Os que reproducen a forma do obxecto: Botella
- Os que reproducen unha acción característica: Médico= tomar o pulso
- Os que representan o movemento: Andar
- Os que representan distintivos profesionais: Militar = sinalar os galóns na manga
- Os que son representados por abreviaturas en dactiloloxía: si, no
- Os que indican zonas do corpo onde leva a cabo a acción: Pensar
- Os coñecidos co nome de " bautismo mímico": inventados para nomear persoa
- Os que non se rexen por ningún dos anteriores, son os máis arbitrarios.

Un pouco de gramática
➔ ​Xénero gramatical:​ A Lingua de Signos ten tres recursos para indicar o xénero:
– Mediante o signo manual da palabra correspondente cando masculino e feminino teñen distinto signo
(mamá e papá)
– Mediante o signo de masculino (unha marca á altura da fronte) ou feminino (polgar e índice pinzan o
lóbulo da orella)
– Mediante o compoñente facial “O” para o masculino e “A” para o feminino.
➔ Número gramatical​: Singular: precedendo “UN” á palabra correspondente e Plural: tres formas
diferentes:
– Engadindo o número correspondente.
– Agregando ao substantivo o adverbio de cantidade
– Engadindo un clasificador de cantidade “os” ao substantivo (os nenos).
➔ ​Tempo verbal​: Diferéncianse entre os tres tempos básicos presente, pasado e futuro, que se marcan
con adverbios.
➔ Pronomes persoais, posesivos e demostrativos​: Signos deícticos que se signan dirixindo o dedo
índice cara a persoa de referencia. Os pronomes posesivos, fanse igual que os persoais, só que
dirixido cara o propio corpo ou cara a persoa á que se fai referencia. Os demostrativos indícase o
lugar próximo, medio ou lonxano.
➔ ​Oracións enunciativas e declarativas: ​na LSE a orde é suxeito-obxecto-verbo (SOV).
➔ Oracións interrogativas​. A partícula interrogativa ocupa un lugar flexible na oración podendo ir ao
principio e ao final. Compoñentes faciais nas oracións interrogativas: a expresión facial xoga un
papel fundamental podendo diferenciarse en función do tipo de preguntas:
– Preguntas que admiten calquera resposta, cuxos compoñentes ou regras xestuais son: fruncir cellas, mover
a cabeza lixeiramente cara diante, mirar directamente ao interlocutor.
– Preguntas que só admiten como resposta un si ou un non: arquear cellas, mover a cabeza lixeiramente cara
diante, mirar directamente ao interlocutor.
➔ ​Oracións negativas​. A partícula ou signo de negación debe ir sempre despois do verbo. É
fundamental que a forma negativa vaia acompañada por un compoñente facial determinado.
➔ Clasificadores e nomes clasificatorios​ Debemos diferenciar entre ambos:
– Clasificadores: trátase de configuracións manuais que substitúen a unha clase de obxectos.
– Nomes clasificatorios: signo que a veces anteponse a outro para completar seu significado léxico.

Estrutura sintática

Lingua oral Lingua de signos

Preposicións ​Preto da casa Posposicións ​Casa preto

Demostrativo + nome Nome + demostrativo

Nome+ Xenitivo Xenitivo+ Nome

Partícula interrogativa inicial Partícula interrogativa final

Verbo auxiliar+ verbo principal Verbo principal+ vb auxiliar

Partícula negativa+ vb vb+ Partícula negativa

Oralismo ou xestualismo.
​Opción oral​: Dentro da opción oralista podemos diferenciar entre:
– ​Método unisensorial, auditivo ou acústico​: apoiase unicamente no adestramento da audición residual da
persoa xorda. Non se realiza LLF nin se utiliza a vista na percepción. Require dun bo nivel intelectual e un
considerable resto auditivo.
– ​Oralismo Puro​: a comunicación expresiva utiliza a fala e a receptiva a labiolectura, a estimulación visual e
o uso de próteses auditivas. Tamén se utilizan as percepcións táctiles para diferenciar sons e articulacións.
Non apto para tódalas persoas xordas.

