You are on page 1of 6

CARLOS IV E O SEU MINISTRO GODOY

Trala morte de Carlos III subiu ó trono o seu fillo Carlos IV en 1788. Un ano despois de subir ó trono
estralou a Revolución Francesa (1789) onde as clases populares adquiriron moita importancia, houbo
moitas reformas e incluso mataron na guillotina o rei Luis XVI que era da familia de Carlos IV. Ante os
temores a que en España ocorrera o mesmo que en Francia, Carlos IV declaroulle a guerra a Francia
(1793- 1795), pero as tropas españolas saíron derrotadas.
En 1799 Napoleón Bonaparte subiu o trono e en España Carlos IV deixou a política en mans do seu
ministro Godoy que decidiu pactar con Francia para evitar enfrontamentos con Napoleón xa que o seu
exército estaba arrasando toda Europa.
Godoy era de orixe plebeo. Esta elección significaba que o rei non confiaba nos nobres da corte polo que
Godoy era odiado pola alta nobreza e pola Igrexa, xa que non lles gustaba que un home de orixe plebeo
tivera tanto poder. Por outro lado tampouco era aceptado polo fillo do rei, Fernando, porque vía nel un
competidor.
Godoy fillo unha serie de reformas (quitarlle as terras a Igrexa, quitarlle poder a Inquisición...) e tamén fixo
varios pactos con Napoleón. Así España converteuse en aliada de Francia nos seu enfrontamento contra
Inglaterra.
A INVASIÓN DE NAPOLEÓN
No ano 1807 Napoleón pediulle permiso a Carlos IV para atravesar España nos seus intentos de atacar
Portugal (aliado de Inglaterra). A cambio España recibiría unha parte de Portugal e Godoy recibiría un
principado. O trato denominouse “Tratado de Fontainebleau”.
Os reis trasladáronse a Aranjuez para que os franceses atravesasen España, seguindo os consellos de
Godoy, pero unha vez alí produciuse o “Motín de Aranjuez” que estaba dirixido pola nobreza de palacio e
polo clero, que querían que o rei abdicase no seu fillo Fernando, pois este ía tamén en contra de Godoy.
Finalmente ó rei non lle quedou máis remedio que abdicar no seu fillo, pero escribiu a Napoleón
contándolle o que ocorría. Napoleón vendo a crise na que se atopaba España, decidiu invadila e ocupar o
seu trono. Para elo, chamou o rei e o seu fillo a Baiona, onde os obrigou a abdicar na persoa de Napoleón
Bonaparte. Entón Napoleón nomeou ó seu irmán rei de España e para elo convocou Cortes en Baiona,
co fin de crear unha Constitución, xa que Napoleón pensaba que a España facíalle falta rematar coa
Monarquía Borbónica. Xosé Bonaparte tentou levar a cabo unha serie de reformas:
- Quitoulle parte das terras do clero
- Terminou cos Morgados e as terras de mans mortas
- Tentou rematar co Antigo Réxime
- Recoñeceu a igualdade dos españois diante da lei, cos impostos para todos e a posibilidade de
acceder todos a cargos públicos.
- Aboliu a Inquisión.
Mestres, o 2 de maio en Madrid prodúxose un alzamento de maneira espontánea (sen ser preparado)
contra a presencia dos franceses. Aínda que foi duramente reprimido, o seu exemplo estendeuse por toda
España, onde a poboación levantouse contra os franceses. Como o exército español non era capaz de
loitar contra os franceses, xurdiron Xuntas de Armamento e Defensa en Galicia, Andalucía, Castela,
Aragón... Estas Xuntas primeiramente eran de tipo local, pero logo organizáronse por provincias ata que
formaron unha Xunta Central, que coordinaba a acción contra os franceses.
As formas de impedi-lo dominio francés eran:
- O Sitio: que consistía na resistencia das cidades española ante o avance francés. As cidades sitiadas
aguantaban bombardeos, falta de alimentos, de auga... con tal de non deixar avanzar o exército
francés.
- A Guerrilla: eran grupos de campesiños, burgueses... que se organizaban como unha cuadrilla na que
había un xefe. A súa mellor arma era que coñecían o terreo. Non se enfrontaban cara a cara, senón
que destruían as instalación do inimigo, asaltaban os cargamentos...

