You are on page 1of 5

ACTIVIDADES

PSICOMOTRICES
5 anos
ACTIVIDADES PSICOMOTRICES
DESPRAZARSE
 Os nenos desprázanse de diferentes formas, ocupando todo o espazo ou unha zona
delimitada deste.
 En parellas, un debuxa un percorrido con xiz, papeliños, aros, cordas, etc., e outro
percórreo.
 Propoñer aos nenos diferentes formas de desprazamento coñecidas: «Somos coellos»,
«Somos ras», etc.
 Inventar contos ou historias e dramatizalas. O relato debe provocar situacións en que aplicar
diferentes tipos de desprazamentos: agatuñar, reptar, andar ás gatiñas, correr, rodar, etc.
 Suxerir desprazamentos nos que unha parte do corpo teña unha limitación. Por exemplo:
Como camiñariamos con pernas de pau?...

RODAR
 Facer rodar un compañeiro que está deitado no chan: cara a un lado e cara ao outro.
 Rodar sobre un mesmo en superficies estreitas, largas, curtas e longas.
 Rodar ao mesmo tempo que outros compañeiros a partir dunha orde.

CAMIÑAR E ROTAR
 Propor o xogo O satélite, que se realizará en parellas: un móvese libremente polo patio ou a
sala e o outro xira arredor del coma se fose un satélite.
 Facer remudas de xiros (en dous grupos). Cada grupo sitúase nun lateral do patio ou da sala.
No outro lateral e fronte a cada grupo hai unha pelota. A un sinal, sae o primeiro membro de
cada grupo, corre cara á pelota, recóllea e lánzaa ao aire xirando sobre si mesmo mentres
esta cae. Recóllea, vólvea deixar no chan, regresa ao seu grupo e continúa o seguinte
xogador.
 Realizar un cuarto de xiro, medio xiro ou un xiro completo de forma sucesiva e segundo se
lles vaia indicando.

SALTAR
 Xogar á pata coxa e imitar os movementos dun compañeiro.
 Saltar e facer botar unha pelota: coas dúas mans, cunha man, no mesmo lugar, etc.
 Facer percorridos saltando sobre un pé: usando o mesmo pé durante todo o percorrido,
cambiando sobre un e outro pé, nomeando o pé antes do cambio, cos dous pés xuntos, etc.
 Saltar sobre un colchón sen saír del: cos dous pés á vez, á pata coxa, dando zancadas...
 Saltar para entrar e saír dun colchón. Variar as distancias e a orientación.
 Pasar saltando sobre diferentes obxectos esparexidos no chan: pelotas, aros, ladrillos de
psicomotricidade, caixas, etc.
 Saltar sostendo coas mans distintos obxectos sen que caian: no lugar, cara adiante e cara
atrás, etc.
 Saltar e pisar cada unha das baldosas do chan: cun pé en cada unha delas ou cos dous pés á
vez…
 Correr e saltar para tocar globos colgados previamente no centro da sala.

IMITAR
 Imitar movementos da mestra e dun compañeiro.
 Moverse como bonecos de goma, de pedra, como robots, etc.
 Pasarse obxectos imaxinarios e adiviñar de que se trata: xabón, toalla, etc.
 Colocar un compañeiro en distintas posicións coma se fose un boneco.
 Buscar posturas que imiten accións de diferentes animais e tratar de que o resto de
compañeiros as adiviñen.
 Cantar cancións de representación de accións. Por exemplo: Antón pirulicio.
 Desprazarse coma se fósemos atletas, xinetes, persoas moi altas, persoas moi baixas, etc.
 Xogar a no País de…, onde todos somos serpes, avións, elefantes, etc.
 Imaxinar e dramatizar diferentes ambientes ou situacións: nunha burbulla flotando, nun
deserto con sede e calor, nunha festa, nun partido, etc. Marcar o momento para o cambio de
ambiente coa axuda dun instrumento (pandeiro, triángulo…).
 Representar un conto con diferentes personaxes.
 Fixar os pés e mover o tronco e os brazos coma se se tratase dunha árbore.
 Subir e baixar sobre os bancos de psicomotricidade, coma se fosen montañas.
 Facer rodar aros e percorrer o seu traxecto imitándoos.
 Imitar un coche, un autobús, un tren…
 Danzar ao son dunha música: libremente ou segundo pautas.
 Producir coa voz e o corpo ruídos ou movementos de diferentes obxectos: reloxo, chifre,
pandeiro...
 Ensaiar xestos de enfado, alegría, tristeza, sorpresa, amor…

O CORPO
 Comparar partes duras e brandas do corpo: dentes, fronte, orellas, etc.
 Poñer duras ou brandas distintas partes do corpo: tronco, pernas, brazo, etc.
 Xogar con aros e permanecer fóra ou meterse dentro ao sinal da mestra.
 Comparar posicións en relación con compañeiros, obxectos e mobles da sala.
 Colocarse enriba ou debaixo de obxectos.
 Colocar un obxecto en diferentes sitios do corpo.

TRANSPORTE DE OBXECTOS
 Transportar diferentes obxectos (cordas, aros, picas, madeiras, etc.) de forma individual.
 Transportar un obxecto dun lugar da sala a outro con diferentes tipos de desprazamento:
correndo, saltando, andando.
 Correr por parellas transportando distintos obxectos. Poden correr un ao lado do outro e,
logo, un diante do outro.
 Transportar obxectos imitando a mestra ou un compañeiro que os coloca de distintas
maneiras: enriba, abaixo, ao lado de…, á esquerda, á dereita, diante, detrás, etc.
 Transportar unha pelota coa man, o pé, sobre as costas, cos brazos, etc.

FORMAS
 Mirarse no espello.
 Xogar con sombras e facerlles a silueta no chan con xiz.
 Cubrir os ollos a un neno e pedirlle que recoñeza un compañeiro mediante o tacto.
 Comparar a posición do propio corpo coa doutro compañeiro: de pé e sentado, mans abertas
e pechadas…
 Facer o contorno con la, xiz, etc., de distintas formas.
 Ofrecer distintos tipos de materiais para familiarizarse con eles e os seus diferentes
aspectos: cilindros, pelotas, aros, etc.

PESOS
 Pesarse.
 Transportar distintos obxectos e comparalos: bolsiñas de area, bancos, aros, balóns…
 Levantar unha caixa con moito peso e outra con pouco peso.
 Alzar unha bolsiña pesada nunha man e un globo na outra.

TAMAÑOS
 Facerse grande e pequeniño.
 Xogar con círculos ou outras formas e figuras de diferentes tamaños.
 Ordenar obxectos de maior a menor e de menor a maior tamaño.
 Cubrir distancias con pasos grandes ou pequenos.
 Construír ou debuxar unha casa alta e outra baixa, un verme longo ou curto, etc.
 Xogar con pelotas de diferentes tamaños a soltar as grandes, a soltar as pequenas…
 Dar consignas para realizar accións segundo o tamaño dos obxectos: escorregar polos
bancos grandes, camiñar polas baldosas pequenas, etc.

DISTANCIAS
 Lanzar pelotas e sinalar coas mans os distintos percorridos que realizan.
 Desenvolver un nobelo de la ou de corda e comparar distancias entre varios obxectos da
sala.
 Percorrer distancias pintadas no chan con curvas ou sen elas.

SONS
 Propoñer realizar accións alternando situacións cambiantes de silencio-ruído e ruído-
silencio.
 Comparar como soan os distintos obxectos da clase e crear unha orquestra con eles.
 Identificar, cos ollos pechados, sons creados polos seus compañeiros: animais, máquinas,
obxectos baleiros ou cheos…

You might also like