Comunidade e cultura xorda


- Persoas xordas
O colectivo de persoas xordas é moi diverso, caracterizado por unha multiplicidade de factores relacionados
co tipo de xordeira ( en función do grao de perda auditiva, momento de aparición,...), cos instrumentos
comunicativos que conte a persoa, idade, sexo, orientación sexual , contexto educativos, familiar e social,...
A forma de comunicación deste colectivo é múltiple e así atopamos a persoas:
- Utilizan como primeira lingua as Linguas de Signos
- Que utilizan dun xeito prioritario a lingua oral.
- Que dominan ambas linguas (orais e signadas) e utilízanas dun xeito cómodo indistintamente
.- Que usan audífonos ou implantes cocleares e entre elas, quen usan a lingua de signos e quen non.
E ao igual que no resto da poboación hai diversidade nas necesidades e nas demandas concretas. Pero
independentemente destas situacións diversas todos comparten a necesidade de acceder á comunicación e á
información sen limitacións e barreiras.
Ideas preconcibidas sobre as persoas xordas

As persoas xordas non son xordomudas. Aínda existe a idea errónea de que a persoa xorda é incapaz
comunicarse cos demais porque nin escoita nin pode falar. Non é así xa que poden comunicarse a través da
lingua de signos e da lingua oral (na modalidade escrita ou falada en función das súas habilidades).
A lectura labiofacial, tal e como se estudiou previamente, é unha habilidade que necesita de adestramento e
que non tódalas persoas xordas dominan en igual grao (nin tódolos contextos son axeitados para a utilización
desta técnica). Polo tanto non é certo que tódalas persoas xordas poidan comunicarse eficazmente coa lectura
labiofacial. A lingua oral está concibida para escoitarse, non para verse, polo que continuamente se presentan
situacións nas que o contexto dificulta esta lectura ( mala iluminación, velocidade non axeitada, posturas,
posicións,...)

Comunidade xorda
Comunidade que comparte uns valores culturais e lingüísticos que xiran ao redor da lingua de signos e a
unha concepción visual do mundo. Existen dous aspectos que definen esta comunidade:
❏ A Lingua de Signos como elemento de cohesión e adaptación creativa deste colectivo lingüístico e
sociocultural. A Lingua de Signos é o resultado dunha adaptación creativa a unha limitación
sensorial que desenvolve estratexias alternativas a través da modalidade visual da comunicación.
❏ Identidade como grupo determinada por:
– Unha Cultura Visual baseada nunha experiencia en maior ou menor medida de carácter visual.
– Historia, tradicións, costumes, valores e producións culturais cunha lingua como referente

Nunha dobre vertente consideramos un sistema de crenzas, valores e prácticas compartidas e por outro lado
un conxunto de producións culturais que van dende a arte dramática, a escultura, a fotografía ou o cine que
recollen vivencias do colectivo de persoas xordas.

Educación bilingüe
O bilingüismo enténdese como a coexistencia de dúas ou mais linguas como vehiculares e, no caso das
persoas xordas, refírese á lingua de signos e á lingua oral do entorno. Segundo a idade de adquisición das
dúas linguas, o bilingüismo simultáneo presenta á persoa xorda a lingua de signos e a oral na mesma idade,
pero en momentos diferenciados; no bilingüismo sucesivo, polo contrario, a segunda lingua apréndese
posteriormente á adquisición da primeira.

Accesibilidade á información e á comunicación


Xogan un papel clave as seguintes figuras profesionais como diferentes apoios de tipo tecnolóxico:
❏ Intérprete de Lingua de Signos Profesional​, interpreta e traduce a información da lingua de signos
á lingua oral e escrita e viceversa co fin de asegurar a comunicación entre as persoas xordas, con
discapacidade auditiva e xordocegas.
❏ Guía intérprete​ Profesional que desempeña a función de intérprete e guía da persoa xordocega,
realizando as adaptacións, servíndolle de nexo co entorno e facilitando a súa participación en
igualdade de condicións. As súas funcións son interpretar mensaxes da persoa xordocega, auxiliar de
mobilidade e proporcionar información obxectiva do entorno para unha axeitada comprensión das
situacións que a rodean.
❏ Mediador comunicativo​. Consiste en desenvolver intervencións de mediación comunicativa para
persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos
española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción
das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social,
respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.
Persoas xordocegas

O colectivo de persoas xordocegas é moi heteroxéneo, cunha grande diversidade e complexidade provocada
por diferentes variables.
- ​Tipo de perda sensorial.
- ​Grao de perda sensorial​: total ou parcial.
- ​Cando aparecen cada un dos déficits​: se son conxénitas ou adquiridas, conxénitas ambas ou
adquiridas ambas,...
- ​Existencia ou non de deficiencias engadidas​,​ causas da xordocegueira, nivel madurativo​,....
Dentro de toda este espectro é xeneralizada a seguinte clasificación que se basea nunhas características de
funcionamento mais ou menos similares:
- Persoas con xordocegueira conxénita​: aquelas que nacen xordocegas ou adquiren a xordocegueira
en idades moi temperás.
- Persoas con xordocegueira adquirida no transcurso da vida.