DISTINTAS POSTURAS DE PENSAMENTO EN ESPAÑA


Dentro de España había distintas posturas ante a situación social do momento:
- Por un lado estaban os chamados os Afrancesados, que eran un grupo de intelectuais e funcionarios
da alta nobreza que aceptaron a Xosé Bonaparte como monarca, xa que crían que era a única maneira
de modernizar e reformar o país. Estos cando rematou a guerra tiveron que exiliar ou foron
axustizados.
- Por outro lado a maior parte da poboación formou o que se chamou Fronte Patriótica, e decir, que se
opuxeron a invasión. Eran a nobreza e o clero, porque quería a volta da Monarquía absoluta para
recuperar os seus poderes, os ilustrados, porque crían que Fernando VII modernizaría o país, a
burguesía e o resto da poboación porque se resistían a invasión como un movemento de defensa
ante un invasor estranxeiro.
A DERROTA DE NAPOLEÓN
As cidades de Zaragoza e Xirona resistiron durante meses o ataque francés, pero o máis sorprendente foi
que o exército francés foi derrotado en Bailén (en xullo de 1808). Esto evitou que Andalucía fora tomada
por Napoleón e as súas tropas.
Cando Napoleón se enterou decidiu presentarse el mesmo en persoa e conseguiu someter case todo o
territorio español. Pero Napoleón estaba facendo tamén campaña en Rusia o que obrigou a desprazar alí
gran parte do seu exército. Entón os españois, axudados polo británicos empezaron a gañar terreo contra
os franceses e a finais de 1813, as tropas de Napoleón empezaron a abandonar o territorio español. A
finais deste ano, Napoleón asinou un tratado (Tratado de Valençay) no que recoñecía a Fernando VII como
rei de España e permitía a súa volta.
A FORMACIÓN DAS CORTES
Dende o comezo da guerra con Francia (en 1808) as Xuntas Locais uníronse e formaron unha Xunta
Central Suprema que coordinaba as accións da guerra e que dirixía o país. Trala derrota dos franceses
en Bailén a Xunta reuniuse en Aranjuez e recoñeceu a Fernando VI como rei de España, e decidiu que a
Xunta tería o poder ata que o rei volvese. Ante o avance dos franceses, a xunta fuxiu a Sevilla e de alí a
Cádiz, onde estaba máis seguros porque alí estaban os ingleses que os axudaban.
Como a Xunta se viu incapaz de dirixila guerra decidiron convocar unhas Cortes para atopar unha
solución. Nestas Cortes elixiron deputados, o que foi moi difícil, xa que como España estaba dominada
polos franceses, tiveron que elixilos entre os representantes das provincias que se atopaban alí (en Cádiz),
e como Cádiz era unha cidade na que había moitos liberais, influíu en que os elixidos foran simpatizantes
coas ideas liberais, polo que estes conseguiron o triunfo na formación da Cámara Única. Esta Cámara
recoñeceu que o poder reside en tódolos cidadáns, que se expresan nas Cortes a través dos seus
representantes.

AS CORTES DE CADIZ E A CONSTITUCION DE 1812


Mentres os reis estaban retidos en Francia, en España creáronse Xuntas para organizarse politicamente e crearon
logo unha XUNTA CENTRAL SUPREMA co fin de crear un goberno único. Esta Xunta Central convocou as
CORTES que se reuniron en Cádiz porque era a única cidade que non ocuparan os franceses. A maioría dos
deputados eran LIBERAIS e unha minoría eran SERVIS que eran os que defendían o Antigo Réxime e esperaban a
volta do rei Fernando. Entre todos elaboraron a CONSTITUCION DE 1812 que foi a 1ª constitución española.
Chamóuselle a Pepa porque foi firmada o día se San Xosé.
- Esta constitución refrexaba os principios do LIBERALISMO POLITICO: no que recoñecía a Soberanía
Nacional, a división de poderes e o sufraxio universal masculino.
- Ademais fixeron reformas que poñían fin a o Antigo Réxime: suprimiron os señoríos, aboliuse a Inquisición,
prohibíronse os gremios e declarouse a igualdade dos españois ante a lei.
Esta Constitución recoñece:
- Os dereitos da relixión Católica (o que gustou ó clero).
- A Declaración dos Dereitos dos Cidadáns: liberdade de prensa, igualdade ante a lei, dereito de
propiedade....
- España sería unha Monarquía baseada na División de Poderes: O lexislativo nas Cortes, o
Executivo no rei, a Xustiza nos Tribunais...
- Reformar os Impostos e a Facenda
- Crear un exército Nacional co Servicio Militar obrigatorio
- Sufraxio Universal
- Crearon unha serie de decretos para eliminar os atrasos do Antigo Réxime: supresión dos señoríos,
desamortización, reforma agraria...

