You are on page 1of 2

LETRAS POLA IGUALDADE

O Día Internacional da Eliminación da


Violencia contra a Muller, aprobado pola
Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) na
súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999,
celébrase anualmente cada 25 de novembro, en
memoria das irmás Mirabal, asasinadas o 25 de
novembro de 1960 por orde do ditador
dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

Para conmemorarmos a efeméride e


sensibilizarnos toda a comunidade educativa sobre a necesidade de desterrar a violencia e pular pola
igualdade real entre todas as persoas, impulsamos desde o Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística do IES As Bizocas o concurso literario LETRAS POLA IGUALDADE, que
se rexerá polas seguintes BASES.

1.- Os relatos deberán ser orixinais na súa totalidade e rigorosamente inéditos. O idioma será o
galego, non admitíndose ningún outro. Estabelécense tres categorías para os relatos:

a.- 1º e 2º de ESO.
b.- 3º e 4º de ESO
c.- Categoría adultos.

2.- A temática dos relatos deberá ter como fío condutor a igualdade e a prevención ou denuncia
da violencia, nomeadamente a exercida contra a muller.

3.- Cada participante pode presentar un único relato, entregándoo en papel e feito a computador
(letra 12, espazamento 1.5, texto xustificado e tipografía sen serifa – Verdana, Liberation Serif...).

4.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 15 de novembro e entregarase ao


profesorado de Lingua Galega e Literatura ou en Dirección.
5.- A coordinadora do ENDL designará un xurado cualificador, que será quen decida o traballo
gañador do concurso en cada nivel.

6.- O ENDL resérvase o dereito da publicación dos traballos presentados, baixo licenza Creative
Commons, na súa bitácora: http://dinamizacionasbizocas.blogspot.com/ .

7.- A participación neste concurso significa a plena aceptación destas Bases e do fallo do xuri.
Para calquera información adicional, contactade co profesorado de Lingua Galega e Literatura.

8.- O fallo do xurado darase a coñecer a segunda feira 25 de novembro no Taboleiro do EDL.

9.- O premio consistirá nun diploma para as tres categorías e nas categorías a) e b) un premio
adicional cun vale.

Por que un Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller?


Debido a que:

• A violencia contra a muller é unha violación dos Dereitos Humanos.

• A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como
na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.

• A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a


erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.

• A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posíbel e esencial.

• A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata 70% das mulleres sofren
violencia ao longo das súas vidas.

You might also like