As características individuais de cada persoa deste colectivo, a súa situación de motivación ou de privación
ambiental do entorno dan como resultado tres niveis de funcionamento:
- Baixo nivel de funcionamento​: persoas que non presentan desexo de interacción co entorno..
- ​Nivel medio de funcionamento​: persoas que se interesan polo medio que os rodea e que poden levar
unha vida semi-independente.
- Alto nivel de funcionamento​: persoas sen outro límite cognitivo que o derivado da propia
xordocegueira e polo tanto poden levar unha vida moi normalizada cos apoios necesarios.

❏ SISTEMAS ALFABÉTICOS.
Son utilizados por persoas xordocegas que utilizan a lingua oral, pero que as súas limitacións visuais e
auditivas impídenlle recibir ou comprender a mensaxe con claridade.
Entre eles podemos salientar:
-​ Sistema Dactilolóxico.​
- ​Maiúsculas en palma​: consiste en escribir no centro da palma da man da persoa xordocega co índice cada
unha das letras que compoñen unha palabra en maiúscula. Normalmente utilízase por parte de persoas con
xordocegueira adquirida que coñecen a grafía.
- ​Dedo como lapis​: tómase o dedo índice da persoa xordocega e escríbese con el a mensaxe a transmitir.
Pódese facer sobre unha superficie ou no aire

❏ SISTEMAS NON ALFABÉTICOS.


Baséanse na transmisión da mensaxe a través dun signo ou dunha palabra. Requiren de adaptacións para que
a persoa xordocega poida recibir axeitadamente a mensaxe.
- ​Uso de xestos naturais​: é unha combinación de xestos que poden representar a funcionalidade dun
obxecto, unha acción, signos convencionais que se poidan facer apoiados. Non é unha lingua.
- ​Lingua de Signos​: Podemos falar de:
–​ LS en campo visua​l: no caso de que queden restos visuais a mensaxe signada deberase facer dentro do seu
campo visual, a un ritmo mais lento, con axeitadas condicións de luminosidade,...
– ​LS táctil ou apoiada:​ se as dificultades visuais son maiores pode ser que se requira apoiar unha man no
pulso do interlocutor para apoiar táctilmente a recepción da mensaxe signada. No caso de que a persoa sexa
xordocega total, necesitarase colocar as súas mans sobre as de quen lle signa para poder percibir a mensaxe
(neste caso as mans da persoa xordocega colócanse colgadas no ángulo que se forma entre o polgar e o índice
do seu interlocutor).
- ​Sistema Bimodal:​ no caso das persoas xordocegas combínase o Dactilolóxico con signos da Lingua de
Signos adaptados táctilmente. Neste caso é a lingua oral a que determina a orde dos signos e a sintaxe da
frase ao ser un sistema oralista.
-Lingua Oral:​ no caso de que os restos de audición sexan funcionais para permitirlle a recepción auditiva, é
posible que siga utilizando a lingua oral para recibir mensaxes auditivamente, pero necesite algún tipo de
adaptación. Estes poden ser apoios técnicos auditivos ata condicións relativas ao ton, volume, ruído,
distancia,... En ocasións tamén é posible a utilización da lectura labiofacial.