Aínda que era unha Constitución exemplar, a situación de España (ca guerra) impediu que se levara a
cabo, e cando rematou a guerra, con Fernando VII volveu o Absolutismo, polo que tampouco puido levarse
á práctica.
FERNANDO VII
- VOLTA DO ABSOLUTISMO.
Fernando VII deixara ó país facía 6 anos como Monarca Absoluto e regresaba como Monarca
Costituciónal. Esto preocupaba os liberais que quixeron que regresara directamente a Madrid onde debía
xura- la Constitución e comprometerse a aceptar o cambio político.
Fernando VII non quixo nun principio enfrontarse a aquela situación polo que amosou vontade de aceptar
as condicións.
Por outro lado estaban os Absolutistas (a nobreza e o clero) que vían na volta do rei a súa oportunidade
para recuperar o Antigo Réxime. Entón organizáronse para mostrarlle o rei o seu apoio (Manifesto dos
Persas). Ante esto Fernando VII traizoou ós liberais, deu un golpe de estado e declarou nula a
Constitución e voltou o Absolutismo. Nos meses seguintes restaurou tódalas antigas Institución, o que
supuña unha volta ó Antigo Réxime.
En Europa tamén se estaba dando unha volta ó Absolutismo e entre as potencias que o fixeron
formaron a Santa Alianza para garantir a súa defensa.
En España, a situación despois da guerra era moi mala e ademais a burguesía liberal e as clases
urbanas e os campesiños querían a volta da Monarquía Constitucional, pero foron duramente
reprimidos.

O TRIENIO LIBERAL (1820- 1823)


O 1 de Xaneiro de 1820 o coronel Rafael de Riego ía á marchar a guerra as colonias americanas, pero
sublevouse e recorreu Andalucía proclamando a Constitución de 1812. A presión foi tan grande que o rei
non tivo máis remedio que converterse en Monarca Constitucional e aceptala Constitución. Volvéronse
a formar as Cortes que estaban compostas na súa maioría por deputados liberais e que levaron a cabo
moitas das reformas que propuxeran en Cádiz, pero estas reformas non gustaron a Fernando VII, que
aceptara a Constitución presionado polas circunstancias. Entón o rei buscou axuda na potencias
absolutistas de Europa (Santa Alianza), e esta para axudar ao rei español enviou os CEN MIL FILLOS DE
San LUIS que era un gran exercito e venceron aos liberais e devolvéronlle o poder a Fernando VII.

Ao mesmo tempo había enfrontamentos entre os propios liberais:


- Por un lado estaban os Moderados, que non querían inimistarse co rei
- Por outro lado estaban os Exaltados, que estaban dispostos a enfrontarse o monarca se facía falla, e
levar a cabo as reformas necesarias.
Finalmente a Santa Alianza fixo caso da petición de Fernando VII e foi na súa axuda: encargáronlle a
Francia que interviñera en España e restaurara o Absolutismo. Así se fixo.

- A DÉCADA OMINOSA (1823- 1833)


A volta do Absolutismo de Fernando VII fixo que se perseguira ó liberais e creáronse comisións de
Vixilancia e control, polo que se estendeu por todo ó país un terror contra calquera posible partidario das
ideas liberais.
Por outro lado ó goberno tamén lle interesaba o problema económico: a Facenda tiña dificultades que se
agravaran pola perda das colonias en América, e os impostos nos recadaban o suficiente. Ante esto o rei
decidiu colaborar co sector moderado liberal da Burguesía Financeira de Industrial de Madrid e de
Barcelona, os que lle concedeu moitos privilexios.
Esto foi mal visto pola nobreza e polo clero, que tamén estaban descontentos porque o rei aínda non
depuxera a Inquisión e non os axudara a volver de novo as costumes máis tradicionais. Entón, a nobreza e
o clero agrupáronse en torno o irmán do rei, Carlos, que pensaban que sería o seu sucesor, xa que non
tiña fillos.

OS PROBLEMAS POLA SUCESIÓN


En 1830 naceu unha filla do rei, Isabel, o que deu lugar a un conflicto, xa que Filipe V, instaurara unha lei
que nacera en Francia, que era a Lei Sálica, pola que as mulleres non podían ascender ó trono.
A muller de Fernando VII, Mª Cristina influíu no rei para que abolira esa lei e así a súa filla puidera reinar e
o rei así o fixo. Esto trouxo enfrontamentos cos seguidores de Carlos, o irmán do rei, que eran os máis
conservadores e partidarios do Antigo Réxime.
Estaban así as cousas e o rei enfermou, polo que a súa muller quedou de rexente. Ante a delicada saúde
do rei, Mª Cristina deuse conta de que si quería que a súa filla reinase, debería acercarse ó sector máis
liberal.
En 1833 o rei morreu e no seu testamento deixou a súa filla Isabel de raíña, pero como só tiña 3 anos,
nomeaba a súa muller como gobernadora ata a maioría de idade da súa filla. O mesmo día da morte de
Fernando VII, Carlos proclamouse rei e iniciou un levantamento absolutista no norte de España. Así
comezaron as Guerras Carlistas.

