You are on page 1of 22

ORDE 19/12/2018 ACCIÓNS

SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN
14/2019
Orde do 19 de decembro de 2018 de axudas para
accións silvícolas de prevención dos danos
causados aos bosques por incendios, desastres
naturais e para o incremento da capacidade de
adaptación e do valor medioambiental dos
ecosistemas forestais
LIÑAS AXUDA

Liña I (Medida FEADER 8.3): Axudas para
realización de tratamentos silvícolas preventivos de
incendios forestais


Liña II (Medida FEADER 8.5): Axudas para
tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de
determinadas árbores, directamente vinculados ao
incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.
Liña I: Axudas para realización de tratamentos
silvícolas preventivos de incendios forestais
1.- Clareos en masas estables de coníferas.

2.- Rozas e podas en masas de coníferas,


dirixidas á creación de descontinuidade tanto
horizontal coma vertical en masas de coníferas.

Clareos en masas estables de coníferas: Diámetro normal
medio da masa antes da actuación 15 cm e densidade
inicial 2000 pes/ha ou máis.
- Clareo en masas de coníferas diámetro antes inferior a
15 cm e densidade final 800 – 1200 pes/ha

- Triturado dos restos, picado ou extracción. NON se pode


solicitar se o clareo é totalmente de xeito sistemático e
mecanizado.
INSPECCIÓNS PREVIAS CLAREOS
CONÍFERAS

Diámetro inferior a 15 cm e densidade 2000
pes/ha ou superior.


A superficie de triturado, picado ou extracción
de restos ten que ser menor ou igual a
superficie de clareo de coníferas.
Rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de
descontinuidade tanto horizontal coma vertical en masas de coníferas.

- Roza: Despois do tratamento, a totalidade da superficie de actuación


deberá estar rozada e a altura do mato non pode superar os 10 cm. de altura.
Se non solicita a roza, despois do tratamento, e co fin de garantir a
creación de descontinuidade horizontal e vertical, a altura do mato
existente na totalidade da superficie obxecto de axuda non pode superar
os 50 cm de altura

- Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 metros e máxima


de 4 metros e con unha densidade da masa despois de executar os traballos
de 1.200 pés/ha
- Triturado, picado ou extracción de restos.
INSPECCIÓNS PREVIAS PODAS CONÍFERAS

Altura mínima 2 metros e máxima 4 metros, En ningún caso a altura das podas
poderá superar a metade da altura da árbore (a altura da poda medirase ata o
último verticilo podado). Polo tanto, altura da arbore de máis de 4 metros.

En relación coas primeiras podas, consideraranse como tales as podas dirixidas
para previr incendios forestais mediante a creación de descontinuidade horizontal e
vertical, e non de podas destinadas á mellora do valor económico dos bosques. Polo
tanto, non terán a consideración de podas para estes efectos as chamadas podas
de realce en idades temperás da planta, cun máximo de 3 verticilos e sen valor
preventivo para os efectos desta orde.

A superficie de roza, triturado, picado ou extracción de restos ten que ser menor ou
igual a superficie de poda de coníferas.
INSPECCIÓNS PREVIAS PODAS CONÍFERAS

A roza será viable/elexible sempre que a altura do mato a faga necesaria.

Se na inspección previa, non se solicita a roza pero o mato existente
non garante a discontinuidade horizontal / vertical (máis de 50 cm),
farase constar na acta de inspección a necesidade de que o mato
cando se realice a comprobación administrativa en campo
(certificación) non pode superar os 50 cm de altura en toda a
superficie de actuación.

Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos
coidados culturais do voo con diámetro en punta grosa superior a 6 cm
serán triturados in situ, picados cunha lonxitude inferior a 50 cm e con
distribución homoxénea.
Liña II: Axudas para tratamentos silvícolas e plantacións
puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados
ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.

Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias,
sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa
inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun
mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas
caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade
mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m

Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha
densidade mínima de 100 pés/ha
Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias,
sobreiras e aciñeiras:

Roza

Formación de guías en que se manifeste nitidamente a
dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como
mínimo.

Selección de abrochos.

Rareos.
Dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumularse as
súas accións sobre unha mesma superficie
Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha
densidade mínima de 100 pés/ha

Rozas

Podas

Tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora
dos soutos

Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación
de castiñeiro resistente á tinta
Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse
diferentes actuacións sobre unha mesma superficie
SUPERFICIE MÍNIMA E MÁXIMA

Todos 3 hectáreas en couto redondo, excepto particular
individual 1 hectáreas e Sofor 3 hectáreas pero sen
couto redondo.