Sistema Bimodal
Sistema aumentativo do oral, que consiste en usar simultaneamente dous tipos de códigos lingüísticos,
palabras (lingua oral) e signos manuais tomados da lingua de signos da zona. Son dous códigos, oral e
manual, que comparten o significado ou concepto. Neste sistema signanse as palabras con contido semántico
(verbos, adverbios, substantivos e adxectivos). Respéctanse as estruturas semánticas e sintácticas da lingua
oral para ser vistas e oídas ao mesmo tempo, co fin de contribuír ao desenvolvemento da lingua oral.
Promove o desenvolvemento lingüístico, dependendo do seu maior ou menor axuste á estrutura da lingua
oral.
Así, o sistema Bimodal pódese usar dende dúas perspectivas:
- Con intención comunicativa: signanse só as palabras con contido semántico (substantivos,
adxectivos, verbos e adverbios), ao tempo que se vai falando sen suprimir ningunha parte da oración,
polo tanto é relativamente fluído.
- Uso do Bimodal para estimular o desenvolvemento da lingua oral; Reflíctese toda estrutura completa
do oral signando todas as palabras do enunciado oral. Resulta máis lento e pesado, pois ten que
recorrer con frecuencia á dactiloloxía ou outros signos arbitrarios alleos á lingua de signos. É o
español signado oral signado exacto

Algunhas desvantaxes son:


- O Bimodal axústase á estrutura morfosintáctica do oral e isto crea incomodidade aos xordos deficitarios en
desenvolvemento lingüístico oral,
-Non hai boa sincronía entre o articulado e os signado, pois hai palabras para as que non hai signo.
- Asimetría entre a expresión oral e a signada, pois o oral ten máis palabras que signos ten a signada, o cal
repercute moitas veces en falta de intelixibilidade para o xordo
- Cando falta o signo xestual recórrese á dactiloloxía ou signos arbitrarios.
Destinatarios do Bimodal

Trátase dun sistema moi versátil que serve para utilizar en moitos contextos educativos e de intervención,
aínda que inicialmente está deseñado para persoas xordas ou con déficit auditivo:
➢ Persoas Xordas, ​ facilita a visualización da estrutura morfosintáctica da lingua oral. O obxectivo
principal é facilitar un soporte para expresarse a nivel oral. Con nenos xordos pequenos, antes de que
sexan capaces de usar outros sistemas máis complexos, procédese por inmersión lingüística, que
adoita coincidir co método natural de aprender a linguaxe.
➢ Persoas oíntes non verbais​ Persoas que ouvindo ben teñen graves dificultades para expresarse.
Entre estes casos están algúns tipos de afásicos, difásicos e persoas dentro do trastorno de espectro
autista, principalmente. Nestes casos, é unha ferramenta para expresarse, que se fará sen ir
necesariamente acompañada da palabra, ata que o suxeito poida usar palabras para comunicarse,
momento no que desapareceran progresivamente os signos xestuais. Neste caso resáltanse as
palabras de contido semántico, adquirindo así un carácter aumentativo.
➢ Diversidade funcional intelectual​ A utilización deste sistema con este perfil de usuarios ten como
requirimentos básicos unha coidada selección de vocabulario adaptado ás necesidades e preferencias
inmediatas das persoas, un sistema de aprendizaxe moi pautado e pormenorizado e unha utilización
moi inmediata do aprendido día a día.

Entre os programas bimádelas que encaixan neste deseño, analizaranse na seguinte unidade: O sistema de
signos Makaton, o programa de comunicación total de Schaeffer.

Distinguiu dous conceptos relacionados:

1. Oral signado. ​Uso simultáneo de palabras e signos mantendo a estrutura sintáctica da lingua oral. A
diferencia do sistema anterior signa estritamente todas e cada unha das palabras da frase oral, ou
sexa, hai un paralelismo exacto entre os dous códigos, de aí que se chame tamén Oral Signado
Exacto.
2. ​Comunicación total​ Son diferentes sistemas que utilizan signos, palabras, apoios visuais,
escritura,... co obxectivo de conseguir unha comunicación funcional e eficaz. Responden á filosofía
de " o importante é comunicar, o de menos é como se comunica".

A Comunicación Total

Xorde como unha estratexia de intervención na educación de persoas xordas, para despois aplicarse a
diferentes colectivos con problemas comunicativos moi diversos. Inclúe xestos idiosincráticos, xestos
naturais e formais, o uso da dactiloloxía, a lectura labiofacial, a lectura da escrita e a escrita. Traballa a:
Audición, Lingua Oral, Lingua de Signos, Adestramento na Lectural Labio Facial, afianzamento da
lecto-escritura como un vehículo mais de integración na sociedade.
➔ Makaton
É un programa de linguaxe que utiliza signos, pictogramas e a palabra. É considerado como o único sistema
de comunicación total que foi creado especificamente para discapacidade psíquica.

