You are on page 1of 2

HISTORIA 4º ESO Glosario _U_1

GLOSARIO HISTORIA 4º ESO UNIDADE 1


Denominación histórica que se retire ao conxunto de elementos políticos, económicos, sociais e culturais que caracterizaron
Antigo Réxime. Europa desde finais do século XV ata finais do século XVIII, antes do triunfo da Revolución Francesa e da Revolución Industrial en
Inglaterra.
Réxime político no cal o monarca ostentaba todo o poder do Estado (lexislativo, executivo e xudicial (a vontade do rei é lei; a súa
Monarquía
decisión, goberno; a súa resolución, xustiza). O absolutismo xustificábase pola suposta orixe divina do poder real; o monarca non
absoluta
estaría sometido a máis lei que a de deus e so a el debía render contas.
(Absolutismo).
(Breve) Sistema político en que o rei concentra o poder lexislativo, executivo, xudicial, militar, etc..
Sociedade Forma de organización social do Antigo Réxime que dividía a sociedade en tres ordes ou estamentos: o clero, a nobreza e a xente
estamental . do común. Cada estamento tiña un réxime xurídico propio.
Sistema polo que os campesiños traballaban nos señoríos, terras pertencentes á nobreza e ao clero, a cambio dunhas rendas.
Réxime señorial.
Nalgúns casos, os señores, ademais, exercían a súa xurisdición no territorio.
Morgado Institución que, no réxime señorial, obrigaba a transmitir ao fillo máis vello do señor todo o patrimonio, que non se podía vender
(Mayorazgo). nin dividir (polo que as terras cada vez eran máis grandes e difíciles de administrar).
Mans mortas. Bens da Igrexa católica que non se podían vender ao estar baixo a protección do rei.
Asociación profesional de artesáns, que controlaban a produción de manufacturas e fixaba unhas condicións para acceder ao
Gremio.
oficio e para elaborar os produtos.
Método de produción téxtil anterior á Revolución Industrial, que escapaba ao control dos gremios urbanos.
Domestic Consistía en que un empresario-comerciante lle facilitaba ás familias campesiñas a materia prima e o instrumental necesario para
System. fiar e tecer nas súas casas, encargándose el de recoller eses produtos, darlles a elaboración final na cidade e véndelos
posteriormente para a súa distribución por feiras e mercados.
Doutrina económica que defendía a idea de que a riqueza dun país se baseaba na acumulación de ouro e prata.
Mercantilismo. Para lógralo, o Estado tiña que intervir activamente, impulsando industria e comercio para favorecer as exportacións, e,
penalizando fortemente as importacións (proteccionismo). A explotación das colonias era fundamental
Sufraxio Sistema que so concede o dereito a votar nas eleccións ou a ser elixido nelas a aquelas persoas que teñen unha determinada
censatario. renda ou propiedade.
Desamortización Privar da propiedade da terra aos propietarios que non a explotasen correctamente.
Conxunto de institucións creadas polo papado a finais do s. XII para perseguir a herexes e falsos conversos.
Na Península estivo especialmente activa desde a época dos Reis Católicos e perdurou con forza durante o reinado dos Austria
Inquisición.
(XVI-XVII), estendéndose por todos os territorios dependentes da coroa. No século XVIII, mantiña as súas prerrogativas, freando
o desenvolvemento científico e a crítica ilustrada.

Profesora: Mª Rosa Rodríguez Serantes Páxina 1 de 2


HISTORIA 4º ESO Glosario _U_1

GLOSARIO HISTORIA 4º ESO UNIDADE 1


Movemento ideolóxico e cultural que se desenvolveu durante o século XVIII en Europa e América. Os ilustrados eran racionalistas,
Ilustración.
crían na ciencia e no progreso, criticaban os males da súa época e propoñían reformas políticas, sociais, económicas...
Sistema político que combinaba o ideal absolutista do poder con algunhas prácticas reformistas da Ilustración. Aplicouse en varios
Despotismo reinos europeos a mediados do século XVIII.
Ilustrado. (Breve)Sistema político que nace da aplicación das ideas da Ilustración por parte da monarquía absoluta, a mediados do século
XVIII.
Conxunto de disposicións legais ditadas por Filipe V entre 1707 e 1716 como consecuencia da Guerra de Sucesión española, polas
Decretos de
que impuxo nos territorios da antiga Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares) as leis e institucións de Castela,
Nova Planta.
logrando así a centralización e uniformidade do Estado español.
Norma xurídica de tradición francesa que impedía reinar as mulleres, reservando o trono para os homes. Filipe V impúxoa en
Lei sálica
España en 1713.
Soberanía Exercicio do poder por parte da nación. E dicir. O conxunto de cidadáns, que a súa vez establecen un pacto co Estado reflectido
nacional. nun documento chamado Constitución.
División de Tamén chamada separación de poderes, é unha teoría política que defende a existencia de tres poderes independentes -
poderes. lexislativo, executivo e xudicial-. e a necesidade de evitar que unha mesma persoa ou institución os acumule.
Liberalismo Doutrina política baseada na defensa. da liberdade, reflectida na existencia duns dereitos que posúen todas as persoas, na
político. igualdade ante a lei e na propiedade como criterio de diferenciación social.
Liberalismo Doutrina económica e política defensora de que a actividade económica se rexía polo principio do libre mercado, segundo o cal o
económico. Estado non debe intervir na economía, salvo para protexela dos que queiran atacar esa liberdade de funcionamento.
Teoría propia do liberalismo económico que propugna que os intercambios exteriores deben facerse sen que o Estado protexa os
Librecambismo
produtos propios mediante impostos fronteirizos
Doutrina e sistema económico que consideraba que un Estado era máis rico canto máis ouro e prata tivese, polo que mantiña que
Mercantilismo.
había que desenvolver o comercio exterior e implantar un proteccionismo económico.
Proteccionismo Política económica que consiste en gravar con impostos os produtos estranxeiros, para evitar que se vendan dentro do país e así
económico. favorecer os propios.
Centralización. Proceso no que o goberno central dun Estado asume os poderes e competencias que lles corresponden aos territorios dependentes del.
Fidalguía. Baixa nobreza que residía en pazos no campo e que vivía das rendas da terra.
Contrato que se establecía entre o propietario da terra e o campesiño, e que permitía a este último traballar a terra a cambio
Foro.
dunha parte proporcional da colleita.

Profesora: Mª Rosa Rodríguez Serantes Páxina 2 de 2

You might also like