You are on page 1of 4

O Advento é un tempo inspirador...

quizais porque é un tempo


de espera.
Advento chámanos a mirarnos por dentro. A descubrir aquilo
que xa non nos serve, para deixalo ir. E tamén a descubrir a vida que
latexa buscando saír á luz. Alí poden esconderse os abrochos do que
aínda non se manifestou.
É un tempo para animarnos ao que María animouse, a que o
Espírito transforme radicalmente as nosas vidas.
O Advento é tempo de parar, pararse por dentro; tempo de
silenciar, silenciarse por dentro; escoitar atentamente o rumoreo
interior que esperte da dormidera superficial e póñanos en camiño.
Cara a onde? Cara a que? Con quen?
Nestes tempos que vivimos, infestados de incertezas, onde
cada día xorden novas realidades que cambian o panorama do
previsto, tamén sentimos esas voces dentro de nós.

Como en tempos de Xesús, a era da lei e dos “odres vellos” non


se corresponde coa inquietude da xente, da sociedade, con nosa
mesma inquietude. Necesitamos máis que nunca un viño novo que
alegre a triste monotonía do tempo pasado, a vella cristiandade.

«Soño cunha opción misioneira -dicía o papa Francisco- capaz


de transformalo todo» (EG27) . A Palabra de Deus cúmprese e volven
xurdir profetas capaces de renovar a vida, a mentalidade, a Igrexa,
con novo impulso de alegre fecundidade.

Hoxe en día necesitamos persoas de esperanza, que sexan


capaces de mirar con ollos novos porque escoitaron palabras vivas no
seu corazón e son capaces de sinalar camiños e acoller a novidade de
Deus que fala nos acontecementos, ás veces dun modo sorpresivo e
inesperado. Vivilo así no medio da comunidade, da parroquia, do
barrio... é exercitarnos na esperanza á que nos convida este tempo
de Advento.
Comezamos, irmás e irmáns, este novo tempo do Advento, un
tempo de esperanza e de conversión. Queremos abrirnos á esperanza, e o
primeiro paso é o mesmo que daban as seguidoras e seguidores de Xesús
cando chegaban a unha casa: ofrecer a paz e pedir a paz. Porque
queremos construír a UTOPÍA DA PAZ, no noso interior e no mundo que
nos arrodea, na nosa comunidade, no noso barrio, no local e no global.

Pero a paz non é soamente


a ausencia de violencia, a paz é un
don, un agasallo para todas as
persoas, unha forma de vida e
unha alternativa revolucionaria
nun mundo ateigado de
violencias.
So dende a paz poderemos
ser quen de descubrir que hai vida
onde outros non saben velo, so
dende a paz poderemos ofrecer
outras maneiras de vivir que
abrollan no oculto e reverdecen
sen notarse.

Para alcanzar a utopía que nos ofrece Deus pai e nai, a utopía que
anunciou coa súa vida e a súa palabra Xesús de Nazaret, temos que ser
pacientes e firmes, como o labrego que traballa a terra ata que chegan os
froitos agardados. O mellor exemplo dánnolo xeracións de mulleres, que
dende a non violencia, a solidariedade e a reivindicación permanente son
auténticas profetas dese mundo novo de pan e rosas para todas as
persoas.
Cultivando con paciencia e amor o comunitario fronte ao individual,
o compartido fronte ao consumismo depredador, o pacifismo fronte a
violencia patriarcal, as mulleres
teñen conservado durante séculos
o lume sagrado dos coidados,
ofrecendo así, dende o cotián mais
tamén dende político, unha
alternativa dese outro mundo
posible e necesario.

As olas de UTOPÍA
FEMINISTA xa son mar, e na
sociedade e na igrexa, deben ser
exemplo para a construción do
Reino nestes tempos de crise e
desesperanza.

Xoán Bautista non só é “a voz que grita no deserto”. É tamén quen


sinala co dedo a quen ha vir… Xesús, o Camiño. Pero non só sinala, dá
pasos por ese camiño, ofrece pistas.
O que todos podemos e debemos facer, se é que algunha vez vai
haber un mundo xusto, é comezar a vivir da mesma maneira en que
teríamos que vivir nese mundo. E o
signo dos tempos ofrécenos agora
esa posibilidade se nos abrimos a
construír a UTOPÍA ECOLÓXICA.

Nun mundo en crise social e


medioambiental, xorden por
doquier movementos impulsados
polos máis novos que reivindican
unha alternativa.
Trátase de coidarnos os uns
aos outros e de coidar o planeta
que nos acolle, de compartir
alternativas no noso consumo e de
denunciar as políticas globais, ante a situación dun mundo que se
desangra por un sistema económico cruel e inhumano. Así, pois, o profeta,
coa súa mesma vida, inicia xa camiños novos e ábreos.
Nun mundo pechado á esperanza e cheo de tristeza, o Advento
convídanos a ser, como Xoán Bautista e os nenos e nenas do presente,
profetas da esperanza, profetas da alegría.

Xosé e María déixanse sorprender por Deus, déixanse levar polo


seu Espírito, deixan que este os transforme. Os dous acollen a esperanza
dun embarazo que é promesa, que vai xermolar, porque Deus é con nós.

Para ser profetas dun mundo novo precisamos ser, como fillos e
fillas dunha mesma Nai, como irmáns e irmás, construtores de paz, de
xustiza, de igualdade. Precisamos construír a UTOPÍA COMUNITARIA:
comunidade fraterna, na procura amorosa, comprometida, esperanzada,
do abrente que xa se achega.

comunidade cristiá
CRISTO DA VITORIA

You might also like