Compoñentes de Makaton
Trátase dun sistema de aproximación multimodal que utiliza os signos da lingua de signos do entorno
acompañando o discurso oral da lingua falada. Por outro lado utiliza pictogramas cun grafismo moi simple
que permiten incluso ser reproducidos a man. A permanencia dos pictogramas axuda á retención e permite
visualizar a estrutura da linguaxe. Por último a fala está sistematicamente asociada a signos e/ou
pictogramas, de aí o seu carácter oralista. Así, cando os signos son utilizados, seguen a estrutura la linguaxe
falada e non a sintaxe da lingua de signos. Xoga un papel moi importante a expresión facial, o contacto
ocular e a linguaxe corporal para complementar as mensaxes.

​Obxectivos de Makaton.
- Proporcionar un medio de comunicación aumentativo que permita unha comunicación eficaz.
- Favorecer a emerxencia e desenvolvemento da linguaxe oral.
- Axudar á comprensión da lingua oral.

Vocabulario Makaton
Consta dun vocabulario básico moi funcional distribuído en 8 etapas, que podería ser ampliado nalgúns
casos. Os conceptos están ordenados por orde de concreción- abstracción e atendendo a prioridade
comunicativa de cada usuario.
- Vocabulario de base: de tipo funcional para utilizar en actividades frecuentes diarias de tipo básico.
- Vocabulario suplementario: para atención a necesidades mais específicas e relacionadas con preferencias ou
experiencias persoais.
​ erfil de usuarios de Makaton
P
Trátase dun perfil de usuarios que presentan dificultades comunicativas dentro dun amplo espectro: trastorno
de espectro autista, trastorno de desenvolvemento intelectual, problemas específicos da linguaxe, problemas
neurolóxicos que afectan á comunicación,... Moitas destas persoas deixarán de utilizar este sistema dun xeito
natural, na medida en que xa non o precisan, pero moitos outros necesitarano ao longo de toda a súa vida.

Como funciona o Makaton


O programa desenvólvese en diferentes niveis:
.-nun primeiro nivel utilízase dun xeito moi funcional de modo que o signo ou o pictograma representan unha
mensaxe enteira.
.- A continuación vanse combinando signos e pictogramas entre eles para formar unhas curtas oracións
compostas de suxeito, obxecto e verbo sen mais elementos gramaticais.
.- Nunha terceira etapa as mensaxes xa son mais elaboradas onde todos os elementos gramaticais la linguaxe
son signos ou pictogramas. Pode integrarse en outro programas como o PECS ou o TEACCH.

➔ SCHAEFFER
O concepto de Comunicación Total é un sistema Bimodal: lingua oral acompañada de signos.
Neste sistema fai referencia ao conxunto de dous termos: Fala Signada e Comunicación Simultánea. Por
Comunicación Simultánea facemos referencia ao emprego por parte de instrutoras/es, persoas do entorno do
usuario,... de dous códigos usados ao mesmo tempo cando se comunican coa persoa obxecto de tratamento: o
código oral ou fala e o código de signos. En canto á Fala Signada estamos referíndonos á produción por parte
do usuario de fala e signos de forma simultánea.

Persoas usuarias
Trátase dun programa dirixido a fundamentalmente a nenos non verbais e verbais con alteracións da linguaxe
e/ou da comunicación. Este sistema vai dirixido principalmente, aínda que non exclusivamente, a persoas con
graves trastornos de comunicación, suxeitos que só teñen unha xerga de xestos moi persoais e pouco
transparentes para os demais. Pódese usar con:
- Persoas que non indican desexos dun xeito constante aos demais
- Persoas afásicas sen linguaxe.
- Persoas con alteracións sensoriais que non amosan intencionalidade comunicativa.
- Persoas con TEA sen intención comunicativa e/ou linguaxe.
- Persoas con código oral que melloran a súa capacidade comunicativa utilizando simultaneamente un código
de signos.