Todos 50 hectáreas en coutos redondos que superen a
superficie mínima, excepto particular individual 15
hectáreas e Sofor 50 hectáreas pero sen couto redondo.

Excluiranse da superficie de actuación os encravados
de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas,
estradas, etc.

Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural
realizarán unha inspección no campo para
verificar as superficies, comprobar os datos da
solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos.
Esta inspección poderase realizar antes da
resolución de aprobación. Unha diferenza superior
ao 30 % entre os datos achegados coa
solicitude/documentación acreditativa e as
comprobacións que resulten na inspección de
campo implicará a denegación da axuda.
INSPECCIÓNS PREVIAS

Sempre dúas persoas teñen que asinar a folla de inspección e facer a
visita.

Os traballos NON poden estar feitos, nin iniciados.

Avisarase ao solicitante para estar presente na inspección, podendo asinar
a acta de inspección e facer constar nela o que considere oportuno. O
director de obra, a empresa executora dos traballos, .... pode estar
presente na inspección pero NON pode asinar nin facer constar nada na
folla de inspección o noso interlocutor é o solicitante/beneficiario da axuda.

Se os traballos e a superficie é viable poñerase “v” nas casillas, se se fai
rebaixa de superficie/traballos poñerase a superficie / traballos que quedan
viables e farase constar os motivos da rebaixa ao final.
INSPECCIÓNS PREVIAS

SOLAPES: Non serán elexibles as actuacións realizadas en
superficies sobre as que se concedera unha subvención nos 5 anos
(concesión 2014 incluída prima mantemento) anteriores á
presente convocatoria, excepto no caso de traballos de control
selectivo do combustible (MR651A), que limitarase aos 3 anos
(concesión 2016) anteriores. Na acta de inspección saen as
parcelas que se SOLAPAN con outros expedientes pero é unha
orientación son os datos que temos na base de datos.

Na inspección previa NON se poden aumentar traballos/superficie,
nin modificar as referencias Sixpac, nin cambiar a “forma” dos rodais
de actuación (SHP).
INSPECCIÓNS PREVIAS

Se medirá a superficie segundo o shape aportado no
proxecto e levantaranse parcelas para verificar
densidades, alturas ...

No caso de que o mato, ou calquera outra causa
impida facer as parcelas ou verificar a superficie
indicarase na acta.

Os recintos Sixpac teñen que corresponder cos rodais
de traballo.
INSPECCIÓNS PREVIAS MOSTRAXE
O método que empregarán os funcionarios será aleatorio simple, no cal a
localización das «unidades ou parcelas de mostraxe» se fai de forma
independente e ao azar. As unidades da mostraxe deberán representar toda a
masa que se vai inventariar, e non poderán concentrarse as parcelas da mostraxe
só nunha parte da superficie de actuación.

No caso de existiren dúas ou máis moiteiras claramente diferenciados porque os
traballos sexan distintos neles ou a masa sexa heteroxénea, estratificarase a
mostraxe para realizar parcelas de mostraxe en todas as zonas onde se aprecien
diferenzas na masa.

A distancia mínima entre parcelas da mostraxe (centro) recoméndase que sexa
polo menos 100 m, para representar o máximo posible da superficie de actuación.
Se pola súa forma ou por ser a superficie menor de 10 hectáreas non fose posible
facelo así, a distancia será a máxima posible que permita a superficie.
INSPECCIÓNS PREVIAS MOSTRAXE


Forma e superficie da parcela da mostraxe. A forma da parcela será circular cun radio
determinado en función do tipo de actuación: nos rareos e primeira poda de coníferas será
de 10 m; nos tratamentos de frondosas caducifolias será de 15 m; e na rexeneración e/ou
mellora de soutos de castiñeiros de 25 m. No caso de atopar densidades moi altas de
frondosas poderase utilizar un radio de 10 m.

Localización e delimitación da parcela da mostraxe. O centro da parcela de mostraxe
coincidirá cunha árbore, desde o cal se tomarán as distancias.

Os datos do centro da parcela da mostraxe (segundo o datum ETRS89 e coordenadas UTM
do Fuso 29 N) anotaranse na folla de campo correspondente para permitir a súa posterior
comprobación e a árbore situada nel marcarase de maneira que sexa facilmente identificable.

Número de parcelas da mostraxe. Na táboa seguinte pode verse o número de parcelas da
mostraxe a realizar en cada estrato segundo a súa superficie. Poderanse realizar máis
parcelas da mostraxe das indicadas se por criterio técnico están xustificadas.


MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

You might also like