O TRIUNFO DO LIBERALISMO (1833- 1844)


Como Isabel II era menor de idade produciuse un período de Rexencias:
1. A primeira rexente foi a sua nai María Cristina. Esta `para vencer aos Carlistas apoiouse nos liberais, pero os
liberais estaban divididos en dous:
a) por un lado estaba os MODERADOS que defendían reformas mais limitadas
b) Por outro lado estaban os PROGRESISTAS que defendían reformas mais profunda
- Nun principio María Cistina deulle o poder aos moderados, pero tras varios levantamentos militares tívolle que dar
o poder aos progresistas. Entre estes progresistas destaca Medizabal que levaron a cabo reformas para abolir os
restos do Antigo Réxime como:
- A desamortización da igrexa: que era quitarlle as terras de igrexa e vendelas
- Crearon a Constitución de 1837 que non era tan avanzada como a de 1812,pois establecía o sufraxio censatario e
dáballe mais poderes á Coroa.
2. Como María Cristina tiña moitos enfrontamentos cos progresistas tivo que darlle a rexencia a un militar chamado
xeral Espartero. Este gobernou de maneira autoritaria que non gustaba nin a progresistas nin a moderados,
polo que se uniron e obrigaron a Espartero a dimitir.
ante esto a Isabel II foi proclamada raíña con só 13 anos

A CRISE DO REINADO DE ISABEL II


Nos últimos anos de reinado de Isabel II houbo unha grave crise por:
- Unha crise económica producida polas revoltas no campo e nas cidades
- Había descontento polo poder, pois cada vez eran mais conservadores e autoritarios
- A raíña cada vez era mais impopular e dicíase que levaba unha vida escandalosa e que se preocupaba pouco do
goberno.
Ante esto no 19866 os progresistas, os demócratas e os republicanos asinaron o PACTO DE OSTENDE no que
acordaron a expulsión dos Borbóns e traer a Democracia a España. Mais tarde unísenselle os liberais.

A REVOLUCION DE 1868 E A MONARQUIA DE AMADEO I


Os xenerais Serrano e Prim fixeron un Pronunciamento no 1868 polo que destronaban a Isabel II. Á mesma vez
creáronse Xuntas Revolucionarias para controlar as provincias e as cidades. Esta revolución triunfou rapidamente e
a raíña veuse obrigada a abandonar España.
Ante esto fíxose un Goberno Provisional presidido por Serrano que convocou Cortes. Estas Cortes aprobaron a
CONSTITUCION DE 1869 que contiña unha ampla declaración de dereitos e instauraba o sufraxio universal
masculino e nomeaba rexente ao xeneral Serrano ata que tivesen un novo rei.
O xeneral Prim foi o encargado de atopar un novo rei para España e elixiu ao príncipe italiano _Amadeo de Saboia,
pero cando este novo rei chegou a España o xeneral Prim foi asasinado en Madrid.
Amadeo non era apoiado polos monárquicos pois non consideraban xusta a sua elección e a Igrexa tamén o
rechazaba pois consideraba moi moderno e progresista.
Durante o seu reinado houbo 2 conflictos:
1.
2. Unha INSURRECCION EN CUBA: Cuba era unha das ultimas colonias que lle quedaban a España nas
Américas e quixeron a independencia
3. Outra GUERRA CARLISTA:

Ante todo esto o rei Amadeo I abdicou.