​Obxectivos e aprendizaxe
O obxectivo mais importante é fomentar a comunicación eficaz por parte da persoa que utiliza o sistema. O
traballo céntrase dende o minuto cero en producir linguaxe dun xeito espontáneo, non tanto provocar unha
imitación.
Este proceso de aprendizaxe é un continuo no que a persoa produce primeiro signos e a medida que vaiamos
avanzando, fala signada e incluso fala (cando desapareza a necesidade de utilizar signos). A xeneralización
no uso do sistema permite comprobar a completa adquisición dun elemento signado. O único requisito previo
é a intención de acción dun acto-conduta coa finalidade de lograr o interese ou desexo por algo. Para
empezar a utilizar este sistema é necesario detectar algún elemento (obxecto, actividade,...) que chame
atención da nena e asociar a produción do signo co correspondente acceso a dito elemento.

Como fomenta a espontaneidade o programa


Recoméndanse 8 instrucións básicas para conseguir unha comunicación eficaz e espontánea: 1.- Empezar
pola expresión dos desexos.
2.- Dar menos importancia á imitación e á linguaxe receptiva, que actúe pola súa conta, intente entender e
usar os recursos comunicativos con iniciativa. Por iso se recomenda que os signos sexan ensinados por
moldeamento. Esixe polo tanto un bo nivel de aceptación do contacto físico
3.- Uso da espera estruturada.
4.- Favorecer a auto corrección como elemento importante da espontaneidade.
5.- Evitar a asociación do acto comunicativo co castigo: non castiga erros evitando así sensacións de medo
cara a linguaxe que freen o potencial comunicativo da persoa.
6.- Proporcionar información indirecta para guiar as respostas da persoa de xeito que o acto comunicativo
sexa fluído e non complexo.
7.- Recompensar á persoa polo uso espontáneo dos signos como criterio de adquisición dos mesmos.
8.- Utilizar Lingua de Signos do contexto dentro dunha estrutura Bimodal, seguindo a mesma orde de
palabras e signando a maioría de palabras.
A Comunicación Total facilita a transición do uso da fala signada á linguaxe oral con este sistema de
asociación entre signos e palabras.

Fases do programa
1. Iniciase a instrución do programa con sesións de aprendizaxe de signos e sesións de imitación verbal.
2. Unha vez que a persoa signa espontaneamente o signo aprendido e cumpre un dos criterios de
eficacia pásase ao adestramento do seguinte signo. A medida que vaiamos incluíndo mais e mais
signos trabállase dun xeito paralelo a discriminación entre signos adquiridos.
3. Ao mesmo tempo desenvólvense sesións de logopedia nas que se aprenden as palabras
correspondentes aos signos do aprendidos. O terapeuta vai producindo palabras a medida que a
persoa executa un determinado signo. Tamén cando o instrutor fai o signo verbaliza ao mesmo
tempo a palabra cunha equivalencia total entre o movemento do signo e as sílabas da palabra (cada
movemento unha sílaba).
4. Co paso do tempo neste adestramento as persoas empezan a unir ao seu signo vocalizacións, sílabas
e terminacións de palabras parecidas ás que representa ese signo.
5. Nunha fase posterior as persoas executan a súa comunicación utilizando códigos signados e orais
simultaneamente. Unha vez que esa Fala Signada se vai fortalecendo, favorécese na persoa a emisión
da palabra illada, e ela mesma vai, pouco a pouco, deixando os signos e utilizando a fala espontánea
axudándose simplemente dos signos para conceptos difíciles ou non aprendidos aínda.

O Sistema Bimodal utilízase con persoas que teñen capacidade de atención, boa percepción visual, son
capaces de imitar, teñen intencionalidade comunicativa e habilidades lingüísticas. É polo tanto un sistema
aumentativo Trátase de estimular a linguaxe. A Comunicación Total utilízase cun perfil de usuarios moi
concreto co obxectivo de proporcionar un recurso comunicativo alternativo tratando de espertar a intención
comunicativa na gran maioría dos casos.

AVALIACIÓN

Características fundamentais do proceso de valoración

Calquera sistema empregado deberá proporcionar os recursos necesarios para que a comunicación sexa:
- ​Espontánea​: garantir un máximo nivel de espontaneidade en función das capacidades da persoa que
permita que a sexa a persoa que orixine os intercambios comunicativos.
- ​ uncional​: as habilidades comunicativas deben ser útiles dalgún xeito á persoa. Isto debe ser así
F
percibido pola persoa e ser, ademais, aplicable nunha situación real da vida cotiá.
- Xeneralización​: entendida como a capacidade de aplicar a capacidade comunicativa adquirida nun
determinado espazo ou cunha determinada persoa, en calquera outro entorno, actividade e con
diferentes persoas.

