You are on page 1of 2

Os textos literararios son aqueles nos que predomina a función estética, e dicir aqueles nos que se

utiliza a palabra para crear beleza e fermosura. As súas características son: poden afastarse das normas que
rexen a lengua habitual, de afastarse dos significados habituais, e dun único significado xa que cada lector pode
darlle a unha obra a súa propia interpretación.
Os xéneros literarios son os distintos grupos en que se clasifican as obras literarias segundo unha serie
de características comúns. Os tres grandes xéneros que existiron ao longo da historia son o narrativo, o lírico e
o teatral.

O xénero narrativo é o xénero ao que paertencen as obras en que un narrador relata uns determinados
sucesoso que lle ocorren a unha serie de personaxes enmarcados nun tempo en un espazo.
o Os seus elementos son:
 O narrador: é a voz que conta a historia, en 1ª, 2ª ou 3ª persoa.
 O argumento é o tema do que se trata na obra, pode haber un principal e outros
secundarios.
 Os personaxes que protagonizan os feitos narrados, poden ser principais ou secundarios.
 O espazo é o lugar onde se desenvolven os feitos.
 O tempo é o período en que ocorre a historia
o Os seus subxéneros son:
 O conto: E un relato breve e sinxelo dunha historia inventada, ben a orixe na tradición
oral e pode ter intención moralizadora.
 A lenda: é un relato de ficción de maior extensión ca do conto.
 O xenero lírico: é o conxunto de obras en que o autor expresa os seus sentimentos e emocións, nel
adoitase empregar o verso.
o As súas características son:
 O ritmo: Acádase mediante a métrica, a rima e os acentos…
 Subxectividade: Reflicte a visión persoal do poeta.
 Poder de subxestión: Quere provocar impresións e sensacións.
o Os seus subxéneros son:
 Oda: Pretende transmitir a admiración e o entusiasmo cun linguaxe solemne e pomposa.
 Elexía: expresa o lamento pola perda dunha persoa querida ou admirada.
 Sátira: censura os defectos de algo ou alguén con ensinanza moral ou como burla.
 Copla: é unha composición poética de curta extensión que serve como letra nunha
canción popular.
 O xénero teatral: é aquel en que os personaxes presentan a acción a través do diálogo, sen necesidade
dun narrador.
o As súas características son:
 Destínase á representación: Ademáis dos actores hai que ter en conta outros factores
coma a escenografía, as luces e o son, o vestiario e o maquillaxe e a expresión corporal
 Reflecte acción da vida humana, créase unha situación de conflito entre varios
personaxes que vai evolucionando ata o desenlace final
 Estructurase en actos e escenas
 A súa forma de expresión é o diálogo
 Precisa da utilización de anotacións que son indicacións necesarias para realizar a
representación.
o Os seus subxéneros son:
 Traxedia: As personaxes son vitimas da mala sorte que os conduce a unha grande
catastrofe final
 Comedia: Os enredos da vida cotiá provocan o riso do público
 Drama: Preséntanse conflitos serios ou dolorosos.

A comunicación
Consiste na transmisión rápida de información dirixida a un público amplo. Desenvolvese nun contexto
e que pode ser dificultado pola aparición de interferencias ou ruisos
 Características: En calquera acto comunicativo interveñen:
o Emisor: persoa que envía unha mensaxe
o Mensaxe: A información que se quere transmitir
o Receptor: Persoa que recibe a información
o Canle: Medio a través do cal se envía a mensaxe.
o Código: Conxunto de signos nos que se cifra a información

You might also like