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS


A finais do século XVII o reis españois ocupáronse moito dos seus territorios de ultramar e así naceu unha
etapa de comercio próspero na que estas colonias exportaban café, azucre, tabaco... Esto trouxo consigo
un crecemento económico en América e así un crecemento da Burguesía crioula (os crioulos eran os
españois que naceran en América).
Esta burguesía crioula era próspera, educada e coñecedora das ideas da Ilustración. Estaban en
desacordo de que eles non puideran desempeñar cargos políticos nas colonias e de que tiveran que pagar
fortes impostos. Por todo esto empezou a nacer en eles ideas sobre a independencia, e sobre todo dende
que Estados Unidos se independizara de Gran Bretaña.
En 1808 a situación da metrópole (España) non era a máis apropiada. Os reis estaban detidos en Baiona,
Xosé Bonaparte era o rei de España entre múltiples levantamentos... As colonias non se someteron ó
mando de Xosé Bonaparte, xa que eran fieis o rei Fernando VII, pero non aceptaron a autoridade da Xunta
Central e así apareceron os primeiros intentos de autonomía:
- Xosé de San Martín en 1810 proclamou a Independencia de Arxentina.
- Simón Bolívar a Independencia de Venezuela
- Hidalgo e Morelos a de México
As Cortes de Cádiz eran incapaces de intervir neste movemento independentista xa que case non daban
resolto os problemas de España. Cando rematou a guerra e voltou a España Fernando VII, en vez de
intentar resolver estes problemas o que fixo foi enviar un gran exército que controlou algunhas zonas
aínda que non puido con outras.
Nos anos seguintes vanse independizando as colonias rematando así a presencia española na América
Continental, xa que só pertencen a Coroa de España neste momento Cuba, Porto Rico e Filipinas.
Estas colonias cando se independizaron formaron Repúblicas independentes. Moitos dos liberadores,
como Simón Bolívar, quería crear unha América Unida, pero esto foi imposible, xa que os caudillos locais,
as burguesía comercial e os grandes terratenentes so pensaban en explotar e dominar o seu territorio, e
esto trouxo innumerables guerras.
Por outro lado, os crioulos que levaron a cabo a independencia, esqueceron os intereses da poboación
negra, india ou pobre de aquelas zonas e esto trouxo consigo moitas tensións sociais.
Por último a independencia de España trouxo consigo o dominio por parte de Estados Unidos e Inglaterra,
que estaba atraídos polo seu comercio. Estas 2 nacións nun principio apoiaron a súa independencia
porque así poderían ter reaccións con estas colonias, pero logo converteron estes países nun amplo
mercado para os seus productos e influíndo nas súas leis e nos seus gobernos. Así en 1823 Estados
Unidos formulou a doctrina Monroe “América para os americanos” na que se deixaba claro que os
europeos debía abandonar os seus intereses nestas zonas.

IDE
- Afrancesados: ilustrados españois que recoñeceron a Xosé Bonaparte como rei
- Fernandinos: espqñois que se mantiveron fieis a Fernando VII
- Guerrillas: partidas de civís armados que fustigaban as tropas napoleonicas e entorpecían o seu control do
territorio
- Tratado de Fontainebleau: asinado en 1807 por España e Francia polo que acordaban invadir Portugal
- Motin de Aranjuez: ante o gran descontento da poboacion española pola permanencia dos franceses en España,
deuse este motín que fixo que Carlos IV abdicase no seu fillo Fernando que pasou a ser o rei Fernando VII
- Tratado de Valencai: asinado polos franceses no 1813 que poñía fin a guerra con España e lle devoñlvia a coroa
a Fernando VII
- Constitucion de 1812: chamada tamén a Pepa por asinarse o día de San Xosé. Foi elavorada polas cortes e foi a
1ª constitucion de España. Reflectía os princios do liberalismo politico: soberania naciona, division de poderes e
declaracion de dereitos.
- Pronunciamento: forma de sublevacion militar tipoica do seculo XIX, o seu obxectivo era cambiar un determinado
sistema politico
- Santa Alianza: alianza de numerosos reis eurpoeos para engfrontarse aos gobernos de tendencia liberal.
- Cen Mil fillos de San Luis: tropas militares enviadas pola Santa Alianza a España para restituir ao rei Fernando
VII
- Pragmática Sanción: anulaba a Lei salica (que só podia herdar ó trono os fillos varóns). Foi imposta por
Fernando VII para que a súa filla Isabel puidese reinar.
- Guerras Carlistas: foron provocadas cando a morte do rei Fernando VII o seu irmán Carlos quería ser o rei de
España.
- Abrazo de Vergara: foi o que puxo fin a primeira guerra carlista, que rematou coa derrota dos carlistas.
- Desamortizacion: Incautacion e venta polo Espatdo de bens doutras institucins
- Rexencia: cando unha monarquía non é gobernada polo seu lexitimo rei por incapacidade, minoria de idade ou
ausencia
- Moderados: eran liberais partidarios de reforzar a posicion de rei e de aplicar unha reformas limitadas
- Progresistas: era liberais que defendían unha politica de reformas más radicais
- MEndizabal: lider dos progresistas
-

You might also like