Dimensións que xustifican a necesaria eficacia dos sistemas de comunicación que se empreguen:
– ​Relacións Sociais.
– ​Inclusión social: a comunicación aumenta as posibilidades de participación social.
– ​Autodeterminación: expresar e comprender para tomar decisións relevantes na vida.
– ​Benestar emocional: a comunicación é vehículo de expresión de emocións e sentimentos.
– ​Desenrolo persoal: a comunicación favorece o acceso mais normalizado posible á educación, o
traballo,..
Así este proceso avaliativo debe ser:
– ​Ecolóxica: en contextos comunicativos habituais para o suxeito, no seu ambiente natural.
– ​Variada: en diferentes lugares (casa, centro, rúa,...), diferentes situacións (aseo, mobilidade,...), en
diferentes momentos do día e semana e en interacción con diferentes persoas (familia, amigos,
compañeiros,...).
– ​Dende múltiples perspectivas: contando coa colaboración de diferentes profesionais.
– ​Constante, ao longo de toda a intervención, para facilitar o axuste constante ás necesidades
comunicativas da persoa.
É o equipo profesional o que debe axustar as características e contidos da avaliación ás peculiaridades de
cada caso. Deben garantirse as normas de privacidade e seguridade ao respecto.

Avaliación inicial
Para conformar un historial completo partirase de información de tipo persoal, médico e social.
❏ ​Datos da familia: membros, idades, implicación na problemática, recursos,...
❏ Datos médicos: patoloxías, medicacións, servizos e tratamentos,...
❏ Datos de tipo social: situación educativa, participación en entidades sociais, rede de apoios,...

A avaliación continua das habilidades da persoa


Trátase de valoralas capacidades da persoa en relación á interacción comunicativa. A recollida de
información sobre estas habilidades debe de facerse antes e durante todo o proceso de intervención co
obxectivo de axustar o sistema/s ás necesidades da persoa.
➢ ​Habilidades sensoriais: Fundamentalmente
- Visuais: é importante contar cun informe oftalmolóxico. Tamén é interesante recoller información
sobre o funcionamento visual, sobre como utiliza a visión e se ten habilidades de atención visual.
Condutas de fixación, ​ ​condutas de seguimento, posición e outras condutas: momento no que ten
mellor visión, comportamentos inusuais, patrón de barrido visual,...
- ​Auditivas: contar coa información facilitada por un especialista en otorrinolaringoloxía para
comprobar se existen problemas auditivos. Por outro lado débese recoller información sobre o
comportamento auditivo da persoa.

➢ H​ abilidades motrices: coñecer o funcionamento motriz vai a condicionar decisións sobre o tipo de
sistema así como acerca da mellor adaptación dos mesmos ás necesidades da persoa. É importante
observar os seguintes aspectos:
- ​Mobilidade xeral e control de brazos: control postural, marcha, ..
- ​Movemento de mans, pernas e pés: apertura e peche, precisión dos movementos,...
- ​Estereotipias: aleteo nas mans, balanceos, movementos de cabeza,...

➢ ​ abilidades cognitivas: Debemos saber como organiza e entende o entorno. Se existen limitacións
H
empezarase por comprobar se é capaz de responder a preguntas moi sinxelas onde a resposta sexa SI
ou NON. Así centrarémonos en valorar, ​ ​xeito de sinalizar (directa ou asistida), ​ ​modalidade de
barrido no caso de que non sexa posible a sinalización, modalidade mais axeitada de indicación
codificada. Unha vez analizada a forma de sinalización valorarase se posúe un nivel básico que lle
permita expresar necesidades e desexos e, posteriormente, ir incrementando os requirimentos
comunicativos.
➢ ​Habilidades comunicativas: valorando en concreto as habilidades expresivas, comprensivas e de
lectoescritura.
➢ Habilidades sociais: sobre os intereses, actitudes, comportamento e relacións sociais da persoa.
Tamén é importante valorar o grao de autonomía da persoa nas actividades da vida diaria.

Deterioración nas funcións mentais, agravamento en patoloxías sensoriais e dificultades na


xeneralización de competencias comunicativas

Mediante o seguimento da persoa observaranse a deterioración das capacidades cognitivas e sensoriais da


persoa. Eses cambios van a implicar valorar axustes no sistema comunicativos. A labor do técnico é
permanecer atento a esas novas circunstancias e transmitir a información ao equipo de traballo para facilitar a
pronta toma de decisión. Por outro lado tamén é común atoparse con problemas á hora de transferir o
aprendido a situacións novas, diferentes a aquelas nas que se produciu a aprendizaxe. Débense programar
estratexias para que o aprendido se transfira a novas situacións e interlocutores.

Ademais da deterioración desas funcións e das capacidades sensoriais da persoa, tamén se poden presentar
problemas de;
- Tempo: hai que propoñer metas realistas e deixar o tempo suficiente para adestrar e practicar o
aprendido. Os progresos e retrocesos deben valorarse nun contexto de aprendizaxe que é moi
diferente en función das características persoais.
- ​Pasividade- Dependencia: moitas das persoas usuarias de SAAC soen ter comportamentos pasivos e
dependentes dos demais, e isto soe estenderse á ensinanza e uso de sistemas de comunicación
aumentativa. Estes hábitos de dependencia comunicativa poden ser difíciles de cambiar e hai que
estar precavidos para non fortalecelos. É importante favorecer un estilo activo de comunicación, e
non só responsivo. O obxectivo é facer un uso espontáneo dos recursos comunicativos.

Verificación da implicación familiar e do ámbito social


Constátanse unha serie de rasgos negativos na actitude dos familiares e outros interlocutores de usuarios de
SAAC que requiren de pronta erradicación. No deseño dun programa de apoio á comunicación debemos
implicar e incluír os que se poden chamar “outros” clave (familiares, amigos,...).
Preséntanse a continuación unha serie de actitudes erróneas nos intercambios comunicativos cunha persoa
usuaria de SAAC:
- Escaso número de respostas ás emisións dos usuarios e falta de resposta por parte dos usuarios.
- Normalmente son os “outros” os que empezan a conversa, interveñen mais veces e falan mais tempo.
- Utilización de preguntas pechadas (con resposta si/non), ou de resposta coñecida, o que provoca
pouca creatividade comunicativa.
- Exceso de preguntas sen dar oportunidade a contestar con calma.
- Estrutura asimétrica da conversa: roubáselle o protagonismo á persoa usuaria.
A modo de resumo podemos salientar en relación á necesaria implicación familiar e social nos programas de
apoios á comunicación os seguintes aspectos:
- ​Necesaria participación dos axentes próximos á persoa: determina o éxito dun programa de apoio.
- ​Axeitada adaptación do entorno da persoa para facer xeneralizable o aprendizaxe do sistema.
- ​Axeitada coordinación entre os recursos, centros,.. nos que a persoa desenvolva a súa vida: ter
pautas comúns.
- Promoción de mecanismos de retroalimentación constante entre a familia, entorno, equipo
profesional.

Coordinación interdisciplinar

A transmisión de información ao equipo interdisciplinar é fundamental na organización do mesmo, que debe


determinar un sistema de comunicación para desenvolver o traballo e compartir obxectivos. Este sistema de
comunicación pode concretarse en reunións xerais, en comisións,... Normalmente é a figura da logopeda a
que reúne a información necesaria dos demais profesionais, tratando esa información dende un enfoque
multidisciplinar. O suxeito de avaliación é o propio usuario, e boa parte da mesma vai dirixida a comprobar
as posibilidades sensoriais, motrices, cognitivas,... Tamén é importante avaliar seu contexto e as
características das diferentes situacións comunicativas,...
Podemos citar como técnicas ou ferramentas para a coordinación do traballo, transmisión de información, .
mediante reunións de traballo, comisións de seguimento de casos concretos, Realización de informes de
seguimento e Recollida de información en diferentes instrumentos de rexistro.

Formalización de instrumentos de rexistro de competencias comunicativas:


Indicadores significativos nos rexistros de competencias comunicativas.
Basicamente utilizaranse instrumentos que permitan unha recollida aberta de información, en diferentes
contextos e situacións.
- ​Entrevistas: tanto á persoa usuaria como a outros profesionais e persoas do contexto próximo.
- ​Observación directa en diferentes situacións e momentos. Recollerase información relevante sobre o
comportamento comunicativo.
- Gravación de vídeos de situacións reais ou creadas ficticiamente.
- Probas estandarizadas